Agenda
A OMIX Tomiño elabora un programa multidisciplinar de cursos para o 2017
Fecha desde el 31 de Marzo de 2017
hasta el 04 de Diciembre de 2017A programación abarca dende abril ata decembro cunha ampla variedade de actividades
Ampliar contenidoA Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) de Tomiño, vén de elaborar a súa proposta de cursos e obradoiros para o presente ano. A programación, que conta co apoio da Deputación Provincial, arranca o 8 de abril cun curso de Monitor de Tempo Libre, de 200 horas teóricas e 150 prácticas, e remata en decembro, cun obradoiro de elaboración de chocolate.A primavera contará tamén cun obradoiro de panadería e bolería (24 de abril), un Faladoiro de Inglés (10 de maio), un curso de emprendemento (16 de maio), e outro de "Stop-motion". Maxia foto a foto (8 de xuño).
No verán, as propostas terán que ver cos deportes acuáticos: Iniciación ao Kaiak (7 de xullo); ao Flyboard (14 de xullo); ao Paddle-Board (21 de xullo), e ao Esquí Acuático (28 de xullo).
No outono, haberá un curso de Radio, de 22 horas de duración, que comezará o 21 de setembro; outro de Iniciación ao Lettering, de 20 horas (comezo 10 de outubro) e un terceiro de Elaboración de Chocolate (4 de decembro).
Para máis información e inscricións, chamar ao teléfono 986 622 001 ou escribir un correo a omix@tomino.gal
Derradeira cita do ciclo de charlas -Manual de instrucións para educar- na Guarda
Fecha desde el 17 de Octubre de 2017
hasta el 12 de Diciembre de 2017Os encontros celebraranse os días 17 de outubro, 14 e 28 de novembro e o 12 de decembro ás 19:30 horas na Casa dos Alonso
Ampliar contenidoOs encontros celebraranse os días 17 de outubro, 14 e 28 de novembro e o 12 de decembro ás 19:30 horas na Casa dos Alonso, con novas temáticas suxeridas polas nais, pais e profesionais participantes na primeira edición do ciclo.
Tras a boa acollida da primeira edición, o Programa de Educación Familiar e a Oficina Municipal de Información á Xuventude (OMIX) da Guarda organizan catro novas charlas dentro do ciclo "Manual de instrucións para educar", orientadas a ofrecer un espazo de reflexión e experiencias compartidas que axuden aos pais, nais e educadores/as a lograr o pleno desenvolvemento das nenas, nenos e adolescentes para facilitar a convivencia familiar.
A actividade contará coa colaboración dos terapeutas familiares Esteban Figueirido e María Jesús Núñez, encargados de guiar as charlas nas que se animará á participación dos asistentes mediante o intercambio de experiencias. Os profesionais aportarán vías para resolver os conflitos diarios de forma construtiva, reforzando a comunicación e o diálogo como chaves no establecemento de relacións saudables entre nais, pais e os seus fillos e fillas. Falarase tamén das normas e os límites como un dereito dos menores ofrecendo, asemade, ferramentas alternativas para poder achegarse á realidade das rapazas e os rapaces.
Novas temáticas e datas
Os encontros desta segunda edición terán lugar na Casa dos Alonso ás 19:30 horas os días 17 de outubro, 14 de novembro, 28 de novembro e 12 de decembro. A primeira das charlas, co título "Familias centradas en solucións", xirará entorno á busca de enfoques positivos en detrimento dos pensamentos que se centran "no que vai mal e non funciona, descoidando o que vai ben e valorándoo para que sirva de reforzo positivo", segundo explica o psicólogo Esteban Figueirido.
O encontro do 14 de novembro, "Educar en intelixencia emocional", atenderá ás emocións como chave para realizar unha intervención eficaz. "Se dende pequenos axudámoslle a identificar as emocións e a expresalas, poderán resolver mellor os conflitos e ter un maior autocontrol", sinala o experto, que dirixirá as dúas primeiras conversas.
"Duelo infantil. O neno ante as múltiples perdas" é o título da terceira charla, dirixida pola psicóloga María Jesús Núñez e na que se analizará como funcionan as perdas nos cativos e cativas (dende algún xoguete ata outras de maior impacto, como a separación dos pais ou falecemento de seres queridos) para axudarnos a acompañalos mellor e evitar posibles secuelas.
O derradeiro encontro dedicarase ás "Maneiras creativas de resolver conflitos", isto é, distintas formas de abordar os momentos críticos "con algo de humor e creatividade", segundo apunta Figueirido, director da charla. Ao respecto, aclara que "moitos pensamos que xa probamos todo cos nosos fillos e parece que nada funciona, pero normalmente non é así", de xeito que novas formas de resolución de conflitos son posibles e desexables.
Dende o Concello da Guarda animamos a todas as persoas con inquedanzas e interese educativos -sexan pais e nais, avoas e avós, educadores e educadoras, así como veciñas e veciños- a participar nestas charlas e axudar a crear un espazo enriquecedor no que aprendamos xuntos como acadar unha mellor convivencia familiar nos fogares da nosa vila.
RESUMO TEMAS CHARLAS "MANUAL DE INSTRUCIÓNS PARA EDUCAR":
1- Familias centradas en solucións
A miúdo vivimos centrados no que vai mal, no que non funciona, descoidando o que vai ben e valorándoo para que sirva de reforzo positivo, e favoreza o cambio. Nesta charla veremos a importancia de cambiar o noso enfoque e como facelo.
2- Educar en intelixencia emocional
Atender ás emocións é clave para unha intervención eficaz. Se desde pequenos axudámoslles a identificar as emocións e a expresalas, poderán resolver mellor os conflitos e ter un maior autocontrol.
3- O duelo infantil. O neno ante as múltiples perdas
Os fillos e fillas pasan por moitas perdas, desde algún xoguete ao que lle tiñan moito agarimo, ata un animal que consideraban o seu mellor amigo, pasando por outras de maior impacto como: separación de pais, falecemento de ser querido, cambios de domicilio ou de centro escolar, etc. Nesas situacións de duelo é necesario estar ao seu lado e mostrar a máxima comprensión. Comprender como funcionan as perdas neles axúdanos a acompañarlles mellor e evitar secuelas.
4- Maneiras creativas de resolver conflitos
Moitos pensamos que xa probamos de todo cos nosos fillos e parece que nada funciona. Normalmente non é así, e sempre anima pensar que aínda queda algo máis que se pode facer. Nesta charla comentaremos sobre outras maneiras de abordar os momentos críticos, cando somos capaces de recuperar algo de humor e creatividade.
DATA
HORA TEMA
RELATOR/A
17 outubro
martes
19:30-21:00
"Familias centradas en solucións"
Esteban Figueirido
Psicólogo
14 novembro
martes
19:30-21:00
" Educar en Intelixencia emocional"
Mª Jesús Núñez
Psicóloga
28 novembro
martes
19:30-21:00
"O duelo infantil. O neno ante as múltiples perdas"
Esteban Figueirido
12 decembro
martes
19:30-21:00
"Maneiras creativas de resolver conflitos"
Esteban Figueirido
A programación cultural de outono deu comezo en Tomiño o pasado sábado
Fecha desde el 07 de Octubre de 2017
hasta el 18 de Noviembre de 2017Continuará durante o mes de outubro e novembro cunha variada oferta de espectáculos
Ampliar contenidoA pasada fin de semana deu comezo a Programación do Outono Cultural 2017 do Concello de Tomiño.A programación "Outono Cultural" continuará durante o mes de outubro e novembro cunha variada oferta de espectáculos do ámbito da música e do teatro e sendas exposicións no Mercado de Tomiño. A programación completa pódese consultar na web do Concello de Tomiño.
A IV Quedada BTT Carballas Loureza-Oia terá lugar este domingo
Fecha desde el 14 de Octubre de 2017
hasta el 26 de Noviembre de 2017En unos días se abrirán las inscripciones en www.tracktherace.com
Ampliar contenidoQUEDADA BTT AS CARBALLAS
- 4ª Edición de la Quedada BTT As Carballas organizada por el club Cornelios Raiders en colaboración con la comisión de fiestas de San Juan (Loureza) y el ayuntamiento de Oia.
- Se retoma la organización de esta ruta Btt (Rodadora) dormida durante varios años para volver a disfrutar de este monte que al entender de la organización, le sobra potencial en cuanto a vistas, carreteras de monte ciclables y parajes naturales que hicieron de esta ruta en su dia un evento que juntaba a un buen número de de BTTeros.Arranca el evento, en unos días se actualizará información y se presentará el cartel definitivo de la Quedada.
PROGRAMA PARA EL DÍA DE LA RUTA.
26 Noviembre 2017
8:30h a 9:15h entrega de dorsales a los participantes de la Quedada.
9:30h salida de la ruta desde el Colegio de Refoxos (oia).
Rutas alternativas de 32km 1000m desnivel positivo y 45 km 1120m desnivel positivo aprox, para mayores de 16 años y con uso obligatorio de casco. Dificultad Media.
En paralelo a la ruta, se realizará una Andaina popular de entre 5/7 km aproximadamente que pasará por "As Pozas de Loureza" y "O Pozo do Arco".
BTT 10 EUROS Andaina 5 EUROS que incluye: Seguro, avituallamiento y al finalizar la ruta para todos los participantes 1º Sopa casera 2º callos + bebida.
Límite de inscritos 400 participantes.
Plazo cierre de inscripción 22/11/17 a las 24:00h
Se realizarán sorteos varios donde cada uno participará con su número de dorsal asignado.
Para todo público asistente durante la mañana se servirá comida y bebida a precios populares por parte de la comisión de fiestas.
COORDENADAS UTM SALIDA: Cord. X: 515.188,78 Cord Y: 4.649.321,25
ORGANIZA: CLUB CORNELIOS
COLABORA: COMISIÓN DE FIESTAS SAN XOAN DE LOUREZA Y CONCELLO DE OIA.En unos días abriremos las inscripciones en nuestra página de costumbre www.tracktherace.com
Más información:
O mundo dos cogumelos regresa ó Rosal este sábado
Fecha desde el 14 de Octubre de 2017
hasta el 18 de Noviembre de 2017Praza de inscricións aberto. As persoas interesadas deben pasar polo concello para anotarse.
Ampliar contenidoO Concello do Rosal organiza unha xornada relacionada co mundo dos cogumelos. As persoas interesadas deben pasar polo concello para anotarse.
Alumnos do CPI Pintor Antonio Fernández de Goián organizan unha andaina
Fecha desde el 20 de Octubre de 2017
hasta el 30 de Noviembre de 2017A andaina servirá de axuda para a excursión de final de curso que realizarán no mes de maio a Madrid
Ampliar contenidoOs alumnos no curso de 6º E.P. do CPI Pintor Antonio Fernández de Goián(Tomiño) organizan unha andaina o vindeiro día 3 de decembro en colaboración co comercio de Goián e Figueiró para a axuda da excursión de final de curso que realizarán no mes de maio a Madrid.O itinerario realizarase contando coa colaboración de Espazo en Forma por diferentes fontes de Goián e levará aproximadamente hora e media podendo participar tanto nenos como adultos. As inscricións realizaranse no Bar Avenida (Pepa) situado na praza de Goián ata o 30 de novembro.
Invitamos a todos os interesados en entrar na nosa páxina de Facebook Excursión 6º Primaria Cole de Goián a Madrid 2018 e botarlle un ollo ós premios que sortearemos entre os participantes ó final da andaina. Ademáis teremos doces e outras cousas máis que iremos informando.
Asociación Cultural e Deportiva -Xuntanza- de Randufe organiza varias actividades este outono
Fecha desde el 31 de Octubre de 2017
hasta el 25 de Noviembre de 2017Magosto, mostra de teatro e roteiros serán algunhas das actividades que se porán en marcha este outono
Ampliar contenidoXa está aquí o outono e nós queremos facerche unhas cantas propostas que che poden interesar: festa do magosto, mostra teatral, obradoiro para facer tarrañolas, e roteiro-charla para coñecer plantas silvestres comestibles.
Interesante, verdade? Participas con nós?
MAGOSTO
Unhas ricas castañas sempre sentan moi ben, por iso convidámoste ó noso magosto o domingo 5 de novembro. Será despois da actuación dos grupos de teatro que van participar na "VIII Mostra Teatral Miguel Troncoso". Degustaremos xuntos/as as mellores castañas asadas e viño de balde.
VIII MOSTRA TEATRAL MIGUEL TRONCOSO
- Domingo 5 de novembro ás 18:00 horas: comezamos con dúas obras realizadas polos pequenos da casa para toda a familia.
> Grupo de teatro Remolóns e Pantuflas Verdes de C.C. Beade, que presentan "Camiño da fama", humor, mimo e improvisación son os estandartes destes pequenos artistas.
> Teatro Garabullada, da nosa Asociación, coa obra "Vaya lata de Pirata". Uns temibles piratas que, coma sempre, queren atopar un valioso tesouro.
- Domingo 12 de novembro ás 18:00 horas: Contamos co grupo xuvenil Remolóns teatro de C.C. Beade, co drama "Pistoleando: unha de gansters". Chicago, 1926. Cidade de segredos.
Un despacho e un cabaret: un home opresor e unha muller feita a si mesma; unha familia disfuncional e unha familia que non o é. Cando cae a noite as súas historias crúzanse... da peor forma posible.
Obra non recomendada para menores de 10 anos.
- Domingo 19 de novembro ás 18:00 horas: actuará o grupo de Teatro do centro cultural San Fins de Rebordans, coa comedia "O Indiano". A historia dun pobo.... pódese transformar, dun día para outro... cando hai gañas e vontade.
LEMBRA: Para entreter ós máis cativos teremos taller de chapas, manualidades, taller de pintacaras e xogos durante a representación das obras os días 12 e 19 a cargo de EN UN TRISTRÁS.
OBRADOIRO DE CONSTRUCIÓN E INICIACIÓN ÁS TARRAÑOLAS
Neste obradoiro, ademais de construír as nosas propias tarrañolas,
aprenderemos a técnica e execución dos ritmos básicos como muiñeira, xota, etc.O curso vaise realizar o domingo 12 de novembro de 10:00 a 13:00 e de 16:00 a 18:00h na nosa casa cultural.
O prezo será de 15 € para socios/as e de 19 € para non socios/as. As prazas son limitadas e o curso realizarase cun mínimo de 10 persoas. Para máis información e para apuntarte chama o telf.: 646.646.500 ou manda un correo electrónico a: acdxuntanza@gmail.com. Último día para anotarse o luns 6 de novembro.
ROTEIRO PARA O RECOÑECEMENTO DE PLANTAS SILVESTRES COMESTIBLES
Temos o pracer de contar coa colaboración do biólogo Cesar Lema que ven de publicar o seu libro "Bienaventurada la maleza porque ella te salvará la cabeza". Nunha charla explicaranos os usos das plantas silvestres e de seguido faremos un pequeno roteiro para identificalas.
Quedades emprazados para o sábado 25 de novembro de 10:30 a 13:30 na nosa casa cultural.
O roteiro é de balde pero podedes colaborar aportando aceite de cociña usado. O autor tamén terá o seu libro a venda por importe de 25€.
Agardamos que estas propostas sexan do teu interés!
La Peña Celtista Baixo Miño organiza un viaje a Sevilla el 17 de noviembre
Fecha desde el 17 de Noviembre de 2017
hasta el 17 de Noviembre de 2017El precio es de 85 ? para los peñistas y 95 ? para otros aficionados.
Ampliar contenidoViaje a Sevilla
Salida el viernes día 17 de noviembre a las 23 horas
Sábado día 18, llegada al Macia Hotel Gran Lar de 4 estrellas en el centro de Sevilla, reparto de habitaciones.
Día libre, el campo está a 20 minutos andando del Hotel y a 15 minutos de la Giralda y Torre del Oro.
Domingo día 19, desayuno en el hotel, salida para Mérida a las 10,-- horas
Sobre las 12.00 de la mañana parada en Mérida (Patrimonio de la Humanidad por la UNESCO), paseo por la zona monumental, comida y salida a las 16,00 horas
El precio es de 85 € para los peñistas y 95 € para otros aficionados.
Incluye en el precio: habitación, desayuno y plaza de bus.
Para anotarse en la Cafetería Oasis, Enjoy, As de Copas, por este mismo medio o tfno. 690.659.870
LA JUNTA DIRECTIVA
Nuevas fechas para el curso de Primeros Auxilios en Bebés y niños impartido por Cruz Roja Baixo Miño
Fecha desde el 03 de Noviembre de 2017
hasta el 17 de Noviembre de 2017El curso de Primeros Auxilios en bebés y niños, baremable para el SERGAS tiene una duración de 10 horas teórico - prácticas, las fechas serán los días 18 y 28 Noviembre.
Ampliar contenidoEl curso de Primeros Auxilios en bebés y niños, baremable para el SERGAS tiene una duración de 10 horas teórico - prácticas, las fechas serán los días 18 y 28 Noviembre.El objetivo general es capacitar a los alumnos para desarrollar correctamente su actuación ante una urgencia, así como facilitar la adquisición de conocimientos y un nivel adecuado de formación en cuanto a los contenidos.
En su estructura el curso incluye los siguientes módulos:
a. El envejecimiento; b. Objetivos; c. ¿Qué es el socorrismo? ;d. Pauta Generales de actuación ante una situación de emergencia; e. La cadena de supervivencia; e. Conceptos; f. Reanimación cardiopulmonar básica en adultos; g. Posición Lateral de seguridad; h. Movilidad y manejo urgente de las víctimas; i. Exploración Secundaria; j. Obstrucción de la vía aérea por cuerpo extraño; K. Hemorragias; l. Quemaduras; M. Electrocución; N. Heridas; O. Traumatismos; P. Intoxicaciones; Q. Mordeduras y picaduras de animales; R. Urgencias médicas; S. El Botiquín; T. Prevención de accidentes.; U. Bibliografía.La acción formativa se llevará a cabo en A Guarda, todas las personas interesadas pueden solicitar más información en Cruz Roja Baixo Miño, situada en la C/ Agustín Nandín Lomba, nº1 bajo o llamando al teléfono 986-61 46 09 o 6063484741; en horario de 8:00 a 15:00h y de 16:00 a 19:00.
El plazo de inscripción acaba el 15 De Noviembre el número de plazas es limitado, y la realización del curso queda sujeta a que se cubra el número de plazas. El coste del curso será de 40€.
http://www.cruzroja.es/principal/web/formacion/informacion-curso?cod_curso=409237
Atención ao público para os afectados no proceso de revisión catastral en Oia
Fecha desde el 06 de Noviembre de 2017
hasta el 24 de Noviembre de 2017Este servizo comenzará o día 6 de noviembro ata o día 24 do mesmo mes, de luns a venres en horario de 9,00 a 14, 00 horas na planta baixa da oficina de turismo sita en praza centinela, sta. Mª de oia.
Ampliar contenidoCon motivo do proceso de revisión catastral que está levando a cabo a dirección xeral de catastro, o concello de oia en colaboración coa diputación de pontevedra porá a disposición de todos os afectados un servizo de atención con unha empresa especializada para evitar que os contribuintes que reciban algunha notificación de catastro teñan que desplazarse a pontevedra para ver o expediente ou realizar calquer tipo de alegación.
Este servizo comenzará o día 6 de noviembro ata o día 24 do mesmo mes, de luns a venres en horario de 9,00 a 14, 00 horas na planta baixa da oficina de turismo sita en praza centinela, sta. Mª de oia.
Para conseguir unha mellor atención evitando esperas, podese solicitar cita previa (día e hora) chamando o telefono 674 19 83 81 en horario de 9,00 a 14 horas de luns a venres.Nota:
Para ser atendidos e importante acudir coa notificación recibida.
Este servizo soamente é para os contribuintes afectados polo proceso de revisión catastral que xa recibisen a notificación.
A Guarda acolle este mes a ruta gastronómica -Petiscos con arte-
Fecha desde el 17 de Noviembre de 2017
hasta el 26 de Noviembre de 2017A finalidade da ruta é promocionar a gastronomía e a arte na Guarda
Ampliar contenidoO Concello da Guarda organiza este mes unha nova ruta gastronómica na que se mesturará a arte coa gastronomía guardesa en pequeno formato. «Petiscos con arte» é o nome deste percorrido gastronómico, que se celebrará os días 17, 18, 19, 24, 25 e 26 de novembro, e no que cada establecemento ofrecerá un petisco a 1,50€.
A finalidade da ruta é promocionar a gastronomía e a arte na Guarda, polo que as persoas participantes poderán degustar petiscos mentres contemplan as obras de pintura, escultura e fotografía expostas nos establecementos, en horario de mañá (de 12 a 14 h) e tarde (18 a 21 h).
Artistas e locais participantes
Participarán un total de 15 cafeterías e restaurantes guardeses e outros tantos artistas locais ou con vinculación ao noso concello. Estes son: a cafetería Alameda, con fotografías de Eva Peixoto; a cafetería Art Café, con fotografías de Carlos Pascual; a cafetería e tasca As Pozas, con exposición fotográfica de Iago Alonso; a vinoteca Avenida, cunha mostra pictórica de Elena Cividanes; a bocatería Brétema, con escultura de Carlos Carrera; o bar Cramoeiro, con pinturas de Silvia Represas; a cafetaría Kanella's, con fotografías de Eva García; a cervexaría La Casilla, cunha mostra pictórica de Lucía Baz; o restaurante La Pizzicata, con fotografías de José C. Castro; a bocatería Marbella, coas pinturas de Naa Martínez; a cafetaría Novo Bar, con esculturas de Anxo Ferreira; o restaurante O Cangrexal, con pintura de Teresa Dorado; o bar Terra Verde, cunha exposición fotográfica de Anxo Vaquero; o restaurante Xantar, cunha mostra pictórica de Mercedes Doval; e o restaurante Xeito, con pinturas de Charo Trigo.
Nesta ruta colabora a Adega Gran Novas, participante na Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira, que cederá 5 lotes de viño albariño para sortear entre os participantes na ruta que degusten o petisco e cumprimenten o boleto do sorteo.
O XIX Concurso de Pesca Costa-Mar chega á Guarda o 3 de decembro
Fecha desde el 08 de Noviembre de 2017
hasta el 03 de Diciembre de 2017Inscricións no 670 691 403 | Organiza: O Buxeiro
Ampliar contenidoO domingo día 3 de decembro de 2017 terá lugar a XIX edición do Concurso de Pesca Costa-Mar ás 7:30h na esplanada do Porto de A Guarda.
As inscricións están xa abertas no Bar O Pescador ou chamando ó 670 691 403.
Ao final do Concurso realizaráse unha comida con Cocido.
Organiza O Buxeiro
A Biblioteca Municipal da Guarda amplía o prazo de participación na iniciativa -Biblioteca Solidaria-
Fecha desde el 10 de Noviembre de 2017
hasta el 18 de Diciembre de 2017A Biblioteca Municipal amplía o prazo de participación ata o vindeiro 18 de decembro e aceptará produtos típicos destas datas
Ampliar contenidoA Biblioteca Pública Municipal da Guarda celebrou o Día da Biblioteca, que se conmemora cada 24 de outubro, promovendo diversas actividades dirixidas ao público en xeral. Entre elas destaca a «Biblioteca Solidaria», unha iniciativa na que que aquelas persoas que se achegaron ao espazo de ocio e lectura municipal puideron escoller un libro descatalogado a cambio de aportar unha unidade de alimentos non perecedoiros (arroz, pasta ou legumes, entre outros).Dado o éxito da iniciativa, e tendo en conta a proximidade do Nadal, a Biblioteca Municipal amplía o prazo de participación ata o vindeiro 18 de decembro e aceptará produtos típicos destas datas (tales como turróns e outros doces, embutidos ou froitos secos) malia que estes non sexan perecedoiros. Os alimentos recollidos serán repartidos entre as asociacións da Guarda que teñan unha función de axuda social ou ben a aquela que máis os precise, en función da cantidade recollida.
Co fomento da colaboración solidaria a través desta actividade preténdese mellorar a calidade de vida das persoas ou grupos, especialmente aqueles que sofren algún tipo de carencia, marxinación ou desatención. Esta é, así, unha boa maneira de fomentar a lectura e a solidariedade dende a Biblioteca Pública, cuxa función principal pasa por achegar á cultura a toda a poboación á que serve, ofrecendo un espazo de convivencia e de oportunidades culturais, educativas e de inserción social.
Tui oferta 16 visitas guiadas temáticas ata finais de ano
Fecha desde el 11 de Noviembre de 2017
hasta el 16 de Diciembre de 2017Todas as visitas sairán ás 19.15h dende a praza da Inmaculada e terán unha duración aproximada dunha hora.
Ampliar contenidoTui oferta 16 visitas guiadas temáticas durante os meses de novembro e decembro, continuando así os percorridos culturais gratuítos que se iniciaron no verán organizados polo Concello de Tui e nos que levan participado máis de 3 mil persoas.
A primeira cita, nesta nova proposta, será o sábado, 11 de novembro, baixo o título "A cidade barroca" na que durante sesenta minutos se percorrerán os espazos que transformaron a cidade nos séculos XVI e XVIII coma o convento de San Francisco, o convento das Clarisas, a igrexa de San Telmo, ou o hospital de pobres e peregrinos no edificio que actualmente ocupa o Museo Diocesano.
A próxima fin de semana o sábado 18 realizarase a visita cultural "Arquitectura educativa en Tui" e o domingo 19 "A cidade histórica". Mentres que o título dos percorridos a última fin de semana de mes serán "A cidade burguesa do século XIX" e "As antigas fortificacións románicas".
No mes de decembro son un total de once as visitas que se van levar a cabo. O venres 1 "Cidade histórica", o sábado 2 "As murallas medievais", o domingo 3 "Cidade medieval", o martes 5 "As rúas gremiais da cidade", o mércores 6 "O criptoxudaísmo en Tui", o xoves 7 "Arquitectura carceraria na cidade histórica", o venres 8 "Comuna xudía medieval", o sábado 9 "As prazas públicas da cidade histórica", e o domingo 10 "Cidade medieval". Por último o venres 15 realizarase a visita "Cidade histórica" e a derradeira será o sábado 16 "A arte e o Nadal en Tui".
Todas as visitas sairán ás 19.15h dende a praza da Inmaculada e terán unha duración aproximada dunha hora.
Visitas Culturais nocturnas
Punto de saída: Praza da Inmaculada
Horario: 19.15hNovembro
• Sábado 11 - A cidade barroca
• Sábado 18 - Arquitectura educativa en Tui
• Domingo 19 - A cidade burguesa do século XIX
• Domingo 26 - As antigas fortificacións románicas.
Decembro
• Venres 1 - Cidade histórica
• Sábado 2 - As murallas medievais
• Domingo 3 - Cidade medieval
• Martes 5 - As rúas gremiais da cidade
• Mércores 6 - O criptoxudaísmo en Tui
• Xoves 7 - Arquitectura carceraria na cidade histórica
• Venres 8 - Comuna xudía medieval
• Sábado 9 - As prazas públicas da cidade histórica
• Domingo 10 - Cidade medieval
• Venres 15 - Cidade histórica
• Sábado 16 - A arte o Nadal en Tui
Novo obradoiro na Omix da Guarda
Fecha desde el 11 de Noviembre de 2017
hasta el 29 de Noviembre de 2017As persoas interesadas poderán obter máis información na oficina da OMIX situada na Casa do Concello, chamando ao teléfono 986 614 546 ou ben no correo electrónico informacion@aguarda.es.
Ampliar contenidoA Concellería de Xuventude, a través da Oficina de Información Xuvenil (OMIX), organiza unha novo obradoiro de elaboración manual de adornos, agasallos e outros obxectos con materiais de refugallo os próximos días 11, 13, 18,20 e 27 de decembro.«Faino ti: reciclaxe en familia» é o nome da actividade, que se levará a cabo entre as 18 e as 21 h no antigo Colexio Sinde e no que poderán participar persoas de todas as idades e perfís. A temática dos obxectos realizados centrarase principalmente no Nadal.
O obradoiro enmárcase no programa «Tecendo lazos» da Deputación de Pontevedra, cuxa principal finalidade é desenvolver obradoiros interxeracionais no ámbito do lecer e o tempo libre a través dos que establecer espazos para o encontro entre diferentes xeracións.
A inscrición poderá realizarse ata o próximo 29 de novembro, entregando o formulario de solicitude cuberto xunto cunha fotocopia do DNI, certificado/volante de empadroamento e, no caso de menores de idade, autorización para participar no obradoiro.
As persoas interesadas poderán obter máis información na oficina da OMIX situada na Casa do Concello, chamando ao teléfono 986 614 546 ou ben no correo electrónico informacion@aguarda.es.
A OMIX da Guarda organiza unha xornada de micoloxía
Fecha desde el 11 de Noviembre de 2017
hasta el 25 de Noviembre de 2017As prazas dispoñibles son limitadas, polo que a inscrición poderá realizarse de xeito presencial na OMIX situada na Casa do Concello, no correo electrónico informacion@aguarda.es ou ben no teléfono 986 614 546.
Ampliar contenidoA Concellería de Xuventude, a través da Oficina de Información Xuvenil (OMIX), organiza unha nova xornada de micoloxía, que se celebrará o próximo sábado 25 de novembro.A actividade comezará pola mañá, de 10 a 13 h, cunha sesión formativa na que as persoas participantes poderán achegarse á ecoloxía dos fungos e ao proceso de identificación. Xa pola tarde, entre as 16 e as 18 h, realizarase unha saída ao monte co fin de realizar unha escolma e recolección de cogomelos pola contorna da vila.
As xornadas centrarase, principalmente, no coñecemento e respecto a estes organismos, e a actuar de forma responsable no caso de estar interesados na súa recolección durante a temporada. Contaremos, para isto, coa colaboración da Asociación Forestal e de Educación Ambiental ‘A Jalleira'.
As prazas dispoñibles son limitadas, polo que a inscrición poderá realizarse de xeito presencial na OMIX situada na Casa do Concello, no correo electrónico informacion@aguarda.es ou ben no teléfono 986 614 546.
XXXI Semana Cultural de Pedornes
Fecha desde el 13 de Noviembre de 2017
hasta el 18 de Noviembre de 2017Do 13 ao 18 de novembro no Centro Cultural de Pedornes en Oia
Ampliar contenidoDo 13 ao 18 de novembro o Centro Cultural de Pedornes en Oia acolle a XXXI Semana Cultural, organizada pola Asociación Cultural San Mamed.
O programa contempla actividades para todolos públicos, con numerosas proxeccións audiovisuais, obradoiros de variada temática, actuacións musicais, entre outras actividades.
Co cambio de hora anoitece moi cedo e refrescan as noites, pero en Pedornes (concello de Oia) chega a festa e a ledicia coa agardada programación da súa Semana Cultural que organiza a Asociación Cultural "San Mamed" no Centro Cultural da citada parroquia. Este ano celébrase desde o luns 13 hasta o sábado 18 deste mes e alcanza a edición número XXXI; trátase, pois, dun evento de longa tradición e moi boa acollida tanto polos veciños como polos que estes días nos visitan. Contamos, ademais, coa colaboración e axuda da Asociación Costa dos Castros e da Asociación de Veciños "A Muruxeira", esta última tamén de Pedornes. Por outra banda, unha parte do orzamento está cuberto polo Concello de Oia, a Deputación de Pontevedra e a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común da propia parroquia.
Como en edicións pasadas, o programa abrangue un amplo abano de actividades, case todas aptas para todos os públicos (e abertas a todo o mundo), estando aquelas que comezan ás 17.30 h especialmente dirixidas aos máis cativos, mentres que as organizadas a partires das 18:00 ou 19.00 h, dependendo dos días, sexan tamén do agrado (e conten coa participación) de adolescentes e adultos.Sinopse do programa
Entre as actividades para os máis pequenos, este ano hai debuxo e pintura, modelaxe con barro, un taller arqueolóxico, unha película infantil e un obradoiro de xoguetes populares.
De luns a venres temos varias proxeccións con temáticas variadas e de rabiosa actualidade na maioría dos casos. Comezamos co documental "O monte é nosso" de Llorenç Soler (1978), continuamos coa gravación da UVigo tv da charla "Tráfico de refuxiados no Mediterráneo" de Jaime Cárdenas e seguimos cunha proxección sobre Pedornes e as súas xentes elaborada por Chicho, veciño da parroquia, e gravada no ano 1978 en "Super 8", agora pasada a DVD. O valor desta gravación é incalculable, devolvendo á memoria da xente de maior idade a realidade da nosa parroquia fai case 40 anos. O xoves haberá una charla e unha proxección audiovisual dentro do programa "Cinema e muller" da Deputación de Pontevedra, rematando o venres con dous documentais "Mareas vermellas" e "O Choco de Redondela", feitos e dirixidos por dous galegos, Manuel E. Garci e Jorge H. Urcera.
Todos os días celébrase algún campionato, incluíndo tenis de mesa e damas (luns), chinchimoni e escoba (martes), dominó (mércores), tute e parchís (xoves), futbolín (venres), e xogo da rá (sábado). Ademais, o venres teremos o tradicional concurso/degustación de doces caseiros típicos da sobremesa, contando coa animación do grupo "Ventiscas do Peirado" de Pedornes. De seguido, procederemos a preparar ("escunchar") os 200 kg de castañas que serán degustadas ao día seguinte e remataremos a xornada cunha "chocolatada" para todos os colaboradores.
En relación co rico patrimonio etnográfico da contorna, o sábado, día grande da programación, hai unha excursión guiada pola parte da Ruta Máxica de Oia que transcorre pola parroquia, con saída ás 10:30 h desde o Centro Cultural de Pedornes. A Pousadela, Outeiros do Morouzo, O Viveiro, e Alto do Visiño serán algúns dos emblemáticos lugares a visitar. Xa pola tarde, ás 18:30 o grupo de teatro "Os Mellores do Ghrupo" de Santa Mª de Oia representarán a obra "A Idade do Pavosaurio", unha obra moi entretida onde as gargalladas están aseguradas.
A continuación terá lugar a XXXIV Festa do Magosto con castañas asadas, viño tinto e refrescos totalmente gratis para todos os asistentes. Este ano, contamos coa participación dun grupo de mozos da Guarda, Perseide, que está sendo toda unha revelación, e do grupo de gaitas "A Fiada" de Viladesuso ao que se arrimarán un grupo de amigos para animar unha gran noite de foliada.
Tamén contaremos con servizo de cantina, incluíndo o sábado bocadillos a prezos populares. Así mesmo, haberá unha carpa para gozar da festa independentemente das condicións climatolóxicas.
Non queremos rematar esta nota sen antes agradecer, de xeito moi especial, o gran apoio que os organizadores estamos a recibir (e seguro que seguimos recibindo) por parte dos veciños de Pedornes e a súa contorna, así como a todos aqueles que dunha ou doutra forma participan desinteresadamente aportando o seu traballo e o seu tempo para facer posible unha nova edición da Semana Cultural de Pedornes.
Animamos, pois, a toda a veciñanza a participar activamente nas actividades programadas. Pola súa longa tradición, esta próxima semana será, sen dubida, de moita festa na parroquia de Pedornes. Agardámosvos!
Semana da ciencia e a tecnoloxía no CPR Sta. María Maristas de Tui
Fecha desde el 13 de Noviembre de 2017
hasta el 17 de Noviembre de 2017Dende o 13 ao 17 de novembro, pódense atopar numerosas exposicións que, por distintos recunchos, encherán o noso centro de Ciencia.
Ampliar contenidoNo CPR Sta. María Maristas de Tui un curso máis preparámonos para celebrar a nosa Semana da Ciencia e a Tecnoloxía.
Dende o 13 ao 17 de novembro, pódense atopar numerosas exposicións que, por distintos recunchos, encherán o noso centro de Ciencia. Haberá exposicións moi variadas: "The five senses" de 1º E.P, maquetas dos Aparatos do Corpo de 2º E.P, O Sistema Solar de 3º, os alumnos de 4º fixeron uns "displays" sobre os Climas do Mundo, os de 5º "flipbooks" sobre O Planeta Terra no Universo e os de 6º "lapbooks" sobre os Seres Vivos.
Os compañeiros de Secundaria esporán no recibidor o seu proxecto Viaxamos ao Espazo e as maquetas sobre As Capas da Terra, os de 2º darán Charlas sobre a Reciclaxe aos pequenos, ademáis de ser os encargados do recuncho "Recicla", no que a través dun concurso animarán aos compañeriros a reciclar. Os alumnos e alumnas de 3ºESO exporán as maquetas sobre As Células e os traballos de opinión feitos sobre Os Plásticos e os de 4º da ESO, expoñen os seus traballo de opinión sobre "As redes que enredan" e serán os que leven a cabo Os Experimentos
En definitiva, unha semana chea de actividad e de actividades.
Se poderán vistar as distintas exposicións toda la semana, de 17.00-18.00h
Horario semanal do transbordador A Guarda ? Caminha do martes 14 ao domingo 19 de novembro
Fecha desde el 14 de Noviembre de 2017
hasta el 19 de Noviembre de 2017Para máis información, recomendase chamar ao despacho de billetes (986 61 15 26) no horario de atención ao público, de 10:00 a 13:00 e de 15:00 a 20:00 h.
Ampliar contenidoEsta semana as saídas do transbordador veranse afectadas pola marea baixa. Polo tanto, achégase a táboa cos horarios definitivos ata o domingo 19 de novembro coas saídas confirmadas e aquelas que sofren algunha variación están marcadas.
Para máis información, recomendase chamar ao despacho de billetes (986 61 15 26) no horario de atención ao público, de 10:00 a 13:00 e de 15:00 a 20:00 h.
SEMANA DO MARTES 14 DE NOVEMBRO AO DOMINGO 19 DE NOVEMBRO:
SAÍDAS DENDE A GUARDA - CAMINHA
MARTES 14
10:30
11:30
12:30
13:30
15:30
16:30
17:30
18:15
MÉRCORES 15
10:30
11:30
12:30
13:30
15:30
16:30
17:30
18:30
XOVES 16
10:30
11:30
12:30
13:30
15:30
16:30
17:30
18:30
VENRES 17
11:30
12:30
13:30
15:30
16:30
17:30
18:30
19:15
SÁBADO 18
11:45
12:30
13:30
15:30
16:30
17:30
18:30
19:30
DOMINGO 19
11:30
12:30
13:30
15:30
16:30
17:30
18:30
19:30
SAÍDAS DENDE CAMINHA - A GUARDA
MARTES 14
10:00
11:00
12:00
13:00
15:00
16:00
17:00
18:00
MÉRCORES 15
10:00
11:00
12:00
13:00
15:00
16:00
17:00
18:00
XOVES 16
10:00
11:00
12:00
13:00
15:00
16:00
17:00
18:00
VENRES 17
11:00
12:00
13:00
15:00
16:00
17:00
18:00
19:00
SÁBADO 18
11:30
12:00
13:00
15:00
16:00
17:00
18:00
19:00
DOMINGO 19
12:15
13:00
15:00
16:00
17:00
18:00
19:00
Observacións:
- non se confirma a saída ata o mesmo día segundo o criterio do patrón
- Debido á marea baixa variase o horario de saída e así non se cancela o servizo
(Horario peninsular de ESPAÑA)
Galiza Nova organiza un coloquio este venres en Tui
Fecha desde el 17 de Noviembre de 2017
hasta el 17 de Noviembre de 2017-A mocidade galega.Importancia da organización-, coloquio de Galiza Nova este venres en Tui
Ampliar contenidoNo marco da campanha "Rebélate, organízate e loita", Galiza Nova organiza o dia 17 de Novembro, ás 20:00 na Sala Cemit da Área Panorámica de Tui un colóquio formativo con Xabier Pérez Igrexas, activista sindical e exmilitante de Galiza Nova, baixo o título de "A mocidade galega. Importancia da organización".Neste acto buscamos analizar o porqué da organización da mocidade baixo o ideário nacionalista,e a necesidade de que tomemos parte na luita pola contrucción de unha Galiza na que a mocidade non se vexa explotada, forzada a emigración e teña posibilidade de encontrar un futuro digno e na terra.
Tui acolle o obradoiro -Risos en Familia-
Fecha desde el 16 de Noviembre de 2017
hasta el 05 de Diciembre de 2017O prazo de inscrición está aberto ata o 5 de decembro na casa do concello
Ampliar contenidoEn decembro celebrarase en Tui o obradoiro interxeneracional "Risos en familia: risoterapia creativa anti-estrés" dentro do programa Tecendo Lazos que oferta a Deputación de Pontevedra, e no que neste caso colabora o Concello de Tui.
O obradoiro terá lugar os martes, mércores, xoves e venres do 19 ao 29 de decembro en horario de 18 a 20h na Área Panorámica.
O obxectivo deste obradoiro é aprender a rir para tomarnos a vida con máis sentido do humor e afrontar os problemas cotiás con positividade para favorecer as relacións individuais, familiares, comunitarias e sociais entre as persoas participantes. Ao tempo se busca fomentar a cooperación e interacción e o intercambio de experiencias entre as distintas xeracións. Ao longo de oito xornadas os participantes realizan xogos, prácticas de humor, relación combinada con risas, maxia...
Tamén durante dúas das dezaseis horas de duración do obradoiro o módulo denominado "A Historia do Meu Concello", que recollerá actividades enfocadas a recompilación de fotografías, historias, lendas, contos, etc. en formato papel ou audiovisual do municipio.
Esta actividade vai dirixida a persoas dende os 10 anos ata os 99 anos de idade, tendo preferencia aquelas que formen parte da mesma familia, se anoten xuntas e pertenzan a diferentes xeracións. Os menores de 13 anos deberán acudir sempre en compañía dunha persoa adulta, e os que teñan entre 13 e 17 anos e desexen acudir sos deberán achegar o consentimento da nai, pai ou titor.
Ofértanse un total de 30 prazas. Os interesados poden inscribirse nos Servizos Sociais do Concello de Tui de luns a venres de 9 a 14h até o 5 de decembro.
FBAC procura projetos para exposição de -Novos Artistas-
Fecha desde el 16 de Noviembre de 2017
hasta el 17 de Diciembre de 2017O concurso tem como objetivo consolidar a FBAC como uma instituição atenta e atuante no panorama artístico nacional e internacional do presente
Ampliar contenido"Novos Artistas 2018" é o nome do concurso que se encontra aberto à participação de artistas nacionais e estrangeiros, que tenham no máximo até 15 anos de carreira, para a submissão de propostas de exposições, individuais ou coletivas, para a Galeria da Fundação Bienal de Arte de Cerveira.
O concurso tem como objetivo consolidar a FBAC como uma instituição atenta e atuante no panorama artístico nacional e internacional do presente, através da promoção e difusão da produção artística contemporânea, da experimentação, da atividade expositiva como meio de reflexão sobre a arte e sobre a cultura visual contemporânea, assim como do alargamento a novos públicos.
O Edital prevê a seleção de três propostas de exposições individuais ou coletivas, que decorrerão entre os meses de fevereiro e julho de 2018, no Fórum Cultural de Cerveira. Para a realização das mostras, os autores das propostas selecionadas receberão uma ajuda de custo para a produção no valor de dois mil euros (incluindo os impostos previstos na legislação em vigor).
O prazo para as inscrições decorre até 17 de dezembro de 2017, sendo que estas serão realizadas exclusivamente por e-mail (geral@bienaldecerveira.pt), de acordo com as Normas do Concurso.
Este venres Tui acolle -Nacidas Libres-
Fecha desde el 17 de Noviembre de 2017
hasta el 17 de Noviembre de 2017Venres ás 21.30h no Teatro Municipal de Tui
Ampliar contenidoO Teatro Municipal de Tui acolle mañá venres, 17 de novembro, ás 21.30h a Contraproducións de Vedra coa obra "Nacidas libres".
A muller é a gran protagonista nesta obra teatral escrita por Cándido Pazó na que as protagonistas son catro actrices en paro que deciden autoempregarse, para non desaparecer da escena, montando unha peza. Non atopan textos para catro mulleres polo que deciden encargarlle a obra a unha xove escritora emigrada dándolle coma punto de partida a nova aparecida nos xornais do recate de tres monxas indias retidas contra a súa vontade nun convento clausura en Santiago. Con esa inspiración argallan un espectáculo en múltiples planos nos que, con frescura, dinamismo, emoción, humor, reflexionan dende unha perspectiva de xénero sobre a desigualdade, a ilusión da liberdade, os condicionantes da muller nas distintas culturas, a emigración... O resultado é un espectáculo para pensar, desfrutar, emocionarse e divertirse.
As actrices Rocío González, Susana Dans, Casilda Alfaro e Mónica Camaño, conforman o elenco deste espectáculo no que dan vida a unha ducia de personaxes, baixo a dirección de Cristina Domínguez.
Contraproducións dedícase á creación e distribución de espectáculos escénicos, conducida por Cándido Pazó, autor e director teatral, e Belén Pichel, xefa de produción.
Ás entradas para "Nacidas Libres" están á venda en www.culturatui.info até mañá venres ás 12h ou mañá dende ás 20h no despacho de billetes aos prezos de 6€ e 4,5€.
Contraproducións con "Nacidas libres"
Lugar: Teatro Municipal de Tui
Data: Venres, 17 de novembro, ás 21.30h
Entradas: Á venda en www.culturatui.info ata o venres ás 12h ou o venres dende ás 20h no despacho de billetes ao prezo de 6€ e 4,5€.
Gastronomía, cultura e homenaxe á -Marea Branca-: protagonistas da fin de semana na Guarda
Fecha desde el 17 de Noviembre de 2017
hasta el 19 de Noviembre de 2017O Concello da Guarda ofrece esta fin de semana bo número de actividades para gozar do tempo de lecer na nosa vila.
Ampliar contenidoO Concello da Guarda ofrece esta fin de semana bo número de actividades para gozar do tempo de lecer na nosa vila. Así, hoxe comeza a ruta "Petiscos con Arte" e á noitiña poderemos desfrutar do mellor cine dramático coa proxección de «Sully». O sábado terá lugar unha charla sobre alimentación saudable para mulleres e, o domingo, organízase unha sentida homenaxe á «Marea Branca», coincidindo co décimo quinto aniversario do afundimento do Prestige.Gastronomía, arte e cultura
Este mediodía comezou a nova ruta gastronómica «Petiscos con arte», na que participan os seguintes establecementos hostaleiros: Cafetería Alameda, Cafetería Art Café, Tasca As Pozas, Xamonería Avenida, Bocatería Brétema, Bar Cramoeiro, Cafetería Kanellas, Tapería La Casilla, Restaurante La Pizzicata, Bocatería Marbella, Cafetería Novo Bar, Restaurante O Cangrexal, Vinoteca Terra Verde, Restaurante Xantar e Restaurante Xeito. En todos eles poderemos probar pequenas degustacións da nosa gastronomía a un custe único de 1,50 € (bebida non incluída), mentres contemplamos as exposicións de obras pictóricas, escultóricas e fotográficas de diversos artistas locais e da contorna.A ruta poderá completarse nestas dúas últimas fins de semana de novembro, de venres a domingo, e en horario de 12 a 14 h e de 18 a 21 h. Entre todos os participantes sortearanse 5 lotes de albariño Gran Novás, adega colaboradora na Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira.
Esta noitiña, ademais, poderemos gozar dunha nova entrega do ciclo "Cinema de outono", coa proxección da película «Sully» no Centro Cultural. Trátase dun drama baseado na historia real do piloto aéreo Chesley «Sully», convertido en heroe no ano 2009 tras lograr unha aterraxe de emerxencia sobre o río Hudson. A cita será ás 21 h.
Mañá sábado temos unha nova charla dentro do ciclo «Cóidate, muller!», organizado pola Asociación de Mulleres Progresistas da Guarda. Nesta ocasión, contaremos coa intervención da Técnica Superior en Dietética, Conchi Adrover Pacheco, que falará sobre «Alimentación saudable para mulleres», a partir das 20 h no Centro Cultural.
Homenaxe á Marea Branca
Como remate ás actividades programadas durante a fin de semana, este domingo celebrarase unha homenaxe aos voluntarios e voluntarias da «Marea Branca», que fai agora quince anos axudaron a limpar as nosas costas tralo afundimento do petroleiro Prestige. Ás 12:30 h, no Mirador de Fonte Quente, encontrarémonos co alcalde do Concello da Guarda, Antonio Lomba; o membro de Greenpeace e voluntario, Alejandro Vilela; e o autor do monumento e impulsor da iniciativa, Xabier Garrido.Por motivos de saúde, a intervención do ex-patrón maior da Confraría de Baiona (Suso López) anunciado inicialmente, será substituído polo presidente da asociación medioambiental ANABAM, Agustín Ferreira.
O acto acompañarase coa interpretación de varias pezas a cargo dos grupos O Trebón dos Xidos e A Boalleira, e coa exposición dunha pancarta elaborada polos alumnos de terceiro curso de primaria do CEIP As Solanas, baixo a coordinación da mestra Olga Rodríguez Vicente.
Especial - Alumnos e alumnas da Guarda participan na reforestación de 41.000 metros cuadrados no Monte Santa Trega
Fecha desde el 00 de de 0000
hasta el 15 de Marzo de 2019Para esta actuación, envióuselle un escrito os colexios para os alumnos que queiran participar nesta plantación, tendo xa confirmación dalgún colexio.
Ampliar contenidoA Comunidade de montes de A Guarda, empezou no pasado mes de febreiro e seguindo a día de hoxe tras obter os permisos de patrimonio, para realizar os buracos e iniciar a reforestación no Monte Trega cun control arqueolóxico para a plantación de Castiñeiros e Carballos.
Esta plantación realizase no polígono 24 e parcelas 10001 e 10002 nunha superficie de 41.400 m², onde no ano 2.018 erradicáronse uns 317 eucaliptos de gran tamaño ademais de acacias.
Estes labores realizaranse durante cinco días aproximado de perforación, dous días para o abono, continuandoa plantación coa colaboración de alumnos e alumnas do Colexio As Solanas da Guarda e persoal da Comunidade de Montes.Ademais, esta comunidade de montes, vai instalar antes do 30 de marzo, 447 metros de varanda en dous atallos, para a comodidade e protección das persoas que usan estes atallos. E bordeando unha zona axardinada a carón da nova plantación para evitar a entrada de vehículos.
GALERÍA DE FOTOS
Haz clic en la imagen de abajo para acceder a la Galería de fotografías
O Concello inaugura a remodelación do acceso ao aparcamento Xulio Sesto
Fecha desde el 00 de de 0000
hasta el 07 de Octubre de 2020Nas obras de mellora pavimentouse un acceso rodado e outro peonil, executáronse as canalizacións de augas pluviais e tamén as conducións eléctricas para dotar de iluminación a zona
Ampliar contenidoO Rosal acaba de inaugurar o novo acceso ao aparcamento Xulio Sesto tras as obras de remodelación, acondicionamento e urbanización acometidas nos últimos meses. Durante este tempo o Concello, a través da empresa adxudicataria, levou a cabo traballos de pavimentación da entrada para crear un acceso rodado e outro peonil, executou a canalización de augas pluviais e dotou das condicións eléctricas necesarias para dispoñer de iluminación na zona.
O obxectivo destas actuacións era corrixir as deficiencias técnicas do proxecto inicial e paliar a problemática derivada do acondicionamento do aparcamento para que poida empregarse de forma normalizada, xa que ata o de agora non cumpría os requisitos mínimos necesarios para o seu uso sen prexuízo para a veciñanza residente nas inmediacións do acceso ao aparcamento, situado no núcleo urbano da vila.
A apertura do aparcamento Xulio Sesto permite dotar á Praza do Calvario e as súas inmediacións dun maior espazo para o estacionamento de vehículos.
O proxecto, elaborado pola área de Urbanismo do Concello do Rosal, contou cun orzamento de máis de 34.000 euros financiados a cargo do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra
Rosane Serrano representará al Atlético Guardés con la Selección Española Júnior
Fecha desde el 00 de de 0000
hasta el 09 de Febrero de 2026La primera línea del Mecalia Atlético Guardés se concentrará del 2 al 8 de marzo en Elche y disputará un amistoso ante el Atticgo BM Elche.
Ampliar contenidoEl Mecalia Atlético Guardés volverá a estar representado en una cita internacional. La primera línea Rosane Serrano, jugadora vasca del conjunto de A Guarda, ha sido convocada con las Guerreras Júnior para participar en la concentración que se celebrará del 2 al 8 de marzo en Elche.
La convocatoria, publicada por la nueva seleccionadora Verónica Cuadrado, incluye a 21 jóvenes promesas del balonmano español que trabajarán durante toda la semana aprovechando el parón liguero. Serrano, habitual en las listas del combinado nacional en categoría júnior, volverá así a vestir la camiseta de España tras haber sido subcampeona de Europa el pasado verano.
El stage tendrá lugar en la ciudad alicantina y culminará el domingo 8 de marzo con un partido amistoso ante el Atticgo BM Elche, a las 11:30 horas en el pabellón Esperanza Lag.
Esta concentración coincide con la semana fijada por la European Handball Federation para la disputa de compromisos internacionales, en este caso el clasificatorio para el Campeonato de Europa 2026. En la edición júnior del pasado verano, las Guerreras alcanzaron la final y lograron la medalla de plata, con una destacada participación de Serrano.
Aunque natural del País Vasco, la jugadora defiende actualmente los colores del Guardés, consolidándose como una pieza importante dentro del proyecto deportivo del club miñoto y reforzando la proyección nacional e internacional de la entidad de A Guarda.
“Es una oportunidad para crecer y mejorar de cara al futuro”
Rosane Serrano se mostró “muy contenta e ilusionada de poder formar parte de esta convocatoria”. La jugadora reconoce que estas concentraciones suponen una alta exigencia física y mental, especialmente en un momento clave del calendario.
A su regreso, le esperan dos semanas consecutivas de doble jornada con el Guardés, combinando Liga y competición europea. “Siempre son semanas de mucho trabajo y de mucha intensidad”, explica la primera línea, que aun así valora enormemente la experiencia. “Es una oportunidad para crecer y mejorar a nivel individual y grupal de cara al futuro”, concluye.
Para el Atlético Guardés, esta convocatoria vuelve a situar al club de A Guarda en el foco del balonmano nacional, demostrando el nivel competitivo de su plantilla y su capacidad para aportar talento a la Selección Española.
