Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

TOMIÑO PIDE A COLABORACIÓN CIDADÁ PARA ELABORAR UN CATÁLOGO DE ÁRBORES SENLLEIRAS

A ferramenta terá coma fin, ademais do coñecemento do patrimonio natural, a protección de diferentes especies autóctonas

A ferramenta terá coma fin, ademais do coñecemento do patrimonio natural, a protección de diferentes especies autóctonas

Fecha: 15 de Abril de 2016

Fuente: Concello de Tomiño

O Concello de Tomiño está a por en marcha un inventario de árbores senlleiras no territorio municipal a desenvolver na primavera de 2016, coa fin de coñecer e protexer exemplares de árbores de diferentes especies, tanto autóctonas como exóticas, que por mor da súa antigüidade, historia, beleza ou rareza, merezan ser especialmente conservadas, ao tempo que postas en valor desde os puntos de vista ecolóxico, educativo, social e mesmo turístico.

"Neste Catálogo de Árbores Senlleiras preténdese recoller os exemplares máis sobranceiros de todas as especies de árbores autóctonas, xunto con destacados exemplares cultivados de árbores exóticas, sempre que estas non representen unha ameaza para o medio ambiente", explica Lois Vázquez, concelleiro de Medio Rural.

Exemplos destacados entre as árbores autóctonas poden ser o estripeiro da praia fluvial xunto á Fortaleza de San Lourenzo ou as sobreiras da capela de San Roque, mentres que entre as exóticas se poderían citar as catalpas da praza de Tebra, o plataneiro de sombra de Liñares ou o rododendro arbóreo de S.Salvador de Sobrada.

Conscientes das dificultades de prospectar palmo a palmo toda a superficie do municipio, o Concello fai un chamamento á poboación (nestes días están enviándose cartas á veciñanza) co fin de recoller información sobre exemplares destacados de calquera especie autóctona e pés sobranceiros de árbores exóticas.

Calquera dato ao respecto, coa localización máis exacta posible, pode ser enviado ao enderezo (mx.vazquez@concellotomino.com ou lois.vazquez@concellotomino.com); notificado por carta (Casa do Concello. Praza do Seixo, 1. 36740 Tomiño), ou por teléfono (986 622003) ás concellerías de Medio Ambiente ou Medio Rural.

 

"O catálogo será ademais unha ferramenta de xestión que permita adoptar as medidas preventivas necesarias para conservar estes exemplares, mellorar o seu entorno cando isto sexa necesario e contribuír a protexer a diversidade natural de árbores autóctonas", sinala Vázquez.

 

A estes fines súmase a divulgación do propio catálogo; nunha segunda fase está previsto elaborar unha publicación áxil e sinxela, entendendo que a difusión do coñecemento sobre os propios recursos naturais é a mellor contribución a súa conservación e revalorización recreativa e turística.

 

Metodoloxía

A localización dos exemplares e formacións senlleiras, xunto coa obtención da correspondente información, terá lugar polos seguintes medios:

-Traballo de campo de prospección polos principias espazos naturais do concello de Tomiño, nomeadamente as ribeiras do río Miño e dos seus principias afluentes.

- Información achegada polo Concello de Tomiño.

- Información preexistente na elaboración do Catálogo Galego de Árbores e Formacións Senlleiras.

- Solicitude de información a través de comunidades de montes, asociacións veciñais e culturais, casas parroquiais e de cultura, e todos aqueles medios de difusión dos que dispoña o Concello.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones