Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

LONTRAS NO RÍO MIÑO

Nas últimas semanas producíronse varios avistamentos no último tramo do Miño.

Nas últimas semanas producíronse varios avistamentos no último tramo do Miño.

Fecha: 21 de Enero de 2015

Fuente: Anabam

Foi a finais da década dos setenta ou principios da década dos noventa do século pasado cando, segundo as testemuñas que recollemos dun cazador de Salcidos (A Guarda), -Serafín Portela, "O Capitán"- cando se abatiu unha das últimas lontras que había no Miño, ou polo menos, que se pensaba que así era. O animal foi abatido na marisma desa parroquia, conservándoo disecado na súa vivenda, onde tiven a oportunidade de velo e fotografalo.

 

 

Fotografía: Agustín Ferreira-anabam, Salcidos, 1983.

Hai uns cantos anos, uns colegas portugueses pasáronme un vídeo que gravaron no río Âncora, a poucos quilómetros da desembocadura do Miño, no que se podían ver varias lontras xogando no mesmo. As imaxes foran obtidas de mañanciña. A distancia entre ámbolos dous ríos é de 12 quilómetros, que se poden percorrer ben bordeando o litoral ou ben desprazándose pola praia e as veigas próximas.

 

 

A finais do verán do ano 2012, Ricardo da Silva, membro de ANABAM, observou en varias ocasións, no embarcadoiro de Forcadela, unha nutria. E pouco tempo despois, nas proximidades de Vila Nova de Cerveira, volveu ver un exemplar adulto e varias crías.

 

 

A finais de decembro deste recén rematado ano 2014, o guardés Javier Barbi, puido observar e fotografar unha nutria que se lle presentou moi preto del, cousa que acontecía entre am praia deGuillarei e Tui.

 

Finalmente, neste mes de xaneiro, concretamente o día 4, o artista caminhense, Joel Correia, avistaba un exemplar nas proximidades de Lanhelas e aproximadamente un mes antes, xa vira o cadáver dunha nutria na estrada Seixas-Caminha, que fora atropellada.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Fotografía: Javier Barbi, Guillarei, decembo 2014.

Como estamos a ver, cada vez temos máis referencias da presenza actual de lontras no último tramo do Miño o que supón unha grande esperanza na recuperación da especie que se pensaba extinta nesta área do Baixo Miño galego-portugués, ata hai poucos anos. Non temos datos nin estudos feitos, pero danos a impresión que a presenza do visón americano nesta zona mermou o que tal vez teña algo que ver coas lontras.

 

 

 

 

Foto: Joel Correia, Lanhelas, xaneiro 2015.

 

 

 

Foto: Joel Correia, Lanhelas, xaneiro 2015.

 

 

 

 

O círculo sinala o lugar onde foi atopado o cadáver dunha lontra atropellada, nas proximidades do sapal do Coura. Dato facilitado por Joel Correia.

 

 

 

 

 

 

Cadáver de lontra atropellada nas inmediacións do sapal do Coura, aproximadamente a mediados de decembo pasado.

 

 

 

 

 

Foto: Joel Correia.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones