Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

CIENTÍFICOS DE ASTURIAS, CANTABRIA, GALICIA, PAÍS VASCO E COMUNIDADE VALENCIANA COORDINAN EN AREEIRO UN PROXECTO PARA AFRONTAR A LOITA CONTRA O CHANCRO BACTERIANO DO KIWI

Os concellos de Oia, O Rosal, Tomiño e A Guarda producen en 500 hectáreas o 65% do consumo do kiwi en España

Os concellos de Oia, O Rosal, Tomiño e A Guarda producen en 500 hectáreas o 65% do consumo do kiwi en España

Fecha: 25 de Febrero de 2015

Fuente: depo.es

  • A enfermedade deste cultivo está a causar graves perdas económicas nos países e zonas produtoras
  • Os concellos de Oia, O Rosal, Tomiño e A Guarda producen en 500 hectáreas o 65% do consumo do kiwi en España
  • España consume 80 millóns de kilos de kiwi, produce 12 e o resto é importado.
  • Os científicos constatan a lenta sustitución do kiwi verde nas plantacións polo amarelo

 Científicos especializados en Fitopatoloxía procedentes de Asturias, Cantabria, Galicia, País Vasco e Comunidade Valenciana debatiron hoxe na Estación Fitopatolóxica de Areeiro sobre o Chancro bacteriano do Kiwi e fixaron acción conxuntas para afrontar unha infirmidade do cultivo que está a ocasionar graves perdas ao sector.

A deputada Begoña Estévez e o director de Areeiro, Pedro Mansilla, lembraron que Galicia _sobre todo en 500 hectáreas dos concellos pontevedreses de Oia, Tomiño, O Rosal e A Guarda_ produce o 65% do consumo de kiwi en España un país que consume 80 millóns de kilos e só produce 12, o resto é importación, afirmaron.

Mansilla explicou que esta infirmidade, causada pola bacteria Pseudomonas syringae pv. Actinidiae, detectouse fai 4 anos e dixo que está a causar graves perdas económicas nos cultivos e plantacións das zonas produtoras de Kiwi.

A xuntanza de hoxe sírvenos para coordinar un proxecto sobre esa bacteria PSA e sobre a súa incidencia na planta, sobre todo porque estáse a sustituir a producción actual de kiwi verde polo kiwi amarelo, no que inflúe moito a infirmidade, sinalou Mansilla.

Pola súa banda, Begoña Estévez suliñou a importancia da xuntanza científica para coordinar acción pois o sector tén unha grande importancia na nosa economía ao ter Galicia e, sobre todo, a nosa provincia, unhas condicións óptimas para este tipo de froito.

A Estación Fitopatolóxica de Areeiro xa está a desenvolver diversas iniciativas de investigación, con proxección europea, para mellorar a calidade do kiwi galego. Estas iniciativas derivan de convenios asinados entre a Deputación de Pontevedra e diversas entidades públicas e privadas de Galicia e España.

Tanto Galicia como Asturias, O País Vasco e Portugal están ampliando as súas plantacións de kiwi en vista das potencialidades que ofrece o mercado español. Portugal, por exemplo, declarou produto estratéxico este cultivo e recentemente ampliou a súa superficie de producción en 300 Ha., a mesma extensión que foi ampliada recientemente en Valencia.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones