Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Os concellos da provincia teñen ata finais de mes para pedir axudas económicas destinadas a crear parques forestais e mellorar o seu monte

O vicepresidente César Mosquera lembra que a Deputación dispón dun orzamento de 800.000 euros destinados a redactar proxectos e executar actuacións concretas

O vicepresidente César Mosquera lembra que a Deputación dispón dun orzamento de 800.000 euros destinados a redactar proxectos e executar actuacións concretas

Fecha: 08 de Enero de 2019

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra terá aberto o prazo da súa terceira e última convocatoria de subvencións para crear parques forestais nos montes da provincia ata finais deste mes. O vicepresidente César Mosquera explica que existe unha partida económica de 800.000 euros a repartir entre os concellos pontevedreses e lembra que é necesario que os gobernos municipais presenten as súas solicitudes por vía electrónica antes do 26 de xaneiro.

As bases desta última convocatoria de axudas para a mellora do monte foron aprobadas o pasado mes en Xunta de Goberno e publicadas no BOPPO o 27 de decembro, dando un prazo de 30 días naturais para a presentación de solicitudes. Nas bases (que se poden consultar en https://boppo.depo.gal/detalle/-/boppo/2018/12/27/2018058877) explícase o conxunto de condicións e o proceso que se seguirá para a concesión segundo os principios de obxectividade e concorrencia competitiva.

Tal e como explicou o vicepresidente Mosquera, serán accións subvencionables os proxectos destinados á creación de parques forestais que teñan como obxecto preservar, mellorar e destacar valores naturais (paisaxísticos, ambientais, edafolóxicos e forestais) e culturais; as formacións arbóreas (carballeiras, soutos, fragas etc.); a preservación de especies con valor ecolóxico; a preservación do patrimonio: xacementos arqueolóxicos (castros, mámoas, petróglifos etc.), monumentos, lugares, conxuntos, tradicións ou técnicas artesanais; a adopción de medidas fronte a incendios: silvicultura preventiva, faixas de protección, devasas vexetais ou a creación de puntos de auga; a diversificación de usos: produción de cogomelos, plantas aromáticas, silvopastoreo, aproveitamento de froitos ou apicultura; así como a creación de zonas de uso e aproveitamento para a cidadanía coma sendas peonís, miradoiros, parques, rutas ou aulas de interpretación, entre outros.

Poderán presentar as solicitudes todos os concellos da provincia de Pontevedra, individualmente ou agrupados, para os parques forestais do seu ámbito xeográfico que teñan como requisitos ser unha área de monte continua e coherente cunha amplitude mínima de 30 hectáreas, tendo en conta que para acadar a superficie poderanse formar agrupacións de comunidades de montes que estean localizadas nun mesmo concello ou en concellos distintos sempre que sexan estremeiras. Tamén se esixe conservar o carácter forestal do monte e conter valores naturais (paisaxísticos, ambientais, edafolóxicos e forestais) ou culturais para preservalo e poñelo en valor.

Para desenvolver estas actuacións aprobáronse dúas liñas de actuación: A ‘Liña 1' inclúe a redacción dos proxectos de parques forestais, subvencionados ata un máximo do 70 % do seu custo e cun límite superior de 6.000 € por proxecto, e a ‘Liña 2' de subvencións para a execución das actuacións contempladas en proxectos xa redactados, subvencionados ata un máximo do 70% do custo cun límite superior máximo subvencionable de 1.500 € por hectárea, o que eleva considerablemente o máximo das axudas anteriores, que se se fixara nos 900€ por hectárea.

Por outra parte, segundo explicou Mosquera, outra das novidades das bases é que para o cálculo do límite superior na ‘Liña 2' só se terán en conta as hectáreas nas que se van realizar actuacións e non a totalidade do parque forestal. Por tanto, no caso de actuacións puntuais que non acaden grandes superficies (posta en valor dun xacemento, unha fonte ou un tramo de escalada, por exemplo) determinarase un área de influencia coherente ao redor e será esta a que se contabilizará para o cálculo do límite da axuda.

O 30 % restante do custe do proxecto non subvencionable pola Deputación -ou a cantidade que resultase no caso de se superaren os límites fixados- terano que achegar os concellos solicitantes, ben dos seus fondos, ben mediante acordos coas entidades titulares dos predios.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones