Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Protectora de Animais Aloia solicita a prohibición do uso de pirotecnia e a creación dun protocolo de rescate animal

Alén das vítimas humanas, persoas afectadas e danos e materiais, hai outras vítimas non menos importantes, indefensas e silenciadas, que son OS ANIMAIS

Alén das vítimas humanas, persoas afectadas e danos e materiais, hai outras vítimas non menos importantes, indefensas e silenciadas, que son OS ANIMAIS

Fecha: 31 de Mayo de 2018

Fuente: Protectora de Animais Aloia

En catástrofes como a acontecida coa explosión da tonelada de material pirotécnico que se encontraba escondida no almacén ilegal de Paramos, alén das vítimas humanas, persoas afectadas e danos e materiais, hai outras vítimas non menos importantes, indefensas e silenciadas, que son OS ANIMAIS.
 
Da mesma forma, ou quizais aínda con máis intensidade, que lamentamos as vítimas humanas e actuamos para o seu rescate, non podemos desatender e deixar de lado a morte e sufrimento de centos de ANIMAIS DE TODAS AS ESPECIES , que permanecen INVISIBLES e desleixados pola inexistente consideración por parte da sociedade, das forzas de seguridade e das administracións.
 
Por outra banda, de sobra son coñecidos os efectos negativos da pirotecnia non só para determinados grupos de poboación como nenas e nenos con autismo, crianzas, persoas de idade avanzada ou con problemas auditivos, senón tamén para os animais , que até organizacións como AVATMA, composta por centos de veterinarias/os de todo o Estado, teñen publicado un informe ao respecto, onde se fai unha revisión das consecuencias que estas actividades teñen sobre os animais, como os efectos físicos e psicolóxicos, os riscos asociados como as fuxidas ou perdas, danos provocados por queimaduras, lesións auditivas e oculares, e mesmo os efectos ambientais. Ademais, estas fobias aos ruídos van en incremento, polo que, lonxe de habituarse ao son, o animal resposta aumentando cada vez máis o seu medo.

Polo noso compromiso con todas a inxustizas e en particular e con especial forza coas que padecen todos os animais, desde a Asociación Protectora de Animais Aloia de Tui vimos de SOLICITAR ao Alcalde do Concello de Tui :
1. Que se cree un protocolo de actuación para o rescate e salvamento de animais de todas as especies en situación de catástrofe ou emerxencia.
2. Que, por coherencia e en honra de todas as vítimas humanas e NON HUMANAS (ANIMAIS E NATUREZA) da explosión, sexa PROHIBIDO O USO DE PIROTECNIA
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones