Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

INICIADO UN NOVO PROXECTO DE FOTOTRAMPEO

Máis dun cento de mostraxes vanse levar a cabo ao longo deste ano 2016.

Máis dun cento de mostraxes vanse levar a cabo ao longo deste ano 2016.

Fecha: 18 de Marzo de 2016

Fuente: Anabam

O fototrampeo como método de estudo forma parte dos nosos traballos de campo dende o verán de 2013. Nese ano, cun único equipo, realizamos o seguimento de depredadores durante a tempada reprodutiva da píllara das dunas en Portugal. No 2014 aumentamos o material dispoñible e, xa con 9 equipos, ao longo dun ano efectuamos case 400 mostraxes cubrindo a totalidade da comarca do Baixo Miño.

Grazas a estes traballos coñecemos máis sobre a distribución dos carnívoros da comarca recollendo datos doutras especies como o corzo do que apenas tíñamos coñecemento da súa situación no Baixo Miño.

Por falla de experiencia previa, unha das principais dificultades coas que nos atopamos foi establecer o método de traballo máis axeitado para as peculiaridades da zona de estudo: hábitat moi fragmentado, vertebrado por numerosas vías de comunicación e cunha poboación dispersa que fai da comarca un territorio altamente humanizado.

 

Con vistas a optimizar e homoxenizar futuros estudos puxemos en marcha dende este mes de xaneiro un novo proxecto de fototrampeo. Catro membros do grupo de traballo se encargarán de efectuar máis dun cento de mostraxes ao longo deste 2016.A través das mesmas pretendemos establecer un estandarizado o noso traballo e adaptalo ás peculiaridades da comarca e a súa fauna. Para logralo valoraremos, entre outras, a efectividade de distintos cebos utilizados en traballos de fototrampeo na Península Ibérica, establecer o tempo mínimo de mostraxe ou determinar a unidade mínima de mostraxe para as distintas especies presentes na comarca.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones