Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Esgotadas en tres horas as prazas para a primeira ruta ornitolóxica de -Voando nas Rías Baixas- 2019

Un total de 25 persoas desfrutarán da iniciativa, de xeito totalmente gratuíto, o vindeiro 20 de xaneiro no Esteiro do Río Miño e a Foz da Ramallosa

Un total de 25 persoas desfrutarán da iniciativa, de xeito totalmente gratuíto, o vindeiro 20 de xaneiro no Esteiro do Río Miño e a Foz da Ramallosa

Fecha: 10 de Enero de 2019

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra esgotou en menos de tres horas as 25 prazas dispoñibles para a primeira ruta ornitolóxica de "Voando nas Rías Baixas" 2019 polo Esteiro do Río Miño e a Foz da Ramallosa, que se desenvolverá o 20 de xaneiro. Trátase dunha iniciativa para achegar ao público interesado, de xeito totalmente gratuíto, a riqueza ornitolóxica da provincia de Pontevedra, que a institución provincial ten en marcha en colaboración con SEO Birdlife. Tras o éxito de "Voando nas Rías Baixas" o ano pasado, agora decidiuse aumentar a oferta e incrementar ata 5 o número de prazas dispoñibles con dúas rutas ornitolóxicas máis que en 2018.

Ás nove da mañá de hoxe abriuse o prazo para esta primeira ruta, polo Val Miñor e o Baixo Miño, que pouco antes das 12 xa tiña as súas 25 prazas cubertas. Esta ruta ornitolóxica vaise desenvolver o próximo 20 de xaneiro no Esteiro do Río Miño e a Foz da Ramallosa, unha zona protexida pola Rede Natura 2000 e cunha gran variedade de aves palustres. A duración de cada unha das rutas de "Voando nas Rías Baixas" é dunha mañá e durante a actividade, as e os participantes estarán acompañados/as de dúas persoas monitoras ornitólogas e terán á súa disposición, de xeito gratuíto, o material óptico, así como unha guía ornitolóxica.

A segunda das rutas terá lugar o 10 de febreiro para observar as aves acuáticas e mariñas da enseada de San Simón. O prazo de inscrición abrirase entre o 28 de xaneiro e o 5 de febreiro. O 3 de marzo será a ruta da reserva ornitolóxica do Grove, un espazo protexido pola Rede Natura e declarado tamén zona húmida de importancia internacional, Zona de Especial Interese Comunitario e a reserva ornitolóxica máis grande de España. O prazo para participar nesta ruta, na que destacan as súas aves acuáticas invernantes, abrirase do 18 ao 26 de febreiro. A cuarta ruta desenvolverase o 19 de maio nas Brañas do Xestoso, zona declarada de Especial Conservación e protexida pola Rede Natura, onde se concentran aves rapaces como a tartaraña cincenta, a gatafornela ou a aguia cobreira. Para anotarse, o prazo será entre o 6 e o 14 de maio. A última ruta terá lugar na Serra do Suído o 16 de xuño para observar as grandes rapaces como o voitre leonado, a aguia calzada, o abelleiro europeo, a aguia cobreira ou o miñato. O prazo para inscribirse irá do 3 ao 11 de xuño.


"Voando nas Rías Baixas" é un programa enmarcado no seo das propostas lanzadas ao abeiro do Plan Estratéxico de Turismo para internacionalizar e desestacionalizar o destino provincia de Pontevedra. Cómpre lembrar que o turismo ornitolóxico é unha actividade que desestacionaliza e esperta un grande interese sobre todo entre o público anglosaxón e centroeuropeo. Amais de conseguir este obxectivo, esta actividade tamén vai acorde con outra das liñas estratéxicas do Plan que formula a necesidade de diversificar o turismo ao tempo que sensibiliza á cidadanía sobre a preservación dos espazos naturais.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones