Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Últimos traballos realizados pola Comunidade de Montes de Camposancos no Monte Santa Trega

Dende a Comunidade de Montes de Camposancos se quere agradecer este xesto, recordando que o monte é de todos e entre todos temos que polo en valor.

Dende a Comunidade de Montes de Camposancos se quere agradecer este xesto, recordando que o monte é de todos e entre todos temos que polo en valor.

Fecha: 25 de Marzo de 2019

Fuente: CM Camposancos

Co galo da festa do arbore, o pasado venres día día 22 de marzo, enmarcado no programa "Pranta un árbore pranta futuro", 30 alumnos do Colexio San José Carlemitas da Guarda, acompañados polos seus profesores, fixeron unha excursión a pé dende o Colexio ata As Chans do Monte Santa Trega da parroquia de Camposancos.
 
Unha vez no Parque Baltasar Merino, participaron na prantación de 70 novas árbores frondosas como Oliveiras, Sobreiros, Carballos, Acibros e Castaños, e así dar por concluidas por este periodo as prantacións.
 
Foi moi gratificante mirar con que ilusión se involucraron os centros educativos, non hai verbas para expresar os momentos tan máxicos. Dende a Comunidade de Montes de Camposancos se quere agradecer este xesto, recordando que o monte é de todos e entre todos temos que polo en valor.

Esta actuación está dentro do programa que a Comunidade de Montes da parroquia de Camposancos asinou co Concello da Guarda ao abeiro do plan da Deputación de Pontevedra para a cración de Parques Forestales.

Este proxecto inclúe a eliminación de acacias e eucaliptos nunha superficie de en 18 hectáreas, poda de todas as prantacións adultas da zona das Chans, tamén as de formación nas arbores novas, e a prantación de 1300 novas árbores frondosas e arbustos.

Para a deforestación e tratar de eliminar a familia das acacias; mimosas.. e eucaliptos da zona este do Trega se contou con 6 operarios que tamen prantaron xa 1000 árbores e arbustos nos lugares de difícil acceso para os escolares. 

Dende a Comunidade de Montes de Camposancos entenden que esta é a mellor forma de concienciar e formar ás futuras xeracións de que o monte é futuro e necesitamolo para un mellor nivel de vida.

A Actual xunta reitora se fixo cargo da Comunidade de Montes, hai ahora tres anos co propósito de eliminar a plaga de acacias que invadía e segue moi presente aínda no Trega, así como os eucaliptos.

A día de hoxe na vertente sur xa se erradicou o 90% e no seu lugar co apoio dos Colexios e en só tres anos prantáronse 3.300 árbores frondosas, como carballos, nogais, castamos, cerdeiras, oliveiras... que nuns anos farán do Trega un parque semi urban ó que os veciños suban a gozar e admirar unha variedade plural de arboredo.

Queda pendente a a gran ilusión de creación dun pequeno parque botánico, coa idea de prantar mais de 100 varidades de árbores e arbustos elexidos específicamente con 5 prantas de cada especie.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones