Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Sométese a información pública a inclusión no catálogo de árbores senlleiras de catro sobreiras e sete carballos

Unha sobreira está localizada no Rosal e outra en Rebordáns, no termo municipal de Tui

Unha sobreira está localizada no Rosal e outra en Rebordáns, no termo municipal de Tui

Etiquetas del contenido

Fecha: 16 de Diciembre de 2020

Fuente: Xunta de Galicia

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o anuncio polo que se someten a información pública varias solicitudes para ampliar o Catálogo de Árbores Senlleiras coa incorporación de 11 novos exemplares en diferentes puntos da Comunidade. Deste xeito, a partir de mañá ábrese un período de 20 días hábiles para que os interesados poidan presentar a documentación, observacións ou alegacións que estimen oportunas con relación á inclusión dalgún destes elementos no devandito catálogo.

 

Os exemplares que se someten a este trámite serán catro sobreiras e sete carballos comúns. Concretamente, unha das sobreiras está localizada en Redondela e promove a súa declaración a comunidade de montes veciñais e en mancomún do Viso; outra está no Rosal e a súa catalogación é unha iniciativa da Comunidade de Montes As Eiras; a terceira localízase en Rebordáns, no Concello de Tui, promovida por un particular; e a cuarta, situada en Mondoi, no Concello de Oza-Cesuras, aspira a ser incluída no Catálogo polo propio Goberno local. En canto aos carballos, os sete están localizados no concello lucense de Outeiro de Rei e a proposta responde en todos os casos á iniciativa dun mesmo particular.

 

Toda a información relativa a estes expedientes estará dispoñible para a súa consulta nas dependencias da Dirección Xeral de Patrimonio Natural en San Lázaro (Santiago de Compostela) e nas xefaturas territoriais de Medio Ambiente en Lugo, A Coruña e Pontevedra, aínda que tamén poderá examinarse de forma dixital a través da páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

 

O obxectivo de promover a inclusión dun exemplar ou formación arbórea dentro do Catálogo galego de árbores senlleiras é garantir a súa protección e conservación, ao entender que pola súa propia singularidade e características, merecen ser preservados e inventariados a través desta ferramenta.

 

En todo caso, cómpre lembrar que a información pública é un trámite preceptivo dentro do procedemento de catalogación ou descatalogación como árbore senlleira de calquera exemplar ou formación arbórea, pero que non implica necesariamente nin garante que as inclusións propostas saian adiante.

 

O Catálogo galego de árbores senlleiras

O Catálogo galego de árbores senlleiras é un rexistro público de carácter administrativo dependente da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, no cal se inclúen todas aquelas árbores e formacións merecentes de protección en atención ás características excepcionais que as fagan merecentes dunha protección especial.

 

Trátase dunha ferramenta aberta e en constante actualización, podendo propoñer a inclusión de elementos novos os seus propietarios, as administracións públicas, os centros de investigación ou asociacións e aquelas entidades privadas ou públicas que teñan entre os seus fins estatutarios a protección da natureza. De feito, desde a aprobación do seu regulamento no ano 2007, este catálogo foi obxecto xa de diversas revisións.

 

Na actualidade, hai un total de 178 elementos (141 exemplares e 37 formacións arbóreas) pertencentes a 80 especies diferentes,  e coa seguinte distribución por provincias:

 

 

Árbores

Formacións

Total

A Coruña

42

12

54

Lugo

32

6

38

Ourense

20

6

26

Pontevedra

47

13

60

Total

141

37

178

 

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí