Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O GES DE A GUARDA RECIBÍU TRAXES DE PROTECCIÓN PARA A LOITA CONTRA A VESPA ASIÁTICA

Membros do GES de A Guarda participaron nunha Xornada de formación na AGASP

Membros do GES de A Guarda participaron nunha Xornada de formación na AGASP

Fecha: 02 de Abril de 2016

Fuente: Infomiño.com

O venres día 1 de Abril de 2016, membros do Grupo de Emerxencias Supramunicipal de A Guarda participaron nunhas Xornadas de formación sobre o control da vespa velutina na sede da Axencia Galega de Seguridade Pública AGASP.

Dentro da campaña de vixilancia e control da vespa velutina, a DXEI da AGASP organizou esta xornada de formación dedicada en exclusiva ós grupos de emerxencia supramunicipal, procedendo así mesmo a entrega de traxes de protección necesarios para a retirada segura dos seus niños.

Recordamos que o GES de A Guarda ten facilitado a retirada de numerosos niños de Vespa Velutina na Comarca do Baixo Miño, sendo arestora unha das tarefas das que se farán cargo, trala sinatura da renovación do conveni o cos GES entre a Xunta, FEGAMP e os Concellos.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, visitaron hoxe a Academia Galega de Seguridade Pública para facer entrega de 60 traxes específicos para a loita contra a vespa velutina a 20 Grupos de Emerxencias Supramunicipais.

Os conselleiros aproveitaron a presenza dos GES nunha ‘Xornada formativa sobre o control da vespa velutina' para facer entrega deste novo material que, como explicou Rueda, tenta conseguir que as persoas que traballan na xestión das emerxencias conten cos mellores medios e traballen nas mellores condicións.

O vicepresidente incidiu na importancia da formación e de contar con equipamentos axeitados, dous dos piares para que estes grupos de emerxencias poidan ofrecer un servizo óptimo á cidadanía. "Máis preparados e equipados os GES poderán ofrecer unha mellor resposta ante calquera incidencia, especialmente na loita contra este tipo de vespa".

Con este mesmo obxectivo, a principios desta semana entregáronse un centenar de traxes para a destrución e retirada de niños da velutina aos bombeiros galegos e está prevista unha partida similar na que se incluirá ás Asociacións de Voluntarios de Protección Civil dos concellos onde esta especie estea actuando ou se prevea un posible avance.

A importancia da coordinación entre administracións
Pola súa banda, a conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, remarcou a importancia da coordinación entre as diferentes administracións na loita contra a vespa velutina e o esforzo que está a realizar a Xunta para facer fronte a este problema.

Neste sentido, a conselleira destacou que Medio Rural retirou ou inactivou o pasado ano máis de 5.600 niños desta especie en 170 concellos. A estes habería que sumar os intervidos por outros axentes, como asociacións apícolas, concellos ou parques de bombeiros, co que o número chegaría a preto de 8.000 actuacións.

Ángeles Vázquez sinalou ademais que a Xunta entregou o pasado mes de febreiro 1.200 trampas comerciais e botes de líquido atraente aos apicultores con asentamentos localizados en concellos nos que se detectaron niños desta vespa. E estase a reforzar este reparto ao longo da primavera, período no que as raíñas desta especie saen da época de hibernación.

 

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones