Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Picudo Vermello afectou en catro anos a un total de 282 palmeiras na Guarda

Anabam publica un traballo sobre os efectos do Picudo nas palmeiras da Guarda

No ano 2014, xustamente antes da chegada do escaravello censamos no municipio guardés 313 palmeiras.

Fecha: 20 de Diciembre de 2018

Fuente: Anabam

Logo de catro anos de seguimento das palmeiras da Guarda, temos a honra de enviarlle o traballo de campo publicado baixo o título "Efectos do picudo (Rhynchophorus ferrugineus) nas palmeiras da Guarda", estudo realizado por ANABAM, sendo o autor e responsable do mesmo Agustín Ferreira Lorenzo, presidente da citada asociación.

Resumo do traballo:

Para o traballo de campo utilizouse as seguintes ferramentas: Google Maps e o Sixpac. Ademais percorréronse as diferentes rúas das tres parroquias guardeses a pe, ao longo destes catro anos.

O estudo comezou no ano 2014 coa observación das dúas primeiras palmeiras afectadas polo picudo: unha fronte ao Convento San Benito, a carón do parque infantil alí existente, e outra na entrada a Camposancos, no lugar coñecido como "O Transformador".

No ano 2014, xustamente antes da chegada do escaravello censamos no municipio guardés 313 palmeiras. Por parroquias repartíanse do seguinte xeito: 122 en Salcidos, 107 na Guarda e 84 en Camposancos.

No ano 2017, o número de exemplares quedou reducido drasticamente. Quedaron danadas irreversiblemente máis do 77% das palmeiras que había na localidade, pasando dos 313 exemplares a 70.

Un ano despois, é dicir, ata novembro deste mesmo ano, volveu reducirse notablemente o número de palmeiras que sobrevivían. Quedamos con 33 exemplares.

No municipio contabilizáronse catro palmeiras históricas, é dicir, aquelas que se aproximaban aos cen anos: dúas no Castelo de Santa Cruz, unha na Alameda guardesa e unha na finca de Celso Vicente, no Coruto. Ningunha destas palmeiras sobrevive na actualidade.

A maioría das palmeiras non sufriron tratamento algún, a razón é que este resulta caro, pois a media do tratamento por ano está entre os 250 e os 300 euros. Tampouco se seguiu, en xeral, o protocolo establecido, por exemplo na eliminación de exemplares, agás excepcións, xa que eliminar unha palmeira enferma podería supoñer un gasto duns 500 euros. Ademais de resultar caro loitar contra o picudo, agás os exemplares históricos que tiñan un valor cultural, patrimonial, representaban unha etapa da vida local relacionada coa emigración a América, o resto das palmeiras o único valor que posuían era o ornamental, polo que a perda destes exemplares, desde o punto de vista ecolóxico ou, como sinalabamos, patrimonial, era nulo.

Estimamos que para o 2020, as palmeiras na Guarda serán algo testemuñal. Si conviría que o concello fixese os máximos esforzos por preservar as dúas palmeiras que quedan na Alameda, unha da especie Phoenix canariensis (palmeira de Canarias) que son as maiormente afectadas xa que tamén esta é (era) a especie maioritaria, e sobretodo a Phoenix dactylifera (palmeira datileira) único exemplar do que temos constancia ata o de agora que existe na Guarda.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones