Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A XUNTA REFORZA A MOSTRAXE PRIMAVERAL FRONTE Á VESPA VELUTINA CUN TOTAL DE 118 TRAMPAS EN FUNCIONAMENTO PERMANENTE

Esta actuación de reforzo súmase ao trampeo que realizan os propios apicultores, destinado á recollida de raíñas

No 2014 todos os niños foron xeolocalizados, realizándose unha distribución inicial de trampas dun xeito proporcional en función dos atopados no ano anterior en cada concello

Fecha: 23 de Marzo de 2015

Fuente: Xunta de Galicia

A Consellería do Medio Rural e do Mar reforzou ao longo desta semana a mostraxe primaveral fronte a Vespa velutina cun total de 118 trampas en funcionamento permanente, xestionadas por persoal da propia Consellería, e destinadas á recollida de raíñas. Esta actuación de reforzo no trampeo súmase ao traballo que realizan os apicultores a través de trampas e líquido atraínte, que a propia Consellería lles facilitou nos últimos meses, co obxecto de que ao colocalas nas proximidades das súas colmeas poidan recoller o maior número posible de raíñas desta especie invasora. Estas actuacións concéntranse nos concellos onde se detectara a presenza da Vespa velutina no ano 2014.

Deste xeito, na provincia da Coruña existirán un total de 19 trampas, 3 permanentes e 16 de reforzo primaveral; na de Lugo colocaranse un total de 64 trampas, 5 permanentes e 59 de reforzo; na de Ourense 8 trampas, 4 permanentes e 4 de reforzo; namentres que na provincia de Pontevedra haberá 27 trampas en total, 2 permanentes e 25 de reforzo.

Para determinar a localización ideal das trampas a colocar por parte da Consellería tivéronse en conta os datos de xeolocalización dos niños oficialmente comunicados no ano 2014, realizándose unha distribución inicial daquelas dun xeito proporcional en función dos atopados en cada concello. Porén, nalgunhas zonas nas que os niños estaban moi próximos, reduciuse o número de trampas a colocar, xa que unha mesma trampa pode recoller raíñas procedentes de varios niños, estendéndose a actuación a outros concellos que, a pesar de ter menos niños detectados, están próximos a outras zonas de alta densidade. Desta maneira conseguiuse ampliar xeograficamente a mostraxe, sen que isto minimizara o obxectivo de capturar raíñas.

Este reforzo realízase agora porque, as raíñas “fundadoras” nadas no outono do pasado ano comezan a construír o seu niño a finais de febreiro e inicio de marzo, para a continuación realizar a primeira posta de ovos. A finais de maio e primeiros días de xuño nacen as primeiras vespas obreiras, ocupándose estas dende este momento de realizar todos os labores necesarios para o desenvolvemento da colonia. Por iso, é preciso aproveitar este período no que as raíñas se mostran activas no exterior para proceder á súa captura.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones