Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Protectoras de Animais de Galicia rexeitan a Lei de Protección e Benestar Animal

Rexeitamos a catalogación como infracción moi grave a recollida de animais extraviados ou abandonados sen a correspondente autorización ou a súa cesión en adopción.

Rexeitamos a catalogación como infracción moi grave a recollida de animais extraviados ou abandonados sen a correspondente autorización ou a súa cesión en adopción.

Fecha: 05 de Junio de 2017

Fuente: J. Alonso/Infomiño.com

COMUNICADO DAS PROTECTORAS E GRUPOS DE DEFENSA E PROTECCIÓN
ANIMAL ANIMAL DE DIFERENTES PROVINCIAS DE GALICIA REXEITANDO O
NOVO PROXECTO DE LEI DO PP DE PROTECCIÓN E BENESTAR ANIMAL
 
O actual goberno do PP da Comunidade Autónoma de Galicia pretende aprobar de forma inminente o Proxecto de lei de protección e benestar dos animais de compañía de Galicia.

Este proxecto de lei non só contravén e empeora a anterior lei 1/1993 na maior parte do seu articulado, senón que pretende facer NEGOCIO co ABANDONO dos animais (non acabar con el), promovendo a creación de centros "autorizados", coma xa vimos co da CAAN da Deputación da Provincia de Pontevedra; entregando estes servizos nas mans de empresas privadas, e poñendo paus nas rodas ás asociacións de protección e defensa animal e persoas individuais animalistas que levan anos deixándose a pel asumindo e facendo de forma altruísta e desinteresada o traballo que lles correspondía atender ás administracións e gobernos de turno.

Ante tal despropósito que ademais nos venden como a "mellor lei do estado", queremos MANIFESTAR o noso total e radical REXEITAMENTO a este proxecto, e pasamos a destacar algúns dos artigos pola especial gravidade e retroceso que supoñen. Por último, pedimos que a súa exposición pública e o coñecemento dos devanditos artigos pola cidadanía, poñan de manifesto o seu rexeitamento social, obrigando á reconsideración e cambio do actual proxecto.

1-Recuperación do anterior nome da lei 1/1993: Lei de Protección e benestar dos animais domésticos e salvaxes en catividade, de ámbito máis amplo, para non reducir a protección só aos de compañía, descoidando aqueloutros que se atopan no ámbito doméstico.

2 -Rexeitamos a exclusión dos animais de autoconsumo, équidos, festexos taurinos e animais de experimentación do seu ámbito de regulación.

3- Rexeitamos atribuírlle aos alcaldes/as dos concellos de Galicia a responsabilidade superior na defensa e protección dos animais . Consideramos que a Xunta, como ente administrativo máximo, ten que ser o que a represente, dotando aos concellos das partidas orzamentarias necesarias para a súa correcta aplicación.

4- Rexeitamos a prohibición de alimentar aos animais nos espazos públicos . Esta medida condenaría a morrer de inanición a miles de animais en toda Galicia, constituíndo un feito de tal gravidade que deslexitima a propia lei. O que si consideramos é que esta alimentación deberá ser escrupulosa e hixiénica.

5- Rexeitamos a obrigatoriedade de comunicar á Concellería competente a tenencia ou posesión de máis de cinco animais pertencentes á especie canina e felina ou aqueloutras que regulamentariamente se determinen. A tenencia de animais na contorna familiar ten que estar determinada polas condicións de benestar animal e salubridade.

6- Desexamos a identificación de todos os animais de compañía e non só a dos cánidos, xa que o extravío e abandono de animais é unha realidade noutras especies o que facilitaría a súa recuperación e sanción en caso de abandono.

7- Consideramos imprescindible o manter ou mesmo aumentar os tempos para recollida de animais abandonados xa que reducir os mesmos podería dificultar aínda máis a súa recuperación.

9- Rexeitamos o uso e utilización de animais en espectáculos públicos e para traballos , sen matices nin autorizacións pertinentes. Esixindo o aumento da súa vixilancia, evitando a súa venda a terceiros países e facilitando a creación de santuarios ou centros dirixidos por persoal cualificado co fin de que poidan ser recuperados e vivir en liberdade.

10- Rexeitamos a catalogación como infracción moi grave a recollida de animais extraviados ou abandonados sen a correspondente autorización ou a súa cesión en adopción . Miles de animais son recolleitos e adoptados por particulares. Castigar este feito, especialmente evidente no caso de cachorros, non faría máis que aumentar a situación de malos tratos e abandono, saturando aínda máis as protectoras e centros de recollida e obrigando ao seu sacrificio.

11- Rexeitamos as prácticas de ter atados aos animais , sobre todo os cánidos, fundamentalmente no ámbito rural e solicitamos a súa prohibición. Podendo establecerse un período de latencia a fin de conseguir a adaptación das vivendas á nova situación de vida libre do animal.

12- Desexamos clarificar a diferenza entre sacrificio e eutanasia . O sacrificio de animais sans, nunca estaría xustificado, camiñando desta maneira facía o obxectivo desexado, sacrificio cero.

13- Dotarase aos concellos , grupos de defensa animal etc , dos fondos necesarios para establecerse campañas de sensibilización e respecto cara aos animais , así como para campañas de adopción.

14- Desexamos a recuperación dos pombais de Galicia e a alimentación ética das pombas con anticonceptivos regrados a fin de controlar as poboacións e obter exemplares fortes e sans , acabado desta maneira cos seus malos tratos e sacrificio periódico polas empresas de control de pragas.

15. Rexeitamos Artigo 10, do Título I, Capítulo I, onde se impide a adopción de animais enfermos, condenándoos á non adopción e reclusión en canceiras e protectoras, ou directamente á súa eutanasia. Consideramos prioritaria a adopción de animais enfermos, cachorros e anciáns, sempre e cando a persoa adoptante estea informada das condicións sanitarias do animal.

16. Rexeitamos que as asociacións de protección e defensa dos animais estean obrigadas a ser declaradas de utilidade pública . Tendo en conta que o peso da protección animal en Galiza descansa na súa inmensa maioría nas asociacións de protección de animais, non ten encaixe algún que se pretenda endurecer o seu estatus en lugar de favorecelo.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones