Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Érguete Baixo Miño participa na XXXVI Asemblea Xeral Ordinaria da UNAD en Madrid

Formar parte da vogalía da UNAD en Galicia demostra as ganas que se teñen de seguir apoiando e facendo por mellorar e evitar a situación das drogodependencias na nosa Comunidade.

Formar parte da vogalía da UNAD en Galicia demostra as ganas que se teñen de seguir apoiando e facendo por mellorar e evitar a situación das drogodependencias na nosa Comunidade.

Fecha: 11 de Abril de 2018

Fuente: Asociación Érguete Baixo Miño

A Asociación Érguete Baixo Miño informa que, os próximos días 12 e 13 de abril, estaremos presente na XXXVI Asemblea Xeral Ordinaria da UNAD (La Unión de Asociaciones y Entidades de Atención al Drogodependiente) en Madrid, como socios e compoñentes da vogalía de UNAD en Galicia dentro da Rede de Atención ás adicións.

Na orde do día estarán presentes temas xerais como a rendición de contas e toma de decisións así como puntos máis concretos como por exemplo o tema dos novos perfís en adicións, onde se traballará e debaterá sobre as maneiras de afrontar os novos escenarios en adicións á vez que se afondará nas estratexias de traballo conxuntas para reivindicar as políticas de adicións.

Dentro da orde do día, tamén se falará da Estratexia Nacional de Adicións 2017-2024 a cargo de D. Francisco de Asís Babín, Delegado do Goberno para o PNSD (Plan Nacional Sobre Drogas).

O presidente de Érguete Baixo Miño, Victoriano Rodríguez González, xunto con Natalia González González -Técnico de Prevención en Condutas Aditivas e vogal da UNAD-, ademais de asistir a Asemblea Xeral da UNAD en Madrid, participarán en diferentes coloquios e mesas de experiencia onde se permitirá intercambiar iniciativas valiosas en este sector, así como presentar ideas e propostas de traballo moi positivas en todos os aspectos.

Este tipo de actividades a nivel nacional son moi favorables de cara a valorar diferentes puntos de vista así como diferentes maneiras de traballo.

Formar parte da vogalía da UNAD en Galicia demostra as ganas que se teñen de seguir apoiando e facendo por mellorar e evitar a situación das drogodependencias na nosa Comunidade.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones