Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

A Estación Fitopatolóxica de Areeiro advirte da necesidade de tratar a viña e os cultivos afectados pola sarabia dos últimos días

Os técnicos sinalan que é preciso vixiar os gromos de maceiras e pereiras para detectar moteados

É o momento para aplicar o tratamento fronte aos ácaros que provocan a caída dos botóns florais das camelias

Fecha: 28 de Marzo de 2017

Fuente: Estación Fitopatolóxica Areeir

A Estación Fitopatolóxica de Areeiro (EFA) vén de facer público o seu último aviso fitosanitario, no que advirte da necesidade de tratar a viña e outros cultivos para minimizar os danos producidos pola sarabia caída nos últimos días. Así mesmo, os técnicos sinalan que é preciso vixiar os gromos de maceiras e pereiras para detectar moteados e, por outra banda, aplicar o tratamento nas camelias afectadas polos ácaros que provocan a caída dos botóns florais.

A técnico responsable da Unidade de Artrópodos da EFA, Rosa Pérez, explica que a sarabia que caeu a semana pasada en practicamente todas as zonas da provincia ten causado roturas nos gromos herbáceos das viñas máis desenvolvidas, así como noutro tipo de cultivos. Ante esta situación, e nesta altura do ano, cando aínda se está a iniciar o nacemento dos gromos, o máis conveniente nas plantacións novas de pequena superficie é eliminar as partes moi afectadas para inducir novos nacementos. No resto de casos, ao marxe de aplicar a mesma medida, débese realizar un tratamento cun funxicida que favoreza a cicatrización de feridas. Neste sentido aconséllanse tres dos produtos recomendados para o control da excoriose, así como tamén os cúpricos. No caso de que volvan producirse os episodios de sarabia haberá que renovar as aplicacións, a ser posible nas 48 horas seguintes.

En canto ás maceiras e pereiras, nas plantas con historial de moteado é preciso vixiar moi ben a brotación, posto que neste estado as plantas presentan unha elevada sensibilidade ó patóxeno e as condicións ambientais húmidas que se están a rexistrar favorecen as infeccións.

Por outra banda, o aviso fitosanitario tamén fai referencia a diferentes afeccións da camelia, como son os ácaros da caída do botón floral (Cosetacus camelliae) e os gurgullos. "Nesta época as plantas de diferentes variedades e cultivares de camelia xa mostran os gromos tenros en crecemento. É precisamente este o momento idóneo para aplicar un tratamento fronte a estes ácaros", subliña Pérez, destacando que existen diferentes produtos fitosanitarios autorizados polo Ministerio. Así mesmo, en canto aos gurgullos, Pérez destaca que os gromos en crecemento poden atraer insectos, especialmente nas fincas onde se presentan todos os anos. "No caso de observarse é conveniente a súa eliminación para evitar que causen prexuízos ó valor ornamental destas plantas", subliña.

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí