Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Arranca este domingo no Esteiro do Río Miño a primeira ruta do programa -Voando nas Rías Baixas 2019-

Un total de 25 persoas participarán nesta primeira cita do programa que esgotou en menos de tres horas as prazas ofertadas

Un total de 25 persoas participarán nesta primeira cita do programa que esgotou en menos de tres horas as prazas ofertadas

Fecha: 18 de Enero de 2019

Fuente: Deputación de Pontevedra

O deputado de Medio Ambiente, Juan González, e a deputada de Emprego, Montse Magallanes, participarán xunto a 25 persoas o vindeiro domingo, 20 de xaneiro a partir das 10.00 da mañá, no arranque do programa "Voando nas Rías Baixas 2019". A primeira das rutas ornitolóxicas propostas pola Deputación de Pontevedra en colaboración con SEO Birdlife, que esgotou en menos de tres horas as prazas ofertadas, terá lugar polo Esteiro do Río Miño na Guarda e pola Foz da Ramallosa e do Río Miñor en Nigrán, zonas protexidas pola Rede Natura 2000 e cunha grande variedade de aves palustres.

En concreto, a desembocadura do río Miño e a Foz da Ramallosa forman uns esteiros intermareais con grande diversidade de hábitats que atraen numerosas aves. Nesta época pódese desfrutar tanto de aves acuáticas como aves mariñas, aves rapaces ou paxaros palustres que buscan refuxio nas súas ribeiras. Destacan especies como os mazaricos, biluricos, pilros, avefrías, patos, garzas, rálidos, mergullóns, aves mariñas como os corvos mariños e as gaivotas, e aves rapaces como a tartaraña das xunqueiras, o lagarteiro cincento e a aguia peixeira.

A ruta comezará ás 10.00 dende o aparcadoiro do parque do paseo da Ramallosa, de Nigrán, e durará toda a mañá. Durante o percorrido pola Foz da Ramallosa e do Río Miñor en Nigrán e polo Estuario do Río Miño na Guarda as 25 persoas participantes estarán acompañadas de dúas persoas monitoras ornitólogas. Amais, a Deputación de Pontevedra pon a disposición das mesmas, de xeito gratuíto, o material óptico, así como unha guía ornitolóxica.

"Voando nas Rías Baixas 2019" trátase dunha iniciativa para achegar ao público interesado, de xeito totalmente gratuíto, a riqueza ornitolóxica da provincia de Pontevedra. Tras esta primeira cita polo Esteiro do Miño e a Foz da Ramallosa, a segunda das rutas terá lugar o 10 de febreiro para observar as aves acuáticas e mariñas da enseada de San Simón. O prazo de inscrición para a segunda ruta abrirase o 28 de xaneiro ata o 5 de febreiro. Posteriormente o programa continuará na reserva ornitolóxica do Grove, nas Brañas de Xestoso e na Serra de Suído.

A través de "Voando nas Rías Baixas", enmarcado nas propostas lanzadas ao abeiro do Plan Estratéxico de Turismo, preténdese sensibilizar á poboación local, internacionalizar e desestacionalizar o destino provincia de Pontevedra. Cómpre lembrar que o turismo ornitolóxico é unha actividade que desestacionaliza e esperta un grande interese sobre todo entre o público anglosaxón e centroeuropeo. Amais de conseguir este obxectivo, esta actividade tamén vai acorde con outra das liñas estratéxicas do Plan que formula a necesidade de diversificar o turismo ao tempo que sensibiliza á cidadanía sobre a preservación dos espazos naturais.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones