Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

Eva Vilaverde: -a pesar do aumento de adopcións, o abandono de cans non deixa de ser constante-

No primeiro semestre do ano o CAAN contabilizou un total de 1.128 abandonos procedentes dos 48 concellos da provincia adheridos

No primeiro semestre do ano o CAAN contabilizou un total de 1.128 abandonos procedentes dos 48 concellos da provincia adheridos

Fecha: 31 de Julio de 2018

Fuente: Deputación de Pontevedra

"A pesar do aumento ano tras ano do número de adopcións, o abandono de cans non deixa de ser constante nos diferentes concellos da nosa provincia, o que nos pon enriba da mesa un problema social moi complicado" asegurou esta mañá a deputada delegada do CAAN, Eva Vilaverde, na presentación da nova campaña de sensibilización sobre este problema. Baixo o lema "Abre os ollos fronte ao abandono", desde a Deputación elaborouse un vídeo que recolle unha situación habitual de abandono e co que se pretende, en palabras de Eva Vilaverde "chegar a un maior segmento de poboación e poder incidir nunha conduta máis respectuosa, responsable e cívica na tenza de animais".

Vilaverde fixo un repaso polos datos de abandono do primeiro semestre do presente exercicio, indicando que o CAAN xa leva contabilizadas 1.128 recollidas de animais procedentes dos 48 concellos da provincia adheridos. Deste total, a deputada explicou que 327 cans foron recollidos polos seus propietarios e 169 foron adoptados. Engadiu ademais que desde o ano 2013 desde o CAAN se realizaron máis de 7.000 intervencións "o que dá mostra do problema do abandono nos concellos da provincia". Ante esta realidade, e tras dúas campañas consecutivas centradas na adopción, "agora tocáballe a quenda á sensibilización sobre o abandono, e para iso quixemos meternos na pel do animal e ver a situación con outros ollos" asegurou a deputada. Tamén aclarou que "este ano cambiamos o formato e apostamos pola linguaxe audiovisual para que a mensaxe sexa máis directa e clara e cunha maior eficacia á hora de calar na veciñanza de toda a provincia, sexan de concellos adheridos ou non, porque fronte ao abandono non hai fronteiras". O vídeo será emitido en diferentes canles de televisión e tamén poderá verse a través das páxinas web de medios de comunicación on line durante o mes de agosto. "Escollemos agosto porque tradicionalmente ao ser un mes de vacacións preocupa especialmente o tema do abandono" afirmou a deputada nacionalista.

Un problema social

"Moitas veces pensamos no abandono como un problema illado, e identificámolo coa imaxe dun maltratador, pero o abandono é un problema social, derivado de prácticas que todos podemos ter en momentos determinados das nosas vidas" asegurou José Luis Pedreira, veterinario e membro do equipo técnico do CAAN. De feito, Eva Vilaverde explicou que a idea orixinal do vídeo de sensibilización da campaña xurdiu a partires do equipo do CAAN que "convive día a día cos animais recollidos e coas diferentes problemáticas que lles afectan". Así, o vídeo narra a historia dun can que convive cun meniño que segundo vai medrando vai cambiando o tempo que lle dedica ao animal por tempo que lle dedica a novas circunstancias que van aparecendo na súa vida, como os amigos, a parella ou os hobbies, deixando ao can nunha situación final de abandono. "Os animais duran moitos anos e precisan atención durante toda a súa vida" afirmou José Luis Pedreira resumindo a idea principal do vídeo. O vídeo tamén achega algunhas cifras que contextualizan este problema como son os 8.000 cans que se abandonan ao ano na Galiza, e os 8 cans ao día que se abandonan só na provincia de Pontevedra.

Eva Vilaverde informou que na realización do vídeo a Deputación se contou coa colaboración da protectora de Pontevedra ‘Adopción Galicia' e de persoas sensibilizadas que quixeron participar no vídeo. A realización profesional correu a cargo de Eriza Productora Audiovisual. Por último, Vilaverde indicou que a campaña se complementa coa liña de subvencións para entidades protectoras -liña publicada no BOPPO o 20 de xullo- e co esforzo de mellora do centro do CAAN coas obras de ampliación.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí