Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Xunta destaca o labor investigador do botánico xesuíta Baltasar Merino

Baltasar Merino foi docente no Colexio dos Xesuítas na Pasaxe en Camposancos - A Guarda

Baltasar Merino foi docente no Colexio dos Xesuítas na Pasaxe en Camposancos - A Guarda

Fecha: 04 de Julio de 2017

Fuente: Xunta de Galicia

O director xeral de Ordenación Forestal, Tomás Fernández-Couto, destacou a figura do botánico Baltasar Merino e a súa contribución ao coñecemento e difusión da flora de Galicia do que fora docente no Colexio dos Xesuítas na Pasaxe en Camposancos - A Guarda. Foi na xornada conmemorativa do primeiro centenario do pasamento deste ilustre científico, botánico burgalés afincado en Galicia, que faleceu en 1917 en Vigo.

Este foro celebrouse no Centro de Investigación Forestal de Lourizán, situado en Pontevedra e que depende da Consellería do Medio Rural. Nel participaron expertos deste centro e das universidades de Santiago de Compostela e Vigo. A temática da xornada xirou arredor deste investigador, das súas obras e traballos como meteorólogo e ecólogo, así como da súa influencia sobre os botánicos que o seguiron no coñecemento da flora e a vexetación. Tamén abordaron os herbarios elaborados por Merino ao longo da súa vida. Entre eles salienta o que leva o seu nome e que reúne miles de variedades, cuns 12.000 pregos en total.

O herbario Merino foi cedido ao Centro de investigación de Lourizán en 1945, aínda que unha parte trasladouse á Facultade de Bioloxía de Santiago. O labor deste pai xesuíta foi de gran importancia para o coñecemento da flora galega. A súa achega contribúe a fornecer o herbario de Lourizán, que inclúe en total uns 80.000 pregos de plantas, outros 15.000 de fungos e 5.000 de insectos.

O director xeral de Ordenación Forestal e do Instituto Galego da Calidade Alimentaria, Ingacal (no que se integra o Centro de Lourizán) destacou na súa intervención o carácter autodidacta deste investigador e a súa vocación tardía, xa que comezou a practicar a botánica con case 50 anos. Salientou ademais a súa formación humanística e lembrou que Merino formou parte dun grupo de científicos denominados “afeccionados” que lograron paliar coa súa dedicación e entusiasmo o inmovilismo da investigación universitaria da época nalgúns campos de coñecemento.

Fernández-Couto sinalou que o pai Merino deixou a docencia á idade de 55 anos, para dedicarse en exclusiva á investigación, faceta na que se iniciou pouco tempo antes. E indicou que os seus traballos en botánica caracterizáronse por un grande esforzo empírico de recolleita de mostras e observación, nun momento no que a carencia de medios e de bibliografía sobre o tema eran limitacións que el supliu con iniciativa e co apoio de destacados botánicos da época, como Carlos Pau Español e o naturalista Víctor López Seoane.


Para levar adiante este labor, Baltasar Merino realizou numerosas expedicións por toda Galicia e contou coa colaboración de antigos alumnos, curas das parroquias rurais e outras persoas que lle facilitaban informacións e mostras. Na xornada de hoxe, á que asistiron varias decenas de especialistas na materia, púxose de manifesto todo este esforzo investigador e súas as achegas para o mellor coñecemento da flora e a vexetación de Galicia.
O director xeral de Ordenación Forestal inaugurou o seminario e puxo en valor esta figura senlleira recoñecendo a súa contribución ao acervo floral galego
 
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones