Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño a través da ollada de quen aposta polo turismo no territorio

Durante a presentación sorteáronse catro experiencias para grupos entre o público, sorteos que continuarán durante todo o mes de febreiro a través das redes sociais

Durante a presentación sorteáronse catro experiencias para grupos entre o público, sorteos que continuarán durante todo o mes de febreiro a través das redes sociais

Etiquetas del contenido

Fecha: 27 de Enero de 2024

Fuente: Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño

O Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño visto a través da ollada daquelas persoas que traballan a cotío para facer do territorio un destino turístico amable, único, complementario e de gran calidade. Ese é o fío condutor de ‘Vivir experiencias, compartir territorio’, a nova campaña que o xeodestino presentou este xoves na Feira Internacional de Turismo de Madrid, FITUR, un dos principais encontros do sector turístico de Europa e no que xa leva participando cinco anos consecutivos.

Unha campaña que conquistará ao público polos sentidos e o corazón protagonizada “por persoas reais que co seu traballo diario nos axudan a desenvolver experiencias que non deixan indiferente a ninguén. Unha campaña que ven acompañada de moitas sorpresas para que poidades desfrutar do noso destino con nós, porque queremos que vivades experiencias e queremos compartir con todas e todos vós o noso territorio”, salientou durante a presentación Sandra González, presidenta da Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eu Rural e alcaldesa de Tomiño.

Da man de Rubén Adrover, patrón maior da Guarda e representante da Asociación Cultural de embarcacións tradicionais Piueiro; Ana Vázquez, propietaria de Alecrín actividades y aventura; Berto Fernández, de Guías Galaicos; e Inés González, de Enoturismo Terras Gauda, o público presente achegouse ao día a día de todas e todos aqueles profesionais do territorio que traballan para ofrecer produtos turísticos “de calidade, con exquisito detalle, personalizados e coa garantía de que sorprenderán e deixarán pegada en cada persoa”. 

“Son persoas reais, apaixonadas polo seu traballo, polo seu territorio e para as que compartir as súas experiencias con todas aquelas persoas que nos visitan non supón sacrificio ningún. Rubén, Ana, Inés, Berto... elas e eles son os verdadeiros protagonistas polo excelente traballo que fan poñendo en valor os nosos recursos locais, creando redes e ofrecendo ás e aos turistas e visitantes a mellor versión de nós”, destacou Cristina Correa, representante institucional do Xeodestino e alcaldesa de Oia.

Pola súa banda, o delegado do Goberno, Pedro Blanco, asegurou que “falar das Rías Baixas é facelo de calidade. Temos unha extensa oferta turística e cultural aínda por explotar, con moitos concellos que teñen moito que dicir e que contan con atractivos tan diferentes entre si como fascinantes. O Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño conxuga a súa alma atlántica co seu apego ao río. Un territorio diverso, descoñecido, capaz de ofrecer mar e montaña, que sumado á hospitalidade da súa xente e o seu patrimonio fan del un destino turístico incomparable”. Agustín Reguera, delegado provincial da Xunta de Galicia en Pontevedra, resaltou ante o público asistente que "Galicia está de lugares que visitar e coñecer e todos teñen características que nos fan únicos e atractivos. As persoas que vivimos nestas zonas somos perfectamente conscientes da sorte que temos e estamos desexando compartir a nosa terra con todas e todos vós”.

A presentación rematou con sorpresa, xa que este ano o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño quixo dar un paso máis na súa campaña para saír do recinto de FITUR e sorteou entre o público asistente catro experiencias turísticas para grupos de ata 6 persoas. Durante o mes de febreiro nas redes sociais de Eu Rural e do Xeodestino haberá novos sorteos de sobres sorpresas para animar ás e aos visitantes a desfrutar do territorio.

A presentación tamén contou coa presenza das alcaldesa e alcaldes do territorio Roberto Álvarez Carrero, da Guarda; Paco Ferreira, de Gondomar; Juan González, de Nigrán; Alejandro Lorenzo, do Porriño; Ánxela Fernández, do Rosal; Luciano Otero, de Pazos de Borbén; Digna Rivas, de Redondela; e Manu Lourenzo, de Soutomaior, así como dos concelleiros e concelleiras Sheila González, de Baiona; Sara Cebreiro e Julia Loureiro, de Mos; Ana Vázquez, de Tui; Fernando Reyes, da Guarda; Rocío Goberna, de Gondomar; Vanessa Ucha, do Porriño; José Carlos Martínez Crespo, do Rosal; Rita Pérez, de Redondela; e Silvia Cernadas, de Soutomaior.

Ao acto tamén asistiron numerosas autoridades, como a directora de Promoción de Turismo de Galicia, Carmen Pita; a deputada de Turismo da Deputación de Pontevedra, Nava Castro; ou o director do Cluster de Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí