Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ANABAM INCIA XXV TEMPADA DO PROXECTO PÍLLARA-BORRELHO

A Píllara das dunas (Charadrius alexandrinus) é unha pequena ave limícola que entre abril e xullo aniña na costa areosa.

A Píllara das dunas (Charadrius alexandrinus) é unha pequena ave limícola que entre abril e xullo aniña na costa areosa.

Fecha: 10 de Abril de 2015

Fuente: Anabam

A ESPECIE

A Píllara das dunas (Charadrius alexandrinus) é unha pequena ave limícola que entre abril e xullo aniña na costa areosa. A coincidencia do período reprodutor da especie coa afluencia masiva de usuarios aos areais colocou a especie nunha delicada situación. Os niños eran destruídos por depredación (cans, raposos ou corvos principalmente) e pola limpeza mecánica dos areais. O perigo non remataba para os poucos niños que conseguían superar os 25 - 28 días de incubación e a meirande parte dos polos sucumbían baixo os mesmos perigos, sendo moi poucos os que conseguían chegar a voar. Este acúmulo de despropósitos motivou que a Asociación Naturalista "Baixo Miño" (ANABAM) puxera en marcha o Proxecto Píllara co obxectivo de asegurar que a especie continuara reproducíndose nas praias do noroeste peninsular.

O PROXECTO PÍLLARA-BORRELHO

O proxecto foi posto en marcha por ANABAM no ano 2001 nas praias da marxe galega do Miño e, no ano 2011, o exportou á marxe portuguesa cubrindo un total de 20 km de praias nos que se reproduce a especie entre a Praia de Paçô en Viana do Castelo e a de Camposancos na Guarda.

Neste ano 2015 cúmprense 15 de anos dende que esta asociación, cunha traxectoria que deu comezo en 1985, aplicou as primeiras medidas de protección. Durante este anos de traballo voluntario e grazas aos esforzos realizados protexéronse case que 200 niños de Píllara das dunas e rexistráronse, ao menos, 126 polos que conseguiron rematar con éxito o seu desenvolvemento para pasar a formar parte dunha nova xeración de píllaras nas nosas praias.

TEMPADA 2015

O sábado 4 de abril membros e voluntarios da asociación desprazáronse ata as praias do norte de Portugal para dar inicio a unha nova campaña de localización e protección de niños de Píllara. A visita non puido ter maior éxito e, nesta primeira ocasión, localizáronse e protexeron os dous primeiros niños deste ano 2015, tras percorrer un total de 7 km de costa nunha quenda de mañá e outra de tarde.  

PRÓXIMAS ACTIVIDADES

O sábado día 11 de abril a Asociación Naturalista "Baixo Miño" (ANABAM), xunto coas entidades do veciño país,  Núcleo de Estudos e Artes do Vale do Âncora (NUCEARTES) e o Centro de Monitorização e Interpretação de Viana do Castelo (CMIA Viana do Castelo) desenvolverán unha actividade conxunta de formación de voluntariado na Praia da Arda (Viana do Castelo). A actividade pretende dotar aos voluntarios dos coñecementos básicos para a localización e protección de niños de Píllara das dunas e está a aberta a todas as persoas que desexen participar e o punto de encontro será na devandita praia ás 11:00 da mañá hora galega. Dende ANABAM agradecen a inscrición previa, de posibles voluntarios que desexen estar presentes na citada praia de Arda, a través do correo da asociación anabam.anabam@gmail.com para coordinar a actividade.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones