Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Arranca a décimo cuarta edición da Mostra de Cultivos do Baixo Miño

Presentando en Goián importantes novidades na produción e distribución de planta ornamental e maquinaria especializada, baixo a organización de Acubam, Asociación de Cultivos do Baixo Miño.

O sector dos cultivos é a día de hoxe o primeiro na economía local de Tomiño, cun volume de negocio que rolda os 50 millóns de euros ao ano

Fecha: 04 de Febrero de 2017

Fuente: ACUBAM

A décimo cuarta edición da Mostra de Cultivos do Baixo Miño chega a Tomiño o 4 e 5 de marzo de 2017, presentando en Goián importantes novidades na produción e distribución de planta ornamental e maquinaria especializada, baixo a organización de Acubam, Asociación de Cultivos do Baixo Miño.

O sector dos cultivos é a día de hoxe o primeiro na economía local de Tomiño, cun volume de negocio que rolda os 50 millóns de euros ao ano, tal e como manifestaba a alcaldesa do municipio, Sandra González, na edición 2016.

A 14ª Mostra de Cultivos contará cunha superficie de 1100 metros cadrados que onde empresas produtoras de planta ornamental, flor cortada, fruticultura e auxiliares do campo, exporán os seusproductos e servizos.

Entre as actividades complementarias, salientan as conferencias e debates e xornadas técnicas orientadas a profesionais, e os actos do domingo, con exhibicións, presentacións e actividades infantís xa para o público xeral. Destaca neste eido a presenza de Íñigo Segurola (Dirección, realización e presentación da sección de xardinería no programa BRICOMANÍA e DECOGARDEN en Tele 5 e TVE 2).

Novamente contaráse coa  exposición do proxecto escolar "As nosas amigas as plantas", que leva adiante Acubam nos colexios do concello.

Tamén é de salientar as exposición de artistas da zona que amosarán as súas creacións en pintura e escultura con motivos alusivos á natureza e flora da rexión, artistas da comarca do Baixo Miño. Pintura: Orlanda Gomes, Jose Luis Rodríguez, Naa Martínez, Freda Mills P, Libia Domínguez. Escultura: Luis 7, Xuxo Malone, Adrián Pena I, Ignacio Moure

 
 
PROGRAMA
SÁBADO 04 de marzo 2017

9:30 h. Apertura

10:00h - 11:45 h. Debate aberto
Realidade do sector hoxe
Antón Vázquez Caamaño (Inspector de Sanidade Vexetal da Xunta de Galicia)
José Collazo (Xerente de Viveiros Río Tollo)
Venancio Outeda (Xerente do centro de xardinería O Piñeiro)
Emilio Estévez (Xerente de Coplant)

12:00 - 12:15 h. Plan Estratéxico
Presentación do "Plan Estratéxico e operativo para a mellora da competitividade e valorización dos sectores planta ornamental e flor"
José Collazo (equipo técnico de acuBam)
Bea Covela (equipo de comunicación de acuBam)

12:30 h. Acto de inauguración oficial da Mostra 2017

16:30 - 18.00 h. Conferencia
"Presente e futuro da xardinería"
Íñigo Segurola (Dirección, realización e presentación da sección de xardinería no programa BRICOMANÍA e DECOGARDEN en Tele 5 e TVE 2).

16:00 h. II Xornadas técnicas formativas da auga
"Adaptación das TIC´s ás comunidades de usuarios/as". Rafael Carrera
"Funcionamento, eficacia e innovación da nano filtración". Gregory Travaille
"Lámina de forrado para instalacións de auga de consumo humano". Cristóbal López

18:15 h. acuBam Innovación 2017
Stand de novidades que promoven a competitividade e mellora empresarial do sector






DOMINGO 05 de marzo 2017

10 h. Apertura

11:00 - 13:30 h. Exhibición poda en altura
Cerne arboricultura

11:30 h. Presentación As nosas amigas as plantas IV
Exposición dos traballos realizados polos escolares durante o proxecto educativo "As nosas amigas as plantas IV".

12:00 h. Conferencia
"Plan revitaliza, xestión de materia orgánica mediante a compostaxe"
María Martínez Abraldes

16:30 - 18:30 h. Exhibición poda en altura
Cerne arboricultura

17:00 h. Demostración
"Pasión por el verde"
Íñigo Segurola (Dirección, realización e presentación da sección de xardinería no programa BRICOMANÍA e DECOGARDEN en Tele 5 e TVE 2).

Durante toda a xornada:
- Exposición de arte coa temática do sector.
Artistas da comarca do Baixo Miño. Pintura: Orlanda Gomes, Jose Luis Rodríguez, Naa Martínez, Freda Mills P, Libia Domínguez. Escultura: Luis 7, Xuxo Malone, Adrián Pena I, Ignacio Moure.

- Actividades infantís:
Bus de Reciclaxe Ecoembes
Inchable
Gran xogo de reciclaxe
- "As plantas cóntanos os seus segredos"
Paseo guiado polo alumnado do ciclo forestal do IES Tomiño. Participación aberta ao público xeral.

19:00 h. Acto de clausura oficial da Mostra 2017
Presidenta de acuBam, viveiristas, colaboradores e autoridades políticas

 

Edición 2016

 

 

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones