Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Esgotadas en 24h as prazas para participar a ruta ornitolóxica polo Esteiro do Miño

En menos de 24 horas desde que se abriu o prazo de inscrición, xa están esgotadas as 30 prazas dispoñibles

En menos de 24 horas desde que se abriu o prazo de inscrición, xa están esgotadas as 30 prazas dispoñibles

Fecha: 24 de Enero de 2018

Fuente: Deputación de Pontevedra

En menos de 24 horas desde que se abriu o prazo de inscrición, xa están esgotadas as 30 prazas dispoñibles para a segunda ruta ornitolóxica da campaña "Voando nas Rías Baixas", que terá lugar o vindeiro 4 de febreiro e que percorrerá o esteiro do Río Miño e a foz da Ramallosa, nunha ruta organizada pola Deputación de Pontevedra en colaboración con SEO BIRDLIFE.

 

A ruta polo esteiro do Río Miño e a foz da Ramallosa coincidirá cos actos de celebración do Día Mundial das Zonas Húmidas polo que o persoal especializado de SEO BIRDLIFE, que guiará a ruta e facilitará material para poder avistar as diferentes aves, tamén achegará información sobre a importancia das zonas húmidas para o ser humano e para a natureza en xeral.

 

O esteiro do Río Miño e a foz da Ramallosa trátanse de zonas cunha grande variedade de hábitats. Así, falamos de zonas especiais de conservación e zonas de especial protección para as aves e nelas acóllense milleiros de aves de invernada ou que empregan o espazo no seu tránsito cara o Sur. Así, podemos atopar limícolas como mazaricos, biluricos, pilros ou avefrías como patos, garzas, mergullóns ou pentumeiros. Tamén se poden ver aves rapaces, entre as que destacan a gatafornela, o lagarteiro cincente e a aguia peixeira, podendo observar a súa espectacular forma de pesca.

 

Xunto á ruta polo esteiro do Río Miño e a foz da Ramallosa,  conforman "Voando nas Rías Baixas" a visita guiada ao Complexo Intermareal Umia-O Grove (que tivo lugar a pasada fin de semana) e ás Brañas de Xestoso (en maio de 2018). A campaña forma parte das actuacións enmarcadas no Plan Estratéxico de Turismo, presentado hai unha semanas xa que se trata dunha oportunidade de diversificar o turismo na provincia de Pontevedra ao tempo que sensibilizamos á cidadanía local sobre a necesidade de preservar estes espazos protexidos.

 

Cada unha das rutas ornitolóxicas do programa da Deputación de Pontevedra "Voando nas Rías Baixas" conta con prazas limitadas, xa que o grupo non poderá exceder de trinta persoas ao tratarse dunha actividade que non pretende ocasionar impacto ambiental sobre estas zonas protexidas. Polo tanto, para garantir a operatividade da actividade, só poderán participar aquelas persoas que estivesen correctamente inscritas.

 

A Deputación de Pontevedra está a apostar polo turismo ornitolóxico como unha nova modalidade para coñecer a provincia. Deste xeito, xunto con estas novas rutas, a institución provincial patrocinou no 2017 o documental "España, la tierra prometida" na que as Rías Baixas protagonizaron tres dos catro capítulos que o conforman.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí