Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O Rosal pon en marcha un ciclo de 5 andainas interpretativas para por en valor o seu patrimonio cultural e natural

As rutas, de balde e dificultade media-baixa, comezarán o vindeiro 21 de abril un percorrido polas Eiras. Necesaria inscrición previa en rutas@orosal.gal

As rutas, de balde e dificultade media-baixa, comezarán o vindeiro 21 de abril un percorrido polas Eiras. Necesaria inscrición previa en rutas@orosal.gal

Etiquetas del contenido

Fecha: 11 de Abril de 2024

Fuente: Concello do Rosal

Camiñar para coñecer cada recuncho do Rosal dun xeito sinxelo, ameno e divertido. Con ese obxectivo o Concello pon en marcha un ciclo de cinco andainas interpretativas de balde que ao longo dos vindeiros meses permitirá a todas e todos os participantes “compartir lecer con outros veciños e veciñas e poñer en valor o patrimonio histórico, cultural, paisaxísto e natural do Rosal”.

O concelleiro de Turismo e Deportes, José Carlos Martínez Crespo, destaca que se trata “dunha nova oferta de turismo e de lecer coa que desfrutar practicando unha actividade tan sa e interesante como o sendeirismo ao tempo que seguimos coñecendo os segredos que agochan as nosas parroquias e que en moitas ocasións para desapercibido”.

Serán cinco andainas de dificultade media baixa con percorridos de entre 5 e 10 quilómetros e guiadas por persoal experto co que coñecer tamén a flora e a fauna autóctona, a xeoloxía, a toponimia ou a antropoloxía de diferentes recunchos do Rosal dun xeito ameno. Este ciclo estrearase o domingo 21 de abril cunha andaina pola parroquia das Eiras para coñecer os máis de 300 petróglifos do Ghorghalado e a capela e as sobreiras da Madalena, con máis de 400 anos de. historia, así como a praia ou o cruceiro e o peto de ánimas do Camiño da Cubela. A saída será ás 10.00 horas dende as adegas Val Miñor, na estrada PO-552 de Tui á Guarda, onde comezará un percorrido circular de 6 km e unhas tres horas de duración.

O percorrido transcorrerá por pistas e camiños de terra polo que, aínda que é de dificultade baixa-moderada, a ruta non é apta para persoas con mobilidade reducida. Para desfrutar da actividade, recoméndase levar calzado axeitado e roupa cómoda adaptada á climatoloxía, bastóns ou elementos de apoio similares e auga e algo para picar durante o roteiro.

A segunda andaina será o 19 de maio pola Senda dos pescadores do Río Carballas (Tamuxe), unha ruta totalmente chan duns 8 km dende a área de lecer das Aceñas coa praia das Eiras no río Miño. O 16 de xuño será a quenda de Couselo – Niño do Corvo, un roteiro circular de 8 km con saída e chegada na aldea de Couselo que permitirá descubrir tamén pesqueiras e viñedos. Aínda sen data, tamén se realizará unha andaina dende os muíños do Rego da Cal ata a Ermida de San Martiño e outra pola beira atlántica, percorrendo o Camiño de Santiago pola Costa e o Alto da Portela.

As persoas interesadas en participar en calquera destas andainas deberán inscribirse previamente a través do correo electrónico rutas@orosal.gal.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí