Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A GUARDA SÚMASE ÁS VILAS LIBRES DE CIRCOS CON ANIMAIS

A Guarda sumouse a Tomiño e O Rosal declarándose vila libre de circos con animais.

A Guarda sumouse a Tomiño e O Rosal declarándose vila libre de circos con animais.

Fecha: 05 de Febrero de 2016

Fuente: Anabam

No mes de decembro do pasado ano 2015, instalouse en A Guarda o Circo Arena. Este espectáculo circense cun tigre engaiolado como reclamo motivou que a súa instalación noutros concellos da contorna levantara unha grande polémica.

Coa instalación deste circo se formalizou en A Guarda o colectivo veciñal "Por la supresión de espectáculos con animales en A Guarda" co obxectivo de prohibir os circos e atraccións de feira con animais na vila. O posicionamento fronte a este tipo de espectáculos motivou tamén a mobilización de asociacións locais como ANABAM, Asociación Forestal e de Educación Ambiental "A Jalleira Afea" ou a Asociación Cultural "Fuscalho", así como grupos políticos de A Guarda, PSOE e BNG, integrantes da corporación municipal.

O colectivo veciñal promoveu distintos actos como a recollida de firmas ou a proxección da película documental TIERRA se desenvolveron mentres o circo estivo instalado na vila contando coa colaboración e apoio das nomeadas asociacións e os grupos políticos integrantes da corporación municipal, PSOE e BNG. Así mesmo ANABAM lanzou unha campaña de boicot contra o Circo Arena e presentou un escrito no Concello guardés para que o mesmo se pronuncie contra este tipo de espectáculos por non ser educativos e por constituír maltrato animal.
A moción Na Sesión Ordinaria de Pleno da Corporación de A Guarda do pasado venres 29 de decembro, A Guarda sumouse a Tomiño e O Rosal declarándose vila libre de circos con animais.

A moción para declarar á vila libre de circos con animais xa fora levada a pleno en xaneiro de 2014, un primeiro intento no que, con dous votos a favor, unha abstención e catorce votos en contra non prosperou (Sesión Ordinaria celebrada polo pleno do concello de A Guarda o día 31 de xaneiro de 2014; R.E. nº 355 BNG: moción para declarar A Guarda concello libre de circos con animais).

O venres 29 de decembro deste 2016, celebrouse Sesión Ordinaria de Pleno da Corporación Municipal de A Guarda. Na Orde do Día dúas mocións facían referencia a estes feitos: Moción para declarar este concello vila libre de circos con animais (R.E. nº 7.875 do BNG) e Instalación na Guarda de circos que empreguen animais salvaxes nos seus espectáculos (R.E. nº 7.876 do PSOE). Ambas mocións prosperaron, a primeira cos votos a favor de toda a corporación (PP, BNG, CG, CCD) e abstención do grupo de goberno (PSOE), e a segunda por dezaseis votos a favor (PSOE, PP, BNG, CCD) e abstención do voceiro de converxencia galega (CG).

Dende "Por la supresión de espectáculos con animales en A Guarda" felicitan a todas as persoas que traballaron para que esta moción se levara a pleno e saíra adiante.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones