Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - RETIRADOS 8 NIÑOS DE VESPA VELUTINA NA XORNADA DE ONTE NO BAIXO MIÑO

Empregados contratados por Medio Rural retiraron 4 niños en Tomiño e outros 4 no Rosal

Como consecuencia da gran alarma social xerada por mor da chegada da vespa velutina á nosa comarca, a vespa cabro está a pagar as culpas debido á súa similitude en tamaño.

Fecha: 21 de Agosto de 2014

Fuente: Infomiño.com

Na xornada do Mércores día 20 de Agosto de 2014, empregados da empresa Tragsatec, contratados pola Consellería de Medio Rural e Mar da Xunta de Galicia, procederon á retirada de 8 niños ubicados en diferentes puntos do Concello de Tomiño e O Rosal.

Pola mañá os operarios procederon á retirada de 4 niños no termo municipal de Tomiño, onde tiveron dificultades debido á gran altitude á que se atopaban os mesmos, algún deles a uns 20m. 

Pola tarde os operarios desprazáronse ata o Concello do Rosal, onde retiraron un niño ubicado nunha cornisa dunha vivenda no barrio de marzán, dous niños en árbores na zona de Couselo e outro máis na zona de As Eiras.

Os operarios empregan un producto que actúa inmediatamente sobre as vespas, procedendo a rocialo niño e á súa posterior retirada para ser máis tarde queimado/icinerado.

Diferenzas entre a Vespa Velutina(asiática) e a Vespa Cabro.

Como consecuencia da gran alarma social xerada por mor da chegada da vespa velutina á nosa comarca, a vespa cabro está a pagar as culpas debido á súa similitude en tamaño. É preciso facer fincapé en que se debe identificar correctamente a especie antes de proceder á eliminación dos niños, que son prácticamente de iguais características. Dende a Consellería de Medio Rural piden que antes de actuar se informe ó teléfono 012, para que persoal cualificado se encargue da súa retirada en caso de atopar algún niño.

As claves para diferenciar os dous tipos de vespas reside no predominio da cor negra na vespa velutina e o amarelo na vespa cabro.

Principais diferenzas entre a vespa velutina(asiática) e a vespa cabro

VESPA VELUTINA(ASIÁTICA)

 

 

 

 

VESPA CABRO(AVISPÓN)

 


Tamaño aproximado de 3 cms.
Tamaño aproximado entre 2,5 e 3,5 cms.
Tórax negro
Tórax avermellado e negro
Abdomen negro e amarelo(Predominio do negro)
Abdomen negro e amarelo(Predominio do amarelo)
Patas cos extremos amarelos e principio negro
Patas de cor avermellado na súa totalidade
   

Protocolo de actuación da Xunta de Galicia


A Xunta lembra que o protocolo de actuación ante a vespa velutina funciona satisfactoriamente. Está coordinado pola Consellería do Medio Rural e do Mar, que traballa xunto coa Consellería de Medio Ambiente Territorio e Infraestruturas e a dirección xeral de Emerxencias e Interior. Nel tamén intervén personal dos Grupos de Emerxencias Supramunicipais, de protección civil e os bombeiros de cada concello. Ademais a administración está en contacto co sector apicultor a través das asociacións de apicultores.

Estas unidades póñense en marcha no momento en que hai un aviso de que pode existir un niño de vespa velutina. O protocolo tamén inclúe a colocación de trampas para captar exemplares de vespa velutina co obxectivo de que non afecten ás abellas. De feito, grazas á aplicación do protocolo, coas trampas capturáronse case 3.000 exemplares e retiráronse 139 niños desta especie dos 270 avisos recibidos, xa que boa parte dos avisos non responden a vespa velutina. Ademais o protocolo contempla cursos de formación e accións divulgativas.

Xuntanza informativa este Venres en Tomiño

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, en colaboración coa Asociación Galega de Apicultura (AGA), promove unha xuntanza de todas as persoas e entidades da localidade relacionadas co mundo do mel, viticultura, produción de horta e froita, etc., así coma membros de asociacións, comunidades de montes, etc., para que asistan a unha reunión que terá lugar na Casa da Cultura de Tomiño, o vindeiro día 22 de agosto, ás 19.00 horas. Máis info aquí

Galería Fotográfica de Infomiño Noticias

Fotos de Jorge Alonso Daldea

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones