Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Noé Ferreira representa a España na reunión de lanzamento do proxecto europeo CONFREMU

O proxecto que trata de atallar o declive dos mexillóns de auga doce a nivel europeo celebrou a súa reunión de lanzamento en Bruxelas

O proxecto que trata de atallar o declive dos mexillóns de auga doce a nivel europeo celebrou a súa reunión de lanzamento en Bruxelas

Fecha: 05 de Diciembre de 2019

Fuente: CONFREMU

Noé Ferreira Rodríguez, investigador do Departamento de Ecoloxía e Bioloxía Animal na Universidade de Vigo, participou como representante nacional na reunión de lanzamento do proxecto "Conservación dos mexillóns de auga doce: unha visión paneuropea" (CONFREMU, polas súas siglas en inglés) o pasado 25 de outubro.

Ademais do investigador de A Guarda, a tamén galega Paz Ondina da Universidade de Santiago de Compostela foi elixida como representante nacional neste proxecto. Xunto a eles, un total de 80 científicos doutros 24 países tratarán de comprender e frear a crise de biodiversidade que afrontan os mexillóns de auga doce a nivel europeo. Os mexillóns de auga doce son un dos grupos de animais máis ameazados a nivel mundial. De feito, entorno ao 6% das especies coñecidas extinguiuse durante o pasado século. A súa conservación ten unha especial relevancia para o mantemento da saúde dos ríos xa que, polas súas elevadas taxas de filtración, contribúen de xeito natural á depuración e mantemento da calidade das augas.

O proxecto, liderado dende Polonia, prolongarase por un período de catro anos ata o próximo outubro de 2023 e está financiado polo programa europeo COST-European Cooperation in Science and Technology cun orzamento anual que ronda os 125.000€. A próxima reunión terá lugar novamente en Bruxelas entre o 30 de xaneiro e o 1 de febreiro de 2020 e nela poranse en marcha as accións específicas dos diferentes grupos de traballo. Entre elas, trataranse de avaliar as fórmulas máis eficaces de transmitir coñecemento á sociedade para facer do coñecemento unha ferramenta de conservación.

Na imaxe de abaixo un mexillón de auga doce da especie Anodonta anatina recollido no Miño ao seu paso polo termo municipal de Tui. As poboacións desta especie no Baixo Miño están ameazadas pola regulación de caudais (encoros), a alteración e destrución do seu hábitat e máis recentemente pola proliferación de especies invasoras como a Egeria densa, unha planta introducida dende Sudamérica.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones