Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Agenda

  • A OMIX Tomiño elabora un programa multidisciplinar de cursos para o 2017

    Fecha desde el 31 de Marzo de 2017
    hasta el 04 de Diciembre de 2017

    A programación abarca dende abril ata decembro cunha ampla variedade de actividades

    A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) de Tomiño, vén de elaborar a súa proposta de cursos e obradoiros para o presente ano. A programación, que conta co apoio da Deputación Provincial, arranca o 8 de abril cun curso de Monitor de Tempo Libre, de 200 horas teóricas e 150 prácticas, e remata en decembro, cun obradoiro de elaboración de chocolate.

    A primavera contará tamén cun obradoiro de panadería e bolería (24 de abril), un Faladoiro de Inglés (10 de maio), un curso de emprendemento (16 de maio), e outro de "Stop-motion". Maxia foto a foto (8 de xuño).

    No verán, as propostas terán que ver cos deportes acuáticos: Iniciación ao Kaiak (7 de xullo); ao Flyboard (14 de xullo); ao Paddle-Board (21 de xullo), e ao Esquí Acuático (28 de xullo).

    No outono, haberá un curso de Radio, de 22 horas de duración, que comezará o 21 de setembro; outro de Iniciación ao Lettering, de 20 horas (comezo 10 de outubro) e un terceiro de Elaboración de Chocolate (4 de decembro).


    Para máis información e inscricións, chamar ao teléfono 986 622 001 ou escribir un correo a omix@tomino.gal

     

    Ampliar contenido
  • Derradeira cita do ciclo de charlas -Manual de instrucións para educar- na Guarda

    Fecha desde el 17 de Octubre de 2017
    hasta el 12 de Diciembre de 2017

    Os encontros celebraranse os días 17 de outubro, 14 e 28 de novembro e o 12 de decembro ás 19:30 horas na Casa dos Alonso

    Os encontros celebraranse os días 17 de outubro, 14 e 28 de novembro e o 12 de decembro ás 19:30 horas na Casa dos Alonso, con novas temáticas suxeridas polas nais, pais e profesionais participantes na primeira edición do ciclo.

    Tras a boa acollida da primeira edición, o Programa de Educación Familiar e a Oficina Municipal de Información á Xuventude (OMIX) da Guarda organizan catro novas charlas dentro do ciclo "Manual de instrucións para educar", orientadas a ofrecer un espazo de reflexión e experiencias compartidas que axuden aos pais, nais e educadores/as a lograr o pleno desenvolvemento das nenas, nenos e adolescentes para facilitar a convivencia familiar.

    A actividade contará coa colaboración dos terapeutas familiares Esteban Figueirido e María Jesús Núñez, encargados de guiar as charlas nas que se animará á participación dos asistentes mediante o intercambio de experiencias. Os profesionais aportarán vías para resolver os conflitos diarios de forma construtiva, reforzando a comunicación e o diálogo como chaves no establecemento de relacións saudables entre nais, pais e os seus fillos e fillas. Falarase tamén das normas e os límites como un dereito dos menores ofrecendo, asemade, ferramentas alternativas para poder achegarse á realidade das rapazas e os rapaces.

    Novas temáticas e datas
    Os encontros desta segunda edición terán lugar na Casa dos Alonso ás 19:30 horas os días 17 de outubro, 14 de novembro, 28 de novembro e 12 de decembro. A primeira das charlas, co título "Familias centradas en solucións", xirará entorno á busca de enfoques positivos en detrimento dos pensamentos que se centran "no que vai mal e non funciona, descoidando o que vai ben e valorándoo para que sirva de reforzo positivo", segundo explica o psicólogo Esteban Figueirido.

    O encontro do 14 de novembro, "Educar en intelixencia emocional", atenderá ás emocións como chave para realizar unha intervención eficaz. "Se dende pequenos axudámoslle a identificar as emocións e a expresalas, poderán resolver mellor os conflitos e ter un maior autocontrol", sinala o experto, que dirixirá as dúas primeiras conversas.

    "Duelo infantil. O neno ante as múltiples perdas" é o título da terceira charla, dirixida pola psicóloga María Jesús Núñez e na que se analizará como funcionan as perdas nos cativos e cativas (dende algún xoguete ata outras de maior impacto, como a separación dos pais ou falecemento de seres queridos) para axudarnos a acompañalos mellor e evitar posibles secuelas.

    O derradeiro encontro dedicarase ás "Maneiras creativas de resolver conflitos", isto é, distintas formas de abordar os momentos críticos "con algo de humor e creatividade", segundo apunta Figueirido, director da charla. Ao respecto, aclara que "moitos pensamos que xa probamos todo cos nosos fillos e parece que nada funciona, pero normalmente non é así", de xeito que novas formas de resolución de conflitos son posibles e desexables.

    Dende o Concello da Guarda animamos a todas as persoas con inquedanzas e interese educativos -sexan pais e nais, avoas e avós, educadores e educadoras, así como veciñas e veciños- a participar nestas charlas e axudar a crear un espazo enriquecedor no que aprendamos xuntos como acadar unha mellor convivencia familiar nos fogares da nosa vila.
     

     

    RESUMO TEMAS CHARLAS "MANUAL DE INSTRUCIÓNS PARA EDUCAR":

     

    1- Familias centradas en solucións

    A miúdo vivimos centrados no que vai mal, no que non funciona, descoidando o que vai ben e valorándoo para que sirva de reforzo positivo, e favoreza o cambio. Nesta charla veremos a importancia de cambiar o noso enfoque e como facelo.

     

    2- Educar en intelixencia emocional

    Atender ás emocións é clave para unha intervención eficaz. Se desde pequenos axudámoslles a identificar as emocións e a expresalas, poderán resolver mellor os conflitos e ter un maior autocontrol.

     

    3- O duelo infantil. O neno ante as múltiples perdas

    Os fillos e fillas pasan por moitas perdas, desde algún xoguete ao que lle tiñan moito agarimo, ata un animal que consideraban o seu mellor amigo, pasando por outras de maior impacto como: separación de pais, falecemento de ser querido, cambios de domicilio ou de centro escolar, etc. Nesas situacións de duelo é necesario estar ao seu lado e mostrar a máxima comprensión. Comprender como funcionan as perdas neles axúdanos a acompañarlles mellor e evitar secuelas.

     

    4- Maneiras creativas de resolver conflitos

    Moitos pensamos que xa probamos de todo cos nosos fillos e parece que nada funciona. Normalmente non é así, e sempre anima pensar que aínda queda algo máis que se pode facer. Nesta charla comentaremos sobre outras maneiras de abordar os momentos críticos, cando somos capaces de recuperar algo de humor e creatividade.

     

    DATA
     HORA TEMA 
    RELATOR/A

    17 outubro

    martes

    19:30-21:00

    "Familias centradas en solucións"

    Esteban Figueirido

    Psicólogo

    14 novembro

    martes

    19:30-21:00

    " Educar en Intelixencia emocional"

    Mª Jesús Núñez

    Psicóloga

    28 novembro

    martes

    19:30-21:00

    "O duelo infantil. O neno ante as múltiples perdas"

    Esteban Figueirido

    12 decembro

    martes

    19:30-21:00

    "Maneiras creativas de resolver conflitos"

    Esteban Figueirido

     

     


    Ampliar contenido
  • Alumnos do CPI Pintor Antonio Fernández de Goián organizan unha andaina

    Fecha desde el 20 de Octubre de 2017
    hasta el 30 de Noviembre de 2017

    A andaina servirá de axuda para a excursión de final de curso que realizarán no mes de maio a Madrid

    Os alumnos no curso de 6º E.P. do CPI Pintor Antonio Fernández de Goián(Tomiño) organizan unha andaina o vindeiro día 3 de decembro en colaboración co comercio de Goián e Figueiró para a axuda da excursión de final de curso que realizarán no mes de maio a Madrid.

    O itinerario realizarase contando coa colaboración de Espazo en Forma por diferentes fontes de Goián e levará aproximadamente hora e media podendo participar tanto nenos como adultos. As inscricións realizaranse no Bar Avenida (Pepa) situado na praza de Goián ata o 30 de novembro.

    Invitamos a todos os interesados en entrar na nosa páxina de Facebook Excursión 6º Primaria Cole de Goián a Madrid 2018 e botarlle un ollo ós premios que sortearemos entre os participantes ó final da andaina. Ademáis teremos doces e outras cousas máis que iremos informando.

    Ampliar contenido
  • O XIX Concurso de Pesca Costa-Mar chega á Guarda o 3 de decembro

    Fecha desde el 08 de Noviembre de 2017
    hasta el 03 de Diciembre de 2017

    Inscricións no 670 691 403 | Organiza: O Buxeiro

    O domingo día 3 de decembro de 2017 terá lugar a XIX edición do Concurso de Pesca Costa-Mar ás 7:30h na esplanada do Porto de A Guarda.

    As inscricións están xa abertas no Bar O Pescador ou chamando ó 670 691 403.

    Ao final do Concurso realizaráse unha comida con Cocido.

    Organiza O Buxeiro

    Ampliar contenido
  • A Biblioteca Municipal da Guarda amplía o prazo de participación na iniciativa -Biblioteca Solidaria-

    Fecha desde el 10 de Noviembre de 2017
    hasta el 18 de Diciembre de 2017

    A Biblioteca Municipal amplía o prazo de participación ata o vindeiro 18 de decembro e aceptará produtos típicos destas datas

    A Biblioteca Pública Municipal da Guarda celebrou o Día da Biblioteca, que se conmemora cada 24 de outubro, promovendo diversas actividades dirixidas ao público en xeral. Entre elas destaca a «Biblioteca Solidaria», unha iniciativa na que que aquelas persoas que se achegaron ao espazo de ocio e lectura municipal puideron escoller un libro descatalogado a cambio de aportar unha unidade de alimentos non perecedoiros (arroz, pasta ou legumes, entre outros).

    Dado o éxito da iniciativa, e tendo en conta a proximidade do Nadal, a Biblioteca Municipal amplía o prazo de participación ata o vindeiro 18 de decembro e aceptará produtos típicos destas datas (tales como turróns e outros doces, embutidos ou froitos secos) malia que estes non sexan perecedoiros. Os alimentos recollidos serán repartidos entre as asociacións da Guarda que teñan unha función de axuda social ou ben a aquela que máis os precise, en función da cantidade recollida.


    Co fomento da colaboración solidaria a través desta actividade preténdese mellorar a calidade de vida das persoas ou grupos, especialmente aqueles que sofren algún tipo de carencia, marxinación ou desatención. Esta é, así, unha boa maneira de fomentar a lectura e a solidariedade dende a Biblioteca Pública, cuxa función principal pasa por achegar á cultura a toda a poboación á que serve, ofrecendo un espazo de convivencia e de oportunidades culturais, educativas e de inserción social.

    Ampliar contenido
  • Tui oferta 16 visitas guiadas temáticas ata finais de ano

    Fecha desde el 11 de Noviembre de 2017
    hasta el 16 de Diciembre de 2017

    Todas as visitas sairán ás 19.15h dende a praza da Inmaculada e terán unha duración aproximada dunha hora.

    Tui oferta 16 visitas guiadas temáticas durante os meses de novembro e decembro, continuando así os percorridos culturais gratuítos que se iniciaron no verán organizados polo Concello de Tui e nos que levan participado máis de 3 mil persoas.

    A primeira cita, nesta nova proposta, será o sábado, 11 de novembro, baixo o título "A cidade barroca" na que durante sesenta minutos se percorrerán os espazos que transformaron a cidade nos séculos XVI e XVIII coma o convento de San Francisco, o convento das Clarisas, a igrexa de San Telmo, ou o hospital de pobres e peregrinos no edificio que actualmente ocupa o Museo Diocesano.

    A próxima fin de semana o sábado 18 realizarase a visita cultural "Arquitectura educativa en Tui" e o domingo 19 "A cidade histórica". Mentres que o título dos percorridos a última fin de semana de mes serán "A cidade burguesa do século XIX" e "As antigas fortificacións románicas".

    No mes de decembro son un total de once as visitas que se van levar a cabo. O venres 1 "Cidade histórica", o sábado 2 "As murallas medievais", o domingo 3 "Cidade medieval", o martes 5 "As rúas gremiais da cidade", o mércores 6 "O criptoxudaísmo en Tui", o xoves 7 "Arquitectura carceraria na cidade histórica", o venres 8 "Comuna xudía medieval", o sábado 9 "As prazas públicas da cidade histórica", e o domingo 10 "Cidade medieval". Por último o venres 15 realizarase a visita "Cidade histórica" e a derradeira será o sábado 16 "A arte e o Nadal en Tui".

    Todas as visitas sairán ás 19.15h dende a praza da Inmaculada e terán unha duración aproximada dunha hora.

    Visitas Culturais nocturnas
    Punto de saída: Praza da Inmaculada
    Horario: 19.15h
     
    Novembro
    • Sábado 11 - A cidade barroca
    • Sábado 18 - Arquitectura educativa en Tui
    • Domingo 19 - A cidade burguesa do século XIX
    • Domingo 26 - As antigas fortificacións románicas.

    Decembro
    • Venres 1 - Cidade histórica
    • Sábado 2 - As murallas medievais
    • Domingo 3 - Cidade medieval
    • Martes 5 - As rúas gremiais da cidade
    • Mércores 6 - O criptoxudaísmo en Tui
    • Xoves 7 - Arquitectura carceraria na cidade histórica
    • Venres 8 - Comuna xudía medieval
    • Sábado 9 - As prazas públicas da cidade histórica
    • Domingo 10 - Cidade medieval
    • Venres 15 - Cidade histórica
    • Sábado 16 - A arte o Nadal en Tui
    Ampliar contenido
  • Novo obradoiro na Omix da Guarda

    Fecha desde el 11 de Noviembre de 2017
    hasta el 29 de Noviembre de 2017

    As persoas interesadas poderán obter máis información na oficina da OMIX situada na Casa do Concello, chamando ao teléfono 986 614 546 ou ben no correo electrónico informacion@aguarda.es.

    A Concellería de Xuventude, a través da Oficina de Información Xuvenil (OMIX), organiza unha novo obradoiro de elaboración manual de adornos, agasallos e outros obxectos con materiais de refugallo os próximos días 11, 13, 18,20 e 27 de decembro.

    «Faino ti: reciclaxe en familia» é o nome da actividade, que se levará a cabo entre as 18 e as 21 h no antigo Colexio Sinde e no que poderán participar persoas de todas as idades e perfís. A temática dos obxectos realizados centrarase principalmente no Nadal.

    O obradoiro enmárcase no programa «Tecendo lazos» da Deputación de Pontevedra, cuxa principal finalidade é desenvolver obradoiros interxeracionais no ámbito do lecer e o tempo libre a través dos que establecer espazos para o encontro entre diferentes xeracións.

    A inscrición poderá realizarse ata o próximo 29 de novembro, entregando o formulario de solicitude cuberto xunto cunha fotocopia do DNI, certificado/volante de empadroamento e, no caso de menores de idade, autorización para participar no obradoiro.

    As persoas interesadas poderán obter máis información na oficina da OMIX situada na Casa do Concello, chamando ao teléfono 986 614 546 ou ben no correo electrónico informacion@aguarda.es.

    Ampliar contenido
  • Tui acolle o obradoiro -Risos en Familia-

    Fecha desde el 16 de Noviembre de 2017
    hasta el 05 de Diciembre de 2017

    O prazo de inscrición está aberto ata o 5 de decembro na casa do concello

    En decembro celebrarase en Tui o obradoiro interxeneracional "Risos en familia: risoterapia creativa anti-estrés" dentro do programa Tecendo Lazos que oferta a Deputación de Pontevedra, e no que neste caso colabora o Concello de Tui.

    O obradoiro terá lugar os martes, mércores, xoves e venres do 19 ao 29 de decembro en horario de 18 a 20h na Área Panorámica.

    O obxectivo deste obradoiro é aprender a rir para tomarnos a vida con máis sentido do humor e afrontar os problemas cotiás con positividade para favorecer as relacións individuais, familiares, comunitarias e sociais entre as persoas participantes. Ao tempo se busca fomentar a cooperación e interacción e o intercambio de experiencias entre as distintas xeracións. Ao longo de oito xornadas os participantes realizan xogos, prácticas de humor, relación combinada con risas, maxia...
    Tamén durante dúas das dezaseis horas de duración do obradoiro o módulo denominado "A Historia do Meu Concello", que recollerá actividades enfocadas a recompilación de fotografías, historias, lendas, contos, etc. en formato papel ou audiovisual do municipio.

    Esta actividade vai dirixida a persoas dende os 10 anos ata os 99 anos de idade, tendo preferencia aquelas que formen parte da mesma familia, se anoten xuntas e pertenzan a diferentes xeracións. Os menores de 13 anos deberán acudir sempre en compañía dunha persoa adulta, e os que teñan entre 13 e 17 anos e desexen acudir sos deberán achegar o consentimento da nai, pai ou titor.

    Ofértanse un total de 30 prazas. Os interesados poden inscribirse nos Servizos Sociais do Concello de Tui de luns a venres de 9 a 14h até o 5 de decembro.
    Ampliar contenido
  • FBAC procura projetos para exposição de -Novos Artistas-

    Fecha desde el 16 de Noviembre de 2017
    hasta el 17 de Diciembre de 2017

    O concurso tem como objetivo consolidar a FBAC como uma instituição atenta e atuante no panorama artístico nacional e internacional do presente

    "Novos Artistas 2018" é o nome do concurso que se encontra aberto à participação de artistas nacionais e estrangeiros, que tenham no máximo até 15 anos de carreira, para a submissão de propostas de exposições, individuais ou coletivas, para a Galeria da Fundação Bienal de Arte de Cerveira.

    O concurso tem como objetivo consolidar a FBAC como uma instituição atenta e atuante no panorama artístico nacional e internacional do presente, através da promoção e difusão da produção artística contemporânea, da experimentação, da atividade expositiva como meio de reflexão sobre a arte e sobre a cultura visual contemporânea, assim como do alargamento a novos públicos.

    O Edital prevê a seleção de três propostas de exposições individuais ou coletivas, que decorrerão entre os meses de fevereiro e julho de 2018, no Fórum Cultural de Cerveira. Para a realização das mostras, os autores das propostas selecionadas receberão uma ajuda de custo para a produção no valor de dois mil euros (incluindo os impostos previstos na legislação em vigor).

    O prazo para as inscrições decorre até 17 de dezembro de 2017, sendo que estas serão realizadas exclusivamente por e-mail (geral@bienaldecerveira.pt), de acordo com as Normas do Concurso.

     

    Normas do concurso (PT / EN)

    Formulário de Inscrição

    Ampliar contenido
  • Flashmob solidario este luns en Tui

    Fecha desde el 27 de Noviembre de 2017
    hasta el 27 de Noviembre de 2017

    O noso propósito é recadar en beneficio do Concello de As Neves tantos litros de auga coma participantes nesta iniciativa.

    O luns "27 de novembro ás 11:00 a.m." no paseo da Corredoira, o CEIP PLURILINGÜE E DIXITAL Nº 1 DE TUI organiza un flashmob solidario ao que estades todos convidados. A localidade pontevedresa de As Neves foi unha das máis afectadas polos incendios acontecidos o pasado mes de outubro en Galicia, xa que arrasaron o 90% dos seus núcleos de poboación deixándoos sen pasto e auga potable.

    No CEIP PLURILINGÜE E DIXITAL Nº 1 DE TUI fomentamos os principios democráticos de convivencia: respecto, tolerancia, amizade, xustiza, paz, liberdade, solidariedade... e o espírito crítico. Promover a conciencia ecolóxica tamén é parte esencial da nosa cultura de centro.

    O noso propósito é recadar en beneficio do Concello de As Neves tantos litros de auga coma participantes nesta iniciativa.

    Ampliar contenido
  • Curso de Cociña de Nadal no Rosal

    Fecha desde el 18 de Noviembre de 2017
    hasta el 20 de Diciembre de 2017

    Anótate no Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural chamando ó 986625000 extensión 4.

    MENÚ DE NADAL (COCIÑA)
    O Concello do Rosal organiza un cursiño de cociña de nadal dun único día para realizar un elaborado menú navideño para que cada participante o poña en práctica na súa casa no Nadal. Os contidos serán: aperitivos creativos, un primeiro prato, un segundo prato, sobremesa. Mércores 13 de decembro de 18.30 a 21.30

    Prezo do curso con material incluído 15€/persoa.

    Anótate no Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural chamando ó 986625000 extensión 4.
    Ampliar contenido
  • Obradoiros infantís de decoración de Nadal na Guarda

    Fecha desde el 21 de Noviembre de 2017
    hasta el 04 de Diciembre de 2017

    O prazo de inscrición estará aberto ata o 4 de decembro e poderá realizarse de maneira presencial no Departamento de Cultura, chamando ó 986 610 000 (ext. 5) ou enviando un correo electrónico á dirección cultura@aguarda.es.

    Por terceiro ano consecutivo, a Concellería de Cultura do Concello da Guarda organiza tres obradoiros de decoración de Nadal pensados para nenos e nenas de entre 4 e 12 anos, dentro das actividades programadas na campaña Decora o teu Nadal «Decora o teu Nadal».

    Os máis pequenos poderán aprender a construír adornos de Nadal para decorar o Concello, a Praza de Abastos e a Recepción Real, os sábados 9 e 16 de decembro e o martes 2 de xaneiro, respectivamente. Todos os obradoiros realizaranse na Casa dos Alonso, en horario de 11:30 a 13:30 h.

    O prazo de inscrición estará aberto ata o 4 de decembro e poderá realizarse de maneira presencial no Departamento de Cultura, chamando ó 986 610 000 (ext. 5) ou enviando un correo electrónico á dirección cultura@aguarda.es.

    Dende o Concello da Guarda animamos a todos os rapaces e rapazas a participar na elaboración desta decoración de Nadal que tanto éxito acadou en anos anteriores, logrando que a nosa vila se se engalane, non só coa decoración do Nadal, senón tamén coa colaboración e a ilusión de tódolos guardeses e guardesas.

    Ampliar contenido
  • Curso de nivel básico de Prevención organizado polo Concello de Tui e a Fundación Laboral da Construción

    Fecha desde el 22 de Noviembre de 2017
    hasta el 11 de Diciembre de 2017

    Celebrarase do 11 ao 22 de decembro no Centro Municipal de Formación con carácter gratuíto

    O Concello de Tui e a Fundación Laboral da Construción ofertan un curso gratuíto e homologado de Nivel Básico de Prevención. Constará de 60 horas lectivas a impartir nas instalacións do Centro Municipal de Formación en Guillarei. As clases terán lugar de luns a venres do 11 ao 22 de decembro de 8.30h a 14.30h. Ofértanse 25 prazas que se cubrirán por orde de inscrición.

    Os interesados poden inscribirse, enviando fotocopia do DNI polas dúas cara e teléfono de contacto no correo electrónico cfo@concellotui.org, por whatsapp no 670 24 56 33 ou presencialmente no Centro Municipal de Formación en Guillarei de luns a venres de 9 a 14h.
    Ampliar contenido
  • Aberto o prazo de inscrición para os Mercados de Nadal no Rosal

    Fecha desde el 21 de Noviembre de 2017
    hasta el 07 de Diciembre de 2017

    A participación é gratuita. Para participar é necesario presentar unha instancia ata o 7 de decembro

    No mes de decembro O Rosal acollerá os MERCADOS DE NADAL.

    Serán dúas fins de semana consecutivas, nas que se dedicará o sábado 9 e domingo 10 de decembro ao MERCADO DO TROCO E SEGUNDA MAN, e o sábado 16 e domingo 17 de decembro ao MERCADO DE ARTESANÍA.

    Estas son datas de moitas compras, polo que o Concello do Rosal pon especial interese en propiciar un consumo responsable.

    O MERCADO DO TROCO E SEGUNDA MAN, ten por obxecto fomentar unha cultura de intercambio, onde se pretende superar os conceptos de compra e venda ligados ao exceso de consumo. En definitiva, recuperar valores como o "saber compartir" e o "consumo responsable" fronte á acumulación e excesivo apego aos obxectos.

    Co MERCADO DE ARTESANÍA, queremos por en valor todos aqueles productos feitos a man, con materias primas de calidade e que están realizados con mimo e tempo de elaboración, valorando o bo das cousas feitas a man.

    Os mercados celebraranse no Salón de Exposicións do Concello cun horario de 10.00 a 20.00 h. ambos días.

    Haberá 20 postos expositores polo que todas aquelas persoas interesadas en participar, deberán solicitar por rexistro de entrada do concello unha solicitude. Os postos serán adxudicados por riguroso orde de rexistro de entrada.

    Desexamos que esta iniciativa teña boa acollida entre a veciñanza e que serva como punto de inicio do nadal no Rosal.

    BASES
    O Concello do Rosal quere promover o mercado local de artesanía, troco e segunda man entre os veciños e veciñas do municipio, con este fin presenta as seguintes normas que regulen o bo exercicio da devandita actividade.


    1. Poden participar no mercado veciños e veciñas maiores de idade


    2. A participación é gratuita. Para participar é necesario presentar unha instancia ata o 7 de decembro. Haberá 20 postos que se entregarán por rigorosa orde de entrada de rexistro.


    3. O emprazamento dos postos será o SALÓN DE EXPOSICIÓNS do Concello e o horario será de 10.00 a 20.00 tanto o sábado como o domingo, 9 e 10 de decembro para o MERCADO DO TROCO E SEGUNDA MAN, e 16 e 17 de decembro para ou MERCADO DE ARTESANÍA.


    4. Os artigos susceptibles de venda ou intercambio serán aqueles que pola súa natureza poidan ser vendidos en condicións máis ventaxosas. Serán de segunda man ou artesanais e que non comporten ningún dano para o adquirinte.


    5. No caso do troco e segunda man, poderanse vender e/ou intercambiar xoguetes (que garden os controis de seguridade), roupa en xeral e produtos textís, libros, revistas, coleccionables, cómics, mobiliario e antigüidades, artigos informáticos e fotográficos, cadros, artigos de decoración, ferramentas, cerámica, cristal, pequena maquinaria, música e cine (orixinais), utensilios do fogar, artigos de deporte, artigos de bebé, etc.


    Os titulares dos produtos serán os únicos responsables da lícita procedencia dos mesmos.


    No caso de artesanía, poderán venderse productos textís, de lá, coiro, macramé, bolillos, craft, cestería, papelería, xoiería, etc.

    Ampliar contenido
  • Inscrición para o curso de adultos na Escola Municipal de Teatro de Tomiño

    Fecha desde el 24 de Noviembre de 2017
    hasta el 11 de Diciembre de 2017

    Comezará en decembro e desenvolverase os martes de 20.00 a 21.30 horas na Casa da Cultura de Tomiño

    A Escola Municipal de Teatro segue ampliando a súa oferta para este ano coa posta en marcha por primeira vez dun curso de teatro para persoas adultas. Neste intre, 15 tomiñeses e tomiñesas maiores de 18 anos xa se anotaron para participar nesta iniciativa, aínda que dende o Concello esperan que a cifra sega crecendo xa que aínda continúa aberto o prazo de inscrición.

    Con este grupo a Escola de Teatro coordinada por Bea Campos, de Migallas Teatro, o Concello de Tomiño dá resposta á crecente demanda de persoas maiores de idade interesadas en asistir a clases de teatro e ponse a última pata a escola teatral, que ata o de agora contaba con tres grupos, todos dirixidos a público infantil e á mocidade (un grupo de 4 a 8 anos, outro de 9 a 12 e un último de 13 a 17).

    As clases comezarán o 12 de decembro e celebraranse todos os martes de 20.00 a 21.30 horas na Casa da Cultura de Tomiño. O prezo da actividade é de 15 euros ao mes, aínda que existen descontos no caso de asistir varios membros dunha mesma familia a calquera dos grupos formados.

    O curso rematará cunha representación teatral a finais de primavera que suporá un punto e seguido ao traballo realizado este ano, xa que dende o concello queren darlle continuidade a esta Escola de Teatro para adultos, tanto para satisfacer a demanda de todas aquelas persoas que desexan mergullarse no mundo da interpretación como para dar continuidade a todos aqueles mozos e mozas que xa asistían ás clases e que ao acadar a maioría de idade non podían continuar coa actividade. Deste xeito achéganse as artes escénicas a todos os públicos, sen límite de idade e dun xeito asequible.

    Para máis información e inscricións os interesados deben de dirixirse á Concellaría de Cultura de Tomiño (rúa A Rocha, 8) ou chamando ao teléfono 986 622 001.
    Ampliar contenido
  • Cruz Roja organiza e imparte un nuevo curso de primeros auxilios en el deporte

    Fecha desde el 27 de Noviembre de 2017
    hasta el 21 de Diciembre de 2017

    El plazo de inscripción acaba el 21 de Diciembre el número de plazas es limitado

    Cruz Roja Española en Baixo Miño convoca de nuevo un curso de interés Sanitario, dirigido a personas mayores de 16 años, que estén interesados en adquirir conocimientos acerca de Primeros Auxilios en el deporte.

    El curso de Primeros Auxilios en el deporte, baremable para el SERGAS tiene una duración de 10 horas teórico - prácticas, las fechas serán los días 23 y 30 de Diciembre, en horario de 09:00 a 14:00 h.

    El objetivo general es capacitar a los alumnos para desarrollar correctamente su actuación ante una urgencia, así como facilitar la adquisición de conocimientos y un nivel adecuado de formación en cuanto a los contenidos.

    En su estructura el curso incluye los siguientes módulos:
    • Introducción; Cadena de supervivencia universal; Pautas de actuación ante una situación de emergencia: conducta PAS; Soporte vital básico. Algoritmo universal. Secuencia de actuación; Posición lateral de seguridad; Movilidad y manejo urgente de la víctima; Exploración secundaria Primeros auxilios en : Obstrucción de la vía aérea por cuerpo extraño, Hemorragias, Heridas, Quemaduras, Traumatismos, Picaduras y mordeduras de animales, Intoxicaciones, Urgencias por alteraciones de la termorregulación; El Botiquín; Prevención: conducta AVA.

    La acción formativa se llevará a cabo en A Guarda, todas las personas interesadas pueden solicitar más información en Cruz Roja Baixo Miño, situada en la C/ Agustín Nandín Lomba, nº1 bajo o llamando al teléfono 986-61 46 09 o 6063484741; en horario de 8:00 a 15:00h y de 16:00 a 19:00.


    El plazo de inscripción acaba el 21 de Diciembre el número de plazas es limitado, y la realización del curso queda sujeta a que se cubra el número de plazas. El coste del curso será de 40€.

    Ampliar contenido
  • Obradoiro de centros de Nadal no Rosal

    Fecha desde el 27 de Noviembre de 2017
    hasta el 11 de Diciembre de 2017

    Realizarase o martes 12 e martes 19 de decembro de 20.00 a 22.00 horas no Centro Social Polivalente do Concello do Rosal.

    A Asociación de Mulleres en Igualdade do Rosal organiza un obradoiro de centros de Nadal. Realizarase o martes 12 e martes 19 de decembro de 20.00 a 22.00 horas no Centro Social Polivalente do Concello do Rosal.
    PREZO DO CURSO 15€/PERSOA
    INSCRICIÓNS NO 677431318 E NO 696865315
    Ampliar contenido
  • Especial - Alumnos e alumnas da Guarda participan na reforestación de 41.000 metros cuadrados no Monte Santa Trega

    Fecha desde el 00 de de 0000
    hasta el 15 de Marzo de 2019

    Para esta actuación, envióuselle un escrito os colexios para os alumnos que queiran participar nesta plantación, tendo xa confirmación dalgún colexio.

    A Comunidade de montes de A Guarda, empezou no pasado mes de febreiro e seguindo a día de hoxe tras obter os permisos de patrimonio, para realizar os buracos e iniciar a reforestación no Monte Trega cun control arqueolóxico para a plantación de Castiñeiros e Carballos.

    Esta plantación realizase no polígono 24 e parcelas 10001 e 10002 nunha superficie de 41.400 m², onde no ano 2.018 erradicáronse uns 317 eucaliptos de gran tamaño ademais de acacias.

    Estes labores realizaranse durante cinco días aproximado de perforación, dous días para o abono, continuandoa plantación coa colaboración de alumnos e alumnas do Colexio As Solanas da Guarda e persoal da Comunidade de Montes.

    Ademais, esta comunidade de montes, vai instalar antes do 30 de marzo, 447 metros de varanda en dous atallos, para a comodidade e protección das persoas que usan estes atallos. E bordeando unha zona axardinada a carón da nova plantación para evitar a entrada de vehículos.

     

    GALERÍA DE FOTOS

    Haz clic en la imagen de abajo para acceder a la Galería de fotografías

    Para esta actuación, envióuselle un escrito os colexios para os alumnos que queiran participar nesta plantación, tendo xa confirmación dalgún colexio.

     

    Ampliar contenido
  • O Concello inaugura a remodelación do acceso ao aparcamento Xulio Sesto

    Fecha desde el 00 de de 0000
    hasta el 07 de Octubre de 2020

    Nas obras de mellora pavimentouse un acceso rodado e outro peonil, executáronse as canalizacións de augas pluviais e tamén as conducións eléctricas para dotar de iluminación a zona

    O Rosal acaba de inaugurar o novo acceso ao aparcamento Xulio Sesto tras as obras de remodelación, acondicionamento e urbanización acometidas nos últimos meses. Durante este tempo o Concello, a través da empresa adxudicataria, levou a cabo traballos de pavimentación da entrada para crear un acceso rodado e outro peonil, executou a canalización de augas pluviais e dotou das condicións eléctricas necesarias para dispoñer de iluminación na zona.

    O obxectivo destas actuacións era corrixir as deficiencias técnicas do proxecto inicial e paliar a problemática derivada do acondicionamento do aparcamento para que poida empregarse de forma normalizada, xa que ata o de agora non cumpría os requisitos mínimos necesarios para o seu uso sen prexuízo para a veciñanza residente nas inmediacións do acceso ao aparcamento, situado no núcleo urbano da vila.

    A apertura do aparcamento Xulio Sesto permite dotar á Praza do Calvario e as súas inmediacións dun maior espazo para o estacionamento de vehículos.

    O proxecto, elaborado pola área de Urbanismo do Concello do Rosal, contou cun orzamento de máis de 34.000 euros financiados a cargo do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra

    Ampliar contenido
  • Rosane Serrano representará al Atlético Guardés con la Selección Española Júnior

    Fecha desde el 00 de de 0000
    hasta el 09 de Febrero de 2026

    La primera línea del Mecalia Atlético Guardés se concentrará del 2 al 8 de marzo en Elche y disputará un amistoso ante el Atticgo BM Elche.

    El Mecalia Atlético Guardés volverá a estar representado en una cita internacional. La primera línea Rosane Serrano, jugadora vasca del conjunto de A Guarda, ha sido convocada con las Guerreras Júnior para participar en la concentración que se celebrará del 2 al 8 de marzo en Elche.

    La convocatoria, publicada por la nueva seleccionadora Verónica Cuadrado, incluye a 21 jóvenes promesas del balonmano español que trabajarán durante toda la semana aprovechando el parón liguero. Serrano, habitual en las listas del combinado nacional en categoría júnior, volverá así a vestir la camiseta de España tras haber sido subcampeona de Europa el pasado verano.

    El stage tendrá lugar en la ciudad alicantina y culminará el domingo 8 de marzo con un partido amistoso ante el Atticgo BM Elche, a las 11:30 horas en el pabellón Esperanza Lag.

    Esta concentración coincide con la semana fijada por la European Handball Federation para la disputa de compromisos internacionales, en este caso el clasificatorio para el Campeonato de Europa 2026. En la edición júnior del pasado verano, las Guerreras alcanzaron la final y lograron la medalla de plata, con una destacada participación de Serrano.

    Aunque natural del País Vasco, la jugadora defiende actualmente los colores del Guardés, consolidándose como una pieza importante dentro del proyecto deportivo del club miñoto y reforzando la proyección nacional e internacional de la entidad de A Guarda.

    “Es una oportunidad para crecer y mejorar de cara al futuro”

     

     

    Rosane Serrano se mostró “muy contenta e ilusionada de poder formar parte de esta convocatoria”. La jugadora reconoce que estas concentraciones suponen una alta exigencia física y mental, especialmente en un momento clave del calendario.

    A su regreso, le esperan dos semanas consecutivas de doble jornada con el Guardés, combinando Liga y competición europea. “Siempre son semanas de mucho trabajo y de mucha intensidad”, explica la primera línea, que aun así valora enormemente la experiencia. “Es una oportunidad para crecer y mejorar a nivel individual y grupal de cara al futuro”, concluye.

    Para el Atlético Guardés, esta convocatoria vuelve a situar al club de A Guarda en el foco del balonmano nacional, demostrando el nivel competitivo de su plantilla y su capacidad para aportar talento a la Selección Española.

    Ampliar contenido