Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Areeiro aconsella vixiar a bolboreta do buxo debido ás condicións favorables para a súa expansión

O centro dependente da Deputación de Pontevedra lanza o primeiro aviso fitosanitario do ano, que tamén alerta sobre as primeiras postas da psila africana nos cítricos

O centro dependente da Deputación de Pontevedra lanza o primeiro aviso fitosanitario do ano, que tamén alerta sobre as primeiras postas da psila africana nos cítricos

Etiquetas del contenido

Fecha: 18 de Marzo de 2021

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Estación Fitopatolóxica Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, vén de lanzar o primeiro aviso fitosanitario deste 2021, no que alerta sobre a necesidade de vixiar a bolboreta do buxo debido ás condicións favorables para a súa expansión.

Neste senso, desde Areeiro sinalan que aínda que de momento na maior parte das zonas revisadas só se observaron algúns gromos afectados pola  Cydalima perspectalis, advirten de que os ataques nesta especie poden ser explosivos baixo condicións favorables. Por este motivo, o persoal técnico do centro aconsella unha vixilancia continua das sebes e árbores, así como eliminar os gromos afectados que se atopen (os fíos de seda e mailos excrementos son un bo signo) e, se o ataque xa é de maior consideración, aplicar un tratamento, mellor con boa presión de caldo.

Neste primeiro aviso, a Estación Fitopatolóxica tamén alerta no caso dos cítricos sobre a aparición dos primeiros ovos da psila africana (Trioza erytreae), así como dos primeiros individuos doutros insectos chupadores  como os pulgóns e as moscas brancas. Por iso, recomenda nos casos nos que sexa posible a retirada e destrución destes gromos para limitar o establecemento das pragas e retrasar o máximo posible a necesidade dunha intervención fitosanitaria.

Doutra banda, no que respecta ás viñas, Areeiro verificou esta semana a maduración da oospora de mildio, aínda que sinala que era algo esperado polas condicións climáticas que se teñen dado ao longo deste outono-inverno, moi húmidos e sen apenas frío. Desde a Estación, subliñan que o feito da maduración do ovo de inverno non significa que sexa preciso realizar de momento algún tratamento fronte a esta enfermidade, senón que simplemente implica que cando se dean as condicións climatolóxicas e de desenvolvemento da vexetación necesarias, poderá ter lugar a primeira infección.

O persoal da Estación Fitopatolóxica tamén sinalou que, segundo información aportada por persoal técnico, as viñas están na súa maior parte entre os estados de xema inchada e follas incipientes. E aínda que as temperaturas nocturnas previstas nestas xornadas non favorecen a priori o desenvolvemento da excoriose, o persoal do centro alerta de que esta patoloxía  será a primeira fronte a que haberá que intervir onde estea presente, cando a maioría das plantas estean na contorna de follas incipientes, non debendo superar o estado de follas estendidas.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí