Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Asociación Naturalista Baixo Miño -ANABAM- en contra dos campionatos de caza de raposo

Ven de interpor unha queixa ante o Valedor do Pobo de Galicia contra a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

Ven de interpor unha queixa ante o Valedor do Pobo de Galicia contra a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

Fecha: 29 de Enero de 2019

Fuente: Anabam

Co motivo dos campionatos de caza de raposo (Vulpes vulpes) en Galicia que teñen lugar nos meses de xaneiro e febreiro de 2019, a Asociación Naturalista "Baixo Miño" (ANABAM), ven de interpor unha queixa ante o Valedor do Pobo de Galicia contra a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

A xustificación da caza para o control da suposta superpoboación de raposo (ou calquera outra especie) e como medida de control por danos estarían suxeitas ás regulacións establecidas na Lei 42/2007, do 13 de decembro, do Patrimonio Natural e da Biodiversidade a na Resolución do 8 de maio de 2018, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural. A Lei 42/2007 establece no artigo 2 punto c como principio prioritario "A utilización ordenada dos recursos para garantir o aproveitamento sostible do patrimonio natural, en particular, das especies e dos ecosistemas, a sua conservación, restauración e mellora e evitar a perda neta de biodiversidade" punto que se incumpre coa realización dun campionato de caza no que se pretende matar o máximo número de animais sen coñecer a capacidade de carga do ecosistema, aspecto básico para coñecer a existencia ou non de superpoboación dunha determinada especie que asegure a aproveitamento sostible do patrimonio natural. A Resolución do 8 de maio de 2018, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, pola que se determinan as épocas hábiles de caza, as medidas de control por danos e os réximes especiais por especies durante a tempada 2018/19, establece a obrigatoriedade da comprobación dos danos ocasionados polas especies obxecto do control poboacional.

No referente ao uso de munición de chumbo, o risco tanto para a saude das personas como para o medio ambiente está recoñecido pola lexislación sobre solos contaminados, Real Decreto 9/2005, do 14 de xaneiro, polo que se establece a relación de actividades potencialmente contaminantes do solo e os criterios e estándares para a declaración de solos contaminados. Deste xeito, a Lei 22/2011 de Residuos e solos contaminados, no artigo 17 establece a obrigatoriedade do productor da xestión dos seus residuos para o que o productor está obrigado a realizar o tratamento dos residuos por si mesmo ou de xeito subsidiario e a entrega dos residuos a unha entidade pública ou privada de recollida de residuos incluídas nas entidades de economía social, para o seu tratamento.

Finalmente, a Constitución do Estado español contempla a caza como unha actividade allea ao deporte ao aparecer reflexada no apartado 11 do artigo 148.1, xunto coa pesca, (separado do Deporte que aparece no apartado 19). Do mesmo xeito, o deporte debe fomentar os valores e aprendizaxes como a inserción social, a solidaridade, e a loita contra a violencia e intolerancia como aparece reflexado na Lei 10/1990, do 15 de outubro, do Deporte; valores e aprendizaxes cuestionable no caso da caza.

Por todo o exposto e en base á lexislación estatal e autonómica vixente, ANABAM solicita a retirada cautelar dos permisos para a celebración da vindeira Copa de España de caza de raposo que ten previsto realizarse en Galicia o próximo mes de febreiro ata que exista documentación científica que asegure a aproveitamento sostible do patrimonio natural conforme a Lei 42/2007. Solicita que a Comunidade Autónoma de Galicia requira ás entidades organizadoras dos campionatos de caza celebrados os dias 12 e 26 de xaneiro en Galicia a xestión dos residuos conforme ao artigo 17 da Lei 22/2011 de Residuos e solos contaminados polo uso de munición potencialmente perigosa para a saúde das persoas como para o medio ambiente por aparecer a munición de chumbo no Real Decreto 9/2005, do 14 de xaneiro. E, solicita a posta en marcha das accions legais correspondentes contra a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda polas supostas irregularidades na concesión de autorizacións para realización dos campionatos de caza en Galicia conforme a lexislación vixente.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones