Agenda
A OMIX Tomiño elabora un programa multidisciplinar de cursos para o 2017
Fecha desde el 31 de Marzo de 2017
hasta el 04 de Diciembre de 2017A programación abarca dende abril ata decembro cunha ampla variedade de actividades
Ampliar contenidoA Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) de Tomiño, vén de elaborar a súa proposta de cursos e obradoiros para o presente ano. A programación, que conta co apoio da Deputación Provincial, arranca o 8 de abril cun curso de Monitor de Tempo Libre, de 200 horas teóricas e 150 prácticas, e remata en decembro, cun obradoiro de elaboración de chocolate.A primavera contará tamén cun obradoiro de panadería e bolería (24 de abril), un Faladoiro de Inglés (10 de maio), un curso de emprendemento (16 de maio), e outro de "Stop-motion". Maxia foto a foto (8 de xuño).
No verán, as propostas terán que ver cos deportes acuáticos: Iniciación ao Kaiak (7 de xullo); ao Flyboard (14 de xullo); ao Paddle-Board (21 de xullo), e ao Esquí Acuático (28 de xullo).
No outono, haberá un curso de Radio, de 22 horas de duración, que comezará o 21 de setembro; outro de Iniciación ao Lettering, de 20 horas (comezo 10 de outubro) e un terceiro de Elaboración de Chocolate (4 de decembro).
Para máis información e inscricións, chamar ao teléfono 986 622 001 ou escribir un correo a omix@tomino.gal
Derradeira cita do ciclo de charlas -Manual de instrucións para educar- na Guarda
Fecha desde el 17 de Octubre de 2017
hasta el 12 de Diciembre de 2017Os encontros celebraranse os días 17 de outubro, 14 e 28 de novembro e o 12 de decembro ás 19:30 horas na Casa dos Alonso
Ampliar contenidoOs encontros celebraranse os días 17 de outubro, 14 e 28 de novembro e o 12 de decembro ás 19:30 horas na Casa dos Alonso, con novas temáticas suxeridas polas nais, pais e profesionais participantes na primeira edición do ciclo.
Tras a boa acollida da primeira edición, o Programa de Educación Familiar e a Oficina Municipal de Información á Xuventude (OMIX) da Guarda organizan catro novas charlas dentro do ciclo "Manual de instrucións para educar", orientadas a ofrecer un espazo de reflexión e experiencias compartidas que axuden aos pais, nais e educadores/as a lograr o pleno desenvolvemento das nenas, nenos e adolescentes para facilitar a convivencia familiar.
A actividade contará coa colaboración dos terapeutas familiares Esteban Figueirido e María Jesús Núñez, encargados de guiar as charlas nas que se animará á participación dos asistentes mediante o intercambio de experiencias. Os profesionais aportarán vías para resolver os conflitos diarios de forma construtiva, reforzando a comunicación e o diálogo como chaves no establecemento de relacións saudables entre nais, pais e os seus fillos e fillas. Falarase tamén das normas e os límites como un dereito dos menores ofrecendo, asemade, ferramentas alternativas para poder achegarse á realidade das rapazas e os rapaces.
Novas temáticas e datas
Os encontros desta segunda edición terán lugar na Casa dos Alonso ás 19:30 horas os días 17 de outubro, 14 de novembro, 28 de novembro e 12 de decembro. A primeira das charlas, co título "Familias centradas en solucións", xirará entorno á busca de enfoques positivos en detrimento dos pensamentos que se centran "no que vai mal e non funciona, descoidando o que vai ben e valorándoo para que sirva de reforzo positivo", segundo explica o psicólogo Esteban Figueirido.
O encontro do 14 de novembro, "Educar en intelixencia emocional", atenderá ás emocións como chave para realizar unha intervención eficaz. "Se dende pequenos axudámoslle a identificar as emocións e a expresalas, poderán resolver mellor os conflitos e ter un maior autocontrol", sinala o experto, que dirixirá as dúas primeiras conversas.
"Duelo infantil. O neno ante as múltiples perdas" é o título da terceira charla, dirixida pola psicóloga María Jesús Núñez e na que se analizará como funcionan as perdas nos cativos e cativas (dende algún xoguete ata outras de maior impacto, como a separación dos pais ou falecemento de seres queridos) para axudarnos a acompañalos mellor e evitar posibles secuelas.
O derradeiro encontro dedicarase ás "Maneiras creativas de resolver conflitos", isto é, distintas formas de abordar os momentos críticos "con algo de humor e creatividade", segundo apunta Figueirido, director da charla. Ao respecto, aclara que "moitos pensamos que xa probamos todo cos nosos fillos e parece que nada funciona, pero normalmente non é así", de xeito que novas formas de resolución de conflitos son posibles e desexables.
Dende o Concello da Guarda animamos a todas as persoas con inquedanzas e interese educativos -sexan pais e nais, avoas e avós, educadores e educadoras, así como veciñas e veciños- a participar nestas charlas e axudar a crear un espazo enriquecedor no que aprendamos xuntos como acadar unha mellor convivencia familiar nos fogares da nosa vila.
RESUMO TEMAS CHARLAS "MANUAL DE INSTRUCIÓNS PARA EDUCAR":
1- Familias centradas en solucións
A miúdo vivimos centrados no que vai mal, no que non funciona, descoidando o que vai ben e valorándoo para que sirva de reforzo positivo, e favoreza o cambio. Nesta charla veremos a importancia de cambiar o noso enfoque e como facelo.
2- Educar en intelixencia emocional
Atender ás emocións é clave para unha intervención eficaz. Se desde pequenos axudámoslles a identificar as emocións e a expresalas, poderán resolver mellor os conflitos e ter un maior autocontrol.
3- O duelo infantil. O neno ante as múltiples perdas
Os fillos e fillas pasan por moitas perdas, desde algún xoguete ao que lle tiñan moito agarimo, ata un animal que consideraban o seu mellor amigo, pasando por outras de maior impacto como: separación de pais, falecemento de ser querido, cambios de domicilio ou de centro escolar, etc. Nesas situacións de duelo é necesario estar ao seu lado e mostrar a máxima comprensión. Comprender como funcionan as perdas neles axúdanos a acompañarlles mellor e evitar secuelas.
4- Maneiras creativas de resolver conflitos
Moitos pensamos que xa probamos de todo cos nosos fillos e parece que nada funciona. Normalmente non é así, e sempre anima pensar que aínda queda algo máis que se pode facer. Nesta charla comentaremos sobre outras maneiras de abordar os momentos críticos, cando somos capaces de recuperar algo de humor e creatividade.
DATA
HORA TEMA
RELATOR/A
17 outubro
martes
19:30-21:00
"Familias centradas en solucións"
Esteban Figueirido
Psicólogo
14 novembro
martes
19:30-21:00
" Educar en Intelixencia emocional"
Mª Jesús Núñez
Psicóloga
28 novembro
martes
19:30-21:00
"O duelo infantil. O neno ante as múltiples perdas"
Esteban Figueirido
12 decembro
martes
19:30-21:00
"Maneiras creativas de resolver conflitos"
Esteban Figueirido
A IV Quedada BTT Carballas Loureza-Oia terá lugar este domingo
Fecha desde el 14 de Octubre de 2017
hasta el 26 de Noviembre de 2017En unos días se abrirán las inscripciones en www.tracktherace.com
Ampliar contenidoQUEDADA BTT AS CARBALLAS
- 4ª Edición de la Quedada BTT As Carballas organizada por el club Cornelios Raiders en colaboración con la comisión de fiestas de San Juan (Loureza) y el ayuntamiento de Oia.
- Se retoma la organización de esta ruta Btt (Rodadora) dormida durante varios años para volver a disfrutar de este monte que al entender de la organización, le sobra potencial en cuanto a vistas, carreteras de monte ciclables y parajes naturales que hicieron de esta ruta en su dia un evento que juntaba a un buen número de de BTTeros.Arranca el evento, en unos días se actualizará información y se presentará el cartel definitivo de la Quedada.
PROGRAMA PARA EL DÍA DE LA RUTA.
26 Noviembre 2017
8:30h a 9:15h entrega de dorsales a los participantes de la Quedada.
9:30h salida de la ruta desde el Colegio de Refoxos (oia).
Rutas alternativas de 32km 1000m desnivel positivo y 45 km 1120m desnivel positivo aprox, para mayores de 16 años y con uso obligatorio de casco. Dificultad Media.
En paralelo a la ruta, se realizará una Andaina popular de entre 5/7 km aproximadamente que pasará por "As Pozas de Loureza" y "O Pozo do Arco".
BTT 10 EUROS Andaina 5 EUROS que incluye: Seguro, avituallamiento y al finalizar la ruta para todos los participantes 1º Sopa casera 2º callos + bebida.
Límite de inscritos 400 participantes.
Plazo cierre de inscripción 22/11/17 a las 24:00h
Se realizarán sorteos varios donde cada uno participará con su número de dorsal asignado.
Para todo público asistente durante la mañana se servirá comida y bebida a precios populares por parte de la comisión de fiestas.
COORDENADAS UTM SALIDA: Cord. X: 515.188,78 Cord Y: 4.649.321,25
ORGANIZA: CLUB CORNELIOS
COLABORA: COMISIÓN DE FIESTAS SAN XOAN DE LOUREZA Y CONCELLO DE OIA.En unos días abriremos las inscripciones en nuestra página de costumbre www.tracktherace.com
Más información:
Alumnos do CPI Pintor Antonio Fernández de Goián organizan unha andaina
Fecha desde el 20 de Octubre de 2017
hasta el 30 de Noviembre de 2017A andaina servirá de axuda para a excursión de final de curso que realizarán no mes de maio a Madrid
Ampliar contenidoOs alumnos no curso de 6º E.P. do CPI Pintor Antonio Fernández de Goián(Tomiño) organizan unha andaina o vindeiro día 3 de decembro en colaboración co comercio de Goián e Figueiró para a axuda da excursión de final de curso que realizarán no mes de maio a Madrid.O itinerario realizarase contando coa colaboración de Espazo en Forma por diferentes fontes de Goián e levará aproximadamente hora e media podendo participar tanto nenos como adultos. As inscricións realizaranse no Bar Avenida (Pepa) situado na praza de Goián ata o 30 de novembro.
Invitamos a todos os interesados en entrar na nosa páxina de Facebook Excursión 6º Primaria Cole de Goián a Madrid 2018 e botarlle un ollo ós premios que sortearemos entre os participantes ó final da andaina. Ademáis teremos doces e outras cousas máis que iremos informando.
A Guarda acolle este mes a ruta gastronómica -Petiscos con arte-
Fecha desde el 17 de Noviembre de 2017
hasta el 26 de Noviembre de 2017A finalidade da ruta é promocionar a gastronomía e a arte na Guarda
Ampliar contenidoO Concello da Guarda organiza este mes unha nova ruta gastronómica na que se mesturará a arte coa gastronomía guardesa en pequeno formato. «Petiscos con arte» é o nome deste percorrido gastronómico, que se celebrará os días 17, 18, 19, 24, 25 e 26 de novembro, e no que cada establecemento ofrecerá un petisco a 1,50€.
A finalidade da ruta é promocionar a gastronomía e a arte na Guarda, polo que as persoas participantes poderán degustar petiscos mentres contemplan as obras de pintura, escultura e fotografía expostas nos establecementos, en horario de mañá (de 12 a 14 h) e tarde (18 a 21 h).
Artistas e locais participantes
Participarán un total de 15 cafeterías e restaurantes guardeses e outros tantos artistas locais ou con vinculación ao noso concello. Estes son: a cafetería Alameda, con fotografías de Eva Peixoto; a cafetería Art Café, con fotografías de Carlos Pascual; a cafetería e tasca As Pozas, con exposición fotográfica de Iago Alonso; a vinoteca Avenida, cunha mostra pictórica de Elena Cividanes; a bocatería Brétema, con escultura de Carlos Carrera; o bar Cramoeiro, con pinturas de Silvia Represas; a cafetaría Kanella's, con fotografías de Eva García; a cervexaría La Casilla, cunha mostra pictórica de Lucía Baz; o restaurante La Pizzicata, con fotografías de José C. Castro; a bocatería Marbella, coas pinturas de Naa Martínez; a cafetaría Novo Bar, con esculturas de Anxo Ferreira; o restaurante O Cangrexal, con pintura de Teresa Dorado; o bar Terra Verde, cunha exposición fotográfica de Anxo Vaquero; o restaurante Xantar, cunha mostra pictórica de Mercedes Doval; e o restaurante Xeito, con pinturas de Charo Trigo.
Nesta ruta colabora a Adega Gran Novas, participante na Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira, que cederá 5 lotes de viño albariño para sortear entre os participantes na ruta que degusten o petisco e cumprimenten o boleto do sorteo.
O XIX Concurso de Pesca Costa-Mar chega á Guarda o 3 de decembro
Fecha desde el 08 de Noviembre de 2017
hasta el 03 de Diciembre de 2017Inscricións no 670 691 403 | Organiza: O Buxeiro
Ampliar contenidoO domingo día 3 de decembro de 2017 terá lugar a XIX edición do Concurso de Pesca Costa-Mar ás 7:30h na esplanada do Porto de A Guarda.
As inscricións están xa abertas no Bar O Pescador ou chamando ó 670 691 403.
Ao final do Concurso realizaráse unha comida con Cocido.
Organiza O Buxeiro
-O Assassinato de Macário- chega ao palco da -Vila das Artes-
Fecha desde el 23 de Noviembre de 2017
hasta el 26 de Noviembre de 2017O encerramento deste roteiro teatral está marcado para Vila Nova de Cerveira, de 23 a 26 de novembro, com quatro representações em outras tantas freguesias do concelho.
Ampliar contenidoAs Comédias do Minho estão a apresentar, nos cinco municípios do Vale do Minho, "O Assassinato de Macário", o novo espetáculo de teatro, com criação de Tânia Almeida, atriz residente desta companhia de teatro. O encerramento deste roteiro teatral está marcado para Vila Nova de Cerveira, de 23 a 26 de novembro, com quatro representações em outras tantas freguesias do concelho.
A partir da obra de Camilo Castelo Branco, "O Assassinato de Macário" é uma comédia, das antigas, do tempo da Maria Cachucha e da expressão "prosódia", de um tempo em que não havia google nem wikipédia para procurar o significado da figura e estilo supracitados. Para Tânia Almeida, "tal como uma nota musical ou a mola de um sofá, vamos tentar vergar, distender ou comprimir uma cena. Como artífices do tablado iremos afinar todas as peças, almejando construir uma só, feita de teatro, cómico".
De acordo com a sinopse do espetáculo de teatro: "A melodia do coração tem um ritmo próprio. Ele há amores que juram somente finar com as notas da Sra. Morte. Contudo, também os há que acabam em "quatro tempos", desafinam mesmo antes de chegar ao altar. É neste verdadeiro compasso que Itelvina se encontra em relação a Macário e, por conta disso, a "tropicaliente" mexicana transtorna a pulsação de se pai Barnabé, cujo único ensejo é descansar numa casa de campo com repuxo".
De entrada gratuita, "O Assassinato de Macário" está a percorrer os cinco concelhos do Vale do Minho, com passagem marcada para Vila Nova de Cerveira de 23 a 26 de novembro. São quatro espetáculos, em quatro freguesias do concelho, a saber: dia 23 (quinta-feira), às 21h00, no Salão Paroquial de Covas; dia 24 (sexta-feira), às 21h30, no Cineteatro de Cerveira; no dia 25 (sábado) é a vez da freguesia de Loivo acolher a peça, às 21h30 na sede da Junta; e para encerrar, no domingo 26 de novembro, às 17h00, no Centro de Cultura de Campos.
A Biblioteca Municipal da Guarda amplía o prazo de participación na iniciativa -Biblioteca Solidaria-
Fecha desde el 10 de Noviembre de 2017
hasta el 18 de Diciembre de 2017A Biblioteca Municipal amplía o prazo de participación ata o vindeiro 18 de decembro e aceptará produtos típicos destas datas
Ampliar contenidoA Biblioteca Pública Municipal da Guarda celebrou o Día da Biblioteca, que se conmemora cada 24 de outubro, promovendo diversas actividades dirixidas ao público en xeral. Entre elas destaca a «Biblioteca Solidaria», unha iniciativa na que que aquelas persoas que se achegaron ao espazo de ocio e lectura municipal puideron escoller un libro descatalogado a cambio de aportar unha unidade de alimentos non perecedoiros (arroz, pasta ou legumes, entre outros).Dado o éxito da iniciativa, e tendo en conta a proximidade do Nadal, a Biblioteca Municipal amplía o prazo de participación ata o vindeiro 18 de decembro e aceptará produtos típicos destas datas (tales como turróns e outros doces, embutidos ou froitos secos) malia que estes non sexan perecedoiros. Os alimentos recollidos serán repartidos entre as asociacións da Guarda que teñan unha función de axuda social ou ben a aquela que máis os precise, en función da cantidade recollida.
Co fomento da colaboración solidaria a través desta actividade preténdese mellorar a calidade de vida das persoas ou grupos, especialmente aqueles que sofren algún tipo de carencia, marxinación ou desatención. Esta é, así, unha boa maneira de fomentar a lectura e a solidariedade dende a Biblioteca Pública, cuxa función principal pasa por achegar á cultura a toda a poboación á que serve, ofrecendo un espazo de convivencia e de oportunidades culturais, educativas e de inserción social.
Tomiño e Cerveira irmándanse a través do deporte
Fecha desde el 24 de Noviembre de 2017
hasta el 26 de Noviembre de 2017O concello de Tomiño e a Câmara de Vila Nova de Cerveira ultiman os preparativos do seu primeiro campus deportivo conxunto
Ampliar contenidoCelebran o seu primeiro campus deportivo o 24, 25 e 26 de novembro, actividade elixida pola cidadanía dentro da primeira edición do Orzamento Participativo Transfronteirizo
O concello de Tomiño e a Câmara de Vila Nova de Cerveira ultiman os preparativos do seu primeiro campus deportivo conxunto, que se celebrará o días 24, 25 e 26 de novembro en instalacións de ambos os dous concellos.
Elixida pola cidadanía dentro da primeira edición do Orzamento Participativo Transfronteirizo, esta iniciativa naceu co obxectivo de educar en valores de tolerancia, cooperación, interculturalidade e respecto entre nenos e nenas dos dous concello e de fomentar o coñecemento cultural e social mutuo, o deporte saudable e a competitividade sen violencia.
O campus arrancará o venres 24 de novembro cunha cerimonia de apertura ás 16.30 horas (hora galega) no pavillón municipal do concello cerveirense e con dous partidos de fútbol amigable entre dous equipos mixtos formados por adolescentes de Galicia e Portugal.
Ao día seguinte, 25 de novembro, o campus continuará cunha actividade de orientación en familia no Parque do Lazer Castelinho, en Cerveira, de 10.15 a 12.00 horas. Xa pola tarde trasladarase ao concello tomiñés, que acollerá un campus de atletismo e unha exhibición de Calistenia na área deportiva de Mosteiro e outro de tenis de mesa no pavillón de Sobrada (de 16.30 a 18.00 horas).
As actividades do domingo 26 estarán reservadas para facer en familia, con natación na piscina municipal de Vila Nova de Cerveira a partir das 11.00 horas e con pilates no pavillón de Goián de 12.30 a 13.30 horas.
Ambas as dúas entidades repartiron máis de 1.500 volantinas coa ficha de inscrición nos distintos centros educativos para que a información chegara ao maior número posible de familias, que poderán escoller entre media ducia de actividades a realizar de forma gratuíta.
O Orzamento Participativo Transfronteirizo trátase dun proxecto pioneiro na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal incluído na Axenda Estratéxica para a Cooperación Transfronteiriza Amizade Tomiño-Cerveira, proxecto cofinanciado ao 75% polo Programa INTERREG VA POCTEP, fondos FEDER da Unión Europea.
Tui oferta 16 visitas guiadas temáticas ata finais de ano
Fecha desde el 11 de Noviembre de 2017
hasta el 16 de Diciembre de 2017Todas as visitas sairán ás 19.15h dende a praza da Inmaculada e terán unha duración aproximada dunha hora.
Ampliar contenidoTui oferta 16 visitas guiadas temáticas durante os meses de novembro e decembro, continuando así os percorridos culturais gratuítos que se iniciaron no verán organizados polo Concello de Tui e nos que levan participado máis de 3 mil persoas.
A primeira cita, nesta nova proposta, será o sábado, 11 de novembro, baixo o título "A cidade barroca" na que durante sesenta minutos se percorrerán os espazos que transformaron a cidade nos séculos XVI e XVIII coma o convento de San Francisco, o convento das Clarisas, a igrexa de San Telmo, ou o hospital de pobres e peregrinos no edificio que actualmente ocupa o Museo Diocesano.
A próxima fin de semana o sábado 18 realizarase a visita cultural "Arquitectura educativa en Tui" e o domingo 19 "A cidade histórica". Mentres que o título dos percorridos a última fin de semana de mes serán "A cidade burguesa do século XIX" e "As antigas fortificacións románicas".
No mes de decembro son un total de once as visitas que se van levar a cabo. O venres 1 "Cidade histórica", o sábado 2 "As murallas medievais", o domingo 3 "Cidade medieval", o martes 5 "As rúas gremiais da cidade", o mércores 6 "O criptoxudaísmo en Tui", o xoves 7 "Arquitectura carceraria na cidade histórica", o venres 8 "Comuna xudía medieval", o sábado 9 "As prazas públicas da cidade histórica", e o domingo 10 "Cidade medieval". Por último o venres 15 realizarase a visita "Cidade histórica" e a derradeira será o sábado 16 "A arte e o Nadal en Tui".
Todas as visitas sairán ás 19.15h dende a praza da Inmaculada e terán unha duración aproximada dunha hora.
Visitas Culturais nocturnas
Punto de saída: Praza da Inmaculada
Horario: 19.15hNovembro
• Sábado 11 - A cidade barroca
• Sábado 18 - Arquitectura educativa en Tui
• Domingo 19 - A cidade burguesa do século XIX
• Domingo 26 - As antigas fortificacións románicas.
Decembro
• Venres 1 - Cidade histórica
• Sábado 2 - As murallas medievais
• Domingo 3 - Cidade medieval
• Martes 5 - As rúas gremiais da cidade
• Mércores 6 - O criptoxudaísmo en Tui
• Xoves 7 - Arquitectura carceraria na cidade histórica
• Venres 8 - Comuna xudía medieval
• Sábado 9 - As prazas públicas da cidade histórica
• Domingo 10 - Cidade medieval
• Venres 15 - Cidade histórica
• Sábado 16 - A arte o Nadal en Tui
Novo obradoiro na Omix da Guarda
Fecha desde el 11 de Noviembre de 2017
hasta el 29 de Noviembre de 2017As persoas interesadas poderán obter máis información na oficina da OMIX situada na Casa do Concello, chamando ao teléfono 986 614 546 ou ben no correo electrónico informacion@aguarda.es.
Ampliar contenidoA Concellería de Xuventude, a través da Oficina de Información Xuvenil (OMIX), organiza unha novo obradoiro de elaboración manual de adornos, agasallos e outros obxectos con materiais de refugallo os próximos días 11, 13, 18,20 e 27 de decembro.«Faino ti: reciclaxe en familia» é o nome da actividade, que se levará a cabo entre as 18 e as 21 h no antigo Colexio Sinde e no que poderán participar persoas de todas as idades e perfís. A temática dos obxectos realizados centrarase principalmente no Nadal.
O obradoiro enmárcase no programa «Tecendo lazos» da Deputación de Pontevedra, cuxa principal finalidade é desenvolver obradoiros interxeracionais no ámbito do lecer e o tempo libre a través dos que establecer espazos para o encontro entre diferentes xeracións.
A inscrición poderá realizarse ata o próximo 29 de novembro, entregando o formulario de solicitude cuberto xunto cunha fotocopia do DNI, certificado/volante de empadroamento e, no caso de menores de idade, autorización para participar no obradoiro.
As persoas interesadas poderán obter máis información na oficina da OMIX situada na Casa do Concello, chamando ao teléfono 986 614 546 ou ben no correo electrónico informacion@aguarda.es.
Romería de Santa Catalina este domingo na Guarda
Fecha desde el 26 de Noviembre de 2017
hasta el 26 de Noviembre de 2017Domingo 26 de novembro no barrio da Cruzada de A Guarda
Ampliar contenidoO domingo 26 de novembro o barrio da Cruzada de A Guarda acolle a celebración da Romería de Santa Catalina.
Ás 11:30h celebraráse a Santa Misa seguida dunha Procesión ata a Fonte acompañada polo Grupo de Gaitas e Baile Xamaraina.
Ó remate da Procesión serviráse un chocolate de balde.
Organiza a Comisión de Festas de San Cayetano.
Tres jugadoras del Guardés en el Mundial
Fecha desde el 24 de Noviembre de 2017
hasta el 26 de Noviembre de 2017Las tres jugadoras del Mecalia Atl. Guardés participarán con Argentina en la cita mundialista
Ampliar contenidoLa guardameta Marisol Carratú, la lateral Luciana Mendoza y la extremo Rosario Urban estarán en el Mundial de Alemania. Las tres jugadoras del Mecalia Atl. Guardés figuran en la lista que el seleccionador argentino Eduardo Peruchena dio a conocer en los últimos días.
"La Garra" completará su preparación en el Torneo Internacional de España que entre el viernes 24 y el domingo 26 de noviembre se disputa en el Pabellón de Deportes Javier Imbroda de Melilla.
España, Japón y Ucrania completan el cartel.
El primer partido del torneo será el más especial para las jugadoras del Guardés, ya que Argentina y España se verán las caras contando en sus filas con Marisol Carratú, Luciana Mendoza, Rosario Urban, Anthía Espiñeira y Jennifer Gutiérrez.
El combinado argentino buscará seguir haciendo historia en el balonmano tras lograr su primera participación en unos Juegos Olímpicos (Río de Janeiro 2016) y firmar un 18º puesto en el pasado Mundial de Dinamarca (2015).
Argentina jugará la primera fase del Mundial en el EgeTrans Arena de Bietigheim-Bissingen con Noruega, Suecia, República Checa, Hungría y Polonia.
Tui acolle o obradoiro -Risos en Familia-
Fecha desde el 16 de Noviembre de 2017
hasta el 05 de Diciembre de 2017O prazo de inscrición está aberto ata o 5 de decembro na casa do concello
Ampliar contenidoEn decembro celebrarase en Tui o obradoiro interxeneracional "Risos en familia: risoterapia creativa anti-estrés" dentro do programa Tecendo Lazos que oferta a Deputación de Pontevedra, e no que neste caso colabora o Concello de Tui.
O obradoiro terá lugar os martes, mércores, xoves e venres do 19 ao 29 de decembro en horario de 18 a 20h na Área Panorámica.
O obxectivo deste obradoiro é aprender a rir para tomarnos a vida con máis sentido do humor e afrontar os problemas cotiás con positividade para favorecer as relacións individuais, familiares, comunitarias e sociais entre as persoas participantes. Ao tempo se busca fomentar a cooperación e interacción e o intercambio de experiencias entre as distintas xeracións. Ao longo de oito xornadas os participantes realizan xogos, prácticas de humor, relación combinada con risas, maxia...
Tamén durante dúas das dezaseis horas de duración do obradoiro o módulo denominado "A Historia do Meu Concello", que recollerá actividades enfocadas a recompilación de fotografías, historias, lendas, contos, etc. en formato papel ou audiovisual do municipio.
Esta actividade vai dirixida a persoas dende os 10 anos ata os 99 anos de idade, tendo preferencia aquelas que formen parte da mesma familia, se anoten xuntas e pertenzan a diferentes xeracións. Os menores de 13 anos deberán acudir sempre en compañía dunha persoa adulta, e os que teñan entre 13 e 17 anos e desexen acudir sos deberán achegar o consentimento da nai, pai ou titor.
Ofértanse un total de 30 prazas. Os interesados poden inscribirse nos Servizos Sociais do Concello de Tui de luns a venres de 9 a 14h até o 5 de decembro.
FBAC procura projetos para exposição de -Novos Artistas-
Fecha desde el 16 de Noviembre de 2017
hasta el 17 de Diciembre de 2017O concurso tem como objetivo consolidar a FBAC como uma instituição atenta e atuante no panorama artístico nacional e internacional do presente
Ampliar contenido"Novos Artistas 2018" é o nome do concurso que se encontra aberto à participação de artistas nacionais e estrangeiros, que tenham no máximo até 15 anos de carreira, para a submissão de propostas de exposições, individuais ou coletivas, para a Galeria da Fundação Bienal de Arte de Cerveira.
O concurso tem como objetivo consolidar a FBAC como uma instituição atenta e atuante no panorama artístico nacional e internacional do presente, através da promoção e difusão da produção artística contemporânea, da experimentação, da atividade expositiva como meio de reflexão sobre a arte e sobre a cultura visual contemporânea, assim como do alargamento a novos públicos.
O Edital prevê a seleção de três propostas de exposições individuais ou coletivas, que decorrerão entre os meses de fevereiro e julho de 2018, no Fórum Cultural de Cerveira. Para a realização das mostras, os autores das propostas selecionadas receberão uma ajuda de custo para a produção no valor de dois mil euros (incluindo os impostos previstos na legislação em vigor).
O prazo para as inscrições decorre até 17 de dezembro de 2017, sendo que estas serão realizadas exclusivamente por e-mail (geral@bienaldecerveira.pt), de acordo com as Normas do Concurso.
-Partilhe Solidariedade: Alimentos por Roupa- no Terreiro de Cerveira
Fecha desde el 18 de Noviembre de 2017
hasta el 26 de Noviembre de 2017Assim, e durante os dois últimos fins-de-semana de novembro, 18/19 e 25/26, a Loja Social cerveirense vai estar no Terreiro
Ampliar contenidoPelo segundo ano consecutivo, a Loja Social de Vila Nova de Cerveira desafia residentes e visitantes a ser solidários, promovendo a angariação de produtos enlatados em troca do excedente de vestuário existente. A novidade deste ano é que a campanha "Partilhe Solidariedade: Alimentos por Roupa" vai estar em pleno centro histórico, nos próximos dois fins-de-semana.
A iniciativa visa levar a Loja Social para a rua, potenciando uma maior proximidade e interação com a população, de forma a dar a conhecer o serviço prestado e a expor as necessidades identificadas.
Tendo como objetivo final minimizar as carências socioeconómicas dos conterrâneos, a presente campanha pretende transmitir a mensagem de que o gesto de cada um pode fazer a diferença. Assim, e durante os dois últimos fins-de-semana de novembro, 18/19 e 25/26, a Loja Social cerveirense vai estar no Terreiro para angariar bens alimentares, preferencialmente enlatados, de modo a evitar possíveis roturas de stock.
Não obstante, e porque o stock do Banco de Roupa afeto à Loja Social encontra-se lotado, as pessoas que aderirem à campanha "Partilhe Solidariedade: Alimentos por Roupa" podem levantar vestuário que seja útil aos próprios ou a alguém mais próximo. Nesta vertente, a loja dispõe de inúmeras peças de roupa para criança, homem e/ou senhora, em perfeito estado de utilização.
A Loja Social de Vila Nova de Cerveira fica localizada junto ao Pavilhão Municipal de Desportos e da Segurança Social (por detrás da Rádio Cultural de Cerveira), com o horário normal de funcionamento, de segunda a sexta-feira, das 09h00 às 12h30 e das 13h30 às 17h00.
Curso de Cociña de Nadal no Rosal
Fecha desde el 18 de Noviembre de 2017
hasta el 20 de Diciembre de 2017Anótate no Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural chamando ó 986625000 extensión 4.
Ampliar contenidoMENÚ DE NADAL (COCIÑA)
O Concello do Rosal organiza un cursiño de cociña de nadal dun único día para realizar un elaborado menú navideño para que cada participante o poña en práctica na súa casa no Nadal. Os contidos serán: aperitivos creativos, un primeiro prato, un segundo prato, sobremesa. Mércores 13 de decembro de 18.30 a 21.30
Prezo do curso con material incluído 15€/persoa.
Anótate no Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural chamando ó 986625000 extensión 4.
Este domingo celébrase o IV Trofeo de Baile Deportivo Eurocidade
Fecha desde el 26 de Noviembre de 2017
hasta el 26 de Noviembre de 2017A competición desenvolverase durante toda a xornada no pavillón de Valença
Ampliar contenidoO venres 17 de novembro a sala de concelleiros de Tui acolleu a presentación do IV Trofeo de Baile Deportivo Eurocidade. Este evento celebrarase o domingo 26 de novembro, no pavillón municipal de Valença, e co mesmo pecharase o Calendario de Actividades Deportivas da Eurocidade 2017.
A presentación correu a cargo do alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, do concelleiro de Deportes de Tui, Andrés Urseira, do vereador de Desporto de Valença, José Monte, así como do responsable do evento, Miguel Abreu.
O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, aproveitou a súa intervención para felicitar tanto aos responsables de deporte de Tui e Valença como aos organizadores do evento. Amais quixo poñer de relevancia que con propostas coma esta se constata que a axenda conxunta está a dar un paso máis na súa consolidación.
Pola súa parte, Andrés Urseira, concelleiro de Deportes de Tui, quixo destacar como esta iniciativa é un xeito de eliminar as barreiras entre os dous lados do Miño tamén dende o punto de vista burocrático, ao tratarse dun esforzo de cooperación para traballar con dúas federacións distintas.
José Monte, vereador de Desporto de Valença, tamén resaltou estas actividades como a esencia da Eurocidade, facendo un balance positivo da programación deportiva conxunta deste 2017.
Miguel Abreu, como organizador do evento, foi o encargado de explicar máis polo miúdo os aspectos técnicos dunha competición na que haberá distintas modalidades e contará para as puntuacións tanto da Federación Española de Baile Deportivo como do Trofeo do Norte de Portugal. Amais apunto que, aínda que o prazo de inscrición está aberto, agardan a participación de preto de 300 persoas de idades que van desde os 6 anos ata máis de 65.
Horario semanal do transbordador A Guarda ? Caminha do martes 21 ao domingo 26 de novembro
Fecha desde el 21 de Noviembre de 2017
hasta el 26 de Noviembre de 2017Para máis información, recoméndase chamar ao despacho de billetes (986 61 15 26) no horario de atención ao público, de 10:00 a 13:00 e de 15:00 a 20:00 horas.
Ampliar contenidoEsta semana as saídas do transbordador veranse afectadas pola marea baixa. Polo tanto, achégase a táboa cos horarios definitivos ata o domingo 26 de novembro coas saídas confirmadas e aquelas que sofren algunha variación están marcadas.
Para máis información, recoméndase chamar ao despacho de billetes (986 61 15 26) no horario de atención ao público, de 10:00 a 13:00 e de 15:00 a 20:00 horas.
SEMANA DO MARTES 21 DE NOVEMBRO AO DOMINGO 26 DE NOVEMBRO:
SAÍDAS DENDE A GUARDA - CAMINHA
MARTES 21
10:30
13:30
15:30
16:30
17:30
18:30
19:30
MÉRCORES 22
10:30
11:30
15:30
16:30
17:30
18:30
19:30
XOVES 23
10:30
11:30
15:30
16:30
17:30
18:30
19:30
VENRES 24
10:30
11:30
12:30
15:30
16:30
17:30
18:30
19:30
SÁBADO 25
10:30
11:30
12:30
13:30
15:30
16:30
17:30
18:30
19:30
DOMINGO 26
10:30
11:30
12:30
13:30
15:30
16:30
17:30
18:30
19:30
SAÍDAS DENDE CAMINHA - A GUARDA
MARTES 21
10:00
13:15
15:00
16:00
17:00
18:00
19:00
MÉRCORES 22
10:00
11:00
15:00
16:00
17:00
18:00
19:00
XOVES 23
10:00
11:00
15:00
16:00
17:00
18:00
19:00
VENRES 24
10:00
11:00
12:00
13:00
15:00
16:00
17:00
18:00
19:00
SÁBADO 25
10:00
11:00
12:00
13:00
15:00
16:00
17:00
18:00
19:00
DOMINGO 26
10:00
11:00
12:00
13:00
15:00
16:00
17:00
18:00
19:00
Observacións:
- non se confirma a saída ata o mesmo día segundo o criterio do patrón
- Debido á marea baixa variase o horario de saída e así non se cancela o servizo
(Horario peninsular de ESPAÑA)
Obradoiros infantís de decoración de Nadal na Guarda
Fecha desde el 21 de Noviembre de 2017
hasta el 04 de Diciembre de 2017O prazo de inscrición estará aberto ata o 4 de decembro e poderá realizarse de maneira presencial no Departamento de Cultura, chamando ó 986 610 000 (ext. 5) ou enviando un correo electrónico á dirección cultura@aguarda.es.
Ampliar contenidoPor terceiro ano consecutivo, a Concellería de Cultura do Concello da Guarda organiza tres obradoiros de decoración de Nadal pensados para nenos e nenas de entre 4 e 12 anos, dentro das actividades programadas na campaña Decora o teu Nadal «Decora o teu Nadal».Os máis pequenos poderán aprender a construír adornos de Nadal para decorar o Concello, a Praza de Abastos e a Recepción Real, os sábados 9 e 16 de decembro e o martes 2 de xaneiro, respectivamente. Todos os obradoiros realizaranse na Casa dos Alonso, en horario de 11:30 a 13:30 h.
O prazo de inscrición estará aberto ata o 4 de decembro e poderá realizarse de maneira presencial no Departamento de Cultura, chamando ó 986 610 000 (ext. 5) ou enviando un correo electrónico á dirección cultura@aguarda.es.
Dende o Concello da Guarda animamos a todos os rapaces e rapazas a participar na elaboración desta decoración de Nadal que tanto éxito acadou en anos anteriores, logrando que a nosa vila se se engalane, non só coa decoración do Nadal, senón tamén coa colaboración e a ilusión de tódolos guardeses e guardesas.
Concerto de Sta. Icía este domingo en Mougás
Fecha desde el 26 de Noviembre de 2017
hasta el 26 de Noviembre de 2017Actividades programadas pola Unión Musical de Mougás para o vindeiro domingo 26 de novembro
Ampliar contenidoA Banda de Música Unión Musical de Mougás celebrará a festividade da súa patrona, SANTA CECILIA, o vindeiro domingo 26 de novembro.Os actos serán os seguintes:
12:30 horas: Entrada na Praza de Alsirio Fernández (antiguo Eirado).
12:45 horas: Misa solemne con procesión (se o tempo o permite), sacando en andas os propios músicos a preciosa imaxe que teñen da súa patroa.
13:30 horas: Concerto no salón de actos da Casa de Cultura de Mougás.O finalizar todos estes actos, terá lugar a comida de confraternidade no Restaurante Peñasco (Mougás) na que, tanto músicos como autoridades e invitados disfrutarán dun agradable ambiente.
Curso de nivel básico de Prevención organizado polo Concello de Tui e a Fundación Laboral da Construción
Fecha desde el 22 de Noviembre de 2017
hasta el 11 de Diciembre de 2017Celebrarase do 11 ao 22 de decembro no Centro Municipal de Formación con carácter gratuíto
Ampliar contenidoO Concello de Tui e a Fundación Laboral da Construción ofertan un curso gratuíto e homologado de Nivel Básico de Prevención. Constará de 60 horas lectivas a impartir nas instalacións do Centro Municipal de Formación en Guillarei. As clases terán lugar de luns a venres do 11 ao 22 de decembro de 8.30h a 14.30h. Ofértanse 25 prazas que se cubrirán por orde de inscrición.
Os interesados poden inscribirse, enviando fotocopia do DNI polas dúas cara e teléfono de contacto no correo electrónico cfo@concellotui.org, por whatsapp no 670 24 56 33 ou presencialmente no Centro Municipal de Formación en Guillarei de luns a venres de 9 a 14h.
El Acanor Atl. Novás comienza la defensa del liderato
Fecha desde el 26 de Noviembre de 2017
hasta el 26 de Noviembre de 2017El primer compromiso está fijado para domingo (O Rosal, 12h), ante el Academia Octavio
Ampliar contenidoSuperado el primer tercio de temporada y alcanzado el liderato merced a la victoria y a la derrota del hasta ahora líder, Embutidos Lalinense, el pasado sábado en A Coruña, el equipo rosaleiro tiene en este tramo final de 2017 la difícil misión de mantenerse en lo más alto.
Academia Octavio, UB Lavadores, OAR Coruña y Calvo Xiria son los rivales antes del parón (tres de ellos entre los cinco primeros y el OAR, capaz de lo mejor y de lo peor).
El primer compromiso está fijado para domingo (O Rosal, 12h), ante el Academia Octavio, que recoge el testigo del Balonmano Porriño que la pasada temporada disputó el sector de ascenso. Para la histórica entidad olívica han emigrado el patrocinador -Construcciones Castro)-y un grupo de jugadores encabezado una vez más por el incombustible Coque Fontenla. A ellos se le han unido jugadores de la talla de David 'Amor' o el brasileño Milton Vieira, formando un bloque que se ha marcado la clasificación para el sector como objetivo.
Será además un duelo con sensaciones encontradas. Hasta cinco integrantes del rival de este sábado han vestido la camiseta del Atlético Novás: el citado actor y humorista David Amor, Pablo García y tres piezas claves en la clasificación para las dos últimas fases de ascenso, Alex Tsybanev, Pablo Sánchez y el técnico Modesto Augusto.
Coincidiendo con el día internacional contra la violencia de género, la directiva que preside Andrés Senra ha invitado a los clubs femeninos de Baixo Miño al encuentro.
Como en las grandes ocasiones, la afición rojilla prepara sus mejores galas, y desde las 10:30 preparan una quedada con cerveza y fabada gratis para los peñistas en las inmediaciones del pabellón y de la que también pueden disfrutar simpatizantes y público en general por un precio popular.
Presentación categorías base.
En el descanso del duelo, serán presentadas oficialmente los siete equipos que forman la base del club, que ya preparan una nueva edición del torneo de Navidad, que este año será el 23 de diciembre.
Cena de Navidad.
Ya se puede reservar plaza para la cena navideña con la que el club pondrá broche a este año, y que se realizará en el Restaurante Juan el día 9 de diciembre. Con un precio de 25€ para adultos y 15 el menú infantil se puede inscribir en Erredos Cocinas y Baños, Informática Jaime y en el pabellón, o a través del 609394078.
Aberto o prazo de inscrición para os Mercados de Nadal no Rosal
Fecha desde el 21 de Noviembre de 2017
hasta el 07 de Diciembre de 2017A participación é gratuita. Para participar é necesario presentar unha instancia ata o 7 de decembro
Ampliar contenidoNo mes de decembro O Rosal acollerá os MERCADOS DE NADAL.
Serán dúas fins de semana consecutivas, nas que se dedicará o sábado 9 e domingo 10 de decembro ao MERCADO DO TROCO E SEGUNDA MAN, e o sábado 16 e domingo 17 de decembro ao MERCADO DE ARTESANÍA.
Estas son datas de moitas compras, polo que o Concello do Rosal pon especial interese en propiciar un consumo responsable.
O MERCADO DO TROCO E SEGUNDA MAN, ten por obxecto fomentar unha cultura de intercambio, onde se pretende superar os conceptos de compra e venda ligados ao exceso de consumo. En definitiva, recuperar valores como o "saber compartir" e o "consumo responsable" fronte á acumulación e excesivo apego aos obxectos.
Co MERCADO DE ARTESANÍA, queremos por en valor todos aqueles productos feitos a man, con materias primas de calidade e que están realizados con mimo e tempo de elaboración, valorando o bo das cousas feitas a man.
Os mercados celebraranse no Salón de Exposicións do Concello cun horario de 10.00 a 20.00 h. ambos días.
Haberá 20 postos expositores polo que todas aquelas persoas interesadas en participar, deberán solicitar por rexistro de entrada do concello unha solicitude. Os postos serán adxudicados por riguroso orde de rexistro de entrada.Desexamos que esta iniciativa teña boa acollida entre a veciñanza e que serva como punto de inicio do nadal no Rosal.
BASES
O Concello do Rosal quere promover o mercado local de artesanía, troco e segunda man entre os veciños e veciñas do municipio, con este fin presenta as seguintes normas que regulen o bo exercicio da devandita actividade.
1. Poden participar no mercado veciños e veciñas maiores de idade
2. A participación é gratuita. Para participar é necesario presentar unha instancia ata o 7 de decembro. Haberá 20 postos que se entregarán por rigorosa orde de entrada de rexistro.
3. O emprazamento dos postos será o SALÓN DE EXPOSICIÓNS do Concello e o horario será de 10.00 a 20.00 tanto o sábado como o domingo, 9 e 10 de decembro para o MERCADO DO TROCO E SEGUNDA MAN, e 16 e 17 de decembro para ou MERCADO DE ARTESANÍA.
4. Os artigos susceptibles de venda ou intercambio serán aqueles que pola súa natureza poidan ser vendidos en condicións máis ventaxosas. Serán de segunda man ou artesanais e que non comporten ningún dano para o adquirinte.
5. No caso do troco e segunda man, poderanse vender e/ou intercambiar xoguetes (que garden os controis de seguridade), roupa en xeral e produtos textís, libros, revistas, coleccionables, cómics, mobiliario e antigüidades, artigos informáticos e fotográficos, cadros, artigos de decoración, ferramentas, cerámica, cristal, pequena maquinaria, música e cine (orixinais), utensilios do fogar, artigos de deporte, artigos de bebé, etc.
Os titulares dos produtos serán os únicos responsables da lícita procedencia dos mesmos.
No caso de artesanía, poderán venderse productos textís, de lá, coiro, macramé, bolillos, craft, cestería, papelería, xoiería, etc.
Tui vístese de negro do 23 ao 26 de novembro
Fecha desde el 23 de Noviembre de 2017
hasta el 26 de Noviembre de 2017Dende o concello convidouse aos centros escolares, asociacións, comercios? a sumarse á campaña.
Ampliar contenidoTui vestirase de negro do 23 o 26 de novembro en sinal de dó por todas as mulleres que sofren violencia de xénero. Desde xeito a cidade súmase á campaña En Negro posta en marcha en 2015 e na que este ano participan a nivel galego 75 concellos e tres deputacións provinciais, así coma máis de 3 mil establecementos, entidades e asociacións.
Tui en negro propón vestir de loito a cidade, en sinal de dó por todas as mulleres que sofren violencia, e como resposta a máis dura das súas consecuencias, a morte. Por iso dende o Concello convidouse a participar nesta campaña aos centros educativos, aos establecementos comerciais, ás asociacións... transmitindo así unha mensaxe conxunta de denuncia e solidariedade.
Convídase así aos centros escolares a vestir de negro, así coma aos comercios, empresas, bares, restaurantes, postos de mercado ... a través dos manteis, dos manequíns,....e co material que dende o Concello se remitirá sobre esta campaña. Os interesados en participar teñen ata mañá mércores, 22 de novembro, para pórse en contacto cos Servizos Sociais no 986 60 36 25 ext 54 en horario de 9 a 14h para comunicar a súa adhesión á campaña.
De forma previa, e considerando que a educación é un dos ámbitos fundamentais nos que hai que traballar para previr a violencia de xénero, o Servizo de Prevención está realizar unha serie de obradoiros nos que se traballa a prevención da violencia de xénero. Teñen lugar durante este mes de novembro e o de decembro, e nos mesmos participan o alumnado de 3º e 4º da ESO do IES San Paio, do IES Indalecio Pérez Tizón, e do Colexio Maristas.
O mércores, 22 de novembro, ás 18.30h o salón de actos da aula da UNED, no antigo convento de San Domingos, acollerá a proxección da curtametraxe "La mujer invisible" ao que seguirá un debate co obxectivo de dar a coñecer a realidade da situación das mulleres que se ven na obriga/coacción de exercer a prostitución e tamén de que se visualice o traballo da asociación Médicos del Mundo.
O día central dos actos previstos será este venres, 24 de novembro, cando está prevista a lectura do manifesto ás 12.30h na praza do Concello por parte do alcalde, Carlos Vázquez Padín.
Dende hoxe mesmo a casa do concello e outros edificios públicos coma a Área Panorámica amosan na súas fachadas a imaxe desta campaña. Tamén dende hoxe as redes sociais do Concello, Facebook e Twitter, mudaron a súa portada e perfil para tinguirse tamén de negro, e recollerán do 23 ao 26 cada día unha mensaxe de loita contra a violencia. A páxina Web municipal será outro dos soportes desta campaña. A Radio Municipal de Tui emitirá do 23 ao 26 deste mes distintas mensaxes contra a violencia de xénero.
Arranca a segunda fin de semana da Ruta -Petiscos con Arte- na Guarda
Fecha desde el 24 de Noviembre de 2017
hasta el 26 de Noviembre de 2017Na primeira fin de semana algúns petiscos esgotáronse ante a gran demanda e afluencia de -ruteiros-
Ampliar contenidoA ruta gastronómica -Petiscos con arte- emprende a partir deste venres a súa derradeira fin de semana con máis de 1.000 petiscos servidos durante os seus tres primeiros días.A iniciativa, na que participan 15 establecementos guardeses, combina a gastronomía en pequeno formato con exposicións artísticas, a un prezo único de 1,50€ a degustación. Así, as persoas participantes na ruta poderán catar distintos petiscos mentres contemplan as obras de pintura, escultura e fotografía expostas nos establecementos.
As persoas interesadas en realizar o percorrido gastronómico e artístico dispoñen dun folleto informativo no que se recollen todos os locais participantes, cunha fotografía e descrición do petisco ofertado e unha breve referencia ao artista e ás obras que se poderán contemplar en cada un deles.
O percorrido pode realizarse este venres, o sábado e o domingo, en horario de mañá (12:00 a 14:00 horas) e tarde (18:00 a 21:00 horas). Cada participante na ruta en calidade de comensal recibirá unha papeleta coa que poderá participar no sorteo de 5 lotes de viño albariño da Adega Gran Novás, colaboradora nesta iniciativa gastronómica. Para participar no sorteo, que se celebrará o próximo 29 de novembro, soamente será necesario degustar un petisco e, posteriormente, cubrir e depositar o boleto debidamente cumprimentado nos buzóns dispoñibles en cada un dos locais participantes.
Inscrición para o curso de adultos na Escola Municipal de Teatro de Tomiño
Fecha desde el 24 de Noviembre de 2017
hasta el 11 de Diciembre de 2017Comezará en decembro e desenvolverase os martes de 20.00 a 21.30 horas na Casa da Cultura de Tomiño
Ampliar contenidoA Escola Municipal de Teatro segue ampliando a súa oferta para este ano coa posta en marcha por primeira vez dun curso de teatro para persoas adultas. Neste intre, 15 tomiñeses e tomiñesas maiores de 18 anos xa se anotaron para participar nesta iniciativa, aínda que dende o Concello esperan que a cifra sega crecendo xa que aínda continúa aberto o prazo de inscrición.
Con este grupo a Escola de Teatro coordinada por Bea Campos, de Migallas Teatro, o Concello de Tomiño dá resposta á crecente demanda de persoas maiores de idade interesadas en asistir a clases de teatro e ponse a última pata a escola teatral, que ata o de agora contaba con tres grupos, todos dirixidos a público infantil e á mocidade (un grupo de 4 a 8 anos, outro de 9 a 12 e un último de 13 a 17).
As clases comezarán o 12 de decembro e celebraranse todos os martes de 20.00 a 21.30 horas na Casa da Cultura de Tomiño. O prezo da actividade é de 15 euros ao mes, aínda que existen descontos no caso de asistir varios membros dunha mesma familia a calquera dos grupos formados.
O curso rematará cunha representación teatral a finais de primavera que suporá un punto e seguido ao traballo realizado este ano, xa que dende o concello queren darlle continuidade a esta Escola de Teatro para adultos, tanto para satisfacer a demanda de todas aquelas persoas que desexan mergullarse no mundo da interpretación como para dar continuidade a todos aqueles mozos e mozas que xa asistían ás clases e que ao acadar a maioría de idade non podían continuar coa actividade. Deste xeito achéganse as artes escénicas a todos os públicos, sen límite de idade e dun xeito asequible.
Para máis información e inscricións os interesados deben de dirixirse á Concellaría de Cultura de Tomiño (rúa A Rocha, 8) ou chamando ao teléfono 986 622 001.
Teatro, obradoiros, deporte e gastronomía: completa oferta para a fin de semana na Guarda
Fecha desde el 24 de Noviembre de 2017
hasta el 26 de Noviembre de 2017Actividades para esta fin de semana na Guarda
Gastronomía, arte e faladoirosAmpliar contenido
A ruta «Petiscos con arte» continúa este venres, sábado e domingo cunha ampla oferta de pequenas degustacións e obras de arte nos establecementos participantes. Os petiscos poderán degustarse de 12:00 a 14:00 horas e de 18:00 a 21:00 horas a un prezo único de 1,50€ a unidade.
Por outra parte, ás 20:30 horas de mañá terá lugar na Casa dos Alonso unha nova charla dentro do ciclo «Diálogos en Educación». A temática deste novo encontro xirará entorno á «filosofía para/con a infancia» e estará guiado polo profesor da Universidade da Coruña no departamento de Pedagoxía e Didácticas, Javier F. Rouco.
Celebrarase tamén mañá un novo encontro dentro do ciclo de charlas «Cóidate, muller!», organizado pola Asociación de Mulleres Progresistas da Guarda. Nesta ocasión, o faladoiro centrarase no «poder das emocións positivas e a comunicación asertiva», contando coa intervención da psicóloga convidada, Andrea Iglesias Fernández. A cita será ás 20:00 horas no Centro Cultural.
25N: Repulsa ás violencias machistas
Este sábado, 25 de novembro, a programación de actividades estará caracterizada polas mostras en repulsa ás violencias machistas. Así, a programación comezará ás 12:00 horas na Casa dos Alonso cun acto conmemorativo no que o alcalde e as concelleiras da Corporación Municipal colocarán unha pancarta contra a Violencia de Xénero. De seguido, o grupo Cinta Adhesiva realizará unha actuación poético-musical.Completando a programación do 25N, o Centro Cultural acollerá a representación teatral «Nacidas libres» a partir das 20:00 horas deste sábado. A obra, cuxas entradas xa están esgotadas, relata a historia de catro actrices que deciden emprender e montar unha peza inspirándose nunha nova aparecida nos xornais sobre tres monxas retidas nun convento.
Lectura, música e obradoiros
Os máis pequenos da casa tamén terán oportunidade de divertirse durante a fin de semana. Para eles, a Biblioteca Municipal organiza este sábado a partir das 11:30 h unha nova sesión de «Contos contados» dedicada á Ciencia, na que poderán coñecer historias divertidas e realizar un experimento científico.Para todo o público, ademais, continúa en marcha «Biblioteca Solidaria», unha iniciativa pola que todas aquelas persoas que se acheguen ao espazo de ocio e lectura municipal poderán escoller un libro descatalogado a cambio de aportar unha unidade de alimentos non perecedoiros (arroz, pasta ou legumes, entre outros) ou propios do Nadal (tales como turróns e outros doces, embutidos ou froitos secos) malia que estes sexan perecedoiros.
Para comerciantes e público en xeral, o Concello celebrará un novo obradoiro de decoración dentro da campaña «Decora o teu Nadal», no que os participantes poderán elaborar un abeto iluminado. A proposta, elaborada pola interiorista e voluntaria Maite Lomba, precisa de materiais de baixo custo e/ou de refugallo e terá lugar na Casa dos Alonso entre as 16:00 as 19:00 horas do sábado.
Xa á noitiña, a Igrexa parroquial de Santa María acollerá o Concerto de Santa Cecilia. Os asistentes poderán gozar das actuacións do Grupo de Acordeóns Mascarelhas e a Agrupación Musical da Guarda a partir das 20:30 horas.
Domingo de deporte e culto
O domingo, o barrio da Cruzada rende homenaxe á Santa Catalina coa celebración da popular romaría, organizada pola Comisión de Festas de San Caetano. A celebración dará comezo ás 11:30 horas coa misa na honra da santa e, deseguido, celebrarase a procesión ata a Fonte de Santa Catalina, co acompañamento do grupo de gaitas e baile Xamaraina. Ao remate, a organización servirá un chocolate de balde aos asistentes.Tamén pola mañá, o Monte Santa Trega e a súa contorna acollerán a celebración do IV Trail do Trega. O evento deportivo, organizado por TimeAventure en colaboración co Concello da Guarda e a Deputación de Pontevedra, estará composta por unha carreira de 18,5 km e un desnivel de 1.100 m, con saída ás 10:00 horas, e unha andaina de 10 km, con saída ás 9:15 horas. O período de inscricións remata o venres e estas poden realizarse a través das páxinas web www.avaibooksports.com e inscripciones.ranckr.com/eventos .
Homenaxe aos Mártires de Sobredo este domingo en Guillarei - Tui
Fecha desde el 26 de Noviembre de 2017
hasta el 26 de Noviembre de 2017Domingo 26 de novembro do 2017, a partir das 11:00 horas da mañá
Ampliar contenidoConmemoracion dos Sucesos de Sobredo - 95 aniversario - o domingo 26 novembro - Sobredo - Guillarei - TuiActos de conmemoración dos Sucesos de Sobredo, no seu do 95 Aniversario que se desenvolverán en Sobredo (Guillarei - Tui) este domingo 26 de novembro do 2017, a partir das 11:00 horas da mañá. Neste ano, trala vaga de incendios padecida, centrase o acto na importancia do monte e a súa relación co significou Sobredo na actividade agraria para a que o monte era algo vital.
PROGRAMA:
11,00 CONCENTRACIÓN - CARBALLEIRA DE SOBREDO
11,30 DESPRAZAMENTO ATÉ O MONUMENTO
12,00 PRESENTACIÓN DO ACTO E INTERVENCIÓNS:
XOSÉ ALFREDO PEREIRA MARTÍNEZ.
Org. Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común.
ALBA NOGUEIRA LÓPEZ.
Profesora de Dereito Administrativo na Univ. de Santiago de Compostela.
13,30 OFRENDA FLORAL NO MONUMENTO
CLAUSURA DO ACTO. ACTUACIÓN DOS GRUPOS:
- FOLCLÓRICO "LEMBRANZAS DA TERRA"
- GRUPO DE GAITAS "FOLIEIROS".A conmemoración anual ten por fin manter vivo o significado do carácter social e reivindicativo dos sucesos de Sobredo; feitos producidos no 28 de novembro do ano 1922, neste lugar da parroquia de Guillarei, no Concello de Tui; realízase ao pe do monumento aos Mártires, da autoría do escultor Nogueira.
Na realización dun un embargo a un veciño, que se negou a pagar as rendas dun foro, produciuse unha concentración en solidariedade co embargado. A Guardia Civil disolveu a tiros a manifestación en contra dese imposto de orixe medieval -o foro-, que se mantiña sobre as terras e que eran aboado en especie polo campesiñado galego tralas colleitas, anualmente, polas datas do San Martiño.
Tres persoas quedaran mortas no sitio: CÁNDIDA RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, de Pazos de Reis; JOAQUÍN ESTÉVEZ BESADA, de Soutelo; VENANCIO GONZÁLEZ ROMERO, de Budiño; e mais de vinte resultaron feridas. Sobredo queda dende ese momento, na memoria colectiva, como símbolo e lugar no que a sociedade labrega é martirizada.
No ano 1932 (dez anos despois dos feitos), por subscrición popular, ergueuse o monumento na memoria dos Mártires de Sobredo e como símbolo do movemento social que impulsou a loita pola eliminación dos foros.
Sobredo, xa naquela altura representa simbolicamente unha época (finais do século XIX e as dúas primeiras décadas do século XX) de loitas reivindicativas e agrupación de forzas por entidades asociativas que, colectivamente, estruturaban unha realidade social complexa e claramente republicana.
No mes de xullo do ano 1936, nos primeiros días do golpe de estado franquista, foi dinamitado. Do mesmo xeito que as persoas eran perseguidas, foron derrubados símbolos como o monumento conmemorativo dos sucesos.
Cincuenta anos despois da súa destrución, en 1986, recuperouse a memoria sobre estes feitos e promoveuse, por entidades sociais (comunidades veciñais e montes, asociacións de veciños, culturais, etc.) a reconstrución do Monumento.
Agradecendo de antemán a súa difusión,Reciba un saúdo.
Instituto de Estudos Agrarios Mártires de Sobredo- IEAMSO
Xunta de Goberno
Especial - Alumnos e alumnas da Guarda participan na reforestación de 41.000 metros cuadrados no Monte Santa Trega
Fecha desde el 00 de de 0000
hasta el 15 de Marzo de 2019Para esta actuación, envióuselle un escrito os colexios para os alumnos que queiran participar nesta plantación, tendo xa confirmación dalgún colexio.
Ampliar contenidoA Comunidade de montes de A Guarda, empezou no pasado mes de febreiro e seguindo a día de hoxe tras obter os permisos de patrimonio, para realizar os buracos e iniciar a reforestación no Monte Trega cun control arqueolóxico para a plantación de Castiñeiros e Carballos.
Esta plantación realizase no polígono 24 e parcelas 10001 e 10002 nunha superficie de 41.400 m², onde no ano 2.018 erradicáronse uns 317 eucaliptos de gran tamaño ademais de acacias.
Estes labores realizaranse durante cinco días aproximado de perforación, dous días para o abono, continuandoa plantación coa colaboración de alumnos e alumnas do Colexio As Solanas da Guarda e persoal da Comunidade de Montes.Ademais, esta comunidade de montes, vai instalar antes do 30 de marzo, 447 metros de varanda en dous atallos, para a comodidade e protección das persoas que usan estes atallos. E bordeando unha zona axardinada a carón da nova plantación para evitar a entrada de vehículos.
GALERÍA DE FOTOS
Haz clic en la imagen de abajo para acceder a la Galería de fotografías
O Concello inaugura a remodelación do acceso ao aparcamento Xulio Sesto
Fecha desde el 00 de de 0000
hasta el 07 de Octubre de 2020Nas obras de mellora pavimentouse un acceso rodado e outro peonil, executáronse as canalizacións de augas pluviais e tamén as conducións eléctricas para dotar de iluminación a zona
Ampliar contenidoO Rosal acaba de inaugurar o novo acceso ao aparcamento Xulio Sesto tras as obras de remodelación, acondicionamento e urbanización acometidas nos últimos meses. Durante este tempo o Concello, a través da empresa adxudicataria, levou a cabo traballos de pavimentación da entrada para crear un acceso rodado e outro peonil, executou a canalización de augas pluviais e dotou das condicións eléctricas necesarias para dispoñer de iluminación na zona.
O obxectivo destas actuacións era corrixir as deficiencias técnicas do proxecto inicial e paliar a problemática derivada do acondicionamento do aparcamento para que poida empregarse de forma normalizada, xa que ata o de agora non cumpría os requisitos mínimos necesarios para o seu uso sen prexuízo para a veciñanza residente nas inmediacións do acceso ao aparcamento, situado no núcleo urbano da vila.
A apertura do aparcamento Xulio Sesto permite dotar á Praza do Calvario e as súas inmediacións dun maior espazo para o estacionamento de vehículos.
O proxecto, elaborado pola área de Urbanismo do Concello do Rosal, contou cun orzamento de máis de 34.000 euros financiados a cargo do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra
Rosane Serrano representará al Atlético Guardés con la Selección Española Júnior
Fecha desde el 00 de de 0000
hasta el 09 de Febrero de 2026La primera línea del Mecalia Atlético Guardés se concentrará del 2 al 8 de marzo en Elche y disputará un amistoso ante el Atticgo BM Elche.
Ampliar contenidoEl Mecalia Atlético Guardés volverá a estar representado en una cita internacional. La primera línea Rosane Serrano, jugadora vasca del conjunto de A Guarda, ha sido convocada con las Guerreras Júnior para participar en la concentración que se celebrará del 2 al 8 de marzo en Elche.
La convocatoria, publicada por la nueva seleccionadora Verónica Cuadrado, incluye a 21 jóvenes promesas del balonmano español que trabajarán durante toda la semana aprovechando el parón liguero. Serrano, habitual en las listas del combinado nacional en categoría júnior, volverá así a vestir la camiseta de España tras haber sido subcampeona de Europa el pasado verano.
El stage tendrá lugar en la ciudad alicantina y culminará el domingo 8 de marzo con un partido amistoso ante el Atticgo BM Elche, a las 11:30 horas en el pabellón Esperanza Lag.
Esta concentración coincide con la semana fijada por la European Handball Federation para la disputa de compromisos internacionales, en este caso el clasificatorio para el Campeonato de Europa 2026. En la edición júnior del pasado verano, las Guerreras alcanzaron la final y lograron la medalla de plata, con una destacada participación de Serrano.
Aunque natural del País Vasco, la jugadora defiende actualmente los colores del Guardés, consolidándose como una pieza importante dentro del proyecto deportivo del club miñoto y reforzando la proyección nacional e internacional de la entidad de A Guarda.
“Es una oportunidad para crecer y mejorar de cara al futuro”
Rosane Serrano se mostró “muy contenta e ilusionada de poder formar parte de esta convocatoria”. La jugadora reconoce que estas concentraciones suponen una alta exigencia física y mental, especialmente en un momento clave del calendario.
A su regreso, le esperan dos semanas consecutivas de doble jornada con el Guardés, combinando Liga y competición europea. “Siempre son semanas de mucho trabajo y de mucha intensidad”, explica la primera línea, que aun así valora enormemente la experiencia. “Es una oportunidad para crecer y mejorar a nivel individual y grupal de cara al futuro”, concluye.
Para el Atlético Guardés, esta convocatoria vuelve a situar al club de A Guarda en el foco del balonmano nacional, demostrando el nivel competitivo de su plantilla y su capacidad para aportar talento a la Selección Española.
