Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Especial - O Desfile Infantil marca o inicio do Entroido 2017 na Guarda

Centos de nenos e nenas dos colexios da Guarda participaron neste multitudinario desfile cheo de cor e música

Centos de nenos e nenas dos colexios da Guarda participaron neste multitudinario desfile cheo de cor e música

Fecha: 24 de Febrero de 2017

Fuente: Infomiño.com

Na mañá do pasado Venres día 24 de Febreiro de 2017, tiña lugar o Desfile infantil de Entroido, no que participaron case a totalidade dos alumnos dos Centros educativos de A Guarda.

Sobre as 12:00h saían dende a Alameda de A Guarda, onde os familiares xa enchían as beirarrúas para non perderse este colorido e orixinal desfile, no que participaron más de 300 nenos e nenas de A Guarda. 

 

Destacan a orixinalidade dos disfraces e o seu amplo colorido

A charanga "Cantos Somos" amenizou un ano máis este desfile infantil, que tamén contou con varios vehículos con ambientación musical.

A programación do entroido guardés esténsese ata o vindeiro Martes día 28 de Febreiro, onde os nenos e nenas son os protagonistas.



Infominho - Novidades e programa de actividades do Entroido guardés 2017 - INFOMIÑO - Informacion y noticias del Baixo Miño y Alrededores. O sábado 25 de febreiro, celébrase o "Sábado da mocidade". A primeira cita do día será ás 17,30 horas, no Centro Cultural, coa proxección do filme Vicky El Vikingo. Anímase a que tódolos nenos e nenas acudan a esta tarde de cinema infantil cos seus disfraces. Xa pola noite a Carpa da Alameda acollerá, ás 23,30 horas, o concerto do grupo pontevedrés Gold and Colt que interpretarán música country-soul. Tras o concerto, á 1 da madrugada, dará comezo unha das novidades deste ano: o Concurso Drag Queen Guardés. Este busca fomentar de novo unha tradición moi arraigada na vila como é a de ver cada ano aos homes guardeses disfrazados de muller. As inscricións poden realizarse do 15 ao 23 de febreiro no Departamento de Cultura do Concello, en horario de 9 a 14 horas, no e-mail cultura@aguarda.es ou o mesmo día do concurso ata unha hora antes da súa celebración. Despois do concurso seguirá a noite coa Festa Retro que contará coa actuación de DJ CELIG.

O domingo 26 de febreiro terá lugar o "Día das familias" no que a partir das 18 horas haberá festa coa orquestra Carambola na Carpa da Alameda.

Infominho - O Concurso Drag Queen Guardés, gran novidade do Entroido 2017  - INFOMIÑO - Informacion y noticias del Baixo Miño y Alrededores. O luns de Entroido, día 27 de febreiro, haberá un Obradoiro de Máscaras e Pintacaras na Biblioteca Municipal ás 11,30 horas. Pola tarde, ás 18 horas na Carpa da Alameda, terá lugar o concerto do Trío Refugallo, un grupo de música tradicional infantil. E a partir das 19,30 horas continuará a festa coa Orquestra Estelares.

O entroido guardés vivirá o seu último e máis importante día o martes día 28, co Desfile de Entroido. Neste desfile-concurso os participantes percorrerán as rúas guardesas coas súas carrozas e comparsas.  A saída do desfile será ás 17,30 horas da Esquina Famosa. Despois haberá festa coa Charanga Os Charamujas, que xa irán acompañando o propio desfile.

 

 

Dende o concello da Guarda convídase a tódolos veciños e veciñas a participar no Desfile e a desfrutar das diversas actividades e actuacións incluídas nunha programación coa que se espera que toda a vila celebre e desfrute do entroido.

Ademais, dende este venres e ata o martes 28 de febreiro, sete restaurantes da Guarda ofrecen un Menú de Entroido tanto para o xantar como para a cea, a 15 euros. Arruaz, Brisamar, Camping Santa Tecla, La Pizzicata, Novo Funil, Xantar e Xeito son os  restaurantes da Guarda que ofrecen este menú composto por un primeiro prato de caldo, un segundo de lacón con grelos e unha sobremesa tamén típica nestas festas: filloas ou orellas de Entroido, no que están incluídos viño e café.

 

www.infomiño.com

Fotógrafo: Jorge Alonso Daldea  
  Fecha: 24 de febrero de 2017

 

 
www.infomiño.com © 2017. Todos los derechos reservados. Cámara:

Canon EOS 350d

 

Haz clic en la imagen para ver la galería de fotos

Centos de nenos e nenas dos colexios da Guarda participaron neste multitudinario desfile cheo de cor e música

Nota: Dos fotografías de este reportaje han sido eliminadas por petición expresa.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones