Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Rosal recibe material de medio rural para a loita contra a vespa velutina

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, fixo entrega das pértegas e traxes de protección aos alcaldes de Portas, Pazos de Borbén e o Rosal, así coma a técnicos municipais de Poio.

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, fixo entrega das pértegas e traxes de protección aos alcaldes de Portas, Pazos de Borbén e o Rosal, así coma a técnicos municipais de Poio.

Fecha: 17 de Abril de 2017

Fuente: Xunta - Del. Territorial Ponte

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, fixo entrega de diverso material de loita contra a vespa velutina a outros catro novos concellos da provincia de Pontevedra, entre outros ao Rosal.

En concreto, trátase dos municipios de Portas, O Rosal, Pazos de Borbén, que estiveron representados no acto polos alcaldes, Víctor Estévez, Jesús María Fernández e Andrés Iglesias, así coma técnicos municipais do concello de Poio. Facilitáronse catro pértegas, unha a cada un, así como dous traxes especiais de protección para o concello de Portas.

No acto tamén estiveron presentes o xefe territorial de Medio Rural, Antonio Crespo, e o responsable do Servizo de Emerxencias de Pontevedra, Evaristo Juncal.

A distribución deste material faise a aqueles concellos que non recibiron pértegas en 2016 e está dirixida aos que tiveron maior número de avisos deste insecto invasor en dito ano. O número total de pértegas que está previsto entregar ao longo deste ano é de 41. Ademais, o departamento que dirixe Ángeles Vázquez está distribuíndo un total de 5.700 trampas e doses de líquido atraente entre os apicultores dos concellos afectados, co obxecto de capturar as raíñas que saen da hibernación e impedir así a formación de novos niños. Estas trampas complementan ás 5.100 que xa foron distribuídas aos apicultores nos anos 2015 e 2016.

No ano 2016 retiráronse ou inactiváronse, a través do operativo conxunto establecido pola Xunta de Galicia e os concellos colaboradores, un total de 10.272 niños en Galicia, segundo datos oficiais, dos cales 2.642 corresponderon á provincia de Pontevedra. No que levamos de 2017 déronse un total de 3.068 avisos en Galicia dos cales 1.396 corresponderon á Pontevedra.

No Plan de vixilancia e control desta especie invasora, colaboran actualmente coa Xunta -a través do seu propio persoal- un total de 100 concellos: 40 da provincia da Coruña, 17 de Lugo, 19 de Ourense e 24 de Pontevedra, sendo o seu apoio fundamental para o control da Vespa velutina.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones