Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Comunicado do grupo de colectivos de defensa animal contra o Proxecto de Lei de protección e benestar animal de Galicia

Non nos deixemos enganar. Se se aproba este Proxecto de Lei SEREMOS CÓMPLICES do EXTERMINIO de miles de animais e CONSENTIREMOS a imposición de medidas de REPRESIÓN sobre as persoas concienciadas, serias e altruistas que levamos toda a vida loitando para

Non nos deixemos enganar. Se se aproba este Proxecto de Lei SEREMOS CÓMPLICES do EXTERMINIO de miles de animais e CONSENTIREMOS a imposición de medidas de REPRESIÓN sobre as persoas concienciadas, serias e altruistas que levamos toda a vida loitando para

Fecha: 18 de Septiembre de 2017

Fuente: Comunicado

Despois das diferentes sesións parlamentarias levadas a cabo para o debate das emendas ao Proxecto de Lei de Protección e Benestar de Animais de Compañía de Galicia, con toda probabilidade vai ser aprobado na última semana de setembro e sen apenas despeitearse, é dicir, sen case ter sufrido modificacións relevantes con respecto ao anteproxecto.

Lonxe de facer desta lei unha lei digna (e real) de benestar e protección dos animais, consideramos que os cambios introducidos son unha pantomima e un lavado de cara do actual goberno do PP, para vendernos que fixeron algo mentres todo permanece igual.

Non nos deixemos enganar. Se se aproba este Proxecto de Lei SEREMOS CÓMPLICES do EXTERMINIO de miles de animais e CONSENTIREMOS a imposición de medidas de REPRESIÓN sobre as persoas concienciadas, serias e altruistas que levamos toda a vida loitando para acabar con isto.
NON IMOS SER CÓMPLICES desta barbaridade, e emprenderemos todas as accións necesarias para PARAR A SÚA APROBACIÓN ou, de non ser así, conseguir DEROGALA.

Anunciámosvos que hoxe lanzamos unha nova CAMPAÑA polo NON!, coa que non quedará un só recuncho no que non rechíen as nosas reivindicacións:

Non a unha lei tramposa e excluínte.
Non a unha lei que impide o auxilio dun animal en situación de desamparo.
Non a unha lei que obriga a entregar aos animais a empresas de exterminio.
Non a unha lei que limita o número de animais por familia.
Non a unha lei que condena a morrer de fame aos animais rueiros.
Non a unha lei que deixa desamparados aos équidos, animais domésticos, pequenos animais e animais de experimentación.
Non a unha lei que segue permitindo festexos taurinos e con outros animais.
Non a unha lei que non diferencia claramente entre eutanasia e sacrificio.
Non a unha lei que castiga con máis dureza a compaixón que os malos tratos e abandono.

Por unha Lei de Protección de animais real e xusta.

NON Á DE LEI DE PROTECCIÓN E BENESTAR DE ANIMAIS DE COMPAÑÍA
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones