Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Oia acollerá accións contra a herba da pampa na Semana Ibérica sobre Especies Invasoras

Asociación Galicia Ambiental e Concello desenvolverán charlas e saídas de extracción e cartografado con voluntarios

Asociación Galicia Ambiental e Concello desenvolverán charlas e saídas de extracción e cartografado con voluntarios

Etiquetas del contenido

Fecha: 27 de Abril de 2022

Fuente: Concello de Oia

A Asociación Galicia Ambiental e o Concello de Oia traballan conxuntamente para concienciar á poboación sobre os problemas que están a provocar as especies invasoras como a herba da pampa (Cortaderia selloana), presente en amplas zonas do país. Así, levarán a cabo diversas actividades durante a Semana Ibérica sobre Especies Invasoras (SIEI) que España e Portugal organizan do 21 ao 29 de maio co obxectivo de sensibilizar sobre este problema ambiental e económico.

 

As especies invasoras son unha das principais ameazas para a biodiversidade a nivel global e causan outros impactos significativos a nivel ambiental e socioeconómico. Porén, estas cuestións aínda son descoñecidas para a maior parte da cidadanía, polo que cómpre levar a cabo accións non só de control e erradicación, senón tamén de concienciación.

 

Neste contexto, a SIEI 2022 pretende contribuír a aumentar o coñecemento e a sensibilización sobre estas especies. Trátase dunha iniciativa promovida pola Rede Portuguesa de Estudo e Gestão de Espécies Invasoras - Rede InvECO, pola plataforma Invasoras.pt e polos proxectos LIFE Stop Cortaderia e LIFE INVASAQUA. Ademais, realízase en estreita colaboración con diversas entidades, asociacións e grupos informais.

 

Programación de actividades

 

Durante a SIEI organizaranse charlas nos centros escolares e asociacións de Oia, unhas actividades de sensibilización que culminarán cunha acción de voluntariado de extracción xeneralizada de plumeiros, cartografado de plantas e extracción dunha área de afectación na contorna urbana.

 

Un técnico forestal do Concello de Oia e o responsable de divulgación da asociación serán os encargados de trasladar aos distintos colectivos do concello información sobre os riscos ambientais e de saúde desta especie invasora, ademais de indicar a importancia de afrontar accións preventivas para evitar o seu rebrote.

 

A acción de voluntariado está prevista para o 29 de maio e consistirá en percorrer, por equipos,  o termo municipal cun dobre obxectivo: extraer semente e cartografar a presenza da planta a través da plataforma habilitada polo proxecto LIFE Stop Cortaderia.  Nela xa figura unha boa parte das plantas tras unha intensa actividade identificadora desenvolvida dende o municipio, un dos máis activos nesta materia de Galicia.

 Esta xornada de voluntariado rematará coa entrega, para a súa destrución, de plumeiro novo, co que se evitará que millóns de sementes se estendan este ano por Oia e a súa contorna. A destrución terá lugar nunha zona urbana do municipio onde se consolidaron varias plantas, converténdose  nun espazo “liberado” de Cortaderia selloana e restaurado mediante a plantación de vexetación e árbores autóctonas.  Programa “piloto” en Oia

 

Despois do parón obrigado polas medidas preventivas para o control da pandemia, a Asociación Galicia Ambiental retoma as súas actividades con voluntariado e os seus programas de educación e sensibilización ambiental. Esta primeira acción faise en colaboración co Concello de Oia, pois ambas entidades están adheridas ao proxecto LIFE Stop Cortaderia (actualmente en desenvolvemento e que finaliza este mesmo ano). Ademais, Galicia Ambiental é “socia rexional” na candidatura para optar a un novo proxecto STOP Cortaderia (sería a segunda parte do que este ano chega ao seu fin), presentado ao novo LIFE e que comezaría a executarse en 2023.

 Durante 2022, Galicia Ambiental desenvolve diversas accións de voluntariado para a extracción de especies invasoras, nomeadamente cortaderia selloana, dentro do seu programa SIN INVASORAS. Neste contexto, a acción de Oia considérase un “programa piloto” das intervencións locais que se desenvolverán, no caso de ser aprobado,  no marco do II Programa Stop Cortaderia, do cal formará parte en representación de Galicia. Este programa agrupa a comunidades de Portugal, España (todas as comunidades cantábricas) e Francia.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí