Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Deputación e o Colexio Oficial de Veterinaria impulsan a identificación de 140 équidos da Serra da Groba

O presidente do Colexio subliñou que -con esta axuda a Deputación, aínda que non ten competencias, marca unha referencia a nivel galego xa que é a primeira administración que o fai-

O presidente do Colexio subliñou que -con esta axuda a Deputación, aínda que non ten competencias, marca unha referencia a nivel galego xa que é a primeira administración que o fai-

Fecha: 09 de Mayo de 2019

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra e o Colexio Oficial de Veterinaria veñen de acordar a identificación de ata 400 exemplares de gando equino que viven en réxime de liberdade ou semiliberdade nos montes da provincia, dando así resposta á inquedanza das comunidades de montes e ante a inacción da Xunta de Galicia. En total, a institución provincial inviste na actuación 9.600 euros co obxectivo de preservar o valor etnográfico, turístico, medioambiental e sostible das explotacións gandeiras tradicionais, ao tempo que impulsar o cumprimento da normativa vixente relativa á identificación dos équidos.

Para a presidenta da Deputación, Carmela Silva, "hai moitas experiencias para vivir na provincia de Pontevedra e, no caso do gando equino, falamos de tradicións, de algo que nos identifica dunha forma moi especial, que vive libre nos nosos montes onde desenvolve un papel fundamental no coidado e preservación do medio ambiente". Neste eido, Silva incidiu na necesidade de apoiar este tipo de explotacións gandeiras "con todas as garantías" e na importancia de identificar os équidos para cumprir a normativa vixente.

Pola súa banda, o presidente do Colexio Oficial de Veterinaria, Luis Núñez Desiré, agradeceu o compromiso da Deputación "que aínda que non ten competencias, con esta axuda para identificar o gando equino marca unha referencia a nivel galego xa que é a primeira administración que o fai". Neste contexto, Núñez explicou que a aportación da Deputación para a identificación dos équidos permite reducir o 70% do custe que suporía esta actuación para as persoas gandeiras.

En total, a través desta iniciativa, vanse identificar ata 400 équidos dos que 140 viven na Serra da Groba (Val Miñor e Baixo Miño), outros 40 están vencellados co Curro de Morgadáns (Gondomar), 25 co Curro do Galiñeiro (Gondomar), 25 pertencen ao Curro de Amil (Moraña), 60 ao Curro de Cuspedriños (Cerdedo-Cotobade), 50 son do Curro de Sabucedo (A Estrada) e outros 60 doutros curros da provincia situados na Serra do Suído (comarcas de Vigo, Pontevedra, O Condado e A Paradanta), Monte Xiabre (comarcas de Caldas e O Salnés), na Serra de Conla (comarcas de Terra de Montes e Pontevedra), Monte Castrove (comarcas de Pontevedra e O Salnés), Monte Xaxán (O Morrazo), Serra do Cando (comarcas de Pontevedra e Terra de Montes), Monte Castro Sebil (comarcas de Caldas e Terra de Montes), montes da Paradanta (comarcas do Condado e A Paradanta) e Serra do Faro do Avión (A Paradanta).

O sistema de identificación, tal e como explicou a presidenta, inclúe un documento permanente único, un microchip e unha tarxeta de movemento equino editada pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre. Amais, o gando equino identificado formará parte dunha base de datos.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones