Agenda
Já chegou a tão desejada lampreia à mesa de 15 restaurantes cerveirenses!
Fecha desde el 15 de Enero de 2018
hasta el 15 de Abril de 2018A reserva já pode ser feita, até 15 de abril, em 15 restaurantes do concelho de Vila Nova de Cerveira
Ampliar contenidoA lampreia é um dos pratos mais aguardados do calendário gastronómico. Mas se falarmos da lampreia do rio Minho, reconhecida pela excelência de sabores associada à vivência de experiências, torna-se uma sugestão irresistível. A reserva já pode ser feita, até 15 de abril, em 15 restaurantes do concelho de Vila Nova de Cerveira aderentes à iniciativa intermunicipal ‘Lampreia do Rio Minho - Um Prato de Excelência'.
A gastronomia em Vila Nova de Cerveira tem verdadeiramente sabor a rio, reveladora dos usos e costumes e da forte relação que a população ribeirinha ainda mantém com o rio Minho. E é nas águas gélidas do rio Minho, num percurso de correntes e obstáculos que a carne da lampreia se torna tenra para saciar o desejo e manter a tradição de viver um festival de sabores cuja paixão e mestria das cozinheiras a transformaram num prato de excelência.
Até 15 de abril, Vila Nova de Cerveira integra mais uma edição da ‘Lampreia do Rio Minho - Um Prato de Excelência', iniciativa de promoção gastronómica e de animação dinamizada pela Adriminho, em parceria com os seis municípios do Vale do Minho. À mesa dos 15 restaurantes cerveirenses aderentes serve-se a lampreia da forma mais tradicional, convidando a saborear o arroz de lampreia e o arroz à bordalesa.
Lista de restaurantes aderentes à ‘Lampreia do Rio Minho - Um Prato de Excelência': Abrigo das Andorinhas - 251 795 335; Boega - O Peregrino - 251 700 500; Braseirão do Minho - 251 700 240; Cantinho dos Amigos - 251 795 725; Casa das Velhas - 251 708 482; Casa Lau -251 795 162; Casebre - 251 795 522; Central - 251 794 898; Costa Verde - 251 795 430; D. Maria - 251 797 229; Glutão - 251 795 654; Lavrador - 251 796 604; Luso Galaico - 251 795 225; Sol Nascente - 251 941 233; Telheiro - 251 794 495.
O cineclub Poleiro cumpre 20 anos cun novo ciclo de cine
Fecha desde el 01 de Febrero de 2018
hasta el 03 de Mayo de 2018Comezará o vindeiro 1 de febreiro coa proxección da comedia dramática -Ciudadano ilustre-, de Gastón Duprat e Mariano Cohn
Ampliar contenidoO cineclub Poleiro está de aniversario e quere celebrar por todo o alto os seus 20 anos de vida: cun novo ciclo de cine e cun bono participativo de tan só 5 euros para desfrutar dos catro filmes que se proxectarán entre febreiro e maio. "Quixemos aproveitar o noso aniversario para facer unha rebaixa para todos aqueles que desfrutan acudindo a ver as películas que propoñemos", asegura o membro do cineclub Ramón Álvarez.
Trátase dun abono para ver as 4 películas que forman parte deste novo ciclo e que poderán retirarse directamente no auditorio de Goián momentos antes da proxección dos filmes ou poñéndose en contacto directamente co cineclub. Para os membros de Poleiro, chegar a estes 20 anos de vida e seguir propoñendo cine á poboación de Tomiño "é todo un éxito".
A literatura como eixo central
Con este ciclo, o cineclub pretende facerlle unha chiscadela ao mundo da literatura con obras narrativas na que os seus protagonistas están ligados dun xeito ou outro ao mundo das letras.
O ciclo arrancará o vindeiro 1 de febreiro (21.30 horas no auditorio de Goián) coa proxección do filme ‘Ciudadano ilustre', unha comedia dramática dirixida por Gastón Duprat e Mariano Cohn que lle valeu a Copa Volpi ao mellor actor ao seu protagonista, Óscar Martínez. A película conta a historia de Daniel Mantovani, un escritor arxentino que vive en Europa dende hai máis de tres décadas e consagrado mundialmente tras gañar o premio Nobel de literatura que regresa ao pequeno pobo no que naceu, Salas, onde lle van a conceder a medalla de Cidadán Ilustre.
A viaxe terá múltiples arestas: será o regreso triunfal ao pobo que o viu nacer, unha viaxe ao pasado na que se reencontrará con vellos amigos, amores e paisaxes de xuventude, pero sobre todo será unha viaxe ao corazón mesmo da súa literatura, á fonte das súas creacións e inspiración. O escritor irá constatando as insalvables diferenzas que o transformarán nun elemento estraño para a vida do pobo ao tempo que a calidez da cidadanía vai desaparecendo a medida que as controversias se multiplican.
Próximas proxecciónsO xoves 1 de marzo o cineclub Poleiro continúa o ciclo coa proxección do drama biográfico da poetisa estadounidense Emily Dickinson, ‘Historia dunha paixón', un dos traballos máis intensos do director Terence Davis. A película conta a vida da poeta, dende a súa infancia e a súa etapa escolar en Amherst aos seus anos escribindo nun total illamento recluída na casa dos seus pais. Conta as excentricidades dun personaxe considerado como rebelde e feminista e como durante a súa vida foron publicados só sete dos seus poemas, xa que a súa poesía empezou a acadar sona tras a súa morte en 1886.
O xoves 5 de abril será a quenda de ‘Cartas da guerra', un drama do director portugués Ivo Ferreira. O filme está baseado na obra homónima de Antonio Lobo Antunes, nas que detalla as cartas que un novo soldado enviaba á súa muller durante os dous anos que estivo en Angola traballando de alférez médico mentres sucedía a Guerra Colonial lusa e nas que se reflicten a dureza vivida polos portugueses neste conflito. Foi nomeada ao León de Ouro na categoría de Mellor Película.
O ciclo rematará o xoves 3 de maio coa proxección do filme ‘Paterson', unha película dramática escrita e dirixida por Jim Jarmusch e producida entre Estados Unidos, Francia e Bélxica. A cinta conta sete días na vida dun condutor de autobús e poeta afeccionado, cunha vida simple e rutineira, e da súa moza, Laura, cunha vida sempre cambiante, con novos proxectos e soños. A película contempla silenciosamente os triunfos e derrotas das súas vidas cotiás, recreándose na poesía que xurde nos detalles máis pequenos.
O cineclub Poleiro conta co apoio da Concellería de Cultura do Concello de Tomiño e da Federación de Cineclubes de Galicia.
O Cineclub Poleiro celebra 20 anos de actividade
Fecha desde el 01 de Febrero de 2018
hasta el 03 de Mayo de 2018O Cineclub Poleiro celebra 20 anos de actividade cun novo ciclo de cine e un abono de catro películas por cinco euros
Ampliar contenidoO CICLO COMENZA O XOVES 1 DE FEBREIRO NO AUDITORIO DE GOIÁN ÁS 21:30Dende que comenzamos a actividade no cine Avenida da Guarda, fomos comprobando como ían desaparecendo os cines da comarca e mantivemos a cita mensual cos abonados, buscando sempre cine de interés, alonxándonos do comercial e buscando temas, xéneros e directores que conten boas historias. Para eso está o cine.
O ciclo comenza o próximo xoves, 1 de febreiro, no auditorio de Goián, ás 21:30 , coa proxección de Cidadán Ilustre, dirixida por Gastón Duprat e Mariano Cohn. Unha comedia dramática .
Sinopse: Conta a historia de Daniel Mantovani, escritor arxentino, premio Nobel de literatura que vive en Barcelona dende hai 30 anos escribindo sobre o seu pobo e os habitantescon crudeza. Concédenlle en Salas o título de Cidadán Ilustre e regresa a vila natal. rRncóntrase coa infancia, amigos, paisaxes...pero non todo funciona como agardaba.
Premios:Mellor actor(Oscar Martínez) Festival de Venecia
Goya : Mellor película hispanoamericana
Seminci: Espiga de prata e mellor guiónO xoves, 1 de marzo proxéctase Historia dunha paixón, do director Terence Davis , baseada na vida da poetisa estadounidense Emily Dickinson.
Sinopse: A película narra a historia dunha muller moi especial, que dende a súa infancia non se adaptou á sociedade e costumes do seu tempo. Elexiu o illamento da casa familiar para escribir. Unha muller singular que a penas publicou en vida. So despois de morrer, en 1886, a sua poesía foi publicada e recoñecida mundialmente.O xoves 5 de abril chega Cartas de guerra, do director portugués Ivo Ferreira .Unha adaptación da obra de Lobo Antunes do mesmo nome .
Sinopse: Relación epistolar entre un soldado médico destinado en Angola, na guerra colonial, que escríbía á súa muller embarazada. Unha fantástica adaptación dun debutante que consegue co branco e negro debuxar a esperanza, a dor da separación, o enamoramento profundo na distancia.O xoves 3 de maio "Paterson" escrita e dirixida por Jim Jarmusch. Narra sete días da vida dun conductor de autobús e poeta afeccionado e da súa moza. Un expléndido contraste de vidas. Él, un amante da rutina , ela, soñadora infatigable.
O cineclub Poleiro conta co apoio da Concellería de Cultura do Concello de Tomiño e da Federación de Cineclubes de Galicia.
Período voluntario de pagamento da taxa de recollida de lixo 2018 na Guarda
Fecha desde el 01 de Febrero de 2018
hasta el 07 de Abril de 2018Dende o día 1 de febreiro ó 7 de abril de 2.018 estarán ó cobro en período voluntario de pagamento os recibos correspondentes á taxa pola RECOLLIDA do LIXO exercicio 2.018.
Ampliar contenidoDende o día 1 de febreiro ó 7 de abril de 2.018 estarán ó cobro en período voluntario de pagamento os recibos correspondentes á taxa pola RECOLLIDA do LIXO exercicio 2.018.
No caso de que algún contribuínte non recibira a carta de pagamento pode solicitar un duplicado da misma dirixíndose á Oficina de Xestión Tributaria (R/ Jose M. Andreini 6 Bajo - Tfno: 986 60 90 67) ou a través da páxina web do Concello de A Guarda (http://www.aguarda.es/Normativa municipal>Cartas de pagamento), xa que ó tratarse de débedas de carácter periódico e notificación colectiva a non recepción no domicilio da mesma non exime da obriga de pago nin da vía executiva.
Infórmase, ademáis, que a partir de dita data as débedas serán esixidas polo procedemento de prema e devengarán os recargos, xuros de demora, e demáis conceptos esixibles.
Bienal de Cerveira convida público a comemorar os 40 anos
Fecha desde el 10 de Marzo de 2018
hasta el 14 de Julio de 2018Visitas comentadas às exposições e -40 anos, 40 artistas- são as atividades que a Fundação Bienal de Arte de Cerveira promove
Ampliar contenidoVisitas comentadas às exposições e "40 anos, 40 artistas" são as atividades que a Fundação Bienal de Arte de Cerveira promove já este mês de fevereiro e de março, convidando o público a participar nas comemorações das quatro décadas da Bienal Internacional de Arte de Cerveira.Com o objetivo de dar a conhecer a sua Coleção, a Fundação Bienal de Arte de Cerveira (FBAC) promove, a partir de 19 de fevereiro, o projeto "40 anos, 40 artistas", onde semanalmente será dado destaque a um autor e uma obra de arte. A partir destes elementos será apresentada uma narrativa com a contextualização no tempo e no espaço, e serão levantadas hipóteses de análise do objeto e dos seus sentidos. A peça estará em exposição no Fórum Cultural de Cerveira e os conteúdos serão divulgados nas diversas plataformas online da FBAC, assinalando assim, o aniversário da bienal de arte mais antiga do país.
Partindo da arte e pensamento contemporâneos será ainda promovido, entre março e julho, um programa de visitas comentadas às exposições patentes no Fórum Cultural de Cerveira, assim como às obras de arte com presença no espaço público de Vila Nova de Cerveira.
Segundo o Presidente da FBAC, Fernando Nogueira, "propõe-se aos visitantes que façam parte da programação, que procura um diálogo aberto e uma reaproximação histórica e física com a Coleção do Museu Bienal de Cerveira, dentro do cenário artístico português e internacional das últimas quatro décadas".
As visitas decorrerão aos sábados, às 11h00, e serão dinamizadas por Helena Mendes Pereira. A entrada é gratuita mas encontra-se sujeita a inscrição prévia até 72 horas antes de cada sessão (geral@bienaldecerveira.pt).
Programa:
- 10 de março | Visita comentada à exposição "Pintura em três Atos: Ângelo de Sousa, Gerardo Burmester e Marcos Covelo"
- 24 de março | Visita comentada à exposição "Serendipidade" de Polliana Dalla Barba, do "Concurso Novos Artistas 2018"
- 21 de abril | Visita comentada à exposição "Encontro de performers - Obras da Coleção sobre o tema e novas propostas"
- 12 de maio | Visita comentada à exposição de Marco Moreira, do "Concurso Novos Artistas 2018"
- 26 de maio | Visita comentada à exposição "Encontro de performers - Obras da Coleção sobre o tema e novas propostas"
- 9 de junho | Visita comentada à exposição de Rui Horta Pereira, do "Concurso Novos Artistas 2018"
- 23 de junho | Visita comentada às obras de arte em espaço público (Parte I)
- 14 de julho | Visita comentada às obras de arte em espaço público (Parte II)
-Cerveira Saudável- 2018 propõe Caminhos de Santiago, trilhos, dança, remo e ação de sensibilização animal
Fecha desde el 11 de Marzo de 2018
hasta el 04 de Noviembre de 2018Um total de 16 iniciativas, entre março e novembro, sustentam o -Cerveira Saudável- 2018
Ampliar contenidoUm total de 16 iniciativas, entre março e novembro, sustentam o ‘Cerveira Saudável' 2018. Arrojado e mais abrangente, a programação lançada pretende consolidar a promoção de sessões monitorizadas de exercício físico para todas as idades, introduzindo um elemento aliciante: a realização do Caminho Português da Costa, entre Vila Nova de Cerveira a Santiago de Compostela, em seis etapas. Participação nas atividades necessita de inscrição online.
Aliando o desporto ao bem-estar e o convívio à natureza, ao longo dos próximos meses, os fins-de-semana em Vila Nova de Cerveira sugerem uma calendarização diferenciada e apelativa, transversal a todas as idades, numa estreita parceria com coletividades do concelho.
Para a edição 2018 do ‘Cerveira Saudável', o Município de Vila Nova de Cerveira propõe desde logo uma novidade: a realização do caminho até Santiago de Compostela, em seis etapas, aos segundos domingos de cada mês, com transporte do ponto de partida e o respetivo regresso. A participação tem inscrição obrigatória, com um custo simbólico de 6 euros por etapa, limitada a 50 pessoas. (link para inscrição)
Da programação constam ainda seis trilhos pedestres que promovem a visita por algumas freguesias do concelho e respetivos pontos de interesse, nomeadamente o ‘Trilho da Gávea', o ‘Trilho Alto Picoito', a Ecopista do Rio Minho, o ‘Trilho Alto da Pena', o ‘Trilho dos Engenhos e dos Folhões', e o ‘Trilho da Carranca' (com almoço vegetariano), para além de uma Caminhada Solidária a Favor da Liga Portuguesa Contra o Cancro. Está igualmente agendada uma sessão de danças de salão ao ar livre, uma experiência de remo e uma ação de sensibilização de combate à obesidade animal com provas físicas para os animais.
A primeira atividade arranca já no próximo dia 11 de março e a última acontece no dia 4 de novembro, com interrupção durante o mês de agosto. Todas as atividades do ‘Cerveira Saudável' 2018 realizam-se aos sábados e/ou domingos, sendo solicitado aos interessados que efetuem inscrição através dos links disponibilizados.
Cerveira Saudável 2018: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSehVSUMHtruVAeBMhlpb89iQGmBo3EHvf2EoHbkZ2fbDaTPpw/viewform
Caminhos de Santigo de Compostela por etapas:
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfo7NqL5fk_GH2WmBZ1v4pTcqsd9-d4MSnhvm0YqVa733sksQ/viewform
Março
Dia 11: Caminho de Santiago Cerveira-Tuy (25Kms), 07h30, Junta de Freguesia de Gondarém, 6€
Dia 25: Trilho da Gávea (14Kms), 09h00, Parque de Estacionamento Praia da Lenta, 3€
Abril
Dia 8: Caminho de Santiago Tuy- Redondela (2Kms), 07h30, Câmara Municipal, 6€
Dia 22: Caminhada Solidária a Favor da LPCC, 09h00, Parque de Lazer do Castelinho, 3€
Maio
Dia 6: Ação de combate à obesidade animal, 09h30, Parque de Lazer do Castelinho
Dia 13: Caminho de Santiago Redondela-Pontevedra (24Kms), 07h30, Câmara Municipal, 6€
Dia 20: Trilho Alto Picoto (9,3Kms), Polidesportivo de Cornes, 3€
Junho:
Dia 3: Percurso Ecopista do Rio Minho, 09h00, Parque de Lazer do Castelinho, Gratuita
Dia 10: Caminho de Santiago Pontevedra-Caldas de Rei (23Kms), 07h30, Câmara Municipal, 6€
Julho:
Dia 7: Trilho Alto da Pena (10,8Kms), 21h00, Capela de Nossa Srª da Pena, 3€
Dia 8: Caminho de Santiago Caldas de Rei-Padrón (19Kms), 07h30, Câmara Municipal, 6€
Setembro:
Dia 9: Caminho de Santiago Padrón-Santiago (24Kms), 07h30, Câmara Municipal, 6€
Dia 16: Trilho dos Engenhos e dos Folhões (6Kms), 09h00, Capela do Sr. Dos Esquecidos, 3€
Outubro
Dia 14: Remo, 09h00, Instalações da ADCJC, Gratuita
Dia 21: Danças de Salão, 10h30, Terreiro, Gratuita
Novembro
Dia 4: Trilho da Carranca (5Kms), com almoço vegetariano, Igreja de Gondarém, Valor a definir
Continúa aberto o concurso de deseño da camiseta do Día das Letras Galegas en Tomiño
Fecha desde el 21 de Marzo de 2018
hasta el 07 de Mayo de 2018As propostas poden presentarse ata o vindeiro 7 de maio ás 12.00 horas
Ampliar contenidoUn ano máis a OMIX de Tomiño quere conmemorar o 17 de maio con enxeño e creatividade arredor da lingua galega e vén de convocar unha nova edición do concurso de deseño da camiseta do Día das Letras Galegas 2018.
O deseño será libre e aberto e valorarase que teña un deseño atractivo, inspirado e que busque a promoción do uso e normalización o galego en todos os ámbitos. O deseño estará pensado para colocarse unicamente na parte dianteira da camiseta cunha soa cor a estampar sobre fondo branco.
Como novidade, este ano todas as persoas que participen e envíen as súas creatividades serán agasalladas cunha camiseta que leve o modelo gañador. Ademais, o autor da camiseta elixida finalmente para representar ese día será premiado con dúas camisetas coa imaxe, un libro escrito pola autora homaxeada este ano, María Victoria Moreno, e coa difusión tanto nas redes sociais como nos diferentes medios de comunicación da súa obra.
Todas as persoas interesadas en participar poderán enviar a súa proposta ata o vindeiro 7 de maio ás 12.00 horas.
Derradeiros días de prazo para solicitar a participación no plan -Depotermal 2018-
Fecha desde el 20 de Marzo de 2018
hasta el 18 de Abril de 2018Estará aberto entre o 20 de marzo e o 18 de abril (ambos incluídos).
Ampliar contenidoO departamento de Servizos Sociais do Concello da Guarda informa de que o prazo para solicitar prazas para a participación no Plan Termal «Depotermal 2018», organizado pola Deputación de Pontevedra, estará aberto entre o 20 de marzo e o 18 de abril (ambos incluídos).
O plan inclúe dous programas, un deles orientados á estadía durante cinco días consecutivos (tardes ou mañás de luns a venres) nun balneario da provincia e, por outra banda, un programa termal con pernoctación.
A súa finalidade é fomentar o envellecemento activo e mellorar a calidade de vida das persoas establecendo novas relacións sociais, favorecendo a participación en actividades que melloran o estado anímico, potenciando movementos de participación e cooperación social, e promovendo espazos de encontro e intercambio de experiencias co fin de evitar o illamento e as situacións de soidade que poden levar á vulnerabilidade.
Destinatarios e requisitos
Poderán beneficiarse do plan termal as persoas que non padezan ningunha enfermidade ou patoloxía incompatible coa actividade proposta e cumpran algún dos seguintes requisitos:
ü Nacer antes de 1968. deberá acreditar cunha fotocopia do DNI ou o NIE, segundo o caso.
ü Ser pensionista. Neste caso, deberán achegar unha fotocopia do certificado correspondente.
ü Precisar dun respiro, o que se acreditará mediante un informe do traballador social dos Servizos Sociais comunitarios básicos.
As persoas interesadas poderán atopar toda a información (incluídas as bases da convocatoria, establecementos adheridos e prezos) na páxina web da Deputación de Pontevedra. Para realizar a inscrición, deberán achegarse ao departamento de Servizos Sociais do Concello da Guarda.
A mostra -Nado en pedra- chega ao Castelo de Santa Cruz de A Guarda
Fecha desde el 23 de Marzo de 2018
hasta el 02 de Mayo de 2018A colección ó ar libre permanecerá na fortaleza guardesa ata o 2 de maio
Ampliar contenidoA partir de mañá, 23 de marzo, o Castelo de Santa Cruz acollerá nos seus xardíns a exposición de escultura «Nado en pedra», realizada polo alumnado da Escola de Cantería de Pontevedra.A inauguración oficial da colección celebrarase este sábado, 24 de marzo, contando coa presenza da presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e o alcalde do Concello da Guarda, Antonio Lomba.
A mostra itinerante componse de 18 pezas escultóricas de gran tamaño talladas en granito polos alumnos da escola, nas que se representan oficios tradicionais e máis senlleiros da nosa terra, como o de ferreiro, costureira ou canteiro, ademais doutras estampas da vida cotiá co trasfondo da emigración.
A colección ó ar libre permanecerá na fortaleza guardesa ata o 2 de maio, co obxectivo de resaltar a formación que se imparte no centro, dependente da Deputación provincial, e revalorizar o tradicional oficio da cantería.
Aberto o prazo de inscrición para as 102 prazas das dúas escolas infantís públicas de Tomiño
Fecha desde el 24 de Marzo de 2018
hasta el 09 de Abril de 2018É o único concello da comarca que conta con dous centros de educación infantil. As solicitudes poderán entregarse ata o vindeiro 9 de abril
Ampliar contenidoXa está aberto o prazo de inscrición para acceder ás dúas escolas infantís para nenos de 0 a 3 anos do concello de Tomiño, o único municipio da comarca que conta con dous centros de educación infantil públicos. O concello conta con dúas escolas Galiña Azul pertencentes á rede do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, unha en Tomiño e outra en Goián. Dende o Concello de Tomiño quérese animar a todas as familias con nenos e nenas desta idade a anotar aos seus fillos e fillas a inscribilos nestas escolas públicas, coas vantaxes que iso conleva.
Ata o 9 de abril os pais e nais poden solicitar algunha das 102 prazas (61 en Goián e 41 en Tomiño) que se ofertan nas dúas escolas, tanto de renovación como de novo ingreso. Este prazo ampliarase ata o 8 de maio para casos extraordinarios, como novos nenos e nenas nados nesas datas, cambios de domicilio... o que terá que ir acompañado da documentación que xustifique.
Ademais, cada curso resérvase unha praza por aula para nenos e nenas derivados dende os Servizos Sociais previa aprobación do Consorcio. A lista provisional con lista de inscritos e lista de agarda será publicada o 9 de maio.
Requisitos
As e os interesados deberán entregar toda a documentación no centro escolar que queiran escoller como primeira opción e na propia solicitude se marcan varias escolas por orde de preferencia, para que en caso de que non haxa prazas na primeira opción poidan derivarse a outros centros. Darase prioridade aos nenos e nenas empadroados e, se sobran prazas, repartiranse entre os que o seu pai ou nai traballa no municipio e, por último, para cativos e cativas de concellos limítrofes.
Tras esta primeira criba teranse en conta o baremo da Xunta de Galicia, no que se puntúa segundo situación familiar, laboral e económica. Aquelas familias que quedan en lista de agarda poden solicitar o Bono Concilia, unha axuda económica para poder matricular aos nenos e nenas noutros centros e que xa se pode solicitar nestes intres.
Con horario de 07.30 a 17.30 horas, os pais e nais poden elixir se ir en media xornada (catro horas) ou en xornada completa (máis de catro horas), que poden estenderse ata en dúas horas a maiores en casos moi concretos por incompatibilidade horaria das familias. Ambas as dúas contan con servizo de comedor.
Dous centros, sete aulas
Na escola situada no centro de Tomiño sete persoas (dúas mestras, catro educadoras e unha persoa de servizos xerais) se encargan de atender aos 41 nenos e nenas matriculados nas tres aulas coas que conta (0-1, 1-2 e 2-3 anos). "Eu recomendaríalle aos pais e nais que se animasen a vir, que moitas veces tense medo ao que se fai ou non na escola, pero os nenos e nenas veñen moi contentos e as familias teñen sempre as portas abertas", explica a directora, Belén Domínguez.
Con metodoloxías de traballo "que se van adaptando aos novos tempos", o alumnado que entra novo cada ano pasa un período de adaptación para que os nenos e nenas non acusen tanto o cambio.
En Goián, o total son 9 traballadores e unha cociñeira os que se encargan dos 61 nenos que teñen matriculados cada ano. Neste centro ademais dunha aula por idade, dispoñen dunha aula extra. Este ano era entre os nenos e nenas de 2-3 anos, que xa acaban o seu ciclo na escola, polo que o centro decidirá que aula duplica o vindeiro curso dependendo da idade na que se teñan máis solicitudes, como sinala o seu director, José María Torres.
Especial - Tui recupera a Festa do Meixón
Fecha desde el 24 de Marzo de 2018
hasta el 09 de Abril de 2018Un evento gastronómico no que se poderá degustar o meixón ata o 9 de abril
Ampliar contenidoDende mañá 24 de marzo e até o luns 9 de abril celébrase en Tui a Festa do Meixón. Con este evento gastronómico búscase "recuperar e consolidar unha tradición gastronómica que nos facía singulares e nos facía importantes" en palabras do alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín.
Durante 17 días cinco restaurantes, Asador Paulo, O Novo Cabalo Furado, Cruceiro do Monte, El Molino e La de Manu, ofrecerán a ración de meixón, acompañada de pan e viño Remesal, ao prezo de 55€. Será preciso reserva previa.
Na presentación realizada esta mañá no Teatro Municipal de Tui dúas veteranos cociñeiras Pilar Blanco de El Molino, e Nieves Silva do Cruceiro do Monte foron as encargadas de preparar o meixón que servirán para a festa as empresas Delicias del Miño e Ángulas Río Miño, amosando a súa mestría na elaboración dun produto que cualificaron de gran calidade. Tamén estiveron presentes Laura Méndez de El Molino, María Domínguez de O Novo Cabalo Furado, Paulo Salvado de Asador Paulo e Manu Garrido de La de Manu, xunto a concelleiros tudenses, e o vereador de Cultura de Valença, José Monte.
O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, explicou na presentación que o concello quere darlle un protagonismo especial a este evento gastronómico, de aí a presentación realizada esta mañá, sinalando que "as festas gastronómicas singulares son un elemento dinamizador do turismo e da cultura fundamentais", engadindo que "Tui ten a gran sorte de estar vinculada coa tradición do meixón, un produto singular e excepcional, e hai que buscar a fórmula para que isto se poida consolidar". Engadía que facer a festa nos restaurantes "da un percorrido moi importante de atracción da xente a Tui, enlazando coa Semana Santa, o que é tamén un activo moi importante, e logo continuando xa durante as festas de San Telmo". Concluía afirmado que "imos facer máximo esforzo para que a Festa do Meixón sexa un éxito e o ano que vén poder continuar e consolidar este proxecto que é revitalizar a festa do meixón".
Festa do Meixón 2018
Datas: do sábado 24 de marzo ao luns 9 de abril
Establecementos:
?Asador Paulo - Estrada Tui-Gondomar - 986 60 42 14
Cruceiro do Monte - Cruceiro, Randufe - 986 60 75 75
El Molino - Augusto González Besada- 986 60 30 12
La de Manu - Paseo da Corredoira - 674 54 94 94
O Novo Cabalo Furado - Praza do Concello - 986 60 12 15
Prezo: 55€ a ración formada por unha cazola de meixón, pan e unha copa de viño Remesal
Fotos de Jorge Alonso Daldea
Tui prepárase para celebrar dez días de festa na honra a San Telmo
Fecha desde el 31 de Marzo de 2018
hasta el 09 de Abril de 2018Do 31 de marzo ao 9 de abril a cidade acollerá actividades infantís, culturais, musicais, gastronómicas, deportivas...
Ampliar contenidoO sábado 31 de marzo, comezan oficialmente as festas na honra a San Pedro González Telmo que se van celebrar en Tui até o luns 9 de abril. O programa de festexos foi presentado polo alcalde, Carlos Vázquez Padín, xunto a todo o equipo de goberno, Antonio Castro, Estrella Carmen Muradas, Yovana Velázquez, Mila González, Andrés Urseira e Mª Jesús Silva.
As festas, segundo explicou o alcalde, Carlos Vázquez Padín, terán un carácter máis rueiro buscando aproveitar os lugares que ten a cidade para acoller distintos actos. Coma exemplo citou que a lectura do pregón, que marca o inicio oficial das festas, terá lugar este ano na praza de San Fernando, onde o mestre Antón Corral será o pregoeiro, e actuará a Banda de Gaitas Xarabal, que creou e dirixiu. Os xigantes e cabezudos desfilarán na primeira xornada festiva xunto ao grupo de gaitas O Mosteiro de Pexegueiro, e será acendido o alumeado das festas.
Salientou tamén Carlos Vázquez Padín, que as festas - que terán un orzamento superior aos 100 mil euros, pero inferior o das festas de 2017 - serán equilibradas e terán un toque diferenciador coa Festa do Meixón que se celebra en 5 restaurantes ata o 9 de abril.
O domingo 31 a charanga Cantos Somos, a Banda de Música Popular e a orquestra Miramar porán a nota musical, mentres que os grupos Lembranzas da Terra de Guillarei, Inquedanzas de Pazos de Reis, O Mosteiro de Pexegueiro, Xuntanza de Randufe, San Fins de Rebordáns, Santa Columba de Ribadelouro, baile e gaitas da da Asociación do Traxe Tradicional de Tui, Seixos Albos de Areas, Refaixos e Polainas de Baldráns, serán os protagonistas do Festival Folclórico que se celebrará no Teatro Municipal dende as 18h.
Actividades infantís
Do luns 2 ao venres 6 os nenos e nenas terán actividades específicas para eles, coas que se busca ofrecerlles unha alternativa de lecer durante as vacacións e escolares e contribuír á conciliación familiar. Así polas mañá de 11 a 13h na Área Panorámica haberá actividades infantís da man de Chirlomirlo, e pola tarde na Sala Félix Rodríguez ás 16h proxectarase unha película de cinema. En ambos casos non é preciso inscribirse previamente, son actividades con entrada libre até completar a capacidade do local.
X Semana de Teatro Afeccionado e música coral
A Semana de Teatro Afeccionado celebrará a súa décima edición do luns 2 ao sábado 7 no Teatro Municipal de Tui onde os grupos Mesturanzas de Areas, Santiago de Malvas, Aloia de Pazos de Reis, San Fins de Rebordáns, e Atalaia do Centro Sociomomunitario de Tui presentarán as súas últimas montaxes, en moitos casos en estrea. Amaias as tres corais de Tui do Centro Sociocomunitario, Ponte das Febres e San Telmo no centro Amoralia e nas Residencias San Telmo e Paz y Bien.
O deporte tamén será protagonista nas festas
O mércores 4 será o día do deporte con actividades de bádminton, judo, tenis de mesa e xadrez no Paseo da Corredoira de 11 a 14h, e con tenis de mesa ás 16 e patinaxe ás 18h amais de estar prevista unha exhibición de kaiak polo e de slalom na piscina municipal dende ás 16h e a partir das 20.30h haberá partidos exhibición de pádel nas pistas do Liceo Casino.
Amais coma novidade no ámbito deportivo a Carreira Popular de San Telmo celebrarase este ano o sábado 7 dende ás 11h no Paseo da Corredoira baixo a organización do Club Atletismo Tui, previamente ás 10h sairá tamén da Corredoira a Andaina Festas de San Telmo organizada polo club AndaTui. Se incorpora amais no programa a Epic Race de BTT que percorrerá o paseo fluvial dende ás 7 da madrugada do sábado ás 9 da mañá do domingo. A Copa San Telmo na que se enfrontará o Tyde F.C. e o S.C. Valenciano, e a III Clásica Manuel Alfaro de coches clásico son outras das actividades previstas para o sábado. Mentres está pendente de confirmarse se finalmente o luns de San Telmo haberá partido de fútbol entre o R.C. Celta e un equipo de primeira división de Portugal, xa que polo momento non hai rival para o equipo vigués.
Broken Peach, la Edad del Oro del Pop Español, Kubo e Panorama
Son dous os concertos previstos este ano nas festas. Por unha banda o venres 6 ás 23.30h actuará no Paseo da Corredoira o grupo Broken Pech, unha banda de soul e rock formada en 2009 que presenta uns directos cunha coidada estética e un amplo repertorio. Previamente actuará dj Gramola.
O domingo 8 ás 22.30h chegará á rúa Compostela o concerto "La Edad del Oro del Pop Español" no que o público poderá disfrutar cos grandes clásicos do pop nacional da man de Roberto (Iguana Tango), Pablo Perea (La Trampa), Joaquín Padilla(Tenesse) e Chus Herranz.
A orquestra Kubo presentará en Tui o maior escenario de Europa de máis de 27 metros nunha actuación prevista na noite do sábado 7 na rúa Compostela. Neste mesmo lugar actuará o luns 9 a orquestra Panorama. O cartel das verbenas o completan Miramar, Solara, e Pontevedra. No eido musical se celebrará tamén o festival de Karaoke o venres dende as 19h no Paseo da Corredoira.
Food Trucks e Festa do Meixón na oferta gastronómica
Amais da Festa do Meixón en 5 restaurantes o venres 6 está previsto un mercado de Food Truck no Paseo da Corredoira no que o público que se achegue poderá degustar distintas variedades gastronómicas.
O luns 9 - Día de San Telmo
As festas na honra a San Telmo pecharanse o luns 9 de abril, xornada na que dende primeira hora se celebrará a Feira Cabalar en San Bartolomé, onde amais da compra venda de gando tamén haberá distintas exhibicións previstas.
A charanga Cantos Somos e a Banda de Música da Escola Naval Militar de Marín, serán as encargadas da música na última xornada de festa, onde tamén estará presente a Banda de Guerra da Brilat. Os actos relixiosos comezarán xa pola mañá coa misa na honra a San Telmo e a procesión pola Coronilla, e pecharanse ás 21h coa solemne procesión que percorrerá as principais rúas da cidade. A tirada de fogos de artificio marcará o peche das festas.
A deputada provincial Montserrat Magallanes inaugura na Guarda a mostra -Nado en pedra-
Fecha desde el 27 de Marzo de 2018
hasta el 02 de Mayo de 2018A institución provincial estivo tamén representada pola directora do centro e o seu director técnico.
Ampliar contenidoRepresentantes da Escola de Cantería de Pontevedra e do Concello da Guarda acudiron ao Castelo de Santa Cruz na mañá do pasado sábado, 24 de marzo, para inaugurar a exposición escultórica «Nado en pedra», elaborada por alumnos do centro.Ao acto de inauguración asistiron a concelleira guardesa e deputada provincial de Emprego, Montserrat Magallanes, que desculpou a ausencia de Carmela Silva por cuestións de axenda; a directora da Escola de Cantería, Concepción López Paz; o director técnico e mestre escultor da mesma, Enrique Velasco; o alcalde do Concello da Guarda, Antonio Lomba, e outros membros da Corporación municipal.
Segundo destacou a deputada provincial, a exposición itinerante busca realzar o valor da formación que se imparte no centro, dependente da Deputación de Pontevedra, así como por en valor o tradicional oficio da cantería, «un labor que no século XXI tamén ten moito futuro», asegurou.
Enrique Velasco describiu máis polo miúdo o traballo que se desenvolve na Escola, e froito do cal nace esta exposición. Nela, 18 pezas de gran tamaño amosan algúns dos oficios tradicionais máis senlleiros da nosa terra, coa o de ferreiro, costureira ou canteiro, ademais doutras estampas da vida cotiá dunha época marcada pola emigración.
O rexedor local, pola súa parte, aproveitou a ocasión para loar o traballo dos escultores e o «magnífico entorno» que ofrece o Castelo de Santa Cruz para gozar do seu traballo. Facendo referencia a isto último, Antonio Lomba propuxo a fortaleza como destino último das esculturas unha vez rematada o seu percorrido polos concellos pontevedreses.
A exposición permanecerá nos xardíns do Castelo de Santa Cruz ata o 2 de maio. Poderá visitarse entre as 10:00 e as 20:00 horas de luns a domingo.
Escola de Cantería de Pontevedra
A Escola de Cantería de Pontevedra comezou a súa actividade en 1979 e, dende 1982, depende da Deputación de Pontevedra. O centro desenvolve as súas actividades como un taller de traballo artesanal en pedra, no que se combinan ensinanzas teóricas e prácticas. Entre os seus obxectivos atópanse os de estimular a vocación artística para o desenvolvemento da artesanía no sector e conservar e promover o patrimonio da arquitectura tradicional da escultura popular.Os traballos do alumando e os profesores teñen deixado por todo o mundo pegada do patrimonio arquitectónico popular de Galicia (dende cidades coma Nova Iorque e Bos Aires ata Alemaña), así como a realización de hórreos e outras obras que locen en varios puntos de España e o estranxeiro.
Grandes Festas na honra de San Julián en Sanxián
Fecha desde el 06 de Abril de 2018
hasta el 08 de Abril de 2018Do 6 ao 8 de abril en Sanxián no Rosal
Sanxián, no termo municipal do Rosal acolle do 6 ao 8 de abril as Grandes Festas na honra de San Julián.Ampliar contenido
Unidad móvil de donación de sangre el viernes 6 y sábado 7 en A Guarda
Fecha desde el 06 de Abril de 2018
hasta el 07 de Abril de 2018¡Comparte salud, dona sangre! Son muchos los motivos para donar, no los olvides.
Ampliar contenidoViernes 6
A GUARDA UNIDADE MOBIL NA PRAZA AVELINO VICENTE
(NA PARADA DO BUS, FRONTE A FROIZ) 10:00 - 14:00 16:30 - 21:00
Sábado 7
A GUARDA UNIDADE MOBIL NA PRAZA AVELINO VICENTE
(NA PARADA DO BUS, FRONTE A FROIZ) 10:00 - 15:00
Axudas á rehabilitación de edificios e vivendas na Área de Rehabilitación do conxunto histórico de Tui
Fecha desde el 28 de Marzo de 2018
hasta el 25 de Mayo de 2018Os interesados teñen un prazo de 2 meses para realizar a tramitación
Ampliar contenidoDende o mércores 28 de marzo, ábrese o prazo de presentación de solicitudes ás axudas á rehabilitación de edificios e vivendas na Área de Rehabilitación do conxunto histórico de Tui. O BOP recolle hoxe a publicación dun extracto das "Bases reguladoras e convocatoria pública para solicitar axudas á rehabilitación de edificios e vivendas na área de rehabilitación con Conxunto Histórico de Tui" aprobadas o 5 de marzo do 2018 da Xunta de Goberno Local.
Poderán solicitar estas axudas propietarios de edificios de vivendas ou de vivendas individuais, as comunidades, os consorcios e os entes asociativos de xestión. O importe máximo da subvención é do 45% do custo subvencionable das actuacións de rehabilitación de edificios e vivendas que se realicen, e unha contía máxima por vivenda obxecto de rehabilitación de 15.000 euros (excluídos impostos, taxas e tributos).
As vivendas con axudas á rehabilitación deberán destinarse a domicilio habitual e permanente do/a seu/súa propietario/a, ou ao arrendamento polo menos durante 3 anos trala finalización das obras de rehabilitación.
Tres barrios son os que se inclúen no ámbito delimitado pola Área de Rehabilitación do Conxunto Histórico Artístico de Tui a Cidade Medieval, San Domingos e San Bartolomeu.
O prazo de presentación de solicitudes destas axudas é de dous meses. Pódese ampliar esta información na oficina da ARI os martes e xoves na casa do concello de Tui de 9 a 14h ou enviar un correo a ari@concellotui.org.
A OMIX impulsa un curso de inglés para adultos a partir do 10 de abril
Fecha desde el 30 de Marzo de 2018
hasta el 09 de Abril de 2018Máis información e inscricións na OMIX, a través do teléfono 986 614 546, no correo electrónico información@aguarda.es, ou ben na páxina de Facebook de OMIX A Guarda.
Ampliar contenidoA Oficina Municipal de Información á Xuventude (OMIX) do Concello da Guarda organiza un curso de inglés para adultos que dará comezo o vindeiro 10 de abril.O curso terá unha duración total de 20 horas. O custe será de 25€ (pago único) e poderán inscribirse todas as persoas que desexen por en práctica o idioma, adquirindo ferramentas para manter conversas cotiás. O horario das clases será de 20:00 a 22:00 horas os martes e xoves.
As persoas que estén interesadas en participar, poderán obter máis información e inscribirse na OMIX, a través do teléfono 986 614 546, no correo electrónico información@aguarda.es, ou ben na páxina de Facebook de OMIX A Guarda.
O Concello da Guarda e Viaxes Eroski organizan unha saída ao Courel
Fecha desde el 02 de Abril de 2018
hasta el 06 de Abril de 2018Esta actividade conta con prazas limitadas e os interesados teñen que inscribirse do 2 ao 6 de abril.
Ampliar contenidoEste ano organizase de novo unha fin de semana no Courel despois da boa experiencia do pasado ano. Polo que o Concello da Guarda e Viaxes Eroski organizan unha nova edición na que se volverá a desfrutar da gran riqueza natural e paisaxística desta Serra luguesa.
As datas escollidas son os días 12 e 13 de maio e realizaranse dous percorridos pola Serra do Courel. A actividade inclúe desprazamento de ida e volta en autocar e pensión completa en aloxamento rural por un prezo estimado de 89 € por persoa.
A saída será o sábado 12 ás 8.00 horas e o regreso o domingo día 13 a partir das 20 horas.
Esta actividade conta con prazas limitadas e os interesados teñen que inscribirse do 2 ao 6 de abril. Tanto para realizar estas inscricións como para consultar máis información poden poñerse en contacto coa Oficina de Turismo da Guarda de maneira presencial de 9 a 14 horas de luns a venres, no teléfono 986 61 45 46 ou a través do correo electrónico turismo@aguarda.es.
Tomiño organiza obradoiros onde aprender estratexias para afrontar a crianza dun xeito positivo
Fecha desde el 31 de Marzo de 2018
hasta el 09 de Mayo de 2018As actividades desenvolveranse ao longo dos meses de abril e maio e haberá servizo de gardería, para que pais e nais poidan asistir aos actos con maior tranquilidade
Ampliar contenidoA Concellería de Servizos Sociais, a través do Departamento de Educación Familiar, organiza o programa "Benestar en Familia", entre os días 4 de abril e 9 de maio. A actividade consiste nunha serie de encontros (charlas) e obradoiros dirixidos a familias con nenos e nenas de até 6 anos, que desexen aprender estratexias e pautas para afrontar a crianza dun xeito positivo.A primeira das actividades programadas é o obradoiro "Medrando co meu bebé" (para familias con fillos e fillas de entre 3 e 12 meses, que terá lugar o vindeiro mércores 4 de abril, na Escola Infantil Galiña Azul de Tomiño, entre as 17.30 e 18.30 horas. Impartida por persoal técnico de ADIAF (Asociación de Desenvolvemento Infantil e Atención Familiar), a actividade terá coma obxectivo principal "acompañar ás familias no crecemento, proporcionándolles estratexias, ferramentas e recursos de apoio ao longo da primeira etapa de vida dos seus cativos e cativas", explicou a concelleira Cristina Martínez, sinalando ao mesmo tempo, a intención de tender unha rede de apoio e intercambio de experiencias entre familias e profesionais.
Asemade, traballarase co "Libro Blanco da Atención Temperá", a prevención e detección de necesidades nas áreas de linguaxe, psicomotricidade, áreas cognitiva, sensorial, etc.
Por outra banda, o vindeiro xoves 5 de abril terá lugar na Casa da Cultura, ás 17.30 horas, a primeira das charlas programadas, titulada "Como protexer sen protexer", e impartida polo psicólogo e terapeuta familiar José Cardama Barrientos. Haberá servizo de canguros, pero é preciso anotarse previamente, chamando ao Concello en horario de mañá (986 62 20 01/03).
Acompañamos cartaz co resto da información e programación detallada das actividades, datas e horarios.
ORPAGU y Editorial Galaxia organizan el III Concurso de relatos Homes e Mulleres do Mar
Fecha desde el 31 de Marzo de 2018
hasta el 30 de Abril de 2018Prazo para participar ata o 30 de abril, de 10 a 12 anos.
Ampliar contenidoIII CONCURSO DE RELATOS "HOMES E MULLERES DO MAR"
A Organización de Productores Palangreros Guardeses en colaboración con la Editorial Galaxia,con desexo de promocionar a literatura galega e iniciar aos mais cativos no mundo literario,convoca a terceira edición do CONCURSO DE RELATOS "HOMES E MULLERES DO MAR".
Este premio poderá ser alcanzado por todos os autores e autoras cun relato curto escrito en lingua galega concorde coa idade, tema e valores sinaladas nas bases do concurso excepto aspersoas gañadoras de edicións anteriores.
IDADE
De 10 a 12 anos.
TEMA
"Homes e mulleres do mar"
PARTICIPANTES
Nenos e nenas de 10 a 12 anos de toda Galicia.
As persoas premiadas non poderán ser premiadas en dúas edicións consecutivas.
MODALIDADE E CATEGORÍAS DOS RELATOS
Unha única modalidade na que inclúa o idioma Galego.
Cada participante so poderá presentar un escrito.
Os traballos presentados terán unha extensión mínima de dous folios e máxima de seis.
Formato habitual (Arial 11) a dobre espazo e por unha sola cara (en formato papel).
Deberán ser orixinais e inéditos, polo que non se terán en conta aqueles que se haxan
presentado e premiados en outros concursos.
Os traballos presentados deberán ser de ficción, polo que o xurado non admitirá
ensaios ou redacción sobre o tema proposto.
ENTREGA DOS RELATOS
Os relatos en formato papel presentaranse na oficina da Organización de Palangreiros
Guardeses (OR.PA.GU.) na dirección calle Manuel Álvarez, 16 (baixo), C.P.36780 A
Guarda (Pontevedra) en horario de 09.00 h a 15.00 horas de luns a venres.
Os relatos entregaranse en formato papel dentro dun sobre cerrado, POR TRIPLICADO
e sen asinar.
Axuntarase outro sobre cerrado que conterá no seu interior nome e apelidos, idade,
dirección, correo electrónico e teléfono do autor.
No exterior de ambos sobres deberá constar a referencia do concurso "Homes e
mulleres do Mar" e titulo da obra.
PRAZO DE ADMISIÓN
Dende o 01 de Abril ata o 30 de Abril.
PREMIOS
Unha Tablet, un galardón e un lote de libros da Editorial Galaxia.
A entrega do premio será nun acto que se celebrará o día 02 de Xuño do 2018.
XURADO
Teremos o privilexio de contar cos seguintes escritores, que valorarán a orixinalidade que
propoñan os relatos presentados, así como un estilo e calidade narrativa.
Sonia Mirón. Profesora de Lingua e Literatura na ESO e titora na UNED. Gañadora dun accésit
na categoría de relatos curtos no premio "Leopoldo Alas" (2005) e publicou varios microrelatos
en antoloxía. Tamén e autora de varias entrevistas e reseñas para diferentes publicacións.
Francisco Castro Veloso: Director da Editorial Galaxia, escritor e gañador de varios premios
como son Frei Martín Sarmiento, 13º Premio de Novela por Entregas de a La Voz de
Galicia, Pluma de Prata no I Certame de Xornalismo de Opinión Raimundo Domínguez, Mellor
libro infantil para os lectores da web Fervenzas Literarias, finalista do Premio Fundación Caixa
Galicia de literatura xuvenil no 2007, Premio García Barros no 2007, Premio Blanco Amor no
2006, Premio Modesto R. Figueiredo de narracións breves no 2005, Premio Rosa Reboredo de
Narrativa da Asociación Cultural Galega de Cornellà no 2005, Premio xornalístico Manuel
Reimóndez Portela, Premio de novela curta Manuel Lueiro Rey no 1997.
Fátima Pérez Sobrino: Filóloga hispánica da localidade de A Guarda.
FALLO
Será publicado o día 14 de Maio do 2018, na páxina web da Organización de
Palangreiros Guardeses (http://www.orpagu.com)
OBSERVACIÓNS
Para calquera consulta sobre o concurso ou as súas bases, pode dirixirse a seguinte
dirección de correo electrónico: concursorelatosorpagu@gmail.com
A Organización reservase os dereitos de reprodución gratuíta dos relatos presentados,
citando sempre o nome e apelidos do autor ou autora.
As obras serán validadas pola organización do concurso, reservándose o dereito de
non facer públicas aquelas obras que se consideren non adecuadas ao espírito do
concurso por diversos motivos, como pode ser por contido ofensivo.
As obras non premiadas serán arquivadas ou destruídas pola Organización, garantindo
así que non se fará ningún uso indebido do seu contido. Se o autor/a o indicase
expresamente no momento da inscrición, devolverase a súa copia.
O feito de participar supón a total aceptación das presentes bases, así como a decisión
do xurado.
A Organización queda facultada para resolver calquera continxencia non prevista nas
bases.
A Organización de Palangreiros Guardeses, en cumprimento da Lei Orgánica 15/1999,
do 13 de Decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, informa que os datos
persoais que Vd. nos proporciona, serán engadidos no ficheiro "CONCURSO DE
RELATOS HOMES E MULLERES DO MAR", titularidade de esta entidade, que a
finalidade e xestionar, difundir e fomentar o interese cultural e social organizado por
ORPAGU no ámbito das súas competencias.
Se o desexan poden exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e
oposición dirixíndose á oficina de Orpagu en A Guarda, calle Manuel Álvarez, número
16 - baixo.
A Asociación Un Máis invítavos á celebración do Día Mundial do Autismo
Fecha desde el 02 de Abril de 2018
hasta el 08 de Abril de 2018Como cada ano, o día 2 de abril celébrase en todo o mundo o Día de Concienciación do Autismo.
Ampliar contenidoComo cada ano, o día 2 de abril celébrase en todo o mundo o Día de Concienciación do Autismo. Unha vez máis, a Asociación "Un Máis" organiza unha semana de actos que, baixo o lema: "Rompamos xuntos barreiras polo autismo", dan visibilidade á diversidade e contribúen ao achegamento e coñecemento do trastorno do espectro autista.Co fin de sumarse á celebración do Día Mundial do Autismo, a Asociación "Un Máis" propón unha serie de actos destinados a achegar a realidade das persoas dentro do Trastorno do Espectro Autista, a través do coñecemento e o intercambio de experiencias.
Grazas ao apoio dos Concellos de Tui e Tomiño, o día 2 programáronse actos simbólicos e reivindicativos como a iluminación en azul de edificios municipais pertencentes a ambos Concellos, así como a lectura dun manifesto e a solta de globos.Ao longo da semana, as persoas que o desexen poderán gozar da proxección de películas e documentais relacionados co autismo que se celebrarán en diferentes días, tanto no Colexio nº 1 de Tui como no Mercado de Tomiño, estando tamén prevista a realización de diversos talleres para os máis pequenos.
Finalmente e como remate a unha semana chea de actividades, "Un Máis" proponvos sumarvos á gran festa que se celebrará o día 8 de abril a partir das 17:00h no Colexio nº1, na cal contaremos con diversas actividades, inchables e xogos.
Animámosvos a todos/as a sumarvos a celebrar e demostrar que un mundo máis inclusivo é posible.
A Semana de Teatro Amador de San Telmo cumpre unha década
Fecha desde el 02 de Abril de 2018
hasta el 07 de Abril de 2018As representación terán lugar no Teatro Municipal do luns 2 ao sábado 7 con seis estreas
Ampliar contenidoA Semana de Teatro Amador que se celebra co gallo das festas de San Telmo cumpre unha década. Esta iniciativa xurdiu hai dez anos co obxectivo de brindarlles aos grupos de teatro afeccionado que hai en Tui a posibilidade de actuar no Teatro Municipal de Tui nas mesmas condicións en que o fan as compañías profesionais. Esta semana está plenamente consolidada contando cando ano co beneplácito do publico que en moitas das función completa a capacidade do teatro.
A cita será do luns 2 ao sábado 7 de abril no Teatro Municipal de Tui ás 21h, salvo o sábado cando a función comezará ás 20h. Os seis grupos de teatro estrearán as súas últimas montaxes nesta programación co gallo das festas de San Telmo. As entradas, sen numerar, poranse á venda media hora antes do comezo do espectáculo ao prezo de 1,5€.
O grupo de teatro Mesturanzas da Asociación Cultural Seixos Albos de Areas será o luns, 2 de abril, ás 21h, o encargado de abrir esta X Semana de Teatro Amador coa estrea da obra "Os pintores non teñen recordos" de Dario Fo. Baixo a dirección de Tomás Alonso Pardo un elenco de nove actores afeccionados darán vida a esta comedia na que ao dono dun hotel de mala morte lle toca a lotería, pero a súa muller fai o inimaxinable para non ter que compartilo con el.
O martes, 3 de abril, ás 21h, o grupo de teatro da Asociación Cultural Santiago de Malvas estreará "Tecendo Mentiras" baixo a dirección de Nieves Rodríguez Besada. Nove actores subirán ao escenario do teatro para interpretar esta comedia na que as verdades saen pouco a pouco á luz nunha casa de ricos chea de mentiras.
Tamén en estrea chegará o mércores, 4 de abril, ás 21h "O lío que lle lían a Pío" de José Cedena, unha comedia que presentará o grupo de teatro Aloia da Asociación Cultural Aloia de Pazos de Reis. Nove actores son dirixidos por Noelia Solla para dar vida a un restaurante cunha clientela complicada.
O xoves, 5 de abril, ás 21h, será a quenda do grupo de teatro Chirlomirlo da Asociación Cultural Xuntanza de Randufe que estreará "Aquí non se paga" de Dario Fo. Doce actores, baixo a dirección de Areta Bolado, interpretan esta comedia na que dúas mulleres inician unha revolta popular contra a suba dos prezos no supermercado.
"Descontrol hospital" de Román Sarmiento será a comedia que o venres, 6 de abril, ás 21h estreará o grupo de teatro San Fins de Rebordáns. Doce actores interpretan a traballadores e pacientes dun hospital inmerso nun total descontrol. A obra está dirixida por José Soares.
Pechará esta X Semana de Teatro Afeccionado o grupo Atalaia do Centro Sociocomuntario de Tui o sábado, 7 de abril, ás 20h coa comedia "Teño un tolo na casa" de Raimundo Francés. Miguel Ángel Pérez Blanco dirixe ao elenco formado por seis actores e actrices afeccionados que nos achegan en clave de humor as ocorrencias de Amalia, para facer fronte á crise económica que ela e o seu marido, policía xubilado, teñen que facer fronte tras o divorcio da súa filla.
X Semana de Teatro Amador. Do 2 ao 7 de abril.
- Luns 2 ás 21.00 h
- Grupo de teatro Mesturanzas da Asociación Cultural Seixos Albos de Areas con "Os pintores non teñen recordos". 90 minutos.
- Martes 3 ás 21.00 h
- Grupo de teatro da Asociación Cultural Santiago de Malvas con "Tecendo mentiras". 73 minutos.
- Mércores 4 ás 21.00 h
- Grupo Aloia Teatro da Asociación Cultural Aloia de Pazos de Reis con "O lío que lle lían a Pío". 60 minutos.
- Xoves 5 ás 21.00 h
- Grupo de teatro Chirlomirlo da Asociación Cultural Xuntanza de Randufe con "Aquí non se paga". 65 minutos.
- Venres 6 ás 21.00 h
- Grupo de teatro da Asociación Cultural San Fins de Rebordáns con "Descontrol hospital". 80 minutos.
- Sábado 7 ás 20.00 h
- Grupo de Teatro Atalaia do voluntariado do Centro Sociocomunitario de Tui con "Teño un tolo na casa". 70 minutos.
Venda de entradas, sen numerar, ao prezo de 1,5€ dende hora e media antes do comezo da función. Unha vez iniciado o espectáculo non se poderá acceder ao teatro.
- Luns 2 ás 21.00 h
Nuevo servicio de masajes con 25% de descuento sólo este mes en Centro Domajó de A Guarda
Fecha desde el 04 de Abril de 2018
hasta el 30 de Abril de 2018Masajes con 25% de descuento sólo en abril, pide cita en el 986 61 16 04
Ampliar contenidoEl Centro de Salud y Terapias Domajó de A guarda ofrece desde este mes de Abril un nuevo servicio de masajes con una oferta de lanzamiento de 25% de descuento sólo durante el presente mes.
Tipos de masajes ofertados:
• MASAJE TERAPÉUTICO
• DEPORTIVO
• REAFIRMANTE
• LINFÁTICO
• SEDANTE RELAJANTE
• DESCONTRACTURANTE
• FACIAL
• PIERNAS CANSADAS
• EDIPOSO
• ESTIRAMIENTO ASISTIDOConsulta previa cita
Quiromasajista diplomadoC/ Manuel Álvarez, nº 8
986 61 16 04
Eu Rural pon en marcha un concurso escolar para achegar aos nenos e nenas á Medida Leader
Fecha desde el 03 de Abril de 2018
hasta el 17 de Mayo de 2018O certame, que foi presentado este martes en Redondela, está aberto aos máis de 100 colexios públicos e privados de educación infantil e primaria dos 13 municipios que conforman o GDR 14
Ampliar contenidoDifundir a Medida Leader "en todos os recunchos do territorio e que todo o mundo se entere de que se poden a optar a fondos para vivir e emprender no rural". Ese é o obxectivo co que a Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eu Rural, responsable da execución da Medida Leader 2014-2020 no Grupo de Desenvolvemento Rural 14 (GDR 14), acaba de poñer en marcha o proxecto ‘Creando Rural', un concurso escolar participativo dirixido a alumnado de educación infantil e primaria dos máis de 100 centros educativos públicos, concertados e privados dos 13 municipios que conforman o territorio do GDR 14 (Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, A Guarda, Mos, Nigrán, Oia, Pazos de Borbén, Redondela, O Rosal, Tomiño e Tui).
O concurso foi presentado este martes 3 de abril en Redondela pola presidenta da asociación e alcaldesa de Tomiño, Sandra González, quen asegurou que a través de iniciativas como esta trátase de "facer ver que no rural tamén hai calidade de vida e que hai futuro". González estivo acompañada neste acto polos tenentes de alcalde de Redondela, María del Carmen Amoedo e Miguel Ángel Álvarez; pola alcaldesa de Oia, Cristina Correa; a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo; o alcalde de Gondomar, Francisco Ferreira; así como os concelleiros Alfonso Ventín (Fornelos de Montes), José Ángel Bahamonde (Baiona), Julia Loureiro (Mos) e María Teresa París (Redondela).
Neste acto de presentación tamén participaron os nenos e nenas de 2º de primaria do CPR Plurilingüe Vigo, de Redondela, unha representación do público ao que vai dirixido este certame que quere "valorizar o medio rural" e "ver como é para os cativos e cativas vivir no rural, xa que seguro que nos achegan unha visión diferente". "Esperamos que a través da ollada dos nenos e nenas poidamos ver as persoas adultas outro rural", salientou a alcaldesa de Tomiño.
Un mural e un vídeo sobre o GDR 14
Dende este 3 de abril ata o vindeiro 17 de maio ás 14.00 horas, o alumnado de calquera clase de educación infantil e primaria poderá presentar os seus proxectos para participar nun concurso que busca achegar coñecementos sobre o desenvolvemento rural ás cativas e cativos. Todos aqueles grupos interesados en participar deberán facer unha inscrición previa na web creandorural.org ata o próximo 27 de abril.
O profesorado será o encargado de traballar na clase as sete unidades didácticas (sete para educación infantil e sete para primaria) a través das que os nenos e nenas aprenderán que é o GDR 14, que se busca con el o como afecta á poboación e á economía da contorna. Unha vez revisadas estas unidades, cada aula completa poderá presentar un proxecto conxunto a concurso e o titor ou titora figurará como responsable.
No caso da categoría de educación infantil, o traballo a presentar será un mural creativo e de inspiración libre, mentres que as aulas de educación primaria deberán gravar un vídeo dun máximo de dous minutos. O premio será unha excursión dun día de duración á Granxa Escola O Kiriko para as dúas clases de educación infantil premiadas e outra ao centro de actividades na natureza FervenzAventura para os dous gañadores de primaria.
Dende o 19 ao 25 de maio abrirase un prazo de votación popular para que a cidadanía escolla os traballos (un por categoría) que máis lle guste e que consideren que deben ser premiados. Pero, para salvar as diferenzas de poboación que existen no territorio e evitar que os nenos e nenas poidan verse prexudicados por esta votación popular, a organización tamén designará un xurado composto por expertos na materia que elixirán outors dous premiados (un por categoría).
Os premiados serán publicados na web do proxecto (creandorural.org) o 28 de maio de 2018 e a entrega de premios terá lugar entre o 30 de maio e o 1 de xuño. Os nenos e nenas de educación infantil desfrutarán da súa excursión á granxa escola O Kiriko os días 4 e 6 de xuño e o alumnado de primaria irá a FervenzAventura o 8 de xuño.
Orpagu acerca el mundo del mar a los más pequeños con la tercera edición de su certamen de relatos
Fecha desde el 06 de Abril de 2018
hasta el 30 de Abril de 2018El concurso -Homes e Mulleres do Mar- cuenta con la colaboración de la Editorial Galaxia y está abierto a niños y niñas de edades comprendidas entre los 10 y los 12 años.
Ampliar contenidoLa Organización de Productores Palangreros Guardeses (Orpagu) acaba de presentar la tercera edición de su Concurso de Relatos "Homes e Mulleres do Mar", que cuenta con la colaboración de la Editorial Galaxia. Se trata de un certamen, abierto a niños y niñas de entre 10 y 12 años, que tiene un doble objetivo: promocionar la literatura gallega e iniciar a los más pequeños en el mundo literario.
Los relatos cortos deben estar escritos en gallego y su temática debe girar en torno a los profesionales del mundo del mar, tanto hombres como mujeres. Tendrán que tener una extensión mínima de dos folios y máxima de seis, en un formato de letra Arial 11, a doble espacio y por una sola cara. Los trabajos presentados deberán ser originales e inéditos, por lo que no se tendrán en cuenta aquellos que se hayan presentado y hayan sido premiados en otros concursos.
El plazo de presentación terminará el 30 de abril y será a partir de ese momento cuando el jurado, formado por los escritores Sonia Mirón y Francisco Castro y la filóloga Fátima Pérez Sobrino, decida el ganador entre los relatos presentados.
El 14 de mayo se hará público el fallo del jurado y el 2 de junio se hará entrega al ganador o ganadora de un premio consistente en una Tablet y un lote de libros de la Editorial Galaxia.
Prosegue a X Semana Teatro Amador no venres das Festas de San Telmo
Fecha desde el 06 de Abril de 2018
hasta el 06 de Abril de 2018Programación Festas de San Telmo - Venres, 6 de abril
Ampliar contenidoDentro da programación das festas de San Telmo o venres rematan as actividades para os máis pequenos que se veñen celebrando dende o luns. Os monitores de Chirlomirlo compartirán a mañá, de 11 a 13h, na Área Panorámica cos nenos que desexen participar en "A gran xincana". Os cativos terán que descifrar as claves que lles permitirán realizar un percorrido determinado polo circuíto de probas. Mentres dende ás 16h os monitores de En Un Tris Tras acompañarán aos nenos na Sala Félix Rodríguez da Área Panorámica na proxección de "La bella y la bestia".
Por último ás 21h no Teatro Municipal de Tui ten lugar unha nova representación dentro da X Semana de Teatro Amador que está a contar con gran éxito de público. Hoxe o grupo de teatro San Fins de Rebordáns estreará "Descontrol hospital" de Román Sarmiento. Doce actores interpretan a traballadores e pacientes dun hospital inmerso nun total descontrol. A obra está dirixida por José Soares. As entradas, sen numerar, poranse á venda ás 20.30h, ao prezo de 1,5€.Programación Festas de San Telmo - Venres, 6 de abril
• 11.00-13.00 h No edificio da , porta 12, actividades infantís - "A gran xincana" con Chirlomirlo. *Entrada libre ata completar capacidade.
• 16.00 h na Sala Félix Rodríguez da Área Panorámica, porta 10, cinema infantil "La Bella y la Bestia" con En Un Tris Tras - 120 min. *Entrada libre ata completar capacidade.
• 21.00 h No Teatro Municipal X Semana de Teatro Afeccionado San Telmo. O grupo de teatro San Fins de Rebordáns presenta "Descontrol hospital" - 80 min. Entrada 1,5 €.
-O Tritão-Palmado-: A história de um anfíbio cada vez mais raro em Portugal
Fecha desde el 04 de Abril de 2018
hasta el 31 de Mayo de 2018O Aquamuseu do rio Minho apresenta, entre 4 de abril e 31 de maio, uma pequena exposição bimestral em painéis intitulada -O Tritão-Palmado-
Ampliar contenidoCumprindo a sua missão de promoção e divulgação do património natural da bacia hidrográfica do rio Minho, o Aquamuseu do rio Minho apresenta, entre 4 de abril e 31 de maio, uma pequena exposição bimestral em painéis intitulada ‘O Tritão-Palmado'.
Por ser pouco conhecido, o objetivo é dar a conhecer algumas das características gerais, reprodução, habitat e ameaças, deste anfíbio que pode ser encontrado junto das nossas linhas de água e que nos ajuda a combater pragas.
O Tritão-Palmado é uma das espécies de maior distribuição no mundo, mas em Portugal existe em número reduzido. Apesar de não estar ainda muito ameaçado, as rápidas alterações climáticas, a destruição de habitats e a poluição das águas onde habita estão a fazer diminuir rapidamente o número existente.
De realçar que o Tritão-Palmado desempenha um papel importante na natureza, sendo que na Galiza, por exemplo, chamam-lhe ‘limpa fuentes', porque se sabe que onde esta espécie habita a água é sempre limpa.
Especial - Alumnos e alumnas da Guarda participan na reforestación de 41.000 metros cuadrados no Monte Santa Trega
Fecha desde el 00 de de 0000
hasta el 15 de Marzo de 2019Para esta actuación, envióuselle un escrito os colexios para os alumnos que queiran participar nesta plantación, tendo xa confirmación dalgún colexio.
Ampliar contenidoA Comunidade de montes de A Guarda, empezou no pasado mes de febreiro e seguindo a día de hoxe tras obter os permisos de patrimonio, para realizar os buracos e iniciar a reforestación no Monte Trega cun control arqueolóxico para a plantación de Castiñeiros e Carballos.
Esta plantación realizase no polígono 24 e parcelas 10001 e 10002 nunha superficie de 41.400 m², onde no ano 2.018 erradicáronse uns 317 eucaliptos de gran tamaño ademais de acacias.
Estes labores realizaranse durante cinco días aproximado de perforación, dous días para o abono, continuandoa plantación coa colaboración de alumnos e alumnas do Colexio As Solanas da Guarda e persoal da Comunidade de Montes.Ademais, esta comunidade de montes, vai instalar antes do 30 de marzo, 447 metros de varanda en dous atallos, para a comodidade e protección das persoas que usan estes atallos. E bordeando unha zona axardinada a carón da nova plantación para evitar a entrada de vehículos.
GALERÍA DE FOTOS
Haz clic en la imagen de abajo para acceder a la Galería de fotografías
O Concello inaugura a remodelación do acceso ao aparcamento Xulio Sesto
Fecha desde el 00 de de 0000
hasta el 07 de Octubre de 2020Nas obras de mellora pavimentouse un acceso rodado e outro peonil, executáronse as canalizacións de augas pluviais e tamén as conducións eléctricas para dotar de iluminación a zona
Ampliar contenidoO Rosal acaba de inaugurar o novo acceso ao aparcamento Xulio Sesto tras as obras de remodelación, acondicionamento e urbanización acometidas nos últimos meses. Durante este tempo o Concello, a través da empresa adxudicataria, levou a cabo traballos de pavimentación da entrada para crear un acceso rodado e outro peonil, executou a canalización de augas pluviais e dotou das condicións eléctricas necesarias para dispoñer de iluminación na zona.
O obxectivo destas actuacións era corrixir as deficiencias técnicas do proxecto inicial e paliar a problemática derivada do acondicionamento do aparcamento para que poida empregarse de forma normalizada, xa que ata o de agora non cumpría os requisitos mínimos necesarios para o seu uso sen prexuízo para a veciñanza residente nas inmediacións do acceso ao aparcamento, situado no núcleo urbano da vila.
A apertura do aparcamento Xulio Sesto permite dotar á Praza do Calvario e as súas inmediacións dun maior espazo para o estacionamento de vehículos.
O proxecto, elaborado pola área de Urbanismo do Concello do Rosal, contou cun orzamento de máis de 34.000 euros financiados a cargo do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra
Rosane Serrano representará al Atlético Guardés con la Selección Española Júnior
Fecha desde el 00 de de 0000
hasta el 09 de Febrero de 2026La primera línea del Mecalia Atlético Guardés se concentrará del 2 al 8 de marzo en Elche y disputará un amistoso ante el Atticgo BM Elche.
Ampliar contenidoEl Mecalia Atlético Guardés volverá a estar representado en una cita internacional. La primera línea Rosane Serrano, jugadora vasca del conjunto de A Guarda, ha sido convocada con las Guerreras Júnior para participar en la concentración que se celebrará del 2 al 8 de marzo en Elche.
La convocatoria, publicada por la nueva seleccionadora Verónica Cuadrado, incluye a 21 jóvenes promesas del balonmano español que trabajarán durante toda la semana aprovechando el parón liguero. Serrano, habitual en las listas del combinado nacional en categoría júnior, volverá así a vestir la camiseta de España tras haber sido subcampeona de Europa el pasado verano.
El stage tendrá lugar en la ciudad alicantina y culminará el domingo 8 de marzo con un partido amistoso ante el Atticgo BM Elche, a las 11:30 horas en el pabellón Esperanza Lag.
Esta concentración coincide con la semana fijada por la European Handball Federation para la disputa de compromisos internacionales, en este caso el clasificatorio para el Campeonato de Europa 2026. En la edición júnior del pasado verano, las Guerreras alcanzaron la final y lograron la medalla de plata, con una destacada participación de Serrano.
Aunque natural del País Vasco, la jugadora defiende actualmente los colores del Guardés, consolidándose como una pieza importante dentro del proyecto deportivo del club miñoto y reforzando la proyección nacional e internacional de la entidad de A Guarda.
“Es una oportunidad para crecer y mejorar de cara al futuro”
Rosane Serrano se mostró “muy contenta e ilusionada de poder formar parte de esta convocatoria”. La jugadora reconoce que estas concentraciones suponen una alta exigencia física y mental, especialmente en un momento clave del calendario.
A su regreso, le esperan dos semanas consecutivas de doble jornada con el Guardés, combinando Liga y competición europea. “Siempre son semanas de mucho trabajo y de mucha intensidad”, explica la primera línea, que aun así valora enormemente la experiencia. “Es una oportunidad para crecer y mejorar a nivel individual y grupal de cara al futuro”, concluye.
Para el Atlético Guardés, esta convocatoria vuelve a situar al club de A Guarda en el foco del balonmano nacional, demostrando el nivel competitivo de su plantilla y su capacidad para aportar talento a la Selección Española.
