BANDO

 D. Jesús  Mª Fernández Portela, Alcalde do Concello do Rosal

 FAI SABER:

Despois dun período de inactividade, a avespa asiática volve aparecer no noso entorno, sendo moi importante a detección temprana de niños.
Nesta época do ano, os niños primarios son un estado inicial e o seu pequeno tamaño permite desprendelos facilmente da superficie na que estean ancorados, sendo tamén máis fácil destruílos.
Solen facer os niños en lugares protexidos, nos beirados dos tellados,  nas copas das árbores, galpóns, cadras vellas, edificacións en desuso….
É primordial estar atentos e observar o entorno das nosas vivendas para detectar canto antes estes pequenos niños primarios, avisando ao concello para proceder a súa retirada.
O que comunico para xeral coñecemento.

O Rosal, 15 de abril de 2016
O Alcalde,