Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

AVISO FITOSANITARIO: AREEIRO RECOMENDA RENOVAR O TRATAMENTO CONTRA A EXCORIOSE NOS VIÑEDOS CON FOLLA INCIPIENTE UNHA VEZ FINALICEN AS PRECIPITACIÓNS

Os técnicos da Estación Fitopatolóxica dependente da Deputación sinalan que será necesario revisar os viñedos tras as precipitacións posto que a humidade favorece especialmente este fungo

Os técnicos da Estación Fitopatolóxica dependente da Deputación sinalan que será necesario revisar os viñedos tras as precipitacións posto que a humidade favorece especialmente este fungo. Imaxe de www.areeiro.es

Fecha: 12 de Abril de 2016

Fuente: Estación Fitopatolóxica de Are

A Estación Fitopatolóxica de Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, vén de publicar un novo aviso fitosanitario no que recomendan renovar o tratamento contra a excoriose nos viñedos en 'estado fenolóxico D' -viñedos con follas incipientes- unha vez que cesen as precipitacións. Baseándose nas previsións meteorolóxicas previstas para esta semana, na que se esperan precipitacións, recoméndase revisar a viña e renovar a intervención en canto cesen, posto que a humidade é especialmente favorable para este fungo.

O aviso tamén inclúe recomendacións sobre o pedroulo e outros curculiónidos, un tipo de coleóptero que non soe afectar moito aos viñedos da provincia de Pontevedra pero que puntualmente pode ser moi nocivo. Sobre o pedroulo, os técnicos recomendan revisar as viñas que xa teñan historial de problemas con este coleóptero, viñas afectadas nos últimos anos, e se se detecta a súa presenza será necesaria a súa eliminación mecánica.

O aviso tamén inclúe unha recomendación relacionada co ácaro do botón floral en camelias, indicando que é agora o momento idóneo para aplicar un tratamento fronte a este ácaro que está iniciando a súa actividade na maioría de especies e cultivares de camelia. Cita como materias activas rexistradas fronte a ácaros en camelia a abamectina, o aceite de colza máis piretrinas, o aceite de parafina, o azufre e o oxamilo.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones