Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ALUMNOS DE OIA PARTICIPAN NUNHA PRANTACIÓN DE ÁRBORES EN MOUGÁS

A maioría das árbores foron doadas por persoas de todo o mundo durante a campaña de micromecenado Costa dos Castros

A Comunidade de Montes espera nos próximos anos crear unha senda botánica entre o arboreto e A Cabeciña

Fecha: 22 de Febrero de 2016

Fuente: Costa dos Castros

Case noventa escolares do Ceip Mestre Manuel García de Oia axudaron a plantar corenta árbores para un xardín botánico de diferentes especies arbóreas, impulsado pola Comunidade de Montes de Mougás no marco do proxecto Costa dos Castros.

É novo aínda pero o arboreto de Mougás xa ten varias historias que contar. Comezou a medrar en 2015 coa axuda de escolares de Oia e Santiago. Foi tamén nese ano cando se lanzou una campaña de micromecenado para ofrecer a posibilidade á xente de comprar unha árbore e apoiar a iniciativa.

Así sumáronse 37 árbores, grazas á colaboración de persoas de todo o mundo dentro do micromecenado que o proxecto Costa dos Castros lanzou xunto coa empresa social británica DigVentures. Estas árbores son as que escolares de Oia plantaron o pasado venres coa axuda da Asociación de Veciños de Mougás.

Cada árbore vai acompañada dunha etiqueta co nome científico, nomes comúns en galego e inglés e tamén o nome do seu doante. Nalgún caso, o doante elixiu dedicar e regalar a súa árbore a un ser querido, á súa parella, aos seus pais, fillos... ou incluso a toda a familia, como foi o caso de Nieves Vidal.

Nieves Vidal soubo do proxecto Costa dos Castros nunha visita guiada á escavación no castro da Cabeciña (Mougás) en agosto 2015. Cando viu que tiña a posibilidade de colaborar economicamente, non o dubidou. Debido ao seu traballo - no Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia (IAG) do Consello Superior de Investigacións Científicas - ten unha sensibilidade especial cara ao proxecto do arboreto. Ademais, ten unha vinculación familiar coa zona, dende que os seus pais fixeron unha casa en Pedornes (Oia) canda era unha rapaza.

Nieves mercou nove árbores a través do micromecenado Costa dos Castros, pero ademais involucrou ao IAG para aportar outras 20 árbores de diversas especies autóctonas galegas recuperadas por este instituto. A Ameixeira Collón de Frade Negro, a Cerdeira de Viño, a Pereira Manteiga País e o Bidueiro de Santiago son algúns dos curiosos exemplares doados.

As árbores do IAG súmanse a castiñeiros, sobreiras, loureiros, diferentes árbores froiteiras, e así ata corenta especies diferentes que foron plantadas no aboreto de Mougás.

O aboreto atópase debaixo da Casa Forestal de Mougás, no inicio da pista que vai cara as pozas de Mougás e o castro da Cabeciña. A Comunidade de Montes espera nos próximos anos crear unha senda botánica entre o arboreto e A Cabeciña, substituíndo os eucaliptos, que xa se empezaron a talar este ano, por novos exemplares das especies do arboreto.

Esta iniciativa da Comunidade de Montes de Mougás forma parte do proxecto Costa dos Castros, que nas próximas semanas presentará a súa programación para 2016 e unha nova campaña de micromecenado.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones