Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A VESPA ASIÁTICA MANTÉN A SÚA PRESENZA NO BAIXO MIÑO

A retirada e avistamento de novos niños é constante

Os Concellos da Comarca do Baixo Miño e do Alto Minho portugués teñen realizado diferentes actividades para informar, previr e evitar a propagación da Vespa Velutina

Fecha: 12 de Febrero de 2016

Fuente: Infomiño.com

O pasado Mércores día 10 de Febreiro de 2016 o GES de A Guarda procedeu á retirada dun novo niño de Vespa Velutina na Guarda, nunha vivenda deshabitada da Entidade Local Menor de Camposancos na Guarda..

Foi un particular o que deu aviso ó GES de A Guarda da existenza deste niño no baixo dunha vivenda, polo que se desprazaron ata alí para proceder a súa retirada. Trala preparación do personal, procedeuse a ratirada do niño.

A Consellería do Medio Rural ten realizado diferentes campañas para eliminar o impacto desta especie invasora mediante a distribución de trampas co obxecto de que ao colocalas nas proximidades das súas colmeas poidan recoller o maior número posible de raíñas desta especie invasora.

Os Concellos da Comarca do Baixo Miño e do Alto Minho portugués teñen realizado diferentes actividades para informar, previr e evitar a propagación da Vespa Velutina, como a charla informativa realizada en Tomiño no pasado mes de Marzo para informar e sensibilizar sobre a ameaza ambiental que supón a presenza da Velutina en Galicia e ofrecer solucións para controlar os seus efectos no medio ambiente e nas abellas.

O alcalde do Rosal avisaba en Agosto de 2014 a través dun bando municipal aos veciños a que prestaran atención ao seu entorno na procura de novos niños e ante a importancia dunha correcta eliminación, avisen ao 012 ou chamen ao Concello.

En Vilanova de Cerveira realizouse realizouse unha sesión demostrativa de realización de trampas artesanais pedindo así a colaboración e implicación dos veciños, avisando tamén da aparición dos novos niños. 

A colocación de trampas para a captura de raíñas pode ser importante na loita fronte a esta especie invasora, xa que cada raíña “fundadora” capturada significará que haberá un niño menos no entorno.

A Consellería do Medio Rural e do Mar, en coordinación cos servizos de emerxencia, retirou no 2014 un total de 572 niños de Vespa Velutina, especie invasora que afecta á produción apícola ao atacar ás abellas. 

 

 

Principais diferenzas entre a vespa velutina(asiática) e a vespa cabro

 

VESPA VELUTINA(ASIÁTICA)

 

 

 

 

VESPA CABRO(AVISPÓN)

 

 

Tamaño aproximado de 3 cms.
Tamaño aproximado entre 2,5 e 3,5 cms.
Tórax negro
Tórax avermellado e negro
Abdomen negro e amarelo(Predominio do negro)
Abdomen negro e amarelo(Predominio do amarelo)
Patas cos extremos amarelos e principio negro
Patas de cor avermellado na súa totalidade
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones