Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O CENTRO DE ACOLLIDA DE ANIMAIS DA DEPUTACIÓN ATENDE CADA DÍA UNHA MEDIA SETE AVISOS DE CANS ABANDONADOS NA PROVINCIA

No primeiro trimestre do ano o CAAN acadou 165 adopcións e devolveu a súa mascota ao seu propietario en 141 ocasións

No primeiro trimestre do ano o CAAN acadou 165 adopcións e devolveu a súa mascota ao seu propietario en 141 ocasións

Fecha: 09 de Mayo de 2016

Fuente: Deputación de Pontevedra

O Centro de Acollida e Protección (CAAN) da Deputación de Pontevedra recibiu e atendeu no primeiro trimestre deste ano unha media de sete avisos diarios por cans abandonados nos diferentes concellos da provincia, chegando ao total de 655 este exercicio e a superar os 4.000 dende a súa posta en marcha. Ademais, os profesionais do centro conseguiron tramitar 165 adopcións neste 2016, o que supón unha media de case dúas ao día, e tamén devolver aos seus donos 141 animais estraviados que contaban con dispositivo de identificación.

Por concellos, o máis activo á hora de comunicar a aparición de cans soltos e abandonados é o de Sanxenxo, pois nos primeiros tres meses do ano trasladou ao centro provincial 42 avisos. Séguelle na lista o concello de Mos, que deu 34 avisos, o de Vilanova de Arousa con 33 e Salvaterra do Miño con 31. Con máis de vinte avisos están tamén os concellos de Redondela (27), Meis (26), Barro (26), Lalín (23), Nigrán (21), Tomiño e A Estrada (20). Cabe salientar que o concello de Meis ten unha proporción moito máis elevada de avisos da que realmente lle correspondería por poboación xa que se produce o feito de que algunha xente que abandona o seu can achégase ata as instalacións da canceira para deixalo. Logo, o animal móvese por todo o territorio do municipio e incluso por outras localidades limítrofes dentro de O Salnés. O pasado ano, de feito, dende o Concello de Meis chegáronse a dar 111 avisos, outros 146 dende Sanxenxo e 125 dende Vilanova, sendo os únicos municipios xunto coa Estrada que pasaron do centenar.

Hai que lembrar que as solicitudes de actuación do CAAN para recoller un animal sempre veñen indicadas polo concello, representante municipal ou outras autoridades. Os particulares deben dar o aviso ao persoal funcionario, Policía Local, Protección Civil, Garda Civil... Unha vez se reciben as advertencias de actuación os técnicos do CAAN acuden dando sempre prioridade a aquelas que poidan provocar danos, accidentes ou molestias aos cidadáns.

En canto ás adopcións, este ano segue a media dos anteriores, aínda que presentando picos desiguais. Nos primeiros tres meses de 2016 conseguiuse atopar fogar a case dous cans por día, o que de manterse ata a finais de ano levaría á estupenda cifra de máis de 700 adopcións.

Por outra banda, o CAAN tamén devolveu animais perdidos ás súas donas e donos (máis de 1.000 en total e 141 nos primeiros meses do ano). No caso dos animais correctamente identificados e rexistrados facilítaselle a quen os ten en propiedade a súa recuperación in situ, sen que o animal sexa trasladado ao centro e sen custos de desprazamento, potenciando así as vantaxes da identificación animal.

Servizo para máis de 375.000 habitantes
Para o desenvolvemento do servizo de recollida de animais a Deputación de Pontevedra dispón desde abril do 2013 do Centro de acollida de animais abandonados na Armenteira, Meis, (CAAN), que conta cun gran equipamento técnico e de persoal para tratar de paliar as consecuencias do abandono, prestándolles a estes animais as atencións necesarias. Nestes momentos xa son 49 os concellos adheridos ao servizo provincial, que suman máis de 375.000 habitantes.


A día de hoxe o CAAN fai fronte á recollida de animais abandonados en todos os concellos adheridos ao convenio proporcionándolles alimentación, coidados e acubillo. Os seus profesionais proporcionan atención veterinaria de todos os animais recollidos, realizándolles a desparasitación externa, interna e a vacinación de xeito rutineiro a todos os cans e os tratamentos e asistencia específica a aqueles que a precisasen, así como atencións de urxencia para os que chegan en peor estado.


O CAAN conta cunha xestión totalmente informatizada, facilitando a rastrexabilidade completa dos animais recollidos no centro e automatizando os procesos de difusión en web, os tratamentos veterinarios e a alimentación.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones