Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Asociación Forestal de Galicia celebra unha nova reunión informativa en Tomiño polo nematodo do piñeiro

A AFG trasladaralle ás comunidades de montes socias as novidades sobre a xestión da praga na zona demarcada, logo de dúas reunións mantidas coa Xunta, conxuntamente con outros colectivos do sector

A AFG trasladaralle ás comunidades de montes socias as novidades sobre a xestión da praga na zona demarcada, logo de dúas reunións mantidas coa Xunta, conxuntamente con outros colectivos do sector

Fecha: 14 de Marzo de 2019

Fuente: Asociación Forestal de Galicia

A Asociación Forestal de Galicia (AFG) trasladoulle á Xunta nos últimos días as demandas e dúbidas do sector en relación á zona demarcada polo nematodo do piñeiro, que abarca todo o sur da provincia de Pontevedra. Unha vez abordado o problema coa Administración, tanto no Consello Forestal coma na reunión de constitución do Comité de Seguemento do Nematodo, en Pontevedra, a AFG celebrará unha nova reunión informativa coas súas comunidades de montes e propietarios particulares socios.

A reunión informativa está convocada en Tomiño (Pabellón de Barrantes) para este venres 15 de marzo ás 20 horas. O encontro servirá para que a Asociación Forestal resolva as distintas inquedanzas trasladadas nas últimas semanas polas comunidades de montes socias.

Darase tamén conta na reunión das propostas de actuación a curto e medio prazo que se abordaron no Comité de Seguemento do Nematodo, constituído recentemente en Pontevedra con participación de Medio Rural e das distintas organizacións do sector, entre elas a Asociación Forestal de Galicia.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones