Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Agenda

  • Já chegou a tão desejada lampreia à mesa de 15 restaurantes cerveirenses!

    Fecha desde el 15 de Enero de 2018
    hasta el 15 de Abril de 2018

    A reserva já pode ser feita, até 15 de abril, em 15 restaurantes do concelho de Vila Nova de Cerveira

    A lampreia é um dos pratos mais aguardados do calendário gastronómico. Mas se falarmos da lampreia do rio Minho, reconhecida pela excelência de sabores associada à vivência de experiências, torna-se uma sugestão irresistível. A reserva já pode ser feita, até 15 de abril, em 15 restaurantes do concelho de Vila Nova de Cerveira aderentes à iniciativa intermunicipal ‘Lampreia do Rio Minho - Um Prato de Excelência'.
    A gastronomia em Vila Nova de Cerveira tem verdadeiramente sabor a rio, reveladora dos usos e costumes e da forte relação que a população ribeirinha ainda mantém com o rio Minho. E é nas águas gélidas do rio Minho, num percurso de correntes e obstáculos que a carne da lampreia se torna tenra para saciar o desejo e manter a tradição de viver um festival de sabores cuja paixão e mestria das cozinheiras a transformaram num prato de excelência.

    Até 15 de abril, Vila Nova de Cerveira integra mais uma edição da ‘Lampreia do Rio Minho - Um Prato de Excelência', iniciativa de promoção gastronómica e de animação dinamizada pela Adriminho, em parceria com os seis municípios do Vale do Minho. À mesa dos 15 restaurantes cerveirenses aderentes serve-se a lampreia da forma mais tradicional, convidando a saborear o arroz de lampreia e o arroz à bordalesa.

    Lista de restaurantes aderentes à ‘Lampreia do Rio Minho - Um Prato de Excelência': Abrigo das Andorinhas - 251 795 335; Boega - O Peregrino - 251 700 500; Braseirão do Minho - 251 700 240; Cantinho dos Amigos - 251 795 725; Casa das Velhas - 251 708 482; Casa Lau -251 795 162; Casebre - 251 795 522; Central - 251 794 898; Costa Verde - 251 795 430; D. Maria - 251 797 229; Glutão - 251 795 654; Lavrador - 251 796 604; Luso Galaico - 251 795 225; Sol Nascente - 251 941 233; Telheiro - 251 794 495.
    Ampliar contenido
  • O cineclub Poleiro cumpre 20 anos cun novo ciclo de cine

    Fecha desde el 01 de Febrero de 2018
    hasta el 03 de Mayo de 2018

    Comezará o vindeiro 1 de febreiro coa proxección da comedia dramática -Ciudadano ilustre-, de Gastón Duprat e Mariano Cohn

    O cineclub Poleiro está de aniversario e quere celebrar por todo o alto os seus 20 anos de vida: cun novo ciclo de cine e cun bono participativo de tan só 5 euros para desfrutar dos catro filmes que se proxectarán entre febreiro e maio. "Quixemos aproveitar o noso aniversario para facer unha rebaixa para todos aqueles que desfrutan acudindo a ver as películas que propoñemos", asegura o membro do cineclub Ramón Álvarez.

    Trátase dun abono para ver as 4 películas que forman parte deste novo ciclo e que poderán retirarse directamente no auditorio de Goián momentos antes da proxección dos filmes ou poñéndose en contacto directamente co cineclub. Para os membros de Poleiro, chegar a estes 20 anos de vida e seguir propoñendo cine á poboación de Tomiño "é todo un éxito".

    A literatura como eixo central

    Con este ciclo, o cineclub pretende facerlle unha chiscadela ao mundo da literatura con obras narrativas na que os seus protagonistas están ligados dun xeito ou outro ao mundo das letras.

    O ciclo arrancará o vindeiro 1 de febreiro (21.30 horas no auditorio de Goián) coa proxección do filme ‘Ciudadano ilustre', unha comedia dramática dirixida por Gastón Duprat e Mariano Cohn que lle valeu a Copa Volpi ao mellor actor ao seu protagonista, Óscar Martínez. A película conta a historia de Daniel Mantovani, un escritor arxentino que vive en Europa dende hai máis de tres décadas e consagrado mundialmente tras gañar o premio Nobel de literatura que regresa ao pequeno pobo no que naceu, Salas, onde lle van a conceder a medalla de Cidadán Ilustre.

    A viaxe terá múltiples arestas: será o regreso triunfal ao pobo que o viu nacer, unha viaxe ao pasado na que se reencontrará con vellos amigos, amores e paisaxes de xuventude, pero sobre todo será unha viaxe ao corazón mesmo da súa literatura, á fonte das súas creacións e inspiración. O escritor irá constatando as insalvables diferenzas que o transformarán nun elemento estraño para a vida do pobo ao tempo que a calidez da cidadanía vai desaparecendo a medida que as controversias se multiplican.

    Próximas proxeccións
     
    O xoves 1 de marzo o cineclub Poleiro continúa o ciclo coa proxección do drama biográfico da poetisa estadounidense Emily Dickinson, ‘Historia dunha paixón', un dos traballos máis intensos do director Terence Davis. A película conta a vida da poeta, dende a súa infancia e a súa etapa escolar en Amherst aos seus anos escribindo nun total illamento recluída na casa dos seus pais. Conta as excentricidades dun personaxe considerado como rebelde e feminista e como durante a súa vida foron publicados só sete dos seus poemas, xa que a súa poesía empezou a acadar sona tras a súa morte en 1886.

    O xoves 5 de abril será a quenda de ‘Cartas da guerra', un drama do director portugués Ivo Ferreira. O filme está baseado na obra homónima de Antonio Lobo Antunes, nas que detalla as cartas que un novo soldado enviaba á súa muller durante os dous anos que estivo en Angola traballando de alférez médico mentres sucedía a Guerra Colonial lusa e nas que se reflicten a dureza vivida polos portugueses neste conflito. Foi nomeada ao León de Ouro na categoría de Mellor Película.

    O ciclo rematará o xoves 3 de maio coa proxección do filme ‘Paterson', unha película dramática escrita e dirixida por Jim Jarmusch e producida entre Estados Unidos, Francia e Bélxica. A cinta conta sete días na vida dun condutor de autobús e poeta afeccionado, cunha vida simple e rutineira, e da súa moza, Laura, cunha vida sempre cambiante, con novos proxectos e soños. A película contempla silenciosamente os triunfos e derrotas das súas vidas cotiás, recreándose na poesía que xurde nos detalles máis pequenos.

    O cineclub Poleiro conta co apoio da Concellería de Cultura do Concello de Tomiño e da Federación de Cineclubes de Galicia.
    Ampliar contenido
  • O Cineclub Poleiro celebra 20 anos de actividade

    Fecha desde el 01 de Febrero de 2018
    hasta el 03 de Mayo de 2018

    O Cineclub Poleiro celebra 20 anos de actividade cun novo ciclo de cine e un abono de catro películas por cinco euros

    O CICLO COMENZA O XOVES 1 DE FEBREIRO NO AUDITORIO DE GOIÁN ÁS 21:30

    Dende que comenzamos a actividade no cine Avenida da Guarda, fomos comprobando como ían desaparecendo os cines da comarca e mantivemos a cita mensual cos abonados, buscando sempre cine de interés, alonxándonos do comercial e buscando temas, xéneros e directores que conten boas historias. Para eso está o cine.

    O ciclo comenza o próximo xoves, 1 de febreiro, no auditorio de Goián, ás 21:30 , coa proxección de Cidadán Ilustre, dirixida por Gastón Duprat e Mariano Cohn. Unha comedia dramática .
    Sinopse: Conta a historia de Daniel Mantovani, escritor arxentino, premio Nobel de literatura que vive en Barcelona dende hai 30 anos escribindo sobre o seu pobo e os habitantescon crudeza. Concédenlle en Salas o título de Cidadán Ilustre e regresa a vila natal. rRncóntrase coa infancia, amigos, paisaxes...pero non todo funciona como agardaba.
    Premios:Mellor actor(Oscar Martínez) Festival de Venecia
    Goya : Mellor película hispanoamericana
    Seminci: Espiga de prata e mellor guión

    O xoves, 1 de marzo proxéctase Historia dunha paixón, do director Terence Davis , baseada na vida da poetisa estadounidense Emily Dickinson.
    Sinopse: A película narra a historia dunha muller moi especial, que dende a súa infancia non se adaptou á sociedade e costumes do seu tempo. Elexiu o illamento da casa familiar para escribir. Unha muller singular que a penas publicou en vida. So despois de morrer, en 1886, a sua poesía foi publicada e recoñecida mundialmente.

    O xoves 5 de abril chega Cartas de guerra, do director portugués Ivo Ferreira .Unha adaptación da obra de Lobo Antunes do mesmo nome .
    Sinopse: Relación epistolar entre un soldado médico destinado en Angola, na guerra colonial, que escríbía á súa muller embarazada. Unha fantástica adaptación dun debutante que consegue co branco e negro debuxar a esperanza, a dor da separación, o enamoramento profundo na distancia.

    O xoves 3 de maio "Paterson" escrita e dirixida por Jim Jarmusch. Narra sete días da vida dun conductor de autobús e poeta afeccionado e da súa moza. Un expléndido contraste de vidas. Él, un amante da rutina , ela, soñadora infatigable.

    O cineclub Poleiro conta co apoio da Concellería de Cultura do Concello de Tomiño e da Federación de Cineclubes de Galicia.

    Ampliar contenido
  • Bienal de Cerveira convida público a comemorar os 40 anos

    Fecha desde el 10 de Marzo de 2018
    hasta el 14 de Julio de 2018

    Visitas comentadas às exposições e -40 anos, 40 artistas- são as atividades que a Fundação Bienal de Arte de Cerveira promove

    Visitas comentadas às exposições e "40 anos, 40 artistas" são as atividades que a Fundação Bienal de Arte de Cerveira promove já este mês de fevereiro e de março, convidando o público a participar nas comemorações das quatro décadas da Bienal Internacional de Arte de Cerveira.

    Com o objetivo de dar a conhecer a sua Coleção, a Fundação Bienal de Arte de Cerveira (FBAC) promove, a partir de 19 de fevereiro, o projeto "40 anos, 40 artistas", onde semanalmente será dado destaque a um autor e uma obra de arte. A partir destes elementos será apresentada uma narrativa com a contextualização no tempo e no espaço, e serão levantadas hipóteses de análise do objeto e dos seus sentidos. A peça estará em exposição no Fórum Cultural de Cerveira e os conteúdos serão divulgados nas diversas plataformas online da FBAC, assinalando assim, o aniversário da bienal de arte mais antiga do país.


    Partindo da arte e pensamento contemporâneos será ainda promovido, entre março e julho, um programa de visitas comentadas às exposições patentes no Fórum Cultural de Cerveira, assim como às obras de arte com presença no espaço público de Vila Nova de Cerveira.


    Segundo o Presidente da FBAC, Fernando Nogueira, "propõe-se aos visitantes que façam parte da programação, que procura um diálogo aberto e uma reaproximação histórica e física com a Coleção do Museu Bienal de Cerveira, dentro do cenário artístico português e internacional das últimas quatro décadas".


    As visitas decorrerão aos sábados, às 11h00, e serão dinamizadas por Helena Mendes Pereira. A entrada é gratuita mas encontra-se sujeita a inscrição prévia até 72 horas antes de cada sessão (geral@bienaldecerveira.pt).


    Programa:


    - 10 de março | Visita comentada à exposição "Pintura em três Atos: Ângelo de Sousa, Gerardo Burmester e Marcos Covelo"
    - 24 de março | Visita comentada à exposição "Serendipidade" de Polliana Dalla Barba, do "Concurso Novos Artistas 2018"
    - 21 de abril | Visita comentada à exposição "Encontro de performers - Obras da Coleção sobre o tema e novas propostas"
    - 12 de maio | Visita comentada à exposição de Marco Moreira, do "Concurso Novos Artistas 2018"
    - 26 de maio | Visita comentada à exposição "Encontro de performers - Obras da Coleção sobre o tema e novas propostas"
    - 9 de junho | Visita comentada à exposição de Rui Horta Pereira, do "Concurso Novos Artistas 2018"
    - 23 de junho | Visita comentada às obras de arte em espaço público (Parte I)
    - 14 de julho | Visita comentada às obras de arte em espaço público (Parte II)

    Ampliar contenido
  • -Cerveira Saudável- 2018 propõe Caminhos de Santiago, trilhos, dança, remo e ação de sensibilização animal

    Fecha desde el 11 de Marzo de 2018
    hasta el 04 de Noviembre de 2018

    Um total de 16 iniciativas, entre março e novembro, sustentam o -Cerveira Saudável- 2018

    Um total de 16 iniciativas, entre março e novembro, sustentam o ‘Cerveira Saudável' 2018. Arrojado e mais abrangente, a programação lançada pretende consolidar a promoção de sessões monitorizadas de exercício físico para todas as idades, introduzindo um elemento aliciante: a realização do Caminho Português da Costa, entre Vila Nova de Cerveira a Santiago de Compostela, em seis etapas. Participação nas atividades necessita de inscrição online.

    Aliando o desporto ao bem-estar e o convívio à natureza, ao longo dos próximos meses, os fins-de-semana em Vila Nova de Cerveira sugerem uma calendarização diferenciada e apelativa, transversal a todas as idades, numa estreita parceria com coletividades do concelho.

    Para a edição 2018 do ‘Cerveira Saudável', o Município de Vila Nova de Cerveira propõe desde logo uma novidade: a realização do caminho até Santiago de Compostela, em seis etapas, aos segundos domingos de cada mês, com transporte do ponto de partida e o respetivo regresso. A participação tem inscrição obrigatória, com um custo simbólico de 6 euros por etapa, limitada a 50 pessoas. (link para inscrição)

    Da programação constam ainda seis trilhos pedestres que promovem a visita por algumas freguesias do concelho e respetivos pontos de interesse, nomeadamente o ‘Trilho da Gávea', o ‘Trilho Alto Picoito', a Ecopista do Rio Minho, o ‘Trilho Alto da Pena', o ‘Trilho dos Engenhos e dos Folhões', e o ‘Trilho da Carranca' (com almoço vegetariano), para além de uma Caminhada Solidária a Favor da Liga Portuguesa Contra o Cancro. Está igualmente agendada uma sessão de danças de salão ao ar livre, uma experiência de remo e uma ação de sensibilização de combate à obesidade animal com provas físicas para os animais.

    A primeira atividade arranca já no próximo dia 11 de março e a última acontece no dia 4 de novembro, com interrupção durante o mês de agosto. Todas as atividades do ‘Cerveira Saudável' 2018 realizam-se aos sábados e/ou domingos, sendo solicitado aos interessados que efetuem inscrição através dos links disponibilizados.

    Cerveira Saudável 2018: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSehVSUMHtruVAeBMhlpb89iQGmBo3EHvf2EoHbkZ2fbDaTPpw/viewform

    Caminhos de Santigo de Compostela por etapas:

    https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfo7NqL5fk_GH2WmBZ1v4pTcqsd9-d4MSnhvm0YqVa733sksQ/viewform

    Março

    Dia 11: Caminho de Santiago Cerveira-Tuy (25Kms), 07h30, Junta de Freguesia de Gondarém, 6€

    Dia 25: Trilho da Gávea (14Kms), 09h00, Parque de Estacionamento Praia da Lenta, 3€

     

    Abril

    Dia 8: Caminho de Santiago Tuy- Redondela (2Kms), 07h30, Câmara Municipal, 6€

    Dia 22: Caminhada Solidária a Favor da LPCC, 09h00, Parque de Lazer do Castelinho, 3€

     

    Maio

    Dia 6: Ação de combate à obesidade animal, 09h30, Parque de Lazer do Castelinho

    Dia 13: Caminho de Santiago Redondela-Pontevedra (24Kms), 07h30, Câmara Municipal, 6€

    Dia 20: Trilho Alto Picoto (9,3Kms), Polidesportivo de Cornes, 3€

     

    Junho:

    Dia 3: Percurso Ecopista do Rio Minho, 09h00, Parque de Lazer do Castelinho, Gratuita

    Dia 10: Caminho de Santiago Pontevedra-Caldas de Rei (23Kms), 07h30, Câmara Municipal, 6€

     

    Julho:

    Dia 7: Trilho Alto da Pena (10,8Kms), 21h00, Capela de Nossa Srª da Pena, 3€

    Dia 8: Caminho de Santiago Caldas de Rei-Padrón (19Kms), 07h30, Câmara Municipal, 6€

     

    Setembro:

    Dia 9: Caminho de Santiago Padrón-Santiago (24Kms), 07h30, Câmara Municipal, 6€

    Dia 16: Trilho dos Engenhos e dos Folhões (6Kms), 09h00, Capela do Sr. Dos Esquecidos, 3€

     

    Outubro

    Dia 14: Remo, 09h00, Instalações da ADCJC, Gratuita

    Dia 21: Danças de Salão, 10h30, Terreiro, Gratuita

    Novembro
    Dia 4: Trilho da Carranca (5Kms), com almoço vegetariano, Igreja de Gondarém, Valor a definir

    Ampliar contenido
  • Continúa aberto o concurso de deseño da camiseta do Día das Letras Galegas en Tomiño

    Fecha desde el 21 de Marzo de 2018
    hasta el 07 de Mayo de 2018

    As propostas poden presentarse ata o vindeiro 7 de maio ás 12.00 horas

    Un ano máis a OMIX de Tomiño quere conmemorar o 17 de maio con enxeño e creatividade arredor da lingua galega e vén de convocar unha nova edición do concurso de deseño da camiseta do Día das Letras Galegas 2018.

    O deseño será libre e aberto e valorarase que teña un deseño atractivo, inspirado e que busque a promoción do uso e normalización o galego en todos os ámbitos. O deseño estará pensado para colocarse unicamente na parte dianteira da camiseta cunha soa cor a estampar sobre fondo branco.

    Como novidade, este ano todas as persoas que participen e envíen as súas creatividades serán agasalladas cunha camiseta que leve o modelo gañador. Ademais, o autor da camiseta elixida finalmente para representar ese día será premiado con dúas camisetas coa imaxe, un libro escrito pola autora homaxeada este ano, María Victoria Moreno, e coa difusión tanto nas redes sociais como nos diferentes medios de comunicación da súa obra.

    Todas as persoas interesadas en participar poderán enviar a súa proposta ata o vindeiro 7 de maio ás 12.00 horas.
    Ampliar contenido
  • Derradeiros días de prazo para solicitar a participación no plan -Depotermal 2018-

    Fecha desde el 20 de Marzo de 2018
    hasta el 18 de Abril de 2018

    Estará aberto entre o 20 de marzo e o 18 de abril (ambos incluídos).

    O departamento de Servizos Sociais do Concello da Guarda informa de que o prazo para solicitar prazas para a participación no Plan Termal «Depotermal 2018», organizado pola Deputación de Pontevedra, estará aberto entre o 20 de marzo e o 18 de abril (ambos incluídos).

    O plan inclúe dous programas, un deles orientados á estadía durante cinco días consecutivos (tardes ou mañás de luns a venres) nun balneario da provincia e, por outra banda, un programa termal con pernoctación.

    A súa finalidade é fomentar o envellecemento activo e mellorar a calidade de vida das persoas establecendo novas relacións sociais, favorecendo a participación en actividades que melloran o estado anímico, potenciando movementos de participación e cooperación social, e promovendo espazos de encontro e intercambio de experiencias co fin de evitar o illamento e as situacións de soidade que poden levar á vulnerabilidade.

    Destinatarios e requisitos

    Poderán beneficiarse do plan termal as persoas que non padezan ningunha enfermidade ou patoloxía incompatible coa actividade proposta e cumpran algún  dos seguintes requisitos:

    ü  Nacer antes de 1968. deberá acreditar cunha fotocopia do DNI ou o NIE, segundo o caso.

    ü  Ser pensionista. Neste caso, deberán achegar unha fotocopia do certificado correspondente.

    ü  Precisar dun respiro, o que se acreditará mediante un informe do traballador social dos Servizos Sociais comunitarios básicos.

    As persoas interesadas poderán atopar toda a información (incluídas as bases da convocatoria, establecementos adheridos e prezos) na páxina web da Deputación de Pontevedra. Para realizar a inscrición, deberán achegarse ao departamento de Servizos Sociais do Concello da Guarda.

    Ampliar contenido
  • A mostra -Nado en pedra- chega ao Castelo de Santa Cruz de A Guarda

    Fecha desde el 23 de Marzo de 2018
    hasta el 02 de Mayo de 2018

    A colección ó ar libre permanecerá na fortaleza guardesa ata o 2 de maio

    A partir de mañá, 23 de marzo, o Castelo de Santa Cruz acollerá nos seus xardíns a exposición de escultura «Nado en pedra», realizada polo alumnado da Escola de Cantería de Pontevedra.

    A inauguración oficial da colección celebrarase este sábado, 24 de marzo, contando coa presenza da presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e o alcalde do Concello da Guarda, Antonio Lomba.

    A mostra itinerante componse de 18 pezas escultóricas de gran tamaño talladas en granito polos alumnos da escola, nas que se representan oficios tradicionais e máis senlleiros da nosa terra, como o de ferreiro, costureira ou canteiro, ademais doutras estampas da vida cotiá co trasfondo da emigración.

    A colección ó ar libre permanecerá na fortaleza guardesa ata o 2 de maio, co obxectivo de resaltar a formación que se imparte no centro, dependente da Deputación provincial, e revalorizar o tradicional oficio da cantería.

    Ampliar contenido
  • A deputada provincial Montserrat Magallanes inaugura na Guarda a mostra -Nado en pedra-

    Fecha desde el 27 de Marzo de 2018
    hasta el 02 de Mayo de 2018

    A institución provincial estivo tamén representada pola directora do centro e o seu director técnico.

    Representantes da Escola de Cantería de Pontevedra e do Concello da Guarda acudiron ao Castelo de Santa Cruz na mañá do pasado sábado, 24 de marzo, para inaugurar a exposición escultórica «Nado en pedra», elaborada por alumnos do centro.

    Ao acto de inauguración asistiron a concelleira guardesa e deputada provincial de Emprego, Montserrat Magallanes, que desculpou a ausencia de Carmela Silva por cuestións de axenda; a directora da Escola de Cantería, Concepción López Paz; o director técnico e mestre escultor da mesma, Enrique Velasco; o alcalde do Concello da Guarda, Antonio Lomba, e outros membros da Corporación municipal.

    Segundo destacou a deputada provincial, a exposición itinerante busca realzar o valor da formación que se imparte no centro, dependente da Deputación de Pontevedra, así como por en valor o tradicional oficio da cantería, «un labor que no século XXI tamén ten moito futuro», asegurou.

    Enrique Velasco describiu máis polo miúdo o traballo que se desenvolve na Escola, e froito do cal nace esta exposición. Nela, 18 pezas de gran tamaño amosan algúns dos oficios tradicionais máis senlleiros da nosa terra, coa o de ferreiro, costureira ou canteiro, ademais doutras estampas da vida cotiá dunha época marcada pola emigración.

    O rexedor local, pola súa parte, aproveitou a ocasión para loar o traballo dos escultores e o «magnífico entorno» que ofrece o Castelo de Santa Cruz para gozar do seu traballo. Facendo referencia a isto último, Antonio Lomba propuxo a fortaleza como destino último das esculturas unha vez rematada o seu percorrido polos concellos pontevedreses.

    A exposición permanecerá nos xardíns do Castelo de Santa Cruz ata o 2 de maio. Poderá visitarse entre as 10:00 e as 20:00 horas de luns a domingo.

    Escola de Cantería de Pontevedra
    A Escola de Cantería de Pontevedra comezou a súa actividade en 1979 e, dende 1982, depende da Deputación de Pontevedra. O centro desenvolve as súas actividades como un taller de traballo artesanal en pedra, no que se combinan ensinanzas teóricas e prácticas. Entre os seus obxectivos atópanse os de estimular a vocación artística para o desenvolvemento da artesanía no sector e conservar e promover o patrimonio da arquitectura tradicional da escultura popular.

    Os traballos do alumando e os profesores teñen deixado por todo o mundo pegada do patrimonio arquitectónico popular de Galicia (dende cidades coma Nova Iorque e Bos Aires ata Alemaña), así como a realización de hórreos e outras obras que locen en varios puntos de España e o estranxeiro.

     

    Ampliar contenido
  • Axudas á rehabilitación de edificios e vivendas na Área de Rehabilitación do conxunto histórico de Tui

    Fecha desde el 28 de Marzo de 2018
    hasta el 25 de Mayo de 2018

    Os interesados teñen un prazo de 2 meses para realizar a tramitación

    Dende o mércores 28 de marzo, ábrese o prazo de presentación de solicitudes ás axudas á rehabilitación de edificios e vivendas na Área de Rehabilitación do conxunto histórico de Tui. O BOP recolle hoxe a publicación dun extracto das "Bases reguladoras e convocatoria pública para solicitar axudas á rehabilitación de edificios e vivendas na área de rehabilitación con Conxunto Histórico de Tui" aprobadas o 5 de marzo do 2018 da Xunta de Goberno Local.

    Poderán solicitar estas axudas propietarios de edificios de vivendas ou de vivendas individuais, as comunidades, os consorcios e os entes asociativos de xestión. O importe máximo da subvención é do 45% do custo subvencionable das actuacións de rehabilitación de edificios e vivendas que se realicen, e unha contía máxima por vivenda obxecto de rehabilitación de 15.000 euros (excluídos impostos, taxas e tributos).

    As vivendas con axudas á rehabilitación deberán destinarse a domicilio habitual e permanente do/a seu/súa propietario/a, ou ao arrendamento polo menos durante 3 anos trala finalización das obras de rehabilitación.

    Tres barrios son os que se inclúen no ámbito delimitado pola Área de Rehabilitación do Conxunto Histórico Artístico de Tui a Cidade Medieval, San Domingos e San Bartolomeu.

    O prazo de presentación de solicitudes destas axudas é de dous meses. Pódese ampliar esta información na oficina da ARI os martes e xoves na casa do concello de Tui de 9 a 14h ou enviar un correo a ari@concellotui.org.
    Ampliar contenido
  • Tomiño organiza obradoiros onde aprender estratexias para afrontar a crianza dun xeito positivo

    Fecha desde el 31 de Marzo de 2018
    hasta el 09 de Mayo de 2018

    As actividades desenvolveranse ao longo dos meses de abril e maio e haberá servizo de gardería, para que pais e nais poidan asistir aos actos con maior tranquilidade

    A Concellería de Servizos Sociais, a través do Departamento de Educación Familiar, organiza o programa "Benestar en Familia", entre os días 4 de abril e 9 de maio. A actividade consiste nunha serie de encontros (charlas) e obradoiros dirixidos a familias con nenos e nenas de até 6 anos, que desexen aprender estratexias e pautas para afrontar a crianza dun xeito positivo.

    A primeira das actividades programadas é o obradoiro "Medrando co meu bebé" (para familias con fillos e fillas de entre 3 e 12 meses, que terá lugar o vindeiro mércores 4 de abril, na Escola Infantil Galiña Azul de Tomiño, entre as 17.30 e 18.30 horas. Impartida por persoal técnico de ADIAF (Asociación de Desenvolvemento Infantil e Atención Familiar), a actividade terá coma obxectivo principal "acompañar ás familias no crecemento, proporcionándolles estratexias, ferramentas e recursos de apoio ao longo da primeira etapa de vida dos seus cativos e cativas", explicou a concelleira Cristina Martínez, sinalando ao mesmo tempo, a intención de tender unha rede de apoio e intercambio de experiencias entre familias e profesionais.

    Asemade, traballarase co "Libro Blanco da Atención Temperá", a prevención e detección de necesidades nas áreas de linguaxe, psicomotricidade, áreas cognitiva, sensorial, etc.

    Por outra banda, o vindeiro xoves 5 de abril terá lugar na Casa da Cultura, ás 17.30 horas, a primeira das charlas programadas, titulada "Como protexer sen protexer", e impartida polo psicólogo e terapeuta familiar José Cardama Barrientos. Haberá servizo de canguros, pero é preciso anotarse previamente, chamando ao Concello en horario de mañá (986 62 20 01/03).

    Acompañamos cartaz co resto da información e programación detallada das actividades, datas e horarios.

    Ampliar contenido
  • ORPAGU y Editorial Galaxia organizan el III Concurso de relatos Homes e Mulleres do Mar

    Fecha desde el 31 de Marzo de 2018
    hasta el 30 de Abril de 2018

    Prazo para participar ata o 30 de abril, de 10 a 12 anos.

    III CONCURSO DE RELATOS "HOMES E MULLERES DO MAR"
     
    A Organización de Productores Palangreros Guardeses en colaboración con la Editorial Galaxia,con desexo de promocionar a literatura galega e iniciar aos mais cativos no   mundo literario,convoca a terceira edición do CONCURSO DE RELATOS "HOMES E MULLERES DO MAR".
     
    Este premio poderá ser alcanzado por todos os autores e autoras cun relato curto escrito en lingua galega concorde coa idade, tema e valores sinaladas nas bases do concurso excepto aspersoas gañadoras de edicións anteriores.
    IDADE
     De 10 a 12 anos.
    TEMA
     "Homes e mulleres do mar"
    PARTICIPANTES
     Nenos e nenas de 10 a 12 anos de toda Galicia.
     As persoas premiadas non poderán ser premiadas en dúas edicións consecutivas.
    MODALIDADE E CATEGORÍAS DOS RELATOS
     Unha única modalidade na que inclúa o idioma Galego.
     Cada participante so poderá presentar un escrito.
     Os traballos presentados terán unha extensión mínima de dous folios e máxima de seis.
     Formato habitual (Arial 11) a dobre espazo e por unha sola cara (en formato papel).
     Deberán ser orixinais e inéditos, polo que non se terán en conta aqueles que se haxan
    presentado e premiados en outros concursos.
     Os traballos presentados deberán ser de ficción, polo que o xurado non admitirá
    ensaios ou redacción sobre o tema proposto.
    ENTREGA DOS RELATOS
     Os relatos en formato papel presentaranse na oficina da Organización de Palangreiros
    Guardeses (OR.PA.GU.) na dirección calle Manuel Álvarez, 16 (baixo), C.P.36780 A
    Guarda (Pontevedra) en horario de 09.00 h a 15.00 horas de luns a venres.
     Os relatos entregaranse en formato papel dentro dun sobre cerrado, POR TRIPLICADO
    e sen asinar.
     Axuntarase outro sobre cerrado que conterá no seu interior nome e apelidos, idade,
    dirección, correo electrónico e teléfono do autor.
     No exterior de ambos sobres deberá constar a referencia do concurso "Homes e
    mulleres do Mar" e titulo da obra.
    PRAZO DE ADMISIÓN
     Dende o 01 de Abril ata o 30 de Abril.
    PREMIOS
     Unha Tablet, un galardón e un lote de libros da Editorial Galaxia.
     A entrega do premio será nun acto que se celebrará o día 02 de Xuño do 2018.
    XURADO
    Teremos o privilexio de contar cos seguintes escritores, que valorarán a orixinalidade que
    propoñan os relatos presentados, así como un estilo e calidade narrativa.
    Sonia Mirón. Profesora de Lingua e Literatura na ESO e titora na UNED. Gañadora dun accésit
    na categoría de relatos curtos no premio "Leopoldo Alas" (2005) e publicou varios microrelatos
    en antoloxía. Tamén e autora de varias entrevistas e reseñas para diferentes publicacións.
    Francisco Castro Veloso: Director da Editorial Galaxia, escritor e gañador de varios premios
    como son Frei Martín Sarmiento, 13º Premio de Novela por Entregas de a La Voz de
    Galicia, Pluma de Prata no I Certame de Xornalismo de Opinión Raimundo Domínguez, Mellor
    libro infantil para os lectores da web Fervenzas Literarias, finalista do Premio Fundación Caixa
    Galicia de literatura xuvenil no 2007, Premio García Barros no 2007, Premio Blanco Amor no
    2006, Premio Modesto R. Figueiredo de narracións breves no 2005, Premio Rosa Reboredo de
    Narrativa da Asociación Cultural Galega de Cornellà no 2005, Premio xornalístico Manuel
    Reimóndez Portela, Premio de novela curta Manuel Lueiro Rey no 1997.
    Fátima Pérez Sobrino: Filóloga hispánica da localidade de A Guarda.
    FALLO
     Será publicado o día 14 de Maio do 2018, na páxina web da Organización de
    Palangreiros Guardeses (http://www.orpagu.com)
    OBSERVACIÓNS
     Para calquera consulta sobre o concurso ou as súas bases, pode dirixirse a seguinte
    dirección de correo electrónico: concursorelatosorpagu@gmail.com
     A Organización reservase os dereitos de reprodución gratuíta dos relatos presentados,
    citando sempre o nome e apelidos do autor ou autora.
     As obras serán validadas pola organización do concurso, reservándose o dereito de
    non facer públicas aquelas obras que se consideren non adecuadas ao espírito do
    concurso por diversos motivos, como pode ser por contido ofensivo.
     As obras non premiadas serán arquivadas ou destruídas pola Organización, garantindo
    así que non se fará ningún uso indebido do seu contido. Se o autor/a o indicase
    expresamente no momento da inscrición, devolverase a súa copia.
     O feito de participar supón a total aceptación das presentes bases, así como a decisión
    do xurado.
     A Organización queda facultada para resolver calquera continxencia non prevista nas
    bases.
     A Organización de Palangreiros Guardeses, en cumprimento da Lei Orgánica 15/1999,
    do 13 de Decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, informa que os datos
    persoais que Vd. nos proporciona, serán engadidos no ficheiro "CONCURSO DE
    RELATOS HOMES E MULLERES DO MAR", titularidade de esta entidade, que a
    finalidade e xestionar, difundir e fomentar o interese cultural e social organizado por
    ORPAGU no ámbito das súas competencias.
     Se o desexan poden exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e
    oposición dirixíndose á oficina de Orpagu en A Guarda, calle Manuel Álvarez, número
    16 - baixo.
    Ampliar contenido
  • Nuevo servicio de masajes con 25% de descuento sólo este mes en Centro Domajó de A Guarda

    Fecha desde el 04 de Abril de 2018
    hasta el 30 de Abril de 2018

    Masajes con 25% de descuento sólo en abril, pide cita en el 986 61 16 04

    El Centro de Salud y Terapias Domajó de A guarda ofrece desde este mes de Abril un nuevo servicio de masajes con una oferta de lanzamiento de 25% de descuento sólo durante el presente mes.

    Tipos de masajes ofertados:

    • MASAJE TERAPÉUTICO
    • DEPORTIVO
    • REAFIRMANTE
    • LINFÁTICO
    • SEDANTE RELAJANTE
    • DESCONTRACTURANTE
    • FACIAL
    • PIERNAS CANSADAS
    • EDIPOSO
    • ESTIRAMIENTO ASISTIDO

    Consulta previa cita
    Quiromasajista diplomado

     

    C/ Manuel  Álvarez, nº 8

    986  61  16  04

    Ampliar contenido
  • Unidad móvil de donación de sangre el viernes 13 y sábado 14 en Tui

    Fecha desde el 13 de Abril de 2018
    hasta el 14 de Abril de 2018

    ¡Comparte salud, dona sangre! Son muchos los motivos para donar, no los olvides.

    Viernes 13
    TUI

    UNIDADE MOBIL NA CALLE ALCALDE CASAL ABOY (AO CARON DO CENTRO DE SAUDE NOVO)
    10:00 - 14:00
    16:00 - 21:00


    Sábado 14
    TUI

    UNIDADE MOBIL NA CALLE ALCALDE CASAL ABOY (AO CARON DO CENTRO DE SAUDE NOVO)
    10:00 - 15:00

    Ampliar contenido
  • Eu Rural pon en marcha un concurso escolar para achegar aos nenos e nenas á Medida Leader

    Fecha desde el 03 de Abril de 2018
    hasta el 17 de Mayo de 2018

    O certame, que foi presentado este martes en Redondela, está aberto aos máis de 100 colexios públicos e privados de educación infantil e primaria dos 13 municipios que conforman o GDR 14

    Difundir a Medida Leader "en todos os recunchos do territorio e que todo o mundo se entere de que se poden a optar a fondos para vivir e emprender no rural". Ese é o obxectivo co que a Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eu Rural, responsable da execución da Medida Leader 2014-2020 no Grupo de Desenvolvemento Rural 14 (GDR 14), acaba de poñer en marcha o proxecto ‘Creando Rural', un concurso escolar participativo dirixido a alumnado de educación infantil e primaria dos máis de 100 centros educativos públicos, concertados e privados dos 13 municipios que conforman o territorio do GDR 14 (Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, A Guarda, Mos, Nigrán, Oia, Pazos de Borbén, Redondela, O Rosal, Tomiño e Tui).

    O concurso foi presentado este martes 3 de abril en Redondela pola presidenta da asociación e alcaldesa de Tomiño, Sandra González, quen asegurou que a través de iniciativas como esta trátase de "facer ver que no rural tamén hai calidade de vida e que hai futuro". González estivo acompañada neste acto polos tenentes de alcalde de Redondela, María del Carmen Amoedo e Miguel Ángel Álvarez; pola alcaldesa de Oia, Cristina Correa; a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo; o alcalde de Gondomar, Francisco Ferreira; así como os concelleiros Alfonso Ventín (Fornelos de Montes), José Ángel Bahamonde (Baiona), Julia Loureiro (Mos) e María Teresa París (Redondela).

    Neste acto de presentación tamén participaron os nenos e nenas de 2º de primaria do CPR Plurilingüe Vigo, de Redondela, unha representación do público ao que vai dirixido este certame que quere "valorizar o medio rural" e "ver como é para os cativos e cativas vivir no rural, xa que seguro que nos achegan unha visión diferente". "Esperamos que a través da ollada dos nenos e nenas poidamos ver as persoas adultas outro rural", salientou a alcaldesa de Tomiño.

    Un mural e un vídeo sobre o GDR 14

    Dende este 3 de abril ata o vindeiro 17 de maio ás 14.00 horas, o alumnado de calquera clase de educación infantil e primaria poderá presentar os seus proxectos para participar nun concurso que busca achegar coñecementos sobre o desenvolvemento rural ás cativas e cativos. Todos aqueles grupos interesados en participar deberán facer unha inscrición previa na web creandorural.org ata o próximo 27 de abril.
    O profesorado será o encargado de traballar na clase as sete unidades didácticas (sete para educación infantil e sete para primaria) a través das que os nenos e nenas aprenderán que é o GDR 14, que se busca con el o como afecta á poboación e á economía da contorna. Unha vez revisadas estas unidades, cada aula completa poderá presentar un proxecto conxunto a concurso e o titor ou titora figurará como responsable.

    No caso da categoría de educación infantil, o traballo a presentar será un mural creativo e de inspiración libre, mentres que as aulas de educación primaria deberán gravar un vídeo dun máximo de dous minutos. O premio será unha excursión dun día de duración á Granxa Escola O Kiriko para as dúas clases de educación infantil premiadas e outra ao centro de actividades na natureza FervenzAventura para os dous gañadores de primaria.

    Dende o 19 ao 25 de maio abrirase un prazo de votación popular para que a cidadanía escolla os traballos (un por categoría) que máis lle guste e que consideren que deben ser premiados. Pero, para salvar as diferenzas de poboación que existen no territorio e evitar que os nenos e nenas poidan verse prexudicados por esta votación popular, a organización tamén designará un xurado composto por expertos na materia que elixirán outors dous premiados (un por categoría).

    Os premiados serán publicados na web do proxecto (creandorural.org) o 28 de maio de 2018 e a entrega de premios terá lugar entre o 30 de maio e o 1 de xuño. Os nenos e nenas de educación infantil desfrutarán da súa excursión á granxa escola O Kiriko os días 4 e 6 de xuño e o alumnado de primaria irá a FervenzAventura o 8 de xuño.
    Ampliar contenido
  • Orpagu acerca el mundo del mar a los más pequeños con la tercera edición de su certamen de relatos

    Fecha desde el 06 de Abril de 2018
    hasta el 30 de Abril de 2018

    El concurso -Homes e Mulleres do Mar- cuenta con la colaboración de la Editorial Galaxia y está abierto a niños y niñas de edades comprendidas entre los 10 y los 12 años.

    La Organización de Productores Palangreros Guardeses (Orpagu) acaba de presentar la tercera edición de su Concurso de Relatos "Homes e Mulleres do Mar", que cuenta con la colaboración de la Editorial Galaxia. Se trata de un certamen, abierto a niños y niñas de entre 10 y 12 años, que tiene un doble objetivo: promocionar la literatura gallega e iniciar a los más pequeños en el mundo literario.

    Los relatos cortos deben estar escritos en gallego y su temática debe girar en torno a los profesionales del mundo del mar, tanto hombres como mujeres. Tendrán que tener una extensión mínima de dos folios y máxima de seis, en un formato de letra Arial 11, a doble espacio y por una sola cara. Los trabajos presentados deberán ser originales e inéditos, por lo que no se tendrán en cuenta aquellos que se hayan presentado y hayan sido premiados en otros concursos.

    El plazo de presentación terminará el 30 de abril y será a partir de ese momento cuando el jurado, formado por los escritores Sonia Mirón y Francisco Castro y la filóloga Fátima Pérez Sobrino, decida el ganador entre los relatos presentados.

    El 14 de mayo se hará público el fallo del jurado y el 2 de junio se hará entrega al ganador o ganadora de un premio consistente en una Tablet y un lote de libros de la Editorial Galaxia.
    Ampliar contenido
  • Até o venres 13 de abril aberto o prazo de solicitude para participar na XXII Feira de Artesanía de Tui

    Fecha desde el 09 de Abril de 2018
    hasta el 13 de Abril de 2018

    Ofértanse 70 postos de exposición e venda. Celebrarase o 5 e 6 de maio no conxunto histórico

    Até o venres 13 de abril está aberto o prazo de solicitude para participar na XXII Feira de Artesanía de Tui. A convocatoria vai dirixida a artesáns galegos con Carta de Artesán, ou doutras comunidades co carné acreditativo equivalente.

    Ofértanse 70 postos de exposición e venda que se emprazarán na rúa Ordóñez, praza do Concello e Praza de San Fernando o sábado 5 e o domingo 6 de maio de 12 a 22h. Amais na praza de San Fernando participarán tamén a Asociación de Palilleiras do Baixo Miño e a Asociación de Bordado ao Aire.

    Para solicitar un dos postos os artesáns interesados teñen que cubrir o impreso de solicitude, dispoñible na web municipal ou na casa do concello, e envialo xunto con fotocopia da Carta de Artesáns ou equivalente, fotocopia do DNI e varias fotografías do material a expor, todo impreso en papel A4, ao Concello de Tui.

    O Concello de Tui, a través da concellería de Comercio, realiza a convocatoria desta feira co obxectivo de apoiar a difusión e comercialización do produto artesán, ao tempo que se dinamiza o conxunto histórico da cidade e o centro comercial aberto.
    Ampliar contenido
  • -O Tritão-Palmado-: A história de um anfíbio cada vez mais raro em Portugal

    Fecha desde el 04 de Abril de 2018
    hasta el 31 de Mayo de 2018

    O Aquamuseu do rio Minho apresenta, entre 4 de abril e 31 de maio, uma pequena exposição bimestral em painéis intitulada -O Tritão-Palmado-

    Cumprindo a sua missão de promoção e divulgação do património natural da bacia hidrográfica do rio Minho, o Aquamuseu do rio Minho apresenta, entre 4 de abril e 31 de maio, uma pequena exposição bimestral em painéis intitulada ‘O Tritão-Palmado'.

    Por ser pouco conhecido, o objetivo é dar a conhecer algumas das características gerais, reprodução, habitat e ameaças, deste anfíbio que pode ser encontrado junto das nossas linhas de água e que nos ajuda a combater pragas.

    O Tritão-Palmado é uma das espécies de maior distribuição no mundo, mas em Portugal existe em número reduzido. Apesar de não estar ainda muito ameaçado, as rápidas alterações climáticas, a destruição de habitats e a poluição das águas onde habita estão a fazer diminuir rapidamente o número existente.

    De realçar que o Tritão-Palmado desempenha um papel importante na natureza, sendo que na Galiza, por exemplo, chamam-lhe ‘limpa fuentes', porque se sabe que onde esta espécie habita a água é sempre limpa.
    Ampliar contenido
  • Festival Gastronómico Tasquinhas com Sabores da Aldeia regressa a Valença de 13 a 15 de abril

    Fecha desde el 13 de Abril de 2018
    hasta el 15 de Abril de 2018

    Festival Gastronómico Sabores da Aldeia regressa no fim de semana de 13 a 15 de abril recheado de iguarias, com o mais genuíno e tradicional das cozinhas antigas de Valença.

    Gosta dos sabores, dos cheiros e das mil sensações das cozinhas das nossas avós? Então agende já! Festival Gastronómico Sabores da Aldeia regressa no fim de semana de 13 a 15 de abril recheado de iguarias, com o mais genuíno e tradicional das cozinhas antigas de Valença.

    Uma Perdição de Sabores
    Em petisco ou prato serão muitas as iguarias a convidar a um mundo de sabores e sensações.

    O emblemático Anho no Forno com Arroz Pingado, os rojões à Minhota, os pratos de bacalhau, as feijoadas, o porco no espero, o leitão no caixote e tantas outras iguarias em prato.

    Nos petiscos tantos sabores para se perder como o bolo do tacho, os fumeiros, as moelas, as pataniscas, o caldo verde, os calhos, as belouras e tanto mais.

    Nas sobremesas a perdição vai para as sopas secas, o leite creme, o arroz doce, as rabanadas, as rosquilhas e os papudos.
    Os melhores vinhos verdes da região acompanharão esta oferta.

    Os Segredos das Cozinhas das Nossas Avós
    Um festival que é uma autentica viagem pelos sabores da genuína tradição valenciana, preparados como, há séculos, de forma caseira.
    Comer bem, percorrendo os segredos mais bem guardados das cozinhas fartas das nossas avós tem um destino Festival Gastronómico Sabores da Aldeia. Este é um autêntico mostruário da gastronomia das aldeias valencianas. Receitas antigas que foram apuradas pela experiência dos tempos de que resultaram pratos e petiscos singulares, tendo por base produtos locais.

    Festa Gastronómica Autêntica
    Sabores da Aldeia é uma genuína festa gastronómica minhota onde não faltará a animação.
    A iniciativa é da Câmara Municipal de Valença em colaboração com as juntas de freguesia e associações do concelho.

    Ampliar contenido
  • IV Concurso de Xoves Intérpretes Antonio Granja

    Fecha desde el 11 de Abril de 2018
    hasta el 27 de Mayo de 2018

    A cuarta edición deste concurso terá lugar os días 26 e 27 de maio no Auditorio do Rosal

    O concurso de Xoves Intérpretes "Antonio Granja" naceu coa idea, nas súas pasadas edicións, de ser un estímulo máis no estudio dos alumnos da escola de música da Agrupación Musical do Rosal. O concurso leva o nome de "Antonio Granja" en agradecemento a este socio fundador, pola súa inestimable dedicación á Agrupación Musical do Rosal dende a súa creación.

    A cuarta edición deste concurso terá lugar os días 26 e 27 de maio no Auditorio do Rosal. De novo, unha das súas categorías estará aberta a xoves participantes (de entre 17 e 23 anos) de calquera procedencia, que contará cuns atractivos premios (500, 300 e 200 euros), e terá o aliciente especial de que o gañador gozará da oportunidade de actuar como solista coa Agrupación nun concerto posterior.

    Isto supón un enorme esforzo organizativo e económico para a Agrupación, que tamén conta co apoio, coma sempre, do Concello do Rosal, a Fundación O Rosal e a Comunidade de Montes de Sta. Mariña, aparte de empresas e comerciantes da bisbarra que tamén quixeron colaborar no proxecto. O prazo de inscrición está aberto ata o próximo 27 de abril.
     
    Ampliar contenido
  • Sável é o peixe em destaque neste 2º trimestre no Aquamuseu do rio Minho

    Fecha desde el 11 de Abril de 2018
    hasta el 30 de Junio de 2018

    Este ano, a temática versa -A Pesca do Sável no rio Minho- e pode ser visitada até 30 de junho.

    Pela importância económica e histórica, e à semelhança do ano anterior, o Aquamuseu do rio Minho volta a disponibilizar uma exposição, de caráter informativo e fotográfico, relacionada com o sável. Este ano, a temática versa "A Pesca do Sável no rio Minho" e pode ser visitada até 30 de junho.

    A cada trimestre, o Aquamuseu do rio Minho dinamiza uma mostra mais alargada, quer no tempo quer no formato, dando destaque a uma espécie, explorando toda informação associada.

    Assim, entre 4 de abril e 30 de junho, a proposta é o sável do rio Minho e as diversas curiosidades, como caraterísticas, distribuição, períodos e artes de pesca, registos de pesca e testemunhos.
    Ampliar contenido
  • Érguete Baixo Miño participa na XXXVI Asemblea Xeral Ordinaria da UNAD en Madrid

    Fecha desde el 12 de Abril de 2018
    hasta el 13 de Abril de 2018

    Formar parte da vogalía da UNAD en Galicia demostra as ganas que se teñen de seguir apoiando e facendo por mellorar e evitar a situación das drogodependencias na nosa Comunidade.

    A Asociación Érguete Baixo Miño informa que, os próximos días 12 e 13 de abril, estaremos presente na XXXVI Asemblea Xeral Ordinaria da UNAD (La Unión de Asociaciones y Entidades de Atención al Drogodependiente) en Madrid, como socios e compoñentes da vogalía de UNAD en Galicia dentro da Rede de Atención ás adicións.

    Na orde do día estarán presentes temas xerais como a rendición de contas e toma de decisións así como puntos máis concretos como por exemplo o tema dos novos perfís en adicións, onde se traballará e debaterá sobre as maneiras de afrontar os novos escenarios en adicións á vez que se afondará nas estratexias de traballo conxuntas para reivindicar as políticas de adicións.

    Dentro da orde do día, tamén se falará da Estratexia Nacional de Adicións 2017-2024 a cargo de D. Francisco de Asís Babín, Delegado do Goberno para o PNSD (Plan Nacional Sobre Drogas).

    O presidente de Érguete Baixo Miño, Victoriano Rodríguez González, xunto con Natalia González González -Técnico de Prevención en Condutas Aditivas e vogal da UNAD-, ademais de asistir a Asemblea Xeral da UNAD en Madrid, participarán en diferentes coloquios e mesas de experiencia onde se permitirá intercambiar iniciativas valiosas en este sector, así como presentar ideas e propostas de traballo moi positivas en todos os aspectos.

    Este tipo de actividades a nivel nacional son moi favorables de cara a valorar diferentes puntos de vista así como diferentes maneiras de traballo.

    Formar parte da vogalía da UNAD en Galicia demostra as ganas que se teñen de seguir apoiando e facendo por mellorar e evitar a situación das drogodependencias na nosa Comunidade.
    Ampliar contenido
  • O IV Concurso Internacional de Pesca Deportiva a Flote aprázase para o 1 de maio

    Fecha desde el 12 de Abril de 2018
    hasta el 01 de Mayo de 2018

    Reunirá a máis de 60 participantes de Galicia e Portugal

    O Club Náutico San Telmo, vén de aprazar até o martes 1 de maio, o IV Concurso Internacional de Pesca Deportiva de Salmónidos, na modalidade spinning a flote, que se ía celebrar este domingo no río Miño, entre Goián e Salvaterra do Miño. O aprazamento débese ás previsións de choiva para a fin de semana, e ao elevado caudal do río nestes momentos.

    A organización agarda reunir a máis de 60 deportistas de Galicia e Portugal, que dende as 9.00 ata as 18.00 horas españolas, navegarán polo río Miño en busca das mellores pezas, que serán pesadas no edificio do Náutico San Telmo ao remate da xornada, pechando o concurso coa entrega de trofeos as 18.30 horas.

    As inscricións están abertas ata sábado 28 de abril, no edificio do Club Náutico San Telmo, no enderezo electrónico nautico@cnsantelmo.com, ou no teléfono 657 87 57 16.

    Ampliar contenido
  • Los beneficios de la terapia con caballos, a estudio en el Aula UNED de Tui

    Fecha desde el 12 de Abril de 2018
    hasta el 01 de Mayo de 2018

    El seminario, que abordará los beneficios de este tipo de terapia, tendrá lugar del 2 al 29 de mayo

    El Aula UNED de Tui acogerá del 2 al 29 de mayo el curso Beneficios de la Hipoterapia y la Equitación Terapéutica con personas afectadas de autismo. Un seminario que tiene como objetivo profundizar en los principios terapéuticos de la terapia asistida con caballos, también conocida como hipoterapia o equitación terapéutica, poniendo especial énfasis en los beneficios que dicha actividad reporta a las personas que presentan problemas de desarrollo y algún trastorno del espectro autista.  

    El curso, que estará dirigido a cualquier profesional del ámbito sanitario, educativo y psicológico, presentará al asistente los principios terapéuticos básicos de la equinoterapia, exponiendo las características del caballo como principal terapeuta del proceso y sus beneficios. Sonia Bouzo González, profesora del Centro Asociado a la UNED en Pontevedra y Doctora en Ciencias de la Educación, expondrá también a los asistentes los resultados de un programa de intervención puesto en marcha con el objetivo de demostrar la eficacia de dicha terapia.

    El curso, que se desarrollará presencialmente en el Aula UNED de Tui en cuatro sesiones que tendrán horario de tarde,  tiene una carga lectiva de 25 horas. La inscripción al seminario deberá realizarse a través de la página web de la UNED-Pontevedra (http://www.unedpontevedra.com ), o bien llamando por teléfono al 986851850 o dirigiéndose al edificio del Aula UNED de Tui El precio de matrícula del curso será de 40 euros.  
    Ampliar contenido
  • Exposición fotográfica -Falan de min, falan de ti- no Centro Cultural da Guarda

    Fecha desde el 12 de Abril de 2018
    hasta el 24 de Abril de 2018

    Poderá visitarse ata o 24 de abril no Centro Cultural, en horario de 10:00 a 13:00 e de 17:00 a 20:00 horas de luns a venres. Os sábados poderá contemplarse entre as 10 e as 13 horas.

    O fotógrafo Alberto Pereiro Lueiro inaugurou a mostra o pasado venres. As súas fotografías buscan rachar cos prexuízos sobre as persoas que traballan na rúa.

    O Centro Cultural acolle a exposición fotográfica «Falan de min, falan de ti», o primeiro traballo público do fotógrafo porriñés Aberto Pereiro Lueiro, máis coñecido como «Holly». A mostra, composta por 17 fotografías protagonizadas por Pepe Kórdoba ("Niño"), reivindica o respecto a todas aquelas persoas que traballan na rúa, convidando aos espectadores a formar parte das súas sensibilidades e sentimentos.

    Nesta liña, segundo apunta o autor, a reportaxe fotográfica-documental chama á reflexión e a «afondar nos xeitos que temos de ver todo o que nos parece distinto á nosa forma de vida»; e a ter, en definitiva, «unha visión aberta e construtiva onde a nosa mirada non sexa incriminatoria e marxinal por costume». Durante o seu percorrido pola exposición, os e as visitantes serán as encargadas de descubrir cada unha das fotografías, que permanecerán tapadas tras un veo simbólico.
    Inauguración co autor

    «Falan de min, falan de ti» poderá visitarse ata o 24 de abril no Centro Cultural, en horario de 10:00 a 13:00 e de 17:00 a 20:00 horas de luns a venres. Os sábados poderá contemplarse entre as 10 e as 13 horas.

    Ampliar contenido
  • 2º Duatlo de Cerveira afirma-se no Circuito Regional Norte

    Fecha desde el 13 de Abril de 2018
    hasta el 22 de Abril de 2018

    O 2º Duatlo de Vila Nova de Cerveira está agendado para dia 22 de abril.

    Dia 22 de abril, o centro histórico de Vila Nova de Cerveira acolhe mais uma prova desportiva de relevo. Após a experiência de sucesso em 2017, a Pedal'Arte, com o apoio da Câmara Municipal e da Federação de Triatlo de Portugal, organiza o 2ª Duatlo na variante Sprint de Duatlo de Estrada com classificação para o Circuito Regional Norte de Duatlo e Circuito Norte Jovem. Inscrições terminam dia 16 deste mês.

    Aliando o fator competitivo ao convívio e às potencialidades turísticas do concelho, esta prova de duatlo tem a particularidade de percorrer algumas das mais bonitas artérias do centro histórico cerveirense, cativando a participação de atletas federados dos diversos escalões etários, equipas de triatlo, participantes amadores, equipas de estafetas, atletas da vizinha Espanha e amantes do desporto em geral.

    Com o período de inscrições ainda a decorrer, a organização deste evento desportivo prevê que o número de participantes ultrapasse os 150 inscritos da primeira edição, uma vez que o feedback do ano passado foi significativamente positivo. 

    O 2º Duatlo de Cerveira é composto por três provas: a primeira, com partida às 9h00, é para os escalões de Benjamins e Infantis com distâncias de 800m de corrida, seguida de 1000m de Ciclismo e 250m de corrida no final; meia hora mais tarde, tem lugar a prova dos escalões Iniciados e Juvenis com distâncias de 1000m de corrida, 1400m de Ciclismo e, para finalizar, 600m de corrida.; às 10h00 realiza-se a prova anfitriã na distância Sprint de Duatlo de Estrada para os atletas federados, amadores e equipas estafetas, com distâncias de 5Km de corrida num percurso de duas voltas, seguida de 17Km de Ciclismo em quatro voltas e 2,5Km de corrida, no final.

    O 2º Duatlo de Vila Nova de Cerveira está agendado para dia 22 de abril. O período de inscrições encerra na próxima segunda-feira, dia 16. https://www.payandgo.pt/2_Duatlo_De_V_N_Cerveira

    Ampliar contenido
  • O Concello de Tui e AFAGA poñen en marcha do programa Cuidand@-me

    Fecha desde el 13 de Abril de 2018
    hasta el 20 de Abril de 2018

    Vai dirixido a coidadores familiares de persoas dependentes ou con discapacidade. Ofértanse 15 prazas

    O Concello de Tui, a través dos Servizos Sociais Comunitarios, e AFAGA, a Asociación de Familiares de Alzheimer e outras demencias de Galicia, organizan o programa psicoeducativo para coidadores familiares de persoas dependentes ou con discapacidade Cuidand@-me. Desenvolverase entre os meses de maio e novembro cun total de 24 sesións os luns de 11 a 12.30h no Centro Sociocomunitario de Tui. Ofértanse quince prazas, e unha vez cubertas elaborarase unha lista de agarda.

    Este programa forma parte das accións desenvolvidas dende os Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Tui no marco do convenio asinado con AFAGA. Vai dirixido á poboación en xeral, pero terán prioridade aquelas persoas que teñan familiares dependentes e/ou con discapacidade e necesidade dunha terceira persoa. Os interesados deberán presentar o modelo oficial de solicitude por rexistro de entrada na casa do concello até o venres 20 de abril.

    O programa Cuidand@-me busca ofrecer unha atención integral aos coidadores familiares para previr ou minimizar as consecuencias que ten na súa propia saúde as atencións continuadas a un familiar maior con dependencia. Empregando unha metodoloxía grupal informarase e formarase aos participantes, apoiándoos emocionalmente e promocionando momentos de descanso activo e relación social con outras persoas na mesma situación.

    En concreto ao longo das 24 sesións do programa, e estruturadas en catro áreas Saber e Coñecer, Autocoidado, Eficacia para o día a día, e Emocionario, abordaranse as patoloxías que causan dependencia nas persoas maiores, formarase aos participantes en técnicas sanitarias para previr riscos no domicilio e que poidan prestar actuación de atención directa de calidade. Tamén se orientará sobre os recursos que ofrece a comunidade para coidar a un familiar dependente, se promocionará o autocuidado do coidador familiar, se traballará en aspectos emocionais para asumir o rol de coidador.
     
    Os interesados poden acadar máis información sobre Cuidand@-me nos Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Tui, no 986 22 97 97ou no correo psicologia@afaga.com.
    Ampliar contenido
  • El Club de Mayores de A Guarda organiza nuevas actividades

    Fecha desde el 13 de Abril de 2018
    hasta el 19 de Mayo de 2018

    Más información en el 986 6 13 39

    Comida de Primavera

    El Club de la Tercera Edad de A Guarda organiza una Comida de Primavera el próximo Domingo día 20 de Mayo en el Hotel PAzo.

    Inscripciones abiertas hasta el día 19 de Mayo en el 986 61 13 39

    Se dispondrá de autobus que saldrá desde la Plaza del As de Copas a las 13:00h.

    Excursión a Santa Gema(A Coruña)

    Excursión + Comida a Portugal el Domingo día 13 de Mayo. Inscripciones abiertas hasta el domingo día 11 de Mayo en el 986 61 13 39

    Se dispondrá de autobus que saldrá desde la Plaza del As de Copas a las 7:00h.

    Ampliar contenido
  • Especial - Alumnos e alumnas da Guarda participan na reforestación de 41.000 metros cuadrados no Monte Santa Trega

    Fecha desde el 00 de de 0000
    hasta el 15 de Marzo de 2019

    Para esta actuación, envióuselle un escrito os colexios para os alumnos que queiran participar nesta plantación, tendo xa confirmación dalgún colexio.

    A Comunidade de montes de A Guarda, empezou no pasado mes de febreiro e seguindo a día de hoxe tras obter os permisos de patrimonio, para realizar os buracos e iniciar a reforestación no Monte Trega cun control arqueolóxico para a plantación de Castiñeiros e Carballos.

    Esta plantación realizase no polígono 24 e parcelas 10001 e 10002 nunha superficie de 41.400 m², onde no ano 2.018 erradicáronse uns 317 eucaliptos de gran tamaño ademais de acacias.

    Estes labores realizaranse durante cinco días aproximado de perforación, dous días para o abono, continuandoa plantación coa colaboración de alumnos e alumnas do Colexio As Solanas da Guarda e persoal da Comunidade de Montes.

    Ademais, esta comunidade de montes, vai instalar antes do 30 de marzo, 447 metros de varanda en dous atallos, para a comodidade e protección das persoas que usan estes atallos. E bordeando unha zona axardinada a carón da nova plantación para evitar a entrada de vehículos.

     

    GALERÍA DE FOTOS

    Haz clic en la imagen de abajo para acceder a la Galería de fotografías

    Para esta actuación, envióuselle un escrito os colexios para os alumnos que queiran participar nesta plantación, tendo xa confirmación dalgún colexio.

     

    Ampliar contenido
  • O Concello inaugura a remodelación do acceso ao aparcamento Xulio Sesto

    Fecha desde el 00 de de 0000
    hasta el 07 de Octubre de 2020

    Nas obras de mellora pavimentouse un acceso rodado e outro peonil, executáronse as canalizacións de augas pluviais e tamén as conducións eléctricas para dotar de iluminación a zona

    O Rosal acaba de inaugurar o novo acceso ao aparcamento Xulio Sesto tras as obras de remodelación, acondicionamento e urbanización acometidas nos últimos meses. Durante este tempo o Concello, a través da empresa adxudicataria, levou a cabo traballos de pavimentación da entrada para crear un acceso rodado e outro peonil, executou a canalización de augas pluviais e dotou das condicións eléctricas necesarias para dispoñer de iluminación na zona.

    O obxectivo destas actuacións era corrixir as deficiencias técnicas do proxecto inicial e paliar a problemática derivada do acondicionamento do aparcamento para que poida empregarse de forma normalizada, xa que ata o de agora non cumpría os requisitos mínimos necesarios para o seu uso sen prexuízo para a veciñanza residente nas inmediacións do acceso ao aparcamento, situado no núcleo urbano da vila.

    A apertura do aparcamento Xulio Sesto permite dotar á Praza do Calvario e as súas inmediacións dun maior espazo para o estacionamento de vehículos.

    O proxecto, elaborado pola área de Urbanismo do Concello do Rosal, contou cun orzamento de máis de 34.000 euros financiados a cargo do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra

    Ampliar contenido
  • Rosane Serrano representará al Atlético Guardés con la Selección Española Júnior

    Fecha desde el 00 de de 0000
    hasta el 09 de Febrero de 2026

    La primera línea del Mecalia Atlético Guardés se concentrará del 2 al 8 de marzo en Elche y disputará un amistoso ante el Atticgo BM Elche.

    El Mecalia Atlético Guardés volverá a estar representado en una cita internacional. La primera línea Rosane Serrano, jugadora vasca del conjunto de A Guarda, ha sido convocada con las Guerreras Júnior para participar en la concentración que se celebrará del 2 al 8 de marzo en Elche.

    La convocatoria, publicada por la nueva seleccionadora Verónica Cuadrado, incluye a 21 jóvenes promesas del balonmano español que trabajarán durante toda la semana aprovechando el parón liguero. Serrano, habitual en las listas del combinado nacional en categoría júnior, volverá así a vestir la camiseta de España tras haber sido subcampeona de Europa el pasado verano.

    El stage tendrá lugar en la ciudad alicantina y culminará el domingo 8 de marzo con un partido amistoso ante el Atticgo BM Elche, a las 11:30 horas en el pabellón Esperanza Lag.

    Esta concentración coincide con la semana fijada por la European Handball Federation para la disputa de compromisos internacionales, en este caso el clasificatorio para el Campeonato de Europa 2026. En la edición júnior del pasado verano, las Guerreras alcanzaron la final y lograron la medalla de plata, con una destacada participación de Serrano.

    Aunque natural del País Vasco, la jugadora defiende actualmente los colores del Guardés, consolidándose como una pieza importante dentro del proyecto deportivo del club miñoto y reforzando la proyección nacional e internacional de la entidad de A Guarda.

    “Es una oportunidad para crecer y mejorar de cara al futuro”

     

     

    Rosane Serrano se mostró “muy contenta e ilusionada de poder formar parte de esta convocatoria”. La jugadora reconoce que estas concentraciones suponen una alta exigencia física y mental, especialmente en un momento clave del calendario.

    A su regreso, le esperan dos semanas consecutivas de doble jornada con el Guardés, combinando Liga y competición europea. “Siempre son semanas de mucho trabajo y de mucha intensidad”, explica la primera línea, que aun así valora enormemente la experiencia. “Es una oportunidad para crecer y mejorar a nivel individual y grupal de cara al futuro”, concluye.

    Para el Atlético Guardés, esta convocatoria vuelve a situar al club de A Guarda en el foco del balonmano nacional, demostrando el nivel competitivo de su plantilla y su capacidad para aportar talento a la Selección Española.

    Ampliar contenido