Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Especial - Pòvoa de Varzim visitou A Guarda para dar a coñecer as súas Festas de São Pedro

A programación das festas incluirá unha exposición dedicada ao patrimonio histórico-cultural da Guarda presente na Póvoa de Varzim.

A programación das festas incluirá unha exposición dedicada ao patrimonio histórico-cultural da Guarda presente na Póvoa de Varzim.

Fecha: 06 de Junio de 2018

Fuente: J. Alonso/Infomiño.com

A vareadora de Turismo da Câmara Municipal da Pòvoa de Varzim, María Lucinda Campos, visitou o pasado sábado A Guarda co fin dar a coñecer e convidar aos guardeses e guardesas ás festas grandes da localidade portuguesa, que se celebrarán entre o 28 de xuño e o 7 de xullo na honra de São Pedro.

A edil lusa e o director da Biblioteca Municipal Rocha Peixoto, Manuel Costa, foron recibidos no auditorio de San Bieito polo alcalde do Concello da Guarda, Antonio Lomba, e o secretario da Asociación Cultural de Embarcacións Tradicionais Piueiro, Celso R. Fariñas.

O representante de Piueiro -asociación impulsora do recibimento- destacou durante o acto a «valiosa colaboración» de Pòvoa de Varzim no impulso da candidatura guardesa para acoller o próximo Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia. A décimo cuarta edición desta celebración da cultura marítima terá lugar finalmente no porto Guarda en xullo de 2019 e nela participarán, entre moitas outras, as tradicionais lanchas poveiras.

Segundo avanzou María Lucinda Campos, as Festas de São Pedro incluirán na súa programación unha exposición dedicada ao patrimonio histórico-cultural da Guarda presente na Póvoa de Varzim, cunha mostra etnográfica sobre as artes de pesca. Nesta liña, o rexedor local salientou o vínculo histórico de ámbolos dous pobos, «unidos por lazos ancestrais» dos que dan boa conta as marcas poveiras gravadas na estela que, xunto á ermida de Santa Trega, renden homenaxe á Póvoa de Varzim.

Os representantes poveiros e guardeses aproveitaron o encontro para realizar un intercambio folclórico e cultural coa actuación do grupo guardés de gaitas A Boalheira e a Rusga da Pòvoa, na que se representan os 6 barrios da cidade (Matriz, Norte, Sul, Mariadeira, Regufe e Belém).

Ao remate do acto, as persoas asistentes puideron gozar dunha degustación de rabanadas poveiras, un doce típico da localidade portuguesa elaborado a base de ovos, pan, leite, azucre e canela.

   Fotos de Jorge Obispo
 

  A programación das festas incluirá unha exposición dedicada ao patrimonio histórico-cultural da Guarda presente na Póvoa de Varzim.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones