Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O CAAN rompe o seu récord de adopción nun mesmo ano, con 457 rexistradas desde xaneiro

Desde o inicio da campaña -Esteriliza, adopta- que puxo en marcha a Deputación de Pontevedra hai oito días, tramitáronse 21 adopcións

Desde o inicio da campaña -Esteriliza, adopta- que puxo en marcha a Deputación de Pontevedra hai oito días, tramitáronse 21 adopcións

Fecha: 09 de Diciembre de 2019

Fuente: Deputación de Pontevedra

Para o Centro de Acollida e Protección de Animais da Deputación de Pontevedra este 2019 xa é un ano de récord. O CAAN acaba de romper o seu mellor rexistro de adopcións de cans nun mesmo ano, que estaba nas 430 acadadas en 2016, porque no que vai deste 2019, xa se conseguiron un total de 457, unha cifra que incluso se espera que se incremente notablemente neste mes de decembro.

Neste senso, a presidenta da institución provincial, Carmela Silva, amosou a súa satisfacción porque desde o ano 2015 son xa preto de 2.000 as adopcións conseguidas, en concreto, 1.954. "É un dato moi positivo _indicou_, e que nos anima a seguir traballando para darlles un fogar en condicións a estes animais. O CAAN segue mantendo a premisa coa que naceu hai seis anos: fomentar o dereito á vida dos animais, erradicar o abandono e promover as adopcións".

Os datos son especialmente positivos nestas últimas semanas e, concretamente desde que se puxo en marcha a nova campaña de sensibilización "Esteriliza, adopta", xa que neste período acadáronse un total de 21 adopcións, cunha media de 2,6 por día. A meirande parte foron adoptados por particulares e, no que se refire a esta última semana, os cans e cadelas foron aos seus novos fogares en Forcarei, Lalín, Cambados, Vigo, O Grove, Teo, Meis, Cerdedo-Cotobade, Tomiño, Ponte Caldelas, A Estrada e ata localidade de Xermade (Lugo).

Nesta semana puido deixar o CAAN "Bertín", que levaba os seus seis anos de vida no centro, onde entrara sendo un cachorro, e relévao como avó da canceira "Apro", un caan que entrou no centro en 2014 sendo unha cría. Entre as adopcións destes últimos días destaca tamén o caso de "Liliana", unha cadela que fora abandonada hai un mes en Ribadumia e á que o persoal do CAAN tivera que recoller cunha gaiola trampa debido á súa desconfianza coa xente. No centro reconducíuselle o carácter ata convertela nunha cadela tranquila e confiada. Foi adoptada por unha moza animalista.

Tamén hai que salientar o caso de "Almofredo, que foi adoptado o día 3 de decembro por unha moza comprometida co benestar animal e que ofrece de xeito habitual o seu fogar como casa de acollida para protectoras da Coruña. O animal será para o seu pai, xa que espera que lle poida axudar a superar a morte do seu anterior can, co que levaba vivindo vinte anos. Outro caso a subliñar é o dos irmás "Zasca" e "Zascón", que foran abandonados en Meis en setembro e tiñan sarna. Recuperáronse no CAAN e foron adoptados xuntos por unha familia residente en Vigo. Amais, unha muller de nacionalidade inglesa levouse para o Reino Unido a tres cans, "Pirri", "Bar" e "Inco" o pasado día 4. Esta muller soe difundir no seu país os cans do CAAN e ela mesma se encarga de levalos. Por último, o can "Mingo", que entrou no pasado mes de novembro no centro, volveu ao seu concello de orixe, Tomiño, onde levaba abandonado tempo e era coidado polos habitantes dunha aldea. Un dos veciños botábao de menos e adoptouno para levalo de novo ao pobo.

O Centro de Acollida e Protección de Animais que xestiona a institución na Armenteira, dá servizo actualmente á 48 concellos da provincia, cunha poboación estimada de 400.000 habitantes. Nestes momentos, son 400 os cans e cadelas que se atopan nas instalacións á espera de ser adoptados. Na páxina web do centro (https://caan.depo.gal/ ), ademais de poder ver a todos os animais, pódense facer tamén todos os trámites relativos ás adopcións, que son gratuítas. Os cans e cadelas son entregados vacinados, desparasitados e esterilizados.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones