Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Deputación organizou unha ruta guiada ao Esteiro do Miño dentro do programa -Voando nas Rías Baixas-

Uníndose a esta conmemoración a Deputación programou a visita á Foz da Ramallosa e ao Esteiro do Río Miño

Uníndose a esta conmemoración a Deputación programou a visita á Foz da Ramallosa e ao Esteiro do Río Miño

Fecha: 05 de Febrero de 2018

Fuente: Deputación de Pontevedra

Carmela Silva subliña cara ao Día Mundial dos Humidais "a evolución dunha sociedade que agora pon en valor e protexe estas zonas, cando fai poucos anos se querían urbanizar"

A Deputación de Pontevedra únese a celebración do "Día Mundial dos Humidais 2018" coa celebración dunha nova ruta ornitolóxica no esteiro do Río Miño e na Foz da Ramallosa que se celebrou este pasado domingo día catro de febreiro coa colaboración da sección pontevedresa da organización SEO-Birdlife baixo o nome de "Voando nas Rías Baixas".

Uníndose a esta conmemoración a Deputación programou a visita á Foz da Ramallosa e ao Esteiro do Río Miño por tratarse de dúas zonas próximas a zonas habitadas e que conteñen unha grande variedade de especies de aves. Así, falamos de zonas especiais de conservación e zonas de especial protección para as aves (ZEPA) e nelas acóllense milleiros de aves de invernada ou que empregan o espazo no seu tránsito cara o Sur. Así, podemos atopar limícolas como mazaricos, biluricos, pilros ou avefrías como patos, garzas, mergullóns ou pentumeiros. Tamén se poden ver aves rapaces, entre as que destacan a gatafornela, o lagarteiro cincente e a aguia peixeira, podendo observar a súa espectacular forma de pesca. O interese que suscita esta iniciativa medioambiental da Deputación de Pontevedra ponse de manifesto polo esgotamento das prazas dispoñibles para este roteiro en apenas 24 horas.

Xunto a esta visita conforman "Voando nas Rías Baixas" a ruta guiada ao Complexo Intermareal Umia-O Grove (que tivo lugar o pasado 21 de xaneiro) e ás Brañas de Xestoso (prevista para maio de 2018). A campaña forma parte das actuacións enmarcadas no Plan Estratéxico de Turismo, presentado hai unha semanas xa que se trata dunha oportunidade de diversificar o turismo na provincia de Pontevedra ao tempo que sensibilizamos á cidadanía local sobre a necesidade de preservar estes espazos protexidos.

 

O "Día Mundial dos Humidais 2018", celébrase este ano baixo o epígrafe dos "humidais para un futuro urbano sostible", e quere poñer de manifesto a importancia de contar con zonas humedais preto das cidades e a súa necesidade de preservación dada a súa importancia no benestar dos cidadáns. De feito a declaración da convención Ramsar (Convención sobre os humidais asinada por máis de 140 países o dous de febreiro de 1971) destaca que "durante as tormentas, os humidais urbanos absorben el exceso de precipitacións, reducindo as inundacións nas cidades e evitando desastres e os seus correspondentes costes. A abundante vexetación que existe nos humidais urbanos sirve de filtro para os refugallos urbanos e axudan a mellorar a calidade da auga". A declaración deste día mundial reclama que os humidais sexan integrados nos plans de desenvolvemento e xestión das cidades "polos beneficios económicos, sociais e culturais que poden aportan aos cidadáns".

A Deputación de Pontevedra está a apostar polo turismo ornitolóxico como unha nova modalidade para coñecer a provincia. Deste xeito, xunto con estas novas rutas, a institución provincial patrocinou no 2017 o documental "España, la tierra prometida" na que as Rías Baixas protagonizaron tres dos catro capítulos que o conforman.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí