Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A Xunta concede unha axuda para conservar a Sobreira Natural do Faro en Oia, unha das poucas que existen en Galicia

Trátase dunha formación composta por carballos, ameneiros e salgueiros, con idades comprendidas entre os 70 e 120 anos, que forma parte dos elementos incluídos no Catálogo de árbores senlleiras

Trátase dunha formación composta por carballos, ameneiros e salgueiros, con idades comprendidas entre os 70 e 120 anos, que forma parte dos elementos incluídos no Catálogo de árbores senlleiras

Fecha: 31 de Marzo de 2022

Fuente: Xunta de Galicia

A Xunta concede unha axuda para conservar e manter a sobreira do Faro no concello de Oia, unha formación que está incluída no Catálogo de árbores senlleiras.

 

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a Resolución da convocatoria de subvencións para apoiar as actuacións de mellora , protección e conservación, así como de divulgación, dos elementos incluídos neste inventario galego de elementos singulares, dirixidas ás entidades locais, así como aos propietarios ou entidades sen personalidade xurídica.

 

A sobreira está composta por exemplares de carballos, ameneiros e salgueiros nas zonas máis húmidas, con idades comprendidas entre 70 e 120 anos. Son individuos de pequenas dimensións, pero cunha masa moi interesante desde o punto de vista bioxeográfico, pois é un dos poucos sobreirais naturais de Galicia.

 

Neste caso, a axuda concedida -de 4.020,40 euros- permitirá sufragar actuacións de mantemento e conservación, como a realización de podas ou control da copa, e a aplicación de tratamentos fitosanitarios. Non obstante, os traballos deberán estar executados antes do 30 de setembro.

 

Elementos no Catálogo de senlleiras

O Catálogo galego de árbores senlleiras é unha ferramenta aberta e en constante actualización, podendo propoñer a inclusión de elementos novos os seus propietarios, as administracións, os centros de investigación ou asociacións e aquelas entidades privadas ou públicas que teñan entre os seus fins estatutarios a protección da natureza.

 

De feito, desde a aprobación do seu regulamento no ano 2007, foi obxecto xa de diversas revisións e periodicamente sométense a información pública novas propostas para valorar a posible incorporación de exemplares con valores salientables.

 

Na actualidade, forman parte do Catálogo un total de 182 elementos —144 exemplares e 38 formacións arbóreas— pertencentes a 79 especies diferentes e coa seguinte distribución por provincias:

PROVINCIA

ÁRBORES

FORMACIÓNS

TOTAL

A Coruña

42

12

54

Lugo

34

6

39

Ourense

20

6

26

Pontevedra

48

14

62

Total

144

38

182

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí