Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

40 SACOS DE LIXO RETIRADOS É O BALANCE FINAL DA ACTIVIDADE DE LIMPEZA DA COSTA REALIZADA NA COSTA DE PORTECELO (O ROSAL)

A actividade foi co-organizada por ANABAM e A Jalleira Afea.

A actividade foi co-organizada por ANABAM e A Jalleira Afea.

Fecha: 21 de Marzo de 2016

Fuente: Manuel A. Pombal

Este domingo 20 de marzo a Asociación Naturalista Baixo Miño (ANABAM) xunto coa Asociación Forestal e de Educación Ambiental A Jalleira AFEA co-organizaron unha limpeza pola costa do concello de O Rosal, na zona de Portecelo. O evento celebrouse no marco da edición número 21 das "Iniciativas Oceánicas" desenvolvidas pola "Surfrider Foundation Europe" que este ano ten como lema "Ningún respiro ao lixo" (sendo o lema local da nosa actuación "Por un mar de futuro"). O traballo desenvolvido durante máis de 3 horas polos 27 voluntarios participantes, 11 deles en idade escolar, foi excelente, a pesares de que o día amañeceu con algo de chuvia.

Despois de darlle a benvida aos participantes e dunha breve introdución inicial na que se destacou o que se pretendía coa acción a desenvolver, a actividade transcorreu con total normalidade. En apenas 750 m lineais de costa recolléronse uns 40 sacos de lixo, equivalentes a uns 5 m3. A maior parte do lixo retirado foron materiais plásticos e derivados da actividade pesqueira. Tamén se retirou unha roda de coche, varias maromas de corda, e un tinón de botellas de vidro (para reciclar). Asemade, fíxose unha recollida selectiva de tapóns (para o proxecto solidario desenvolvido por Banta) e de utensilios de pesca (para reutilizar), tales como boias, cortizas, palillos de batea, fichas e xiratorios de plástico, etc. Os colectivos convocantes queren agradecer, de novo, o traballo desenvolvido por todos os participantes.

Un dos obxectivos era sensibilizar sobre a importancia de reducir a produción de residuos, salientando o impacto visual e ecolóxico que producen nas nosas costas. Cumpre salientar que arredor de 6,6 mil millóns de quilos de residuos chegan ao medio mariño cada ano, dos cales aproximadamente o 80% son de orixe terrestre, sendo os seres humanos os únicos culpables. Unha boa parte destes residuos correspóndense con materiais plásticos. Segundo un estudio publicado en 2014 cerca de 270.000 toneladas de plástico flotan nos nosos océanos, é dicir, 5 billóns de anacos de plástico. O máis preocupante é que o 90% do plástico mariño vaise rompendo en partes cada vez máis pequenas e acaba converténdose en micropartículas, as cales son inxeridas como alimento por todo tipo de animais mariños; polo tanto, parte destes microplásticos están chegando xa a cadea alimenticia humana.

A actividade rematou despois de facer a "foto de familia", agradecendo a participación e repartindo unha serie de agasallos a todos os participantes: unha monografía editada por ANABAM (Cunchas arreboladas pola marea), camisetas, bolsos bandoleira, un caderno e un bolígrafo de cartón reciclado.

O evento contou tamén coa colaboración do concello de O Rosal que se encarga de retirar os sacos de lixo recollidos e da confraría de A Guarda que subvencionou os carteis anunciando a realización da actividade.

 

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones