Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O BNG DENUNCIA NO PARLAMENTO GALEGO O DEFICIENTE SERVIZO DE ERRADICACIÓN DA VESPA ASIÁTICA NO BAIXO MIÑO

A presenza da avespa asiática se está a converter nun alarmante problema para as veciñas e veciños en determinadas actividades produtivas como a apicultura

Retirada dun niño de vespa asiática no Rosal no ano 2014

Fecha: 23 de Febrero de 2016

Fuente: BNG - Baixo Miño

As deputadas do BNG Tereixa Paz e Carme Adán presentaron varias iniciativas sobre as condicións nas que se está a dar o servizo de eliminación dos  niños de vespa velutina.

Na Comarca do Baixo Miño tense detectado como a presenza da avespa asiática se está  a converter nun alarmante problema para as veciñas e veciños en determinadas actividades produtivas como a apicultura, forestais e agrarias debido a súa grande proliferación.

No Bloque Nacionalista Galego do Baixo Miño temos coñecemento de queixas por parte de veciños e veciñas sobre a xestión que se está a realizar para poder desfacerse dos niños de vespa asiática, pois as chamadas ao 012 están sendo respondidas con máis dun mes de atraso, ou, nalgúns casos séguese sen tomar ningún tipo de medidas. No caso concreto  da Guarda, o portavoz municipal do BNG xa denunciou esta situación no Concello.

Ante as deficiencias no servizo de retirada dos niños increméntase a preocupación porque as vespas velutinas, que xa provocaron danos graves nas colmeas de abellas da zona e están a criar moitos máis avespeiros na Comarca.

Dende o BNG do Baixo Miño ínstase a Xunta de Galiza a que tome todas as medidas oportunas para mellorar o servizo de eliminación dos niños de avespas asiáticas.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones